25 dic 2007




As fotos de Carles Santos, censuradas en Lleida

Un novo caso de censura artística. De novo con temática relixiosa polo medio.

As fotos foron antes exhibidas, sen problemas, en Barcelona, Valencia e Berlín.

A decisión tomouna o concello de Lleida, gobernado por PSC e ERC, ó considerar que as imaxes "poderían ferir a sensibilidade dos cidadáns". O autor, que non participou na inauguración da mostra en protesta pola retirada obrigada de 5 fotos, alerta do arriscado que é "permitir que as autoridades decidan sobre qué debe e non debe ver a xente".

22 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Sorprende, sobre todo, que a decisión veña dunha institución gobernada por dúas forzas progresistas. PSC e ERC. Ás veces teñen máis medo que a propia dereita. Podería pasar isto en Galicia, co PSdG e o BNG: pois ó mellor ata xa pasou algo parecido. E non me tiren da lingua que non podo dicir máis.

Anónimo dijo...

Diga, diga.
A mín, o que me sorprende é a tibia ou nula reación dos que rasgarían vestiduras se o goberno en cuestión fora do PP.

Diga, diga. Agardamos a súa verba coma auga de Maio, que hoxe non fai falta, polo menos en Ourense.

Anónimo dijo...

Volvemos ó do respeto ós símbolos. Pero o uso destes nn está lexislado. Ou sí?.

atónito dijo...

E se facemos a gracia de por que non se meten con Mahoma?

Creo que hai tanta fame no mundo, tanta miseria, tanta inxustiza, tanto horror, que o asunto destas fotos non pasa de ser unha crise de colesterol alto.

Cómpre facer réxime. Intelectual. Réxime. E menos rachar roupas, que algúns xa as teñen preparadas para cando convén amosalas.

Anónimo dijo...

A mín xa me da a risa... cando un distes artistiñas quere ser famoso xa sabe ó que ten que facer, meterse cas crenzas cristians (con outras relixión non hai c...) e xa ten publicidade de balde. Non haberá alguén orixinal que para darse a coñecer non teña que botar mán destas figuras...

Anónimo dijo...

Aiquí están as outras fotos:

Anónimo dijo...

Creo que hai algún problema

A VER AGORA

Anónimo dijo...

Non sei se a sá na que se expoñen as fotos é "pra tódolos públicos".

Anónimo dijo...

A min dáme igual que sexan do PP. do PSOE, de ERC ou do BNG. Censura é censura. E, como di Carles Santos, non son as autoridades as que deben decidir que podemos ou non podemos ver.

Anónimo dijo...

Neste asunto hai dous aspectos que se solapan.

Por unha banda, unha censura é unha censura é unha censura... E, certamente, non son as autoridades as que deben decidir o que podemos ou non podemos ver.

Mais, por outra banda, semella que un dos recursos máis manidos dos últimos tempos para facerse famoso é atizar a polémica en base a tocar os narices aos católicos. Así, calquera artistiña que pretenda unha rápida fama xa sabe cómo facer: é ben doado mesturar sexo e cristianismo.

Un, que está máis que farto da Igrexa Católica, por causas máis que evidentes, tamén está máis que farto dese recurso torpe e reiterado ad nauseam.

Con todo, é a liberdade de expresión a que debe prevalecer. E tamén a liberdade de chamarlle cretino sen imaxinación a quen se comporta como un cretino carente de imaxinación.

Dixit.

atónito dijo...

É que falar de progesistas e de dereitas neste asunto, e falar, incluso, de censura... e logo de liberdade de expresión... Non sei...

A ver se o artista este me deixa unhas fotos da súa nai, viva ou morta, e fogo eu con elas unhas montaxes erótico/poético/subliminais.

Porque, claro, se non hai subliminalidade, non hai nada.

Éche todo moi profundo.

Léde a Valle-Inclán, hostia, (con perdón), e logo saberedes o que é liberdade de expresión e tocarlles os eses ás xentes acomodadas.

¡Por favor!

Anónimo dijo...

Por suposto, o da censura é execrable. Paliativos.
Non obstante, o daño inflixido pola igrexa (católica neste caso, pero vale para outras) é infinito á vista destas obsesións patolóxicas. Non haberá outra cousa en que poñer os ollos que non sexa imaxe relixiosa? Mira que hai cousas no mundo.

Anónimo dijo...

Quixen poñer "sen paliativos".

Anónimo dijo...

Eu faríame mirar ese lapsus tecleae.

(De nada, Saavedra).

atónito dijo...

Ademais, nos anteriores comentarios, perdín de vista o enfado do artista pola retirada de cinco das súas fotografías.

Siceramente, e sen ánimo de amolar, se a min me retiran cinco fotos dunha exposición, retíroa toda.

Había un bandullo que arroutaba... ¡Se este é o mundo que eu fixen, que o demo me leve!

Guerrilleiros da cultura. Guerrilleiros do estómago.

Estomagantes, á fin.

Repito: colesterol.

Anónimo dijo...

Mirado o lapsus, dictamina o especialista que debeu ser causa inmediata da crónica da homilía do bispo de Donostia. Por prescripción médica, teño vedada calquera lectura onde figure a palabra Uriarte, a non ser que falen daquel fantástico Fidel que gañou a copa no 73.

Anónimo dijo...

Non sei ben que gaña o mundo da liberdade, da tolerancia, do respecto mútuo, da pluralidade, etc. con imaxes como estas...
Se cadra se trata é de esculcar nos límites da liberdade,ou máis ben parece o que di o Apicultor, facerse publicidade coa mestura de sexo e catolicismo.
A min a decisión dos de Esquerra e PSC só me parece sensata.
Xa está ben de que calquera presunto artistiña qeu nunca moveu un dedo por nada quede agora de liberal fronte á censura de xenets como os do PSC ou ERC que levan dado o callo.
Pois se lle ofende a unha sensibilidade espallada, fóra fotos e ao carallo.
Eu non podería dicir que os xitanos pasaron de ser chatarreiros a traficantes de heroína en moitos casos, e que abandonado a marxinalidade de oficios desaparecidos monopolizan outros marxinais pero ilegais. Non é politicatemnet correcto, quedaría de facha... Pero si un pode poñer esas fotos, meter nun compromiso ao goberno progresista de Lleida, ofender a unha grande cantidade de católicos, marcar paquete de progre, pontificar sobre os límites da arte e quedar tan pancho. Pois non. Paréceme ben que as sacasen. Por ofensivo, malo, repetitivo, e pouco orixinal, e por tocarlle as bolas aos do concello de Lleida.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Era moi interesante un artigo de Eduardo Arroyo sobre a foto de Gilbert and George deitados na cama de Lorca.

Anónimo dijo...

Demoledor e certeiro o artigo de Eduardo Arroyo. Onde hai que asinar?

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois eu sinto disentir: sexa ou non un oportunista este ou calquera outro artista semellante, sexa máis ou menos valente (como se insinúa en varias mensaxes: que se meta con Mahoma...,etc.). O problema non é ese, senón o dos límites da liberdade de expresión. Que poden cambiar segundo as épocas. Pero que amparan por igual ós xenios da arte e ós chisgarabís da comunicación mediática. Cantos obras clásicas e canónicas do que hoxe chamamos Historia da Arte quedarían fóra se aplicamos estes criterios tan restrictivos?
Por outra parte, pode haber artistas aproveitados pero case sempre son os políticos os que van en busca deles e lles piden un lugarciño para saír ó seu carón na foto. Que facemos entón? Un índice de temas prohibidos, como tiña en tempos a Igrexa xerárquica: vaian apuntando. Temas cos que os artistas deben ser cautelosos ou, mellor, non tocar: relixión católica, monarquía, exército, etc.
(Se tiramos moito do etc. etc. chegamos ó s.XIX en nadiña. E pouco despois, ós criterios estéticos da Inquisición).

atónito dijo...

Tamén eu lamento, e moito, disentir. Primeiro, e aínda que vostede non ten por que facelo, gustaríame moito que aportase un exemplo desas marabillas da Historia da Arte que serían abortadas de acordo con estes criterios.

Segundo, o tema tan levado e tan traído da liberdade de expresión non está en NON TRATAR OS TEMAS. Claro que se poden tratar os temas, todos os temas. E claro que podes poñer a Cristo masturbándose se ese é o teu gusto. Pero non é o mesmo falar de Cristo e de todo canto se fixo e se desfixo poñendo pretexto nel, que plantexar unha boutade e pretender que, encima, cha financien as institucións.

Sexamos serios, por favor. A gratuidade para o ensino e máis a sanidade.

Eu lin con interese e vagariño O Evanxeo segundo Xesús Cristo de Saramago, e aínda hoxe me pregunto, fóra de dilucidacións literarias, qué aporta esa novela á cristoloxía. Coller a figura de Xesús como excusa para escribir o que che dá a gana... O reto é outro. Saramago fixo A Vida de Brian, pero sen graza ningunha. E falou do que quixo, pero moi pouco de Cristo. Aínda que sexa o protagonista da súa novela.

A liberdade évos unha deidade de culto ben complicado. Pero, en fin, un post de réplica non abonda para tema tan esvaradizo.

Anónimo dijo...

O artigo de Eduardo Arroyo, fetén, chapeau. Escrito marabillosamente... perfecto o de "tontitos", etc.
Pois á monarquía, exercito e relixión débolle máis respecto que a cousas que me son máis próximas, precisamsente por iso.
Asumo orgulloso o ser do XIX se pensar que esas fotos son de mal gusto. Pero ollo, que eu sexa do XIX non significa qeu o "autor" desas cousas sexa un "artista" que aporte algo á humanidade.
Si, algo si. Se cadra un pouco de escándalo e crispación... E un marrón para o goberno de Lleida.
Eu defendo o dereito dos católicos a non ver o seu cristo metido nun paquete dun descerebrado, como o dos do bloque de non ver a súa bandeira metida polo cu dun espontáneo.
Un pouco de calmiña, turrón e champan... e a ir á misa do galo, se vostedes queren, ou a tomar unha copiña, se lles presta.