26 dic 2007









Cine, Cine, Cine...
Bos días estes para ver cine. Mellor, bo cine. Diario dun escándalo, de R. Eire (o director de Iris), non defrauda: pode lembrar nalgúns momentos A calumnia, de William Wyler.
Lejos del cielo, de Todd Haynes (xa a vira en DVD, revisámola en TV) non é Douglas Sirk, pero fai todo o posible por achegarselle. E conta con Julianne Moore, garantía de estar pegados á pantalla, creo que é unha magnífica actriz, mesmo nestes papeis aparantemente "con pouca substan
cia".
E anda polos quioscos, por se alguén aínda non se decatou, unha oferta (só 10 euros) desas dúas xoias que son Million Dollar Baby, de Clint Eastwood (outra vez), e Mi vida sin mi, de Isabel Coixet: a escena en que o médico lle comunica a protagonista, sentados nun corredor do hospital, sen atreverse a mirarlle a cara, que ten un tumor, xa é antolóxica da historia do cine. Digo eu.

6 comentarios:

Pedro Gómez-Valadés dijo...

Nin eu mesmo faría unha elección mello! En serio, moi boa selección.

Anónimo dijo...

Moi condescendente coa selección o sr. gran crítico de Cahiers du Cinema. Un poquito de humildade, porfa.

Marcos Valcárcel López dijo...

O certo é que nin se trata dunha escolma sistemática. Só a coincidencia de dúas películas vistas nestes días máis outras dúas que saen en DVD e que me encantaron cando as vin. E supoño que PGV pode coincidir con eses criterios. Se a vostede non lle gusta, sr. Anónimo, qué lle imos facer!! Se quere propoña a súa "escolma": ten espazo para iso. E logo opinamos.

Anónimo dijo...

Unha boa oferta de kiosko é o triple dvd, con versións orixinais, de Matrimonio á italiana, Divorcio á italiana e Ciumes á italiana, por 12 euros. Marcello, Sophia e Claudia. Para pasar mellor o findeano.

Anónimo dijo...

O de gran crítico non iba polo señor Marcos, senón polo Gómez que dixo que nin el o podia facer millor. O da humildade era para el e non para Marcos, un tipo cojonudo.

Anónimo dijo...

A miña nai tivo cancer e dic´xeronllo duha forma moi animal e á CARA
Bicos YOLI