30 dic 2007



Benezir Bhutto.
Pan por Pan domingo 30 decembro
Nin sequera está claro quen a matou: puido ser Al Qaeda, ou os grupos próximos a Musharraf ou calquera célula integrista islámica. O único claro é que era unha muller fermosa e valente: en atentados morreron antes o seu pai e tres irmáns seus e aí estaba ela, sabendo o risco que corría. Din os que saben que nin sequera foi boa gobernante cando lle tocou e que con ela floreceu a corrupción. Pero agora xa é un mito da loita democrática.
Tamén está claro que todo vai cada vez a peor nesa área xeopolítica: Paquistán, Afganistán, Iraq. A democracia non se pode impoñer pola forza: ata Bush acabará por entendelo. Pero a descomposición provocada polo fanatismo, a ignorancia dos máis elementais Dereitos Humanos, tamén nos apuntan co dedo. Que facer? Eu dende logo non o sei. Algún día alguén fará unha película sobre Benezir Bhutto e alí parecerá todo moito máis sinxelo.

4 comentarios:

Xaime dijo...

Benezir e as persoas coma ela que están en política onde un se xoga a vida cada minuto, dame que pensar que moitas veces enaltecemos a persoaxes que nin merecen que lles prestemos atención.
A valentía deste muller deberá ser un exemplo no seu pais, que lamentablemente sin ela corre o risco de voltar a Idade Media en días.

Anónimo dijo...

Antena 3: "Al-Quaeda responsable del asesinato de Benezir"

Tele 5: "El asesinato fue decidido en el entorno presidencial"

TVE: "Confusión en torno al asesinato"

Xaime dijo...

Non se preocupe, D. Júlio aínda queda moito que confundir polo menos ata despois do 6 de Xaneiro, día das elecións.

Anónimo dijo...

Non é que fose a primeira máxima gobernante da historia nun país islámico; descontando raíñas e emperatrices, debeu ser unha das primeiras máximas gobernantes de calquera país en calquera ámbito cultural e continente. Nunha lista ordenada segundo antigüidade, supoño que ocuparía un dos primeiros dez ou en todo caso vinte postos.

Auténtico, grande interese tiña eu por esta muller no seu período gobernante; había outra figura dalgún modo paralela, a da irlandesa Mary Robinson, pero canto a incomodos e riscos o caso non é comparable. Resulta (para min) un enigma como unha muller, por moi titulada e cultivada que estivese, por moi filla que fose dun antigo presidente, podía chegar a ser elixida nun lugar coma o Paquistán. Supoño que o sacrificio de toda a familia renderá o seu froito naquel país; mesmo na rexión.

Unha das claves da aceptación seguramente sería o de permanecer no Islam, e combinar tal apego cultural e confesional con ilustración e modernidade. Estudara en Oxford; se non lembro mal, o Salman Rushdie chamáralle bragas de ferro. Cáiame bastante mellor ela ca el; de feito, o que máis me interesou de Rushdie foi o Harun e o mar de histórias que lles lía ás miñas fillas; agora, a el levantáronlle a fatwa e a Benazir está morta.