13 dic 2007


HOMENAXE Ó EXILIO MEXICANO
Andoliña venres 13 decembro

O cineasta Carlos Velo, o pintor Arturo Souto, o poeta vadeorrés Florencio Delgado Gurriarán, o mestre Luís Soto, compañeiro de Castelao, todos eles impulsores da revista “Vieiros”, unha das xoias da historia da prensa galega. Quedan aínda descendentes de todos eles e de moitos máis centos de galegos que se refuxiaron no exilio mexicano. O México de Lázaro Cárdenas recibiunos cos brazos abertos: dende os que desembarcaron no buque Sinaia ata todos os que alí se achegaron despois. Aló proseguiron co seu labor republicano e galeguista. Aló saiu o “Caniconeiro da loita galega” de 1943. E “Loita”, revista galeguista da comisión galega do PC de Hespaña. E a antoloxía “Poesía de Galicia”, de Alejandro Finisterre (1969)-
Toda unha aristocracia intelectual que enriqueceu a cultura mexicana con acenos galegos: lembremos tamén ó poeta Lorenzo Varela, acollido na casa de Octavio Paz; ó arquitecto José Caridad Mateo, Serafín Ferro, Marcial Fernández, Roxelio R. de Bretaña, ó médico Francisco Comesaña, etc. Ata a morte de Franco, México mantivo o apoio ó goberno republicano no exilio. A Xunta, con Pérez Touriño á fronte, homenaxea agora esa xeración: con toda xustiza.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Teño unha amiga, nacida en Venezuela,cuxo pai era da comarca de Celanova. Ela díxome que séu pai falóu hasta que morréu con moita admiración dun mestre que tivera de neno,e que ese mestre fora perseguido.Ela mesma se contaxiara dos valores que lle transmitira ao seu pai aquel mestre.Polos datos que me dixo, cheguéi á conclusión de que tería que ser Luis Soto. Incríbel que un mestre inflúa nos só nos seus alumnos senón tamén nos fillos deles, sen telos coñecido.

Anónimo dijo...

Estaba lendo esta páxina:
Pinchar