12 dic 2007









en poleiro alleo
(Imaxe: "Laura", de Giorgione, 1506)

"Unha torpe política cultural" (A. Conde en ECG 12 dec.)

"Agradecemento e adulación" (X.M. Sarille en ECG 12 dec.)

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Alfredo Conde pode dicir misa, pero a maioría dos feitos que lle atribúe ao ministro "galego" Molina non son del senón da súa antecesora. Para ben e para mal, Molina só leva uns meses no cargo, pero iso si deulle tempo a pasearse moito por aquí e visitar cargos só do PSOE. Será porque é o candidato da Coruña.

Para exemplo, a biblioteca de Santiago, que comezou a facerse hai uns cantos anos, cando Molina nin sequera era director do Cervantes.

Mágoa de Molina e mágoa de Conde, que está triste e só.

E Molina debería preocuparse máis de cousas deste tipo (ou de como o teatro galego -outubro de 2007, con el xa no cargo- non recibe nin un tercio do que lle corresponde por poboación)

http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2007/11/30/0003_6363706.htm

Anónimo dijo...

ABEL B. VEIGA COPO
"Galicia Hoxe"
Desencontro cultural

José Blanco, prohome dos socialistas, ben informado e bo asumidor do rol que lle toca asumir, xa leva anos nisto da organización dos de Ferraz, asegura que as enquisas que manexa farán dos socialistas o partido máis votado en Galicia o próximo 9 de marzo. Non hai moito aseveraba ante varios comensais que gañarían as galegas de 2005, pero non as gañaron. Perdeunas Fraga por escasos dez mil votos. Touriño tras o seu periplo habanense e mexicano, entre firmas varias, himnos e emocións dos que alí emigraron coa alma esgazada e a bágoa nostálxica, consegue que nada menos que a Universidade Nacional Autónoma de México divulgue a lingua, a literatura e a cultura galegas.

Os conselleiros de cultura das tres históricas, rexións, países, nacións, cada cal que lle chame como prefire, asinan unha declaración conxunta que revitaliza o empuxe cultural das tres comunidades, combinando experiencias e protocolos de actuación. E o ministro de cultura, galego do Eume e poeta, di descoñecer o contido. Non lle gusta, non o comparte. Pero que hai de malo en que tres rexións, tres realidades socioculturais tan diferentes, tres comunidades de persoas e pobos decidan asinar ou divulgar e fortalecer as raíces propias, a cultura e a idiosincrasia que as caracteriza?, seica se dana a alguén, seica as competencias do ministerio son omnímodas ou holísticas ou é que non perderon peso e importancia neste país de autonomías?

Probablemente non lle gustou ese contido que afirma "as culturas das nacións sen Estado no caso español", probablemente ó ministro non lle gusta o nacionalismo, ou quizais pense que o nacionalismo só busca nacionalizar a cultura, neste caso galego, quen sabe o que realmente pensa. Pero algo hai certo e non me gusta nin debe ser. O desencontro entre o titular estatal, César Antonio Molina, e a titular galega, a nacionalista Ánxela Bugallo é total. Non sei se se desprezan ou se deploran, se é mutuo ou non, se é só dun ou de ambos, pero non é para Galicia, para a cultura nin para ninguén. E é triste que sendo ambos os galegos nin sequera se dirixan a palabra ou se boicoteen cando é mester. Recórdese que non hai moitas semanas en visita do ministro ó complexo da Cidade da Cultura, Touriño acudiu só, sen a súa conselleira. Non sabemos se por decisión propia ou imposta desde a cadeira de brazos e capricho ministerial. Pero non é bo que se ignore a titular de cultura galega. Non di moito nin do ministro nin do presidente autonómico. Hai presenzas que aínda que molestas son necesarias, e as aparencias polo menos, polo menos, hai que gardalas e sabelas gardar. Din que o encontro en Santiago da Conferencia Sectorial de Cultura foi unha representación xélida, distante e unicamente protocolaria. Non se fala de nada, non se discute nada. Se hai dous meses o Gaiás tiña unha importancia significativa na celebración do Bicentenario das Independencias de América Latina, ata que o Goberno central sufragase gastos, custos e subvencionase outras remesas, hoxe dísenos que nada se pediu a Madrid. Non sei quen mente ou quen fala arreo sen pensar apenas un segundo o que di. E xa se sabe, un é prisioneiro do que di e dono do que cala. Basta que coincidan dous galegos en ambas as carteiras para que o desencontro e a distancia sexan abismais, e xa é triste que isto poida suceder. Menos mal que Quintana xa ten a súa foto na Moncloa co presidente, as súas promesas de traspaso competencial e os diñeiros gañados por non apoiar a reprobación á nefasta ministra do desfomento e a altanería, a dos plans Galicia de?, e iso que da cultura galega dos seus avós nada se lle pegou.

Anónimo dijo...

Xa sei que a foto do post é "Laura". Hai varias canciós con ese nome pero eu escollo esta con nome parecido. A maioría das fotos valen como postal navideña:
Aiquí sí que fai frío,meu querido Dr. Zhivago

Anónimo dijo...

Dedicado ao SLG:
http://www.youtube.com/watch?v=s8Qm5J8P-ZE

"David Watts"
I am a dull and simple lad
Can not tell water from champagne
And I have never met the queen
And I wish I could have all that he has got
I wish I could be like david watts

Fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa
Fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa

And when I lie on my pillow at night
I dream I could fight like david watts
Lead the school team to victory
And take my exams and pass the lot

(wish I could be)
Wish I could be like david watts
(wish I could be)
Wish I could be like david watts
(wish I could be)
Conduct my life like david watts
(wish I could be)
I wish I could be like david watts

Fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa
Fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa

He is the head boy at the school
He is the captain of the team
He is so gay and fancy free
And I wish all his money belonged to me
I wish I could be like david watts

Fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa
Fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa

And all the girls in the neighborhood
Try to go out with david watts
They try their best but cant succeed
For he is of pure and noble breed

Wish I could be like
Wish I could be like
Wish I could be like

Fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa
Fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa-fa

Anónimo dijo...

Da Coba: Isto está "amuermado". Todos liscaron para o congreso, e a tal hora estarán de copeteo por Auria adiante.
Mach Schau, bitte.

Anónimo dijo...

Eso digo eu. Non hai wifi nese congreso ou que?

Anónimo dijo...

Onde está todo o mundo? Onde están as espadas do xornalismo blogueiro?

Anónimo dijo...

Aiquí estóu eu sozinho. Nin Deus máis. Que a omnipresenza de Deus refírese só ó espazo físico e non ó ciberespazo.

Anónimo dijo...

Estás moi enganado, Xohan da Coba.

Anónimo dijo...

Señor meu, e Deus meu !

Anónimo dijo...

Mamai, mamai, a esa nena do retrato véselle unha teta...