10 dic 2007


O vento que axita a cebada
Andoliña martes 11 decembro

Vin nestes días O vento que axita a cebada (2006), unha das últimas películas de Ken Loach. Narra as orixes da independencia irlandesa e as loitas fratricidas que acompañaron aquel parto, tema tratado tamén en Michael Collins, de Neil Jordan. Os militantes máis radicais non aceptaron a partición dos condados do norte (o Ulster) nin o pacto cos terratenentes do país. No Reino Unido, os medios conservadores tachárona como película pro IRA, pois o centro desta é o papel desta organización naquela loita. Tampouco é a primeira película sobre o IRA: lembren O delator, de J. Ford, 1935.
Vista dende aquí, con todo, é inevitable pensar en Euscadi e nas posibles semellanzas: a estratexia de guerrilla dos voluntarios irlandeses, o apoio do clero ó nacionalismo etc. Aquilo foi en 1920 e xa choveu, moito cambiou o mundo e a contorna internacional. Pero, sería imaxinable unha Euscadi Sur, sen a parte francesa, a padecer unha guerra fratricida entre vascos, digamos vascos do PNV contra vascos de ETA? A organización terrorista xa ten atentado contra cargos peneuvistas: posibilidade nada inverosímil, pois. Agardemos que na Europa do século XXI tal horror non sexa posible.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

De qu� me sona ese fulano?
Studs Lonigan?
�rase unha vez en Am�rica?
mmmm....

torredebabel dijo...

vin a película e doeume a alma. Agardo polo artigo.

R.R. dijo...

¡Eu tamén andarei por alá! ¡Se o vexo mandareille un saúdo, ho!

Anónimo dijo...

Sempre foi para min un misterio .Quen se agochaba baixo aquel nome tan musical que figuraba nun libro do meu pai?. Maña en compostela teremos a oportunidade de resolver aquel misterio.

Pd. Marcos Ana visita compostela e falara na fundacion caixa galicia presentado por Alonso Montero.
Gustavo Peaguda

Anónimo dijo...

A mín xa se me tén ocurrido, no futuro, unha "Euscadi do Norte" e unha "Euscadi do sur". Neste caso, a diferencis de Irlanda, a do norte sería a independente. Menos mal que a relixión no ten nada que ver neste caso (creo). Non hai desfiles de cór naranxa e cousas así.

Marcos Valcárcel López dijo...

Amigo Xoán da Coba, Euskadi Sur teno moi difícil para soñarse como estado independente. Pero, Euskadi Norte, creo eu, nun país tan centralista e uniformista como Francia, aínda moito máis. O da relixión tamén é discutible e o peso da Igrexa vasca no nacionalismo é evidente, cando menos nos seus inicios (vale para o PNV e para ETA tamén).

Anónimo dijo...

Eu non me refería ós países vascos francés i español cando falaba de norte-sur. falaba dunha hipotética fronteira que dividría dúas euscadis: a máis "españolista" (coincidindo máis ou menos coa provincia de Álava e quizás navarra) que permanecería unida ó estado español, e a que se faría hipotéticamente independente. Pero non sei hasta que punto se aceptarían pra eso fronteiras previamente impostas como as "provinciáis" españolas ou a "nacional" francesa. Pero esto é "política ficción".

Quería facer unha comparanza có que foi o proceso en Irlanda, onde o problema se "resolvéu" dividindo a ínsula en dúas partes,unha pertenecente ó Reino Unido e outra independente.

Marcos Valcárcel López dijo...

Entendino mal logo. Se é así, a cousa ten máis sentido. Aínda que segue sendo ben difícil de realizar e que sería interpretada como un auténtico fracaso polo nacionalismo radical: sería aínda peor que o sucedido en Irlanda nos anos 20.

Anónimo dijo...

As fronteiras dise estado estarían limitadas as provincias de Guipozkoa e Bizkaia e o noroeste de Navarra, é dicir a zona máis preto a Guipozkoa. Parece mentira que moitos anos despois sega sendo así (Guerra Civil), salvo o norte de Navarra, daquela feudo carlista. Lembro a anecdota dos Baroja, unha familia mal vista en Bera do Bidasoa, por ateos e contrarios ó carlismo, vila que hoxe é feudo do integrismo vasco...

Anónimo dijo...

O enfrentamento semella dificil entre vascos pero é real entre abertzales e o estado español, real, represivo e violento.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Abertzale ("patriota" en euskera) é todo nacionalista vasco: supoño que vostede se está a referir aos grupos máis radicais, polo menos no que respecta á violencia. Supoño, xa digo.

Anónimo dijo...

Ten razón, Arume. Pero o termo abertzale adoita ser patrimonializado polo sector máis radical. De aí a sinécdoque que frecuentemente se fai.

Marcos Valcárcel López dijo...

A LINGUAXE NON É INOCENTE E QUEDA MASACRADA.
Para o caso galego: "patriota". Usábase a cotío na prensa galeguista da República. Tamén no exilio. Aínda coa morte de Franco era habitual a pintada: "Amnistía Patriotas Galegos".
Hoxe está case desterrada, agás na cabeceira "Día da Patria Galega".
O culpable é Franco, obviamente: co abuso do seu "patriotismo" queimou quizais para sempre, na nosa contorna, a recuperación dese concepto.
Os símbolos é o que teñen. Poden ser desnaturalizados e inutilizados. Quen pode ver hoxe inocentemente a cruz gamada, na súa orixe celta ou aria, despois de Hitler?

Xaime dijo...

No caso se Galicia, aínda que sempre recoñecida a Patria, pouco a pouco e seguramente pola influencia do exilio americando, nos galeguistas foise trocando o de patriota que foi sendo aplicado polos comunistas e a esquerda en xeral -digo eu ¿que outra esquerda?-, polo de irmán.
Deberan sentir no pelexo próprio cando Pedro González, Manolo Beiras, ou Ramón Piñeiro lle chamaba a un: irmán.

Anónimo dijo...

Jimmy de Rairo:
"O enfrentamento semella dificil entre vascos pero é real entre abertzales e o estado español, real, represivo e violento."

Fico un pouco patidifuso e aqueloutrado, pois ata agora pensaba que eran vascos Buesa, Ordóñez, Rekalde, Pagaza, Berazadi e un amplo elenco fúnebre de concelleiros, empresarios, munipas e outros oficiantes das máis variadas profesións (menos curas, como indicou agudamente Savater) asasinados pola moi patriótica, abertzale e escasamente represiva ETA. É máis: na miña opinión o "conflito" famoso do País Vasco é fundamentalmente un enfrontamento entre vascos. Porque tan vascos son, mentres o señor de Rairo non demostre o contrario, os vascos que queren un País Vasco independente e os vascos (sorprendente e contumazmente masoquistas) que queren un País Vasco integrado no feroz, violento e represivo Estado Español.

Anónimo dijo...

É vasco quen o quere ser e ao seu xeito, non acredito en nigún pattern esencialista que otorgue formalmente esa condición. Outra cousa é a asumción dunha identidade politíta, polo que rectifico e onde dixen "enfrentamento entre vascos", digo agora "enfrentamento entre nacionalistas vascos".

O conflicto non é so un enfrentamento entre vascos nacionalistas e vascos non-ou-anti-nacionalistas, é tamén un conflicto que adequire expresións de violencia entre o Estado Español, e uns nacionalistas: os da esquerda Abertzale. Conflicto que distorsiona as posibilidades de actuación política e suspende os dereitos fundamentais.
Orientarse cara un escenario onde estes dereitos sexan respetados e garantidos, paréceme a min o camiño a seguir para sair dun conflicto que podería estas xa superado. Zapatero na proxima lexislatura, pareceme que asumirá este reto e creo que a esquerda abertzale tamén.

Anónimo dijo...

Canto aos outros abertzales (PNV e EA, basicamente), xa hai ben tempo que o teñen asumido.

Xaime dijo...

Amigo Jimy, presupón que ZP, gañará as próximas eleccións que é moito presumir.
En todo caso, pregunto, que condicións se cumplirán a partires da primavera do 2008, que non se esteñan a cumplir hoxendía.
Sempre que haxa alguén que teña unha pistola é que esté disposto a utilizala para matar a alguén que pense o contrario del, non se darán as condicións, e xa sei que é un argumento simplista pero imbatible.

Anónimo dijo...

A vostede parécelle que é moito presumir, Xaime? Eu, non é que pense que ZP vai ganar. O que penso é que o Rajuá vai levar un carallo coma un brazo.

Xaime dijo...

Xa falaremos, D. Xohan, xa falaremos......

Anónimo dijo...

Por certo Don Xaime, denos unha primicia. Vanse presentar vostedes ou non? Fágase bó, oh...