22 dic. 2007


O Himno. Pan por Pan sábado 22 decembro
O xoves pasado, cando se cumpría o centenario do Himno Galego, os tres partidos con representación no Parlamento Galego celebraron esa data. Fixérono en Ourense e en Santiago. Este titular é certo, tal como está, pero non di toda a realidade: os tres partidos (PSdG, PPG, BNG) celebraron a data, pero cada un polo seu lado. Por separado. Era tan difícil dende as institucións promover unha celebración conxunta? Suponse que calquera comunidade ten uns valores propios e uns símbolos nos que se reflicten os mesmos: himno, bandeira, escudo. Pero, se para recoñecernos neles, temos que facelo por separado, algo non funciona. Será a proximidade das eleccións, pero permítome dicirlles que os tres se equivocan. Que é todo un esperpento esta dinámica de confrontación que xa non se salva nin no terreo simbólico ou cultural. E que diría Pondal de todo isto?

39 comentarios:

apicultor dijo...

Todo isto da febre separatista do bigoberno xa é puro e duro esperpento.

Un exemplo máis:

O Museo do Mar de Galicia abre hoxe en Vigo as súas portas despois de varios anos de incertezas e como símbolo da colaboración do bipartito, malia que ambas as formacións -o BNG e o PSdeG- volveron escenificar onte até que punto os seus líderes -Emilio Pérez Touriño no socialismo e Anxo Quintana no BNG- prefiren cultivar individualmente as súas respectivas parcelas. Deste xeito, o presidente Touriño inaugurou pola tarde as novas instalacións do museo coa presenza do alcalde vigués, o tamén socialista Abel Caballero, mentres que o vicepresidente Quintana presentaba as mesmas instalacións pola mañá nun acto ao que asistiu o tenente alcalde vigués, o nacionalista Santiago Domínguez Olveira. A ponte entre un e outro foi, desta volta, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, que estivo nos dous actos como máxima responsable desta nova infraestrutura.

Xaime dijo...

Cando sae algo como esto, eu non teño a valentía que ten vostede de sácala, por que ademáis de estar canso eu non sei se será malo para todos. Digollo sen coñas.

ex-habitual dijo...

Está ben que, aínda que separadamente, o celebren.

Outros pasan do himno cantiduvi. Mesmo algúns dos foreiros habituais eiquí non lles chista (ou chistaba) moito o himno. "Ningún himno", dirían eles.

Esperemos que, sen submariños nin cargas de produndidade, o PSOE oriundo celebre tamén as galescolas, ese intento timidísimo de que o galego non desapareza nun par de xeracións.

Xosé M. González dijo...

Cada un dos tres actos, polo que leo, tivo discurso diferente; e non falo da letra, senón fundamentalmente da música, se me permiten unha metáfora igual non moi fóra de lugar.

En Cataluña, o asunto identidade / autogoberno ten, hoxe por hoxe, un consenso pentapartito e unha disidencia PP-Ciutadans; aquí son tres discursos, e non se ve moito punto de encontro.

E o peor é que, para traballar en positivo, non vexo moita traza de como ou por onde empezar.

apicultor dijo...

Non me parece oportuna, e si contraproducente, a auto-censura en ningún aspecto que teña que ver coa crítica á cousa pública.

O seu argumento, amigo Xaime, lémbrame o dalgúns comunistas que dicían que había que estar calados sobre a Unión Soviética, aínda recoñecendo en privado as súas "desviacións e erros" (sic.), para que deste xeito a clase operaria non se desencantase do socialismo.

Eu, pola contra, nunca comunguei con esa visión paternalista que considera o pobo como un perpétuo menor de idade ao que hai que lle ocultar a realidade e suministrarlle unicamente mentiras piadosas.

Xosé M. González dijo...

Perdón. Para Cataluña, quería dicir consenso cuadri ou tetrapartito.

Xohan da Coba dijo...

Non me parece oportuna, e si contraproducente, a auto-censura en ningún aspecto que teña que ver coa crítica á cousa pública.

O seu argumento, amigo Xaime, lémbrame o dalgúns comunistas que dicían que había que estar calados sobre a Unión Soviética, aínda recoñecendo en privado as súas "desviacións e erros" (sic.), para que deste xeito a clase operaria non se desencantase do socialismo.

Eu, pola contra, nunca comunguei con esa visión paternalista que considera o pobo como un perpétuo menor de idade ao que hai que lle ocultar a realidade e suministrarlle unicamente mentiras piadosas.


Vaia,que casualidade . Remataba eu de escreber este texto e vexo que Apicultor escribíu xa un exactamente igual. Serán os efectos eses da sincronización cósmica?

Xohan da Coba dijo...

Pois sí que houbo músicas diferentes nos actos do Hino, XM Glz. Eu captéi algunhas claves nas diferente interpretaciós da partitura que fixeron os medios ourensáns.

Xohan da Coba dijo...

O Hino é meu. MEEEUUUU.(Pondal)

O Hino é meu, porque é "O Meu" (BNG).

O Hino é meu.Pero non é "O Meu".(PSOE).

O que é teu,é teu e meu. (PP)

Xaime dijo...

Apicultor, admito a bronca, ten razón.

apicultor dijo...

Non era bronca. Tan só unha matización.

Marchulenis dijo...

Que bonito! Apúntanse todos ó carro porque como é o politicamente correcto, non vaia ser que non saian na foto.

E como o cantarían?

'valeroso chan' ou 'valeroso clan'?
'feridos e duros ou 'férridos e duros'?
'só os ignorantes' ou 'sós os iñorantes'?
'nación de Breogán' ou 'nazón de Breogán'?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Ningún himno, en efecto, ex-habitual. Os sentimentos en política, os menos.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

E sobre o combinado futboleiro, tres cuartos ou todo o campo do mesmo.

marcos valcarcel dijo...

Marchulenis, eu non teño ningún interese en saír na foto a este respecto: ás veces o politicamente correcto é tamén o máis atinado.
Do resto, esta clara cal é a versión filolóxica real, o texto xa corrixido de Pondal. Como se cante ou non, é cuestión a decidir no Parlamento Galego: sei que falaron diso, non sei que decidiron.

Etxe dijo...

A min non me gustan os himnos.
O galego non ía ser unha exceución.
Ademais o noso ten dúas versións... unha a das xentes do común, que remata co Fogar de Breogán, de Breoogáaaaan", tantatachán (que máis que do común parece do sentido común para que non se prolongue como as pilas de duracel); e outra a dos que son "máis galegos", teñen máis aguante, e enchen a boca co zume dos "imbéciles e escuros" a escoarlle polo queixo abaixo... como se estivesen escoitando os ecos marciais da chegada as tropas da liberación nos seus carros...
Os símbolos seica son importantes... por iso se deben dar a respectar. E desde logo o espectádego dado polos tres partidos, cada un ao seu, é unha falla de respecto absoluta. Pero de aí a que sexa, como di Anxo Quin, o meu deber de pai aprenderlle á miña descendencia letras himnarias, hai un cacho.
Eu podo ser contrario aos himnos e bandeiras, aos nacionalismos sexan estes defensivos, agresivos, bolboretoides, etc. desde unha óptica normalizadoramente galaica e non pasa nada.
Os maleducados co himno son eles tres, por intentar capitalizar cousas. De viaxe ao Caribe, ou na Alameda, ou en Santiago.
Tres tristes tigres.

Xohan da Coba dijo...

Alguén sabe se o Himno Galego tén tonalidade e tempo oficial? Séi que o español debe tocarse en "Si bemol" a un tempo de 76 negras por minuto. Pero no caso do galego, non seí se é tamén Sib, anque é a tonalidade de moitas gaitas.

Xosé M. González dijo...

Unha das cousas que me faltaban era ser chamado tío raro por cantar o himno enteiro. Moito se aprende neste blog.

marcos valcarcel dijo...

XOSÉ MANUEL ten razón en que non é nada raro cantar enteiro o Himno: de feito, así figura na Lei de Símbolos. Xa sei que é moi longo e que hai xente que non lle gusta demasiado a segunda parte. Pero, en honor á verdade e á legalidade, ou se cambia a lei, ou o Himno debera cantarse enteiro.

apicultor dijo...

Conta o ínclito Paco, no libro de conversas con Xosé Mexuto (A nación galega existe. Conversas con Francisco Rodríguez, 2006, p. 326), o cristo que lles montou aos socialistas cando, no día da toma de posesión de Touriño como Presidente no Parlamento galego, se mutilou a interpretación do himno, quedando este pola metade.

Paco di, facendo gala dunha personalidade desconfiada de seu, que os socialistas o fixeron de "forma propositada".

Eu creo, non obstante, que foi consecuencia dunha chapuza derivada da torpeza da Presidenta do Parlamento (e que non sería a única no que vai de lexislatura).

apicultor dijo...

E a propósito de tan interesante como esclarecedor libro de conversas...

Paco Rodríguez, sempre tan circunspecto e sobrio calvinista, non se puido substraer a un arrinque de humanas vaidade e soberbia.

En efecto, o entrevistador, que non dá acougo ao seu servil botafumeiro durante todo o libro, fixo un Limiar que se pode cualificar de peza única da literatura haxiográfica.

Nese Limiar Paco é presentado, con tintes melodramáticos, no momento do seu regreso a Galicia en 1971, como unha reencarnación do sheriff solitario e valente que vén liberar o poboado (léase Galicia) da presenza dos foraxidos (o colonialismo español) que o aferrollan.

Cunha depurada técnica de flash-back, Paco semella o home providencial (de aí o título: A nación galega existe), un heroico Gary Cooper en Sólo ante el peligro (Highnoon).

O entrevistador debeulle pasar para que a lese tal introdución, pero Paco, levado pola vaidade e a soberbia, deulle o seu visto bo.

Conste que isto, máis que falar mal del, o que fai é humanizalo e convertilo nun ser entrañable, e así o entendo eu.

O que queda coma un turiferario cursi é o entrevistador e autor do Limiar. Quen, desde logo, daría un gran guionista de telenovelas venezolanas.

Leituga 1 dijo...

O Mexuto é moito, iso é certo, pero a cousa do Himno é algo matizable. Dígoo porque a celebración de Cuba foi institucional e conxunta, pois nesa viaxe foron representantes dos tres partidos e estiveron alí, no Gran Teatro da Habana, comportándose uns e outros como é debido.
Xa aquí, qué lle queren... A Presidencia da Xunta invitou a todo cristo para o acto e a exposición de Bonaval, pero do BNG oficial só foi Suárez Canal. Mesmo tiveron que adiantar un día o acto e poñelo o 19 porque Quintana quería facer a súa celebración particular en Ponteceso o día 20 e non houbo forma. De todos os xeitos, no acto de Bonaval houbo unha representación institucional xeitosa: aparte da plana maior sociata, estaba o xa mentado Suárez Canal, a presidenta do Parlamento, Delegado do Goberno, Deputación da Coruña, o presidente do Consello da Cultura Galega, o do Consello de Contas, fundacións e asociacións culturais (Cela, Carlos Casares, Pen Club, Hércules, ANT...). En fin, o acto foi institucional. O que non foi é unitario. É un matiz que non sei se lles parecerá demasiado relevante...
O certo é que canto máis próximas están as eleccións, maior necesidade de "visualización".

Xosé M. González dijo...

Non me disgustou nada a homenaxe, in situ (Ponteceso e Mondoñedo), de Anxo Quintana aos autores da letra e a música do himno. É mágoa así e todo que non puidese ser de todos o acto de Bonaval, fose cal fose a razón; ou as razóns.

Non encontro, porén, relación deste acto, precisamente coas eleccións xerais. Miro as fotos de Mondoñedo e non vexo ningún cabeza de lista ou candidato do BNG; non lembro velos tampouco en Ponteceso, a carón do vicepresidente e o alcalde daquel concello, por certo que do PP. Dígoo, tamén, coma quen gustou ben pouco dalgún aspecto do discurso de Touriño. Que ignoro, así mesmo, se buscaría ser consensuado; nin se procede.

Que sei eu. Ao mellor os actos unitarios requiren de programacións consensuadas.

arume dos piñeiros dijo...

Haberá máis homenaxes ou remataron por un tempo? Empezamos coa polémica da versión flamenca e rematamos con estes remix de última hora, a gusto do consumidor.
En fin: eu só agardo que pechen os símbolos durante unha tempada nun cofre de sete ferrollos. E que gobernen. Que para iso votamos. Ou non?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Johnny Cash: un agasallo de Nadal.

Xosé M. González dijo...

Homenaxes e símbolos non sobran; tampouco non son o avó vergonzoso. Ten vde. algo en contra de celebrar o aniversario do Poema do Mío Cid? E do Himno Galego?

Iso si, que gobernen; e grazas polo agasallo. Bo Nadal.

arume dos piñeiros dijo...

Sobran, si. Para mín sobran por innecesarios. E o do PMC, con máis razón. Por moitos séculos que lle botemos. Hai departamentos de Literatura española mirando calendarios para organizaren festíns a costa do erario público con estas razóns. Todos os días deberían ser festa, pero non a golpe oportuno(ista) de efémeride.

Xosé M. González dijo...

Pois eu celebraría o centenario do PMC, de boa gana, léndoo de novo, se me devolvesen a miña edición de Colin Smith; incluído, xaora, o limiar. Considero, por outra banda, que o centenario do Humno Galego podía ser rendible en termos cívicos. Non sobran, non; iso si, depende do que custen e aí non engadirei nada ao que vde. di.

Xosé M. González dijo...

Escribín Humno Galego e quedo quasilívido ao comprobalo. Prego, Arume, que non aproveite a pifia; non pode haber árbitro que valide tal gol.

Leituga 1 dijo...

Tranquilo, González. Mentres non sexa o "Huno Galego", todo é admisible.

Xosé M. González dijo...

Por aí lle andaba eu, Leituga. Por certo, teña bo ano despois dun Bo Nadal.

arume dos piñeiros dijo...

Eu sonlle un cabaleiro: fair play prima della revoluzione. De todas formas, fágase mirar ese lapsus. E bó san Estevo e todos os demáis santos destes días, mesmo os inocentes que aí lle veñen. E que os reis, nomeadamente Leituga the first, traian bós agasallos.

Xohan da Coba dijo...

JAJJA. Moi bó eso de "fágase mirar ese lapsus", Arume. De tódolos xeitos, moito me temo que eso non debe de ter máis razón de ser que o feito de que o "y" esté ó lado do "u" no qwerty.

Xosé M. González dijo...

Quitoume, da Coba, a letra do dedo. Foi un saltus digiti, ou lapsus percussionis. Agradecido, Apicultor, por evidenciar que o Arume é falible (caro est, etiamsi cum pulcherrimo intellecto).

Canto aos reis, eu só espero nos de verdade; xa saben, todo está nos clásicos. Váialles ben, posiblemente falaremos en varios días: hai fútbol; e menos mal que nos queda Portugal.

apicultor dijo...

Falando dos Reis Magos, teño eu un libro dende hai uns anos e que, por haches ou por bes, non lin. Ten moi boa pinta, é breve, recente, e dun historiador italiano. E trata, obviamente, dos Reis Magos. Está na editorial Península. Se alguén quere a referencia completa, podo ir buscalo.

Por certo, hoxe vin unha ficha dun libro que seguro que lle interesa a Saavedra, por iso lle poño o enlace:

Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales

Marchulenis dijo...

O que quería dicir é que algunhas persoas que cantan o himno institucionalmente non senten o país, do mesmo xeito que non senten o idioma, e de que maneira se nota! (acabo de ler un exemplo no seu blog, referido a ex-parlamentari@s -canta razón ten Pilar!-)

apicultor dijo...

Si, Marchulenis, pero é que hai un pequeno problema empírico. Do que se deriva de que non hai unha única maneira de sentir o país ou o seu idioma, senón que case hai tantas maneiras como individuos. A miña e a súa seguramente se asemellan bastante, pero a doutros non. Non digo nin que estea ben nin que estea mal. O único que digo é que iso é o que hai e que, por moito que nos indignemos, vai seguir habendo. Hai, pois, que tomalo con tranquilidade e con tolerancia, en todo caso persuadindo intelixentemente aos outros. Velaí a nai do año. Aquí, neste tema, de pouco val ter ou non razón.

arume dos piñeiros dijo...

José Antonio Camacho, un nacionalista murciano. Impresiona. O suposto líder da furia española morre por entrenar á Selección de Murcia. Claro que tamén anuncia pisos na manga do mar menor. Sentirá máis o himno murciano có español?

Xaime dijo...

A millor maneira de non haxa nacionalidade históricas e que sexan todas. Café para todos foi, é e será un arma do PSOE que namentres lle vaia ben utilizarán de vagar.