en poleiro alleo
Víctor Freixanes reflexiona sobre os encontros e desencontros (familiares) destas datas. Afonso Monxardín lévalle a contra ós críticos do negocio das peles. E A. Piñeiro incide no tema das celebracións do centenario do Himno Galego, nun artigo que pode dialogar moi ben co noso "Pan" de hoxe.
Noites difíciles, de Víctor Freixanes (LVG)
Abrigos de peles, de Afonso Monxardín (La Región)
Qué dirían os rumorosos, de Antonio Piñeiro (La Región)
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
19 comentarios:
O de Monxardín, excelente coma sempre, con esa habilidade narrativa de contar a vida, que é marca da (súa) casa.
O de Freixanes, extraordinariamente ben escrito e certeiro, aínda que finalmente se deixa gañar polo sentimentalismo natalicio.
O de Piñeiro, ben pero previsible en todo. O tema do día de todo columnista. Nin quita nin pon a outras columnas semellantes.
NO nadal:
-Vótanse máis en falta seres queridos.Por estar lonxe físicamente, ou por estar xa entre nós.
-Faise balance do ano que remata, coa correspondente sensación de non telo aproveitado bén.
-Aparece a ansiedade ante o ano que entra.
-Síntese a frustración de non acadar o ideal de "perfecta familia". Fanse máis conspicuos os conflictos familiares.
-Súfrese máis a falta de recursos económicos.
-O tempo meteorolóxico desagradable, a corta duración do día, inflúe no estado de ánimo.
-Notamos o contraste entre as navidades na infanza e a que vivimos de adultos, co correspondente aumento de consciencia do paso do tempo.
(Non sei onde lín que estas celebraciós instituíronse no principio dos tempos como mecanismo de defensa psicolóxico pra vencer a tristura dos días).
Como lle decía Ramón Area ós seus alumnos ó despedirse no Nadal:
BLA BLA BLA BLA BLA...
(E logo, aclaraba : esto significa feliz aninovo, etcétera,etcétera...)
Eu tiña un amigo que quería moito ó seu abó. Era un abó moi coñero. E foi morrer na noite do 24 de Decembro.
O artigo do Monxardín xa o lín á mañá, tomando un "aquarius" contra a resaca, que onte tamén lle carguéi. Gostóume polo valente. De tópicos políticamente correctos estóu farto.
Amigo Xohan da Coba:
Como xa era de supor non lle tocou a lotería, por que me dixo en paxariño que non xugaba.
Estou encantado de que volva a escribir nesta casa para solaz do dono e algarabía e boureo do público en xeral.
Cuidese que o vexo moi desmillorado. Digalle a jefa (sic) que lle dea unhas fregas ben dadas.
Refírese vostede, Xaime, ó que lle chamaban na aldea "unhas fregas de unto vivo".
Non creo que hoxe teña corpo para tanto.
Si que xoguéi, home, e teño unha pedrea. Aínda non me fixen testigo de Xehová.ELes non poden xogar ós xogos de azar, nin celebrar natales nin cumpleanos. É que, como o Blair se pasóu o catolicismo, estóu tentado eu tamén de apostatar e meterme nalgunha relixión nova, pra seguir a moda. Qué contento se vía ó Papa na foto.
Curiosa nova, tan ben destacada, que un dirixente político moi relevante se convirta ó catolicismo, seica seguindo á súa muller (ben romántico, iso si). Hai moitos outros que queren deixala publicamente e mesmo quixeron facer apostasía, pero a Igrexa Católica, cando menos en España, non llo pon nada doado.
SR. XOHÁN DA COBA:
non sei se xa viu que Brétemas se fixo eco da súa análise grafolóxica da dedicatoria de FERNÁNDEZ PAZ (é vostede todo un crack, con seguidores en moitos blogs). Supoño que chegarán esas notas ó propio escritor: agardemos que se sinta ben reflectido no seu retrato.
Boeno. Se xente coma o "Rappel" lle "vota morro", pois eu tamén. Qué carallo. Creo que tamén moitos escritores saben que á vida hai que "votarlle morro". XDD.
Xa anda Don xohan despistando...
"Vota morro", podía ser lema dunha campaña electoral...
Tén razón anónimo. Ás veces síntome algo culpable. O outro día nalgún blog especulaban coa posibilidade de que eu fora un escritor recoñecido. Votéime a rir a cachón, pero logo sentín remordimentos. Penséi: está bén despistar un pouco, pero tanto, tanto...Igual xa me paso.
E, por certo, non é mala idea a de Anónimo.
Vótalle morro: Vota TAL.
Vótalle güevos: Vota CUAL
Vótalle imaxinación: Vota PRA EIQUÍ.
Vótalle ganas: Vota PRA ALÁ.
Acabo de ler o artigo do Mon Jardin, picado pola curiosidade.
Direivos que a mín me gustan os abrigos de pel desde que llos vin a Trudeau. Lembrádesvos de Trudeau?. Foi presidente do Canadá alá polos anos 70, era bilingüe e defensor do bilingüismo ( aghora a conselleira acaba de descubrilo nunha viaxe que ven de facer , ¿ A Provicia de Alberta?). Este tipo era un play-boy, andaba con Bárbara Streisand ( é todo moi vello , pero non rancio), e con outras actrices do "star-system". Eu achacáballo a aquel donaire e capacidade para portar abrigos de pel e sempre me quedou un retroghusto por ter un "de diseño". Como lin que na edade media estaba de moda o de pel de toupeira ando a argallar de confeccionar un de toupa, pouco a pouco.
Con tal de que non se ceben cos da miña especie.
Seguindo o simil do Da Coba
Vótalle morro: Vota TAL é o PSOE
Vótalle güevos: Vota CUAL é o PP
Vótalle imaxinación: Vota PRA EIQUÍ. é o voto en branco
Vótalle ganas: Vota PRA ALÁ é a abstención.
Admítense variantes, española, siciliana, gambito, etc
Española: sempre perdo,pero é coa que máis aguanto.
Siciliana: Xa lle chaman a dos perdedores.
Gambitos: Sempre aceptados. Hoxe vou comendo, mañán xa veremos.
Trudeau con que andaba tamén era coa súa muller, Margaret, que estaba boísima e tiña un aire sexy de gran dama mundana e intelixente. Logo liouse -ela, non el- con Mick Jagger, aínda sendo muller do primeiro ministro, e a cousa foi moi sonada. Arume, que ten boa memoria para estes "primores de lo cotidiano", seguro que lembra o episodio.
Colleume demasiado xoven, pero as súas imaxes formaban parte do mundo setenteiro, que agora parecen cutres, pero que representaron a ascensión ao poder (en tódolos sentidos) das xeracións máis xoves. E, xaora, o matrimonio Trudeau (con esa case insultante xuventude, á maneira dun kennedy canadián) era un símbolo de que os tempos estaban a mudar. Algo.
Publicar un comentario