21 dic 2007








Primeiras Postais de nadal (1)
Outro amigo e compañeiro de traballo reclámame que faga a escolma de postais como o ano pasado.
Pois aí vai. De paso aproveito para agradecer ese aceno a todos os que se acordaron de min (por correo normal ou correo @). Agás esquecemento involuntario, os que seguen:
Biblos
BNG nacional
Centro Internacional de Prensa (Carme Carballo)
Concello Barbadás, cunha colección de retábulos barrocos (mágoa que as fotos sexan demasiado pequenas)
Concello Redondela (Xosé F.)
Cultura Popular Sandiás
Editorial Galaxia (con debuxo de Xohán Ledo e versos de X.Mª Álvarez Blázquez)
Faro de Vigo (cunha viñeta de Forges)
Francisco González (Centro Cultural Simeón, cun fermoso San Rosendo en barro policromado)
Fundación Rosalía (Helena Villar)
José Cabañas Grez. (ARMH)
Laura Seara
Liceo Ourensán
Luis Fernández Guitián ou Luís de Sober (cun poema propio)
Marga Alfonso (a máis gamberra, coa portada de El Jueves)
Marisa Marimón
PEN Clube
Presidencia da Xunta
Rosa Aneiros
Tacho
Xosé M. Vázquez Pintor (cunha fermosa fotografía da natureza)
Xesús M. Marcos
Xulio Ríos
(Nesta primeira entrega van as postais de Galaxia, Pen Clube, Fundación Rosalía e a brincadiera de Marga Alfonso. Saúdos e graciñas a todos/as).

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois a mín sólo me chegóu a do meu asesor fiscal. Debéuma mandar pra que me lembrara de pagarlle os meses que lle debo. Ah! e tamén a do Corte Inglés.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois a min hai anos que non me chega a do Corte Inglés. Dende que dei de baixa a tarxeta. E, por certo, hoxe merco alí moito máis, sobre todo DVDs de cine, que cando tiña a tarxeta. Cousas!!!

Anónimo dijo...

Canto me gosta o tipo de encuadernación dos libros da foto. Pero o Marcial do Couto, que as facía, xubilóuse. Cantas "memorias" de Maxisterio encuadernóu. Creo que tamén a do Caneiro.

Anónimo dijo...

Teño o honor de coñecer a Folerpa (Marcos S. Calveiro), mais non somos a mesma persoa. Bo Nadal.

Xesús Manuel Marcos.

Marcos Valcárcel López dijo...

Excusas. Corrixo a confusión no post.