21 dic 2007


A vidreira de Díaz Pardo
Andoliña 21 dec.

Ós seus 87 anos, Isaac Díaz Pardo está a vivir días difíciles, vítima evidente da ingratitude humana. Pero tamén recibe algunhas homenaxes, todas elas merecidas, e algunhas outras alegrías. Entre elas, debe estar esa vidreira que deseñou para presidir o salón de plenos do Parlamento de Galicia, que se presentaba onte. Reproduce dúas figuras humanas que sosteñen un escudo cun dolmen e a lenda ‘Gallaecia’.
Simboloxía de xinea galeguista a utilizada polo artista: é o mesmo dolmen que figuraba na portada da revista Nós ou nalgúns carteis deseñados por seu pai, Camilo Díaz Baliño. Lembro un que fixera Camilo Díaz para a Coral de Ruada onde o dolmen se convertía nunha especie de altar sagrado, nun alento entre místico e nacionalista.
Rodean esta vidreira unha fileira de paxaros que simbolizan a imaxinación: a liberdade, a esperanza, a ledicia, son de certo imaxes acaídas ás aves en moitas tradicións culturais. Sorprendeume, en cambio, o grupo de caracois da base: seica representan a lentitude con que camiña o progreso na realidade, di Díaz Pardo. Por sorte, nada teñen que ver coa simboloxía sexual que lles atribuía Cunqueiro e da que xa falei neste recuncho: mellor, para o sosego dos parlamentarios.

29 comentarios:

Xaime dijo...

D. Isaac é o símbolo dunha Galicia que andivo polo mundo e que é universal. Esta terra que non trata ben os seus fillos, deberá facer unha excepción con Díaz Pardo.

Anónimo dijo...

Isaac Díaz Pardo somos todos, hoxe máis que nunca. Que non o esquezan eles; os pérfidos, os desagradecidos, os que padecen a desmemoria e a escoria do materialismo.
Modesto Fraga

Anónimo dijo...

A ingratitude, unha das pestes do mundo, como quería Quevedo.

Anónimo dijo...

"Es el ingrato el peor de los ladrones: él sólo halló modo de añadir abominación a la infamia del robo. (...) El ladrón hurta lo que le niegan y esconden: el ingrato hurta lo que le dan y lo que pide y recibe."

Anónimo dijo...

ABRAIADO QUEDO LENDO ESTO... ¿COMO PODE ALGUÉN ESCRIBIR ESTE TIPO DE COUSAS?
LEAN, LEAN: UN TAL ALVITE REGODÉASE NA DESCALIFICACIÓN DE SABE DEUS QUEN... INDIGNO E ADEMAIS EN CASTELÁ!

Conocí hace treinta años en un pub de Compostela a un muchacho que escribía poemas inspirado por la latente presencia emocional de una musa cuya ausencia, decía él, añadía a sus versos la plusvalía de un lírico fracaso que, por lo visto, perjudicaba su alma tanto como mejoraba la calidad de su obra. Me pasó de madrugada unos cuantos de aquellos poemas mientras me tomaba una copa y debo confesar que su deficiente calidad literaria fue la excusa perfecta para pedir las tres siguientes consumiciones, antes de rematar la velada al borde de un histórico colocón de tinta con ginebra. Unos días más tarde se presentó en el mismo pub, ahora acompañado de una muchacha que a mi me pareció que se había vestido pasando la cabeza por la funda de la jaula de un cuervo. "Es mi musa", dijo el poeta. Evité el descaro de fijarme demasiado en ella, pero grosso modo me pareció que por su aspecto tan tosco, aquella chica sólo podría haber sido la musa de "Sugar" Ray Robinson. Tomé cuatro o cinco rondas de copas en compañía de ambos y recuerdo que tuve problemas para llevarle el ritmo a la musa del poeta. A su rapsoda no le dije nada, pero pensé que en compañía de alguien como ella sería difícil que el poeta mejorase la salud de su corazón antes de que se le jodiese el hígado. También pensé que el joven vate era víctima de su poca experiencia con las mujeres y que si no cambiaba de musa, sus posibilidades de brillar en la poesía no eran desde luego mayores que las de triunfar en la ferretería. Confieso haber vivido de espaldas a la pulsión poética, pero también es cierto que una chica como aquella a mi me pareció que no sólo ahondaría mi indiferencia lírica, sino que, a mayores, podría causarme disfunción eréctil. Después fue pasando el tiempo y la vida separó al poeta de su musa, a la que sustituyó por una efervescente vocación política al servicio de Enrique Lister, por quien el poeta confesaba sincera e incondicional devoción. El viejo general resultó ser una musa con más contenido social y revolucionario, pero el rapsoda no tardó en descubrir que su adhesión ideológica a la robusta "madonna" estalinista producía cierta heroica dignidad pero no generaba derechos de autor. Una mañana me encontré al poeta en el aeropuerto de Lavacolla. Su inspiración atravesaba una nueva crisis, esta vez por culpa de haber descubierto que desde el punto de vista poético, el general Lister resultaba tan sensible como una pieza de artillería. Aquel día no me dio ningún verso a leer. No hizo falta. Comprendí su alejamiento del mito revolucionario tan pronto nos sentamos en la cafetería, yo pedí un café y el poeta ordenó una ración de empanada y un güisqui. A las pocas semanas, aquel doncel de las letras había elegido como musa de sus obras a don Manuel Fraga Iribarne, que resultaba ser una sílfide con el correaje de un centurión. Ahora es uno de los poetas que mejor partido suele sacar de su probada sagacidad para ponerse al servicio del poder. Nos vemos poco, diría mejor que casi nunca, pero su alimenticia corpulencia institucional sigue escondiendo el mismo pulso literario de cuando le conocí en aquel pub de Compostela y me presentó a su primera musa, aquella muchacha tosca y evasiva con cuyo ácido aliento de furriel escribía el poeta unos versos sin vida en cuya desecante caligrafía cualquier estudiante de ginecología habría aprendido sin dificultad la ligadura de trompas. Como es de suponer, vive exultante de subvenciones, popularidad y laureles. Y de vanidad. Lo último que me dijeron de él fue que se había puesto a dieta para abaratar su estatua...

Xaime dijo...

Non sabía, abraiado, que lle molestara que se meteran conmigo.

Anónimo dijo...

É evidente o poeta ao que se refire Alvite.

Anónimo dijo...

E é, por certo, bo poeta. Viviu comigo en dous pisos de Compostela, e o seu talento para o plástico xa era patente.

Non sei cal sería a moza en cuestión; e de asuntos persoais, eu non falarei. O resto que menciona o Alvite é materia probablemente ben analizable desde a hemeroteca; aínda que dá para moito cotexo, titulares ten habido.

Supoño que para a entrada en certa carreira algo lle deberá a Sixto Seco. Igual supoño mal.

Anónimo dijo...

Canto ao Isaac: supoño que reconforta a homenaxe pública; e espero que a subsistencia económica estea garantida.

Polo demais: dinero llama a dinero. Ou tal parece.

Anónimo dijo...

Sí, XM Glz. Diñeiro chama a diñeiro. Pero é o moito ao pouco.

Anónimo dijo...

molestar??? quen dixo molestar??? Moléstanme os "artigos" facilones, escritos dun tirón e do estilo "Aqui hay tomate". Moléstame a "mala baba" e a moi pouca (ningunha) ética xornalística para escribir ese tipo de cousas de calquera... eu sei o que digo, que para algo son do gremio. E por suposto que é evidente o poeta a quen se refire... non quería ser explícito xa que o Alvite non o é. Iso ten máis "mala baba" se cabe. Sr. xaime, "me la trae floja" se é por vostede ou non (que non é)

Anónimo dijo...

Eu creo que a Alvite só lle faltou poñer o nome. Polo demáis, totalmente explícito. Sobre todo para os do gremio.

Anónimo dijo...

Pois se é por mín, xa o buscaréi ó Alvite ese pra darlle unhas ostias, que creo que xa non serían as primeiras, nin a primeira agarrada que té, coma aquela de cando non o deixaron entrar os de seguridade no edificio da Voz.
Por certo. Fai anos que non leo os seus artigos, repite sempre o mesmo.

Anónimo dijo...

Vaia , e logo o tal xaime é un heterónimo de Kilma Rúa Areoso ?.

Anónimo dijo...

Prosa sonajero, como decía Marsé de Umbral?

Anónimo dijo...

Entre Alvite e Franco Grande temos pimpampún para o Natal (Monxardín, xa tomín nota).

Anónimo dijo...

Logo agora tamén hai "serpes de natal" ?

Anónimo dijo...

E xa saben que foi un pracer pra mín coñecelos. E unha desgraza pra vostedes coñecerme a mín. Gardaréi boas lembranzas deste post, desde calquera ínsula dos mares do Sur (o Caribe non me gosta), coma Gauguin ou aquel persoaxe de Montalbán. Mañá comenza unha nova vida. Con algo dos cartos do Gordo podo convocar a primeira edición do Concurso de Poesía en Galego "Xohan da Coba". Obviamente amañado pra que gane o Xaime.

Xaime dijo...

Si hóm, para que me poña a parir o Franco Grande, con esa historia da falla de calidade.

Anónimo dijo...

Canción dedicada, tal é o meu estado de ánimo:

Nalgures, sobre o arco da vella

Anónimo dijo...

Pódese saber qué dixo Franco Grande, que eu non me enterei.

Marcos Valcárcel López dijo...

PARA APICULTOR, que será o único que non se enterou: nun artigo da Voz escribiu que a literatura galega era mala, malísima. Que se caía das mans. O de sempre.
Hoxe respóndenlle con agudeza e contundencia M.RIVAS nas Luzes de El País.

Anónimo dijo...

Por unha vez, estou de acordo co "cenizo" Franco Grande e en contra do "riquiño" e optimista Manuel Rivas. A literatura galega do presente é, salvo contadísimas excepcións, moi mala; a crítica, inexistente; os premios, un circuito pechado; e o "sistema literario" un campo coutado ao servicio do Sindicato Literario Galego-

Anónimo dijo...

Grazas, Marcos, pero agora mesmiño veño de enterarme. Máis vale tarde ca nunca!

Anónimo dijo...

Eu diríalle ao señor Felisindo que todas as literaturas, non só a galega, son moi malas agás contadísimas excepcións. Se vostede compara o número total de libros publicados en castelán, francés ou inglés co número daqueles que merecen memoria, observará que estes últimos son unha ínfima parte da totalidade. Na literatura galega pasa máis ou menos igual. Non entendo moi ben este afán recente por mandalo todo á merda, agás que algunha xente estea buscando autoxustificacións para deixar de comprar de vez en cando algún libro en galego. No fondo do asunto deben de andar as hipotecas, a inflación e a desaceleración económica.

Anónimo dijo...

Estou con abraiado. Poetas deses hailles algúns. Eu coñezo da súa traxectoria por fontes indirectas, pois un coñecido meu andivo currelando un tempiño por certa secretaría goebbeliá aló a mediados dos anos 90.

A historia daquela secretaría comunicacional daría para varias novelas...

En canto ao menda lerenda do poeta, era sabida a súa capacidade, digamos, adaptativa ao medio. Nulla estetica sine ética.

Non lle envexo os trifásicos do capitán Quirk. Simplemente me toca un pouco os collois (como dicían en Rinlo até hai pouco)que os que carezan deles, nese e noutros ámbitos, teñan que coller a porta para fóra.

Chapeau, polo tanto, ao xonrlismo anarkista e derrubador de mitos "chiístas" do sr Alvite(que, por certo, escribe mellor que o 99% do Sindicato Labrego)

Anónimo dijo...

Os férridos e duros traizoando ó bo e xeneroso Isaac Díaz Pardo.

Dá noxo.

Anónimo dijo...

O artigo de Alvite é unha vileza, un ataque ad hominem completamente innoble e gratuíto. "Prosa gonorreica", di algún que lle contestou. Estou de acordo. Non é de recibo ferir publicamente a alguén só para facer un chiste.
Igualmente abraiante é que Alvite se dedique a "deconstruír" a literatura galega. O único que debeu ler neste idioma nos últimos trinta anos foron os rótulos das rúas.

Anónimo dijo...

O que é curioso (?!) é que só se atrevan os excluídos, os francotiradores, os "extemporáneos" e "extravagantes" (os que vagan por fóra) a desmontar o sistema de complicidades e intereses creados polo SLG