15 ene 2008


arredor de don Vicente Risco


ESTRAÑOS, RAROS E ESQUECIDOS (Libros)
A historia de Oriente, berce da civilización, por Xavier Castro Rodríguez (Galicia Hoxe, 12 xan.)

11 comentarios:

Anónimo dijo...

É un libro interesante, eu téñoo na miña biblioteca (é doado de conseguer hoxe en librarías de vello).
Nel apréciase o grande coñecemento que tiña Vicente Risco sobre oriente.
O seu interese polo oriente é lóxico que lle viñera polo ocultismo, xa que a finais do s. XIX e inicios do XX, a Sociedade Teosófica, coas sede principal na India, fundada por H. P. Blavastky, influira fondamente coa difusión de todo tipo de doctrinas esotéricas orientais no ocultismo occidental, coas súas afirmacións de estar en contacto directo e permnente cos "mestres ascendidos" que habitaban o reino onde estaba o Rei do mundo (asimilable ó shambala, etc.)
Nesta época na que estamos arrodeados de coñecementos e "atmósferas" orientais, seguro que D. Vicente tería practicado algún arte marcial ou feito ioga nalgún dos lugares que hai hoxe en Ourense, ou mesmo asistiría a clases de chino, de seguro que non se imaxinaría o perto que estamos hoxe en día de oriente nuns aspectos e tan lonxe noutros.

Anónimo dijo...

Risco era demasiado intelixente e orixinal para seguer os dictados dunha moda, o orientalismo para occidentais, que xa se converteu nun ingredente máis da cociña espiritualista occidental. E, a verdade, non me imaxino a D. Vicente movendo o corpiño nun ximnasio de karate. Se Risco vivise tal vez seguise con interese a literatura da Nova dereita francesa, os libros do revisionismo alemán e as ideas da "revolución conservadora". Claro que, se Risco vivise, non sería Risco.

Anónimo dijo...

Unha pregunta. Saben se existen traduciós ó galego das obras que Risco escribiu en castelán?

Anónimo dijo...

Creo que ahi algunha de "El problema político de Galicia", pero case nada máis. As editoriais máis importantes manteñen o razonable criterio de non traducir ao galego practicamente ningunha obra escrita orixinariamente en castelán. Todas as excepcións que eu coñezo obedecen a algún motivo particular: o "Viaje y fin de Don Frontán", de Dieste, por mor da súa representación polo Centro Dramático Galego. "La familia de Pascual Duarte" (traducida por Risco), pola cousa de reinvindicar a galeguidade de Cela e de que este mantivese os seus vínculos coa cultura galega. O "Ensayo sobre la cultura gallega", de Otero Pedrayo, porque era un texto divulgativo que quedaba bárbaro na Biblioteca Básica da Cultura Galega. "La isla de los jacintos cortados", de Torrente Ballester, traduciuna Alfredo Conde non sei moi ben por qué, supoño que porque lle apeteceu. Houbo tamén quen se autotraduciu, como foi o caso de Blanco Amor e as súas "Farsas para títeres", e "lexitimou" deste xeito a apropiación que as historias da literatura galega fixeron deses textos, escritos primeiro en castelán.

Anónimo dijo...

Leituga1, qué sorte telo por aiquí.

Anónimo dijo...

Señor Leituga One, grazas polas achegas á figura do meu admirado don Vicente Risco.

Anónimo dijo...

Grazas a vostedes polas súas grazas, que non se merecen.
Quen sabe moito de Risco é o noso contertulio Jim Morrison. E sácalle moito zume.

Eu teño unha relación máis distanciada con Risco, que ás veces me parece un modelo de intelectual friki antes que calquera outra cousa. Aínda que, curiosamente, isto é tamén o que mo fai máis atractivo.

Anónimo dijo...

Dou fe de que, en efecto, Jim Morrison sabe moito sobre o pensamento de Risco. Certamente, é todo un luxo contar con el aquí (con Morrison, non con Risco, quero dicir).

Anónimo dijo...

Pois que se anime Morrison cunha pontifical intervención.

Anónimo dijo...

Agradezo moito os inmerecidos eloxios, pero nin son especialista en Risco nin hai discordia no cónclave que propicie unha miña pontifical intervención. Quedaría un pouco ridículo aproveitar a ocasión para "largar" catro cousas que, polo demáis, todo o mundo sabe. Ademáis, entre un tremendo resfriado e a non menos tremenda lectura de Vida y Destino, estou para o arrastre.

Anónimo dijo...

Acouge no mais crudo do duro inverno, repóñase Jim, e xa nos porá ao tanto desa impresionante experiencia de "Vida y Destino".