Axenda: presentación do libro de Ceferino Díaz (martes 22 xan.) (Clicar na imaxe para ampliar a tarxeta do convite)
Actualización (23.xan.)
Estiven nesta presentación no Liceo. Bastante xente, na súa maioría militancia socialista, como é lóxico. Tanto V. Freixanes como o autor do libro estiveron ben, correctos: o editor aludiu á xeración do Burgo que foi a primeira promoción de Económicas, na que estaban Ceferino, "Cefe", Pérez Touriño, Meixide, etc. Ceferino explicou o sentido do libro: o de reivindicar o papel do PSdG na historia do Estatuto de 1980, pouco coñecida, dixo, mesmo polos militantes dese partido. Interveu tamén o alcalde da cidade, nun parlamento breve, pero aínda así pouco útil e con algún erro grave: como cando dixo que fora o PSOE o motor e axente principal do Estatuto de 1936 contra o "nacionalismo identitario" que se opuña ó mesmo (???).
17 comentarios:
Por que será que desta vez non o convidaron a vostede para oficiar de presentador, amigo Valcárcel?
Home, amigo Apicultor, é obvio que nesa presentación ten que estar, co autor, o editor V. Freixanes e, por proximidade política, o alcalde da cidade. Adoita suceder así, aínda que tampouco se debería presupoñer a total coincidencia ideolóxica para presentar un libro (de feito, se mo propuxesen, eu tampouco me negaría: cáeme ben de sempre Ceferino).
Ben mirado, está moi ben que o alcalde de Ourense presente un libro. Ao mellor colle o virus e se preocupa máis pola cultura.
Buaaaaaa...! A min nunca me mandan invitaciós firmadas coma esaaaa! buaaaaa!
Pois a min chéganme ás veces por triplicado. Se vostede, XDC, nos facilita un enderezo, aínda que sexa un Apartado, eu encargaríame de que lle chegasen cando menos todas as da sección de literatura do Liceo.
O do apartado é unha trampa, amigo da Coba. Queren saber quen é. Non reciba nada. Creo que poñen un gps e teñen xa un tipo apostado en correos. Non faga caso. Vaia pola súa conta.
Pero si xa saben quén son, Arume!. Estóu queimado. Que outro se encarge agora do rol do "persoaxe misterioso".XD.
O martes, as oito, no Liceo, logo.
Cunha perruca e gafas de sol.XDD.Vai vir vostede, Arume, pra invitalo a un café no Real, no Latino, ou no Miudiño?. Porque no Victoria, xa non se pode. Ou no Trampitán!.
O ARUME CACHOUNOS. Xa tiña o chip encargado para o seguimento por GPS.
Xa en serio: amigo XDC, só un contertulio desta casa saben quen é vostede porque foron amigos hai anos (Lobo Neghro). Pero con moi bo criterio ese seu amigo vai manter o seu anonimato e eu respecto esa decisión. Aínda que me gustaría pasarlle algún libro e corresponder as súas atencións...
Canto lamento que deixara de ser un persoaxe misterioso para os ourensáns. Pero ben pensado, os de fóra afortunadamente aínda perseguimos sombras.
24 de xaneiro será martes en 2012Entrementres, este ano este ano do noso señor de 2008, será 22. Deus mediante.
Estou a ler o libro de Ceferino e a impresión ata o de agora é ambivalente. Dunha banda, achega algúns datos novos e detalles das negociacións difíceis do Estatuto, a reación contra do "Estatuto da aldraxe", a postura da comisión negociadora en Madrid, e outros detalles. Porén, boto de menos unha maior frescura ou toque persoal na narración de anécdotas, percepcións propias daqueles días, etc. Ceferino recorre ao que semella ao seu arquivo persoal e reproduce intervencións nos debates recollidas en actas, artigos de xornais, etc., pero un bota un tanto de menos o máis zumento das biografías e autobiografías, a saber: encontros nos pasillos, comentarios ad marginem, algunha maldade ou confesión retrospectiva... Doutra banda, atopo unha excesiva teimosía en amosar que, se o Estatuto de Autonomía foi adiante sen recurtes, foi grazas á presión do PSdG fronte á UCD e fronte á actitude obstrucionista da esquerda nacionalista (malia citalo varias veces, non lle fai demasiada xustiza ao POG, por exemplo, e a Camilo Nogueira), ao oportunismo de AP (amosa ben como Fraga se facía a princesa ofendida e aldraxada en nome de Galiza nos debates da comisión, pero non presionaba para qu Galiza tivese Estatuto de primeira) e mais á solidariedade só retórica, pero logo non demostrada nas negociacións políticas, de CiU e PNV, o que tamén é un ponto a salientar. Porén, ás veces o alento presentista que trasloce (os socialistas galegos somos os auténticos autonomistas) é demasiado presente, sen negar que en efecto haxa unha boa parte de xustiza en recoñecer que o PSdG xogou un moi importante papel naquelas negociacións. Ora ben, tamén é certo que Ceferino pasa de puntillas sobre o seu paso polo PSG e pola súa vida anterior ao seu ingreso no PSOE, e aí gostaríamos de ter algunha impresión, algunha vivencia, que nos contase como era a Compostela da primeira metade dos anos 70, por que entrou no PSG, que aprofundase nas desavinzas internas deste derradeiro e a orfandade en que o deixara a crise persoal de Beiras, etc.
En resume: un libro interesante, pero que promete máis do que dá, na miña opinión. E, por certo, máis de consulta para interesados que de leitura: ás veces faise bastante pesado de ler, por tanta cita textual de intervencións parlamentarias e reproducións de artigos de xornal. Un chisco máis de elaboura ensaística teríalle vido moi ben. Ora ben, nun país coma este no que tan poucos libros de memorias se escreben, benvido sexa.
Pero Marcos tamén sabe quen é XDC, ou non?
Como ao fin o imos saber todos, podíamos xogar un pouco a descubrilo coa súa participación.
xa corrixín a data: limiteime a copiar o do convite e, como poden ver, alí estaba mal...
Excelente reseña crítica do libro, Isildur. Haberá que lelo, sobre todo polo que indica ó remate: neste país nin sequera se escreben libros de memorias. Benvida esta excepción.
Sen embargo, a min paréceme que Isildur lle pide ao libro de Ceferino Díaz moito máis do que este, desde o seu mesmo título, enuncia como materia e contido. O libro, en efecto, titúlase "A esforzada conquista da autonomía (1979-1981)" e en absoluto é nin pretende ser unha "autobiografía" do autor. Limítase a narrar un proceso político, acoutado entre as datas que aparecen no título, e o autor intenta facelo da maneira máis obxectiva e documentada posible, aínda que o subtítulo do libro recoñeza que se trata dunha "ollada dende o socialismo galego".
Certamente, isto non tería por qué ser un impedimento -e aí estou de acordo con Isildur- para que a narración tivese algo máis de "alegría" e de "salsa". Pero quizais estas cousas non vaian moito coa personalidade do autor, home discreto, adusto, reservado e austero onde os haxa, pouco dado ás efusións de carácter persoal.
O libro, en efecto, non ten vocación de best-seller nin tampouco se lle ve intención de pasar á historia das "belas letras". Pero si é o que o seu autor quixo que fose: un relato case notarial, arroupado por testemuñas, textos e documentos, de evidente valor histórico, que reivindica o papel determinante do PSdeG-PSOE no proceso político polo cal Galicia puido acceder a unha autonomía similar á de Cataluña e o País Vasco.
QUIZAIS OS SOCIALISTAS lean algo máis do que algúns pensan, a propósito dun comentario anterior de Apicultor:
acaban de dicirme que en Compostela xa se venderon 600 exemplares do libro de Ceferino!!
Cando menos os mercaron, haberá que supoñer que hai unha militancia e electorado que lle interesa o tema, ou non?
Publicar un comentario