JUAN CRUZ. Pan por Pan domingo 20 xaneiro
Tocoulle ó escritor canario Juan Cruz inaugurar os XVIII Encontros Literarios do Liceo. Cunha conferencia fermosa e interesante: “La busqueda de un libro en la biblioteca”. Ese buscar un libro simboliza cómo naceu o escritor: en Puerto de la Cruz, un neno de orixe moi humilde, cunha nai faladora e contadora de historias, onde non había ningún libro. A radio primeiro e unha biblioteca despois abríronlle un mundo novo: entre aquelas lecturas aurorais estaban títulos que lle apaixonaron como “Pequeñeces”, do Padre Coloma; “Viaxe ó centro da Terra”, de Xulio Verne, e “Oliver Twist”, de Dickens. A súa nai contáballe a cotío a historia de Genoveva de Brabante, abandonada cun seu fillo no monte e alimentada, dicía o autor canario, por unha cabra. Na cea posterior, alguén corrixiu un pequeno detalle desta lenda: seica a cabra era en realidade unha cerva.
O RÍO
-
Á beira do Sil
Esta é unha imaxe do río Sil entre os concellos de Quiroga e Ribas de Sil,
na provincia de Lugo, despois de deixar uns kilómetros atrás a...
Hace 3 días
1 comentario:
Está ben correxilo. Anque se parezan e sexan zoolóxicamente próximas, as cargas simbólicas deses animáis na literatura son moi diferentes.
Publicar un comentario