23 ene 2008


en poleiro alleo
(Imaxe da rodaxe de Vértigo, que non vén a conto, pero se xustifica por si mesma)

"Juego sucísimo", de Pedro de Silva (Faro de Vigo 23 xan.). Sobre gafes e cenizos na política.
"Arturo Baltar: barro de sentimentos", de Delfín Caseiro (La Región 23 xan.)

"Permiso de paternidade na Universidade", de Santiago Lago (La Región 23 xan.)

"El "vueling" del congrio", de Xosé M. Ponte (La Nueva España 23 xan). Sobre a lingua das tertulias radiofónicas.

18 comentarios:

Sol Costas dijo...

El PP de O Grove en Galicia, contra la blogosfera
Queridos amigos, me llamo Sol Costas y soy la autora del blog
http://ogrobe.blogspot.com
denunciado por el PP de O Grove en el Juzgado de Cambados
http://www.elpais.com/articulo/internet/Dirigentes/locales/PP/gallego/llevan/blogs/tribunales/elpeputec/20070130elpepunet_8/Tes

http://www.20minutos.es/noticia/197087/0/pp/gallego/blog/
Os escribo para comentaros que de nuevo nos estan atacando:
O PP de Ogrobe retoma a súa batalla contra os blogs locais por consideralos ofensivos.
Desde O Grove reclaman unha normativa que saque do seu anonimato aos responsables destas webs
Un año después de que el PP iniciara una batalla legal contra dos blogs de Cambados y O Grove por estimar ofensivos sus contenidos, los populares grovenses devuelven el asunto a la actualidad.
TE DEJO EL ENLACE A MI BLOG EN GALLEGO.
http://ogrobe.blogspot.com/2008/01/actitudes-covardes.html
LA VOZ DE GALICIA EN CASTELLANO:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/01/22/0003_6499856.htm
Si quereis alguna aclaración ó cualquier otra cosa no dudeis en escribir a mi correo.
Un saludo

Anónimo dijo...

Ah!. Xa me dou conta desa foto. A rapaza é Yoko Ono. Lennon está a dereita da foto, pero non entróu no encadre. O home sentado, non lembro o nome, fora facerlles unha intervista na cama.

Anónimo dijo...

Pero qué dis, home. A muller é a Europa da foto do post de abaixo. O home é en realidade un deus. E tén o raio, o lóstrego!.

Anónimo dijo...

Non sabe a ilusión que me fai que se poñan artigos de La nueva España, a pesar do título falanxistón que aínda exhibe.

Anónimo dijo...

A pregunta que eu me fago a propósito do artigo de Santiago Lago (que, por certo, tivo unha resposta polémica no correo electrónico da universidade entre PAS e profesorado moi interesante sobre a perspectiva que ten o primeiro sobre o traballo do segundo) é se é lícito (adxectivo de dimensión puramente ética) escribir nun xornal sobre cousas ou problemas que a un moi persoalmente lle pasan. Moi elegante non parece.

Anónimo dijo...

MpDC rexeita a proposta do PP de Ogrobe de crear un rexitro municipal de blogueiros

A medida atenta contra a liberdade de expresión e carece de base legal, xa que un concello non pode regular as cuestións relativas aos dereitos dos cidadáns
A liberdade de expresión na rede continúa a ser unha cuestión de fácil ataque para que os políticos lancen campañas populistas contra dela. A última incursión neste campo foi protagonizada estes días polo PP de Ogrobe, que anunciou que proporá á Corporación municipal deste Concello a creación dun rexistro obrigatorio de blogueiros. A finalidade da medida, será, ao parecer, seguir un control dos donos das bitácoras para poder responsabilizalos das opinións vertidas nelas. A asociación que promove a defensa dos dereitos civís na Galiza quere manifestarse en contra desta medida, xa que atenta contra a liberdade de expresión, un dereito recollido na Constitución Española, e contra a pluralidade de opinións, unha carácterística propia da rede.
Se a iniciativa popular sae adiante os editores de blogs pasarían a formar parte dun rexistro no que deberían presentar o seu DNI para estaren identificados. A intención do PP é ter localizadas aos autores das bitácoras de cara a emprender accións legais cando consideren ofensivos os seus contidos. A proposta, así mesmo, carece de base legal ou xurídica, xa que un Concello non pode regular en ningún caso unha cuestión que afecta aos dereitos das persoas recollidos na CE, o que vén demostrar que a medida non pasa de ser unha proposta destinada a regular a acción dos colectivos sociais críticos coa formación política.
Esta non é a primeira ocasión na que o PP de Ogrobe se pronuncia en contra dos blogs. O ano pasado o grupo iniciou unha acción xudicial contra varias bitácoras da comarca do Salnés por considerar ofensivo o seu contido, ademais de tildar de “covardes, infames e viles” aos seus autores. Non entenden dende a agrupación popular que a rede é un espazo aberto para a experimentación de novas formas de comunicación e que as bitácoras son espazos persoais ou colectivos a través dos que emitir unha opinión que de antemán se sabe persoal e que non pretende crear correntes de opinión, senón servir de vehículo de expresión aos seus editores, máis aínda cando nos últimos tempos se converteron no único medio no que se poden tratar determinadas cuestións. O PP local non pode ocultar que a verdadeira intención é censurar as voces críticas que se manifestan diverxentes das súas. Ou acaso non merece a mesma censura e atribución de responsabilidades unha páxina web asinada por un colectivo pero a través da que se verten informacións que incitan a acción en contra dos dereitos recollidos na Carta Magna? A liberdade de expresión é un dereito recollido na Constitución Española que non pode ser tratado coa lixeireza que determinados grupos lle aplican.

Marcos Valcárcel López dijo...

ARUME plantea un problema que tamén é interesante: debemos os que escribimos nos xornais sacar neles ou aludir a problemas persoais? De feito, Santiago Lago case sempre escribe de economía ou de políticas económicas e xa sospeitaba que o tema lle tocaba de perto.
O colaborador dos xornais debe fuxir do narcisismo, por suposto, pero en certos rexistros é admisible e mesmo se aplaude ese tono autobiográfico. Moitas veces os lectores queren saber máis daquel personaxe que aparece nunha foto pequena na beira do artigo. Outra cousa é usar o xornal para as propias vinganzas persoais, tentación sempre seductora. Neste caso trátase dun tema con dimensión política-administrativa e supoño que o autor entendeu que interesaría a moita outra xente e por iso empregou ese tema.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Sen dúbida que hai cousas persoais que poden ser elevadas a categoría máis universal. E recoñezo que non é doado establecer os límites a priori do que un pode contar. Cando é así, o columnista debe facer polo menos unha pequena captatio benevolentiae en forma de excusa. Aínda que sexa por falsa modestia.

Xaime dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Xaime dijo...

Por suposto que o comentario anterior vou a borralo inmediatamente, pero son o tipo de comentarios que se van nos Blogs do Grobe dalgunhas persoas. Insoportables e que lindan o delito e que están perxudicando a familias enteiras.

Anónimo dijo...

Santiago Lago Peñas é, polo que eu poido ter apreciado, un excelente economista. E ademais, tanto na prensa como na radio, é un bo comunicador de temas complexos dun xeito claro e ameno, o cal é moi de agradecer.

Polo demais, este artigo, aínda abordando un tema que lle poida incumbir particularmente, ten un interese xeral, trtándoo dun xeito elegante e implícito, sen abusar do eu-eu-eu tan típico dalgúns columnistas. Eu non lle vexo ningún problema por ningunha parte.

Anónimo dijo...

Pódolle asegurar, Xaime, que se hai alguén despreocupado -excesivamente despreocupado, engadiría eu- polos cartos ese é Marcos.

Fronte a tantos tabeiróns que tratan de arrebañar até o último céntimo en todo o que fan, el é dunha prodigalidade e dunha xenerosidade que, nos tempos que corren, resulta até exótica por única. Nisto é un verdadeiro émulo de don Ramón.

Xaime dijo...

Apicultor, apicultor, temo que o metín involuntariamente nun conflicto.
Fixen unha mostra do tipo de comentarios auténticamente inxuriosos que se fan nos blogs do Grobe, e por suposto que retiro todo o comentario -xa o borrei- que de ningunha maneira quería molestalo a él ni a ningún contertulio con semellante patraña.

Anónimo dijo...

Non sei por que. Non ten porque parecer mal que diga que non é un pesetero. Vive para a cultura, non da cultura. E iso, hoxe, é de celebrar, na miña opinión. En todo caso, pide desculpas.

Anónimo dijo...

Pido...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Comparto con vostede o gusto polos artigos de Santiago Lago, serios ou moi ponderados. Quizáis o feito de que dera que falar no ámbito universitario e moi concretamente no de Vigo foi suficiente para que eu entendera que era demasiado particular. Se outras persoas ven esto como algo de alcance máis xeral, trátase, sen dubidalo, dun erro de percepción meu. Ou probablemente un exceso de escrúpulos pola miña banda, que tamén pode ser.
Para mín basta quEu, xcomo no anuncio, non o faría.

Anónimo dijo...

Pois que se borren tamén os meus comentarios, se é mester. Eu non poido facelo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O desastroso final (restos do borrador) pretendía engadir que eu non o faría. Pero non me gustaba poñelo. Pero, en fin, saiu. Cousas do directo.