18 ene. 2008


Fukuyama

Seguro que todos vostedes lembran a Francis Fukuyama. Politólogo, nacido en Chicago (1953). O autor de “O fin da historia” que fixera derramar ríos de tinta. Estivo hai días en Barcelona e foi entrevistado por “La Vanguardia”. Algunhas pistas desa entrevista quedan aquí:
Sobre o fin da historia: “Non se entendeu ben. Quixen dicir que a idea de que estación de destino da historia era o socialismo naufragaba coa caída do Muro. E, xa que logo, a verdadeira terminal, era o liberalismo democrático”.

China e Rusia: os gobernantes chineses saben que están sobre un volcán social, e acabarán por das voto á súa poboación. E se os gobernantes rusos se corrompen, a seguinte xeración impulsará a rexeneración democrática.

Que diría Marx do noso mundo de hoxe: Sorprenderíao, o noso mundo! Vería musulmáns en Europa! E vería que o conflito xa non é tanto de clases sociais como de identidades, nacionalismos e relixións, sobre todo no Primeiro Mundo. O espiritual por diante do material? O sentimento de pertenza a un colectivo, diría eu.

Polo demais, Fukuyama recomenda maior flexibilidade laboral (loubando a Thatcher e criticando o modelo europeo, moi estratificado, “que aínda conserva certa rixidez social”). Lembra que apoiou a guerra de Iraq, para derrocar a Sadam, pero critica o realizado por Bush: “non soubo preparar un futuro mellor para os iraquís. Vino de contado e denunciei tanta incompetencia”.
Ademais, fala ben de Obama (“non é un resentido, é un tipo razonable, centrado, que non polariza posicións, e por iso me gusta”), critica a Hillary Clinton por estar asociada ás loitas de poder clásicas (“e fallou naquel prepotente intento de reforma do sistema sanitario”). E sostén que os Estados Unidos demostraron a súa incompetencia para xestionar os dereitos humanos e a democracia e frear o terrorismo.
Pódese impór a democracia pola forza?
Pregúntanlle. E responde: “Ou unha sociedade abrázaa de xeito voluntario ou non hai xeito. Pero a forza axudou a levala ós alemáns e ós xaponeses”.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

hai moitos anos que a teoría marxista en sentido amplo criticou até abrogala a tópica da "necesidade histórica", daquela "o socialismo como estación de destino da historia". vb.gr., Ernesto Laclau, a semana que vén a conferenciar en Compostela.

Fukuyamaestonto

apicultor dijo...

Penso eu, humildemente, que Ernesto Laclau cabería denominalo postmarxista máis que marxista, aínda que se entenda "en sentido amplo".

Uf, pero non penso entrar nisto do marxismo, que me fatiga moito, francamente (con perdón).

apicultor dijo...

Tamén penso que de Fukiyama falou demasiada xente, xa non sen entendelo, senón sen lelo. Houbera, daquela, unha tremenda inflación de textos superficiais dedicados a poñelo a caer dun burro. As súas teses, ou parte delas, son, naturalmente, discutibles. Pero é un tipo sólido, moi por riba de moitos dos seus escandalizados críticos.

apicultor dijo...

Fukuyama. En que estaría pensando...

Anónimo dijo...

entonces-no-se-vale: chámelle x

Jim Morrison dijo...

Concordo con Apicultor. Fukuyama é un científico social de categoría. Os seus libros "La gran ruptura", "La confianza" e La construcción del Estado. Hacia un nuevo orden mundial en el siglo XXI", son traballos discutibles pero excelentes, especialmente para coñecer de primeira man a autocomprensión de certa dereita amaricana e mundial. É certo que Laclau é "postmarxista" -así lle gusta ser calificado- pero agora case todos os marxistas os son. Non podo falar de Laclau, porque non o lin, pero óleme ben. Aver se un dia destes lle boto o dente.

Anónimo dijo...

eu concordo con lee harvey oswald

Anónimo dijo...

e co cristo da vitoria, que duda cabe

Leituga 1 dijo...

É certo o que di Apicultor. Fukuyama comparte con Huntington a dubidosa honra de ser o intelectual menos lido por aqueles que máis o mentan, case sempre para mal.