Síndromes. Ou... estamos todos toliños?
Un tema do que xa falamos aquí. (Imaxe de Courbet: Ophelia. Pan por pan sábado 19 xaneiro)
Falou no Foro La Región o psiquiatra Jesús de la Gándara do aumento, no noso tempo, das depresións e dos trastornos psicosomáticos. Debeu ser interesante, pero non puiden asistir. Vexo no xornal que o psiquiatra falou dos novos xeitos de expresión do sufrimento humano: o estres, as patoloxías da présa, o acoso laboral, angustias e ansiedade, fobias, acoso laboral, etc. E tamén falou do síndrome da avoa escrava, do síndrome de Dióxenes e do da coidadora. E aínda hai máis: o síndrome de Ulises, nos inmigrantes. Problemas reais e graves na maioría dos casos. Outra cousa diferente é a tendencia actual a buscar un tratamento psicolóxico ou psiquiátrico para todo: velaí nenos diagnosticados e tratados con pastillas porque van mal no colexio e cousas así. Vivimos unha sociedade que o quere todo xa, ás presas, que se nega a admitir o fracaso: iso si que é un bo trastorno.
26 comentarios:
Non lembro qué dixera: O error sempre ten presa.
O outro día escoitéille decir a un médico que os que toman medicamentos sen necesitalos merecen ser chamados criminales, porque fan que os axentes patóxenos (microbios, virus,etc) desarrollen unha inmunidade que perxudica a todos os seres humáns restantes.
Crimináis.
O mércores pasado nunha casa da rúa Hernán Cortés de Vigo produciuse un incendio. Os propietarios, coñecidos por teren un obradoiro e unha pequena escola de pintura e manualidades, foron desaloxados. As lapas arruinaron a súa vivenda, chea de libros, cadros, grabados, papeis e lenzos varios, probablemente desordeados ou ciscados polo chan. Pois ben, algún xornalista decidiu que padecían o síndrome de Dióxenes. Se vostedes almacenan nas súas casas libros, cedes, cadros, papeis varios, xa o saben, están, sen dubidalo, incubando un desolador síndrome.
Sabedes o que é un home san?.
" É un home insuficientemente diagnosticado".
Asinado: "O decir de algúns médicos".
Proliferan últimamante gran cantidade de síndromes de última xeneración. Póllenlle un nome a calquer desarreglo novo, real ou imaxinado, e xa o consideran medio explicado. O poder da palabra.
Conviría non frivolizar engadindo aínda máis palabrería ao que son "problemas reais e graves", como di o autor do blog. En todo caso, oxalá nunca ninguén de vostedes teña que pasar por eles.
A frivolidade é precisamente facer pasar por patoloxía psíquica calquer carallada. Frecuentemente, frustraciós por non poder satisfacer desexos esaxerados e infantís. "Estou deprimido, por que no lo TENGO TODO".
Desde logo, os intereses corporativos do gremio de psicólogos fomentan a multiplicación hasta o infinito dos sídromes. Pódense facer moitas comparanzas noutros gremios. No campo da Mediciña hai un par de libros sobre "enfermedades fantasma". Non teño constancia de que exista algo similar na Psicoloxía. O primeiro que o escriba, da a campanada.
Ten razón XDC.
É certo que, hoxe en día, todo se medicaliza, sobre todo no ámbito psiquiátrico e psicolóxico. Aparecen por onde queira todo tipo de novas doenzas, toda clase de síndromes e patoloxías.
Deste xeito, mestúranse allos con bugallos, e os "problemas reais e graves", tradicionais e de difícil ou imposile solución (esquizofrenia, etc.), pasan a ser clinicamente obviados e se lle presta maior atención ás "novidades": a do neno hiperactivo sería un exemplo.
Nunca quixen ser frívolo, sobre todo nestes temas que sei que moitas veces ocultan "problemas graves e reais" e moita dor nos enfermos e nas súas familias. Pero hai excesos incomprensibles: XDC e Apicultor acaban de poñer exemplos útiles ó respecto e non é preciso insistir niso.
E haberá algún psicólogo ou psiquiatra a estudar a SINDROME DOS ADICTOS ÓS BLOGS a través das súas intervencións nesta casa?
ANTIPSIQUIATRIA. Aló polo 77 viramos en Stago. un ciclo magnífico de cine italiano sobre Antipsiquiatría. Diso falábase, era a gran moda, na prensa (El Viejo Topo) e en moitos lugares. E coincidía coas movidas en Conxo, con A. Seoane. Logo soubemos, por outros estudos, que daquela houbera grandes excesos e que os propios psiquiatras deran marcha atrás nas propostas tan revolucionarias que lanzaron naquel tempo (creo que o propio Castilla del Pino fixo algunha autocrítica neste sentido): que falen os especialistas...
A psicoloxía sempre adoitóu a ser reduccionista, seguindo a moda do momento. O noso tempo non é excepción. Verémolo máis claro dentro de vinte anos, pero pra aquela, xa nos terán embaucados con outros modelos.
Cantas películas lembran vostedes nas que se interna a unha persoa sana nun psiquiátrico por error?. Tódalas reacciós airadas do paciente son tomadas polos facultativos por síntomas de diversas dolencias hasta que destrozan a mente do individuo de verdade. Imaxino que tamén os psicólogos "ven o que queren ver" coma humanos que son.
Toda esta hiperinflación de novas patoloxías implica que os recursos médicos e asistencias se dispersen, incidindo na xa antiga desaparición da atención hospitalaria aos doentes de -estas si- gravísimas patoloxías psiquiátricas, feita ao amparo de ideas provintes da "antipsiquiatría revolucionaria" (sic.).
Son as familias, e non a sanidade pública, as que se teñen que facer cargo destes enfermos. Moitas destas familias, pobres e sen apenas recursos, poñen en risco a súa saúde, a súa precaria economía e mesmo a súa vida, por mor da violencia e perigosidade dos doentes.
Hai situacións verdadeiramente lamentables neste sentido. Todos, directa ou indirectamente, coñecemos algún caso.
Pero que falen os expertos...
mais verborrea e frivolidade: "adictors ós blogs", "os recursos médicos e asistenciais se dispersen", "películas nas que se interna a unha persoa nun psiquiátrico por error"... Como se nota que non saben o que é unha depresión.
Eu non frivolizo. Pódolle asegurar que os propietarios da vivenda queimada estaban máis desolados polos comentarios da prensa que polo perdido.
... E tamén moito falar por falar manipulando as opinións dos demais, como é o seu caso, Anónimo.
De onde quita que neguemos que haxa que tratar acaidamente as depresións? É máis: De onde quita que nunca sufrimos unha depresión?
Aclare as súas posicións con argumentos, se lle é posible.
Teño coñecido varios casos de depresiós graves, e vou omitir falar de si eu paséi por algunha. Pero non coñezo ningún caso en que desaparecera, mediante "tratamento psicolóxico". Desapareceron cando mudaron aquelas circunstancias vitáis que a causaran, ben por azar ou ben polo esforzo persoal da persoa afectada. Como cantaba o Battiato "non serven as terapias, o que quero é outra vida". A pílula é un "engañabobos", un alivio sintomático, non a cura.
Tampouco esaxeremos, amigo XDC.
As pilulas son, en moitas ocasións, necesarias e imprescindibles, e axudan notablemente a superar as depresións e outras "enfermidades mentais".
Porque non sempre é posible cambiar de vida e menos aínda refacer a traxectoria vital, por moito que o cante Battiato.
Do que se trataría, penso, é de asumir as circunstancias da propia vida e de moficalas dentro do posible.
Por outra banda, hai situacións nas que se detecta a falla dalgún compoñente (litio, por exemplo) que predispón á depresión. Atallando esta carencia, estase en disposición de superar mellor a depresión.
Eu teño estado deprimido, pero, que eu saiba, nunca tiven unha depresión propiamente dita.
Pero que falen os expertos e que nos corrixan onde haxa que corrixirnos...
Eu nunca emprego o termo deprimido; prefiro o de triste que é máis acaído. Depresión son palabras moi maiores.
Tampouco lle dou moito (en realidade case nada) ás pílulas (con acento no i?), pero deben ser impresionantes (e non o tomen a frivolización en absoluto) porque eu tomo un tranquimazín para superar o medo ao avión e venme que nin diola. Gracias a iso podo facer o que máis me gusta no mundo: viaxar.
Cando descubriron o do litio, caéuse noutro "reduccionismo". Mesmo hai un relato de Tom Wolf sobre eso.
Como decía o Demo naquel filme "o Demo i eu" (orixinal: "angel on my shoulder"), "eu aínda son dono dos meus medos". Cando teño que pasar medo, pásoo.
Seguro que os psicólogos distinguen entre medo, temor e fobia. Digamos que a mín non me gusta subir ao avión, que o paso mal, que o corpo rebélase. Eu que sei. Eu chámoo medo, pero vaia vostede saber que é.
As pílulas son un invento marabilloso. Eu estiven "triste" (tamén eu prefiro esa expresión) durante unha época. Pero, ademais, de triste estaba obsesionado, o cal é un auténtico coñazo. Medicáronme cunhas pastillas "inhibidoras da recaptación da serotonina" que, misturadas cun potente ansiolítico, me axudaron bastante a sobrelevar o mal momento. Tamén fun a un psicólogo que non me resultou completamente inútil. Dito isto, estou en xeral de acordo cos que detectan inflación galopante de "enfermidades psíquicas" que non pasan de trastornos da conduta, habitualmente relacionados coa intransferible personalidade de cada quen. ¿Que eses transtornos impiden a plena felicidade de quen os sofre? Home, e logo, ¿que querían? ¿A felicidade a conta do Estado do Benestar? Paréceme excesivo. Tan excesivo como esa crenza supersticiosa na propia felicidade, unha palabra de circulación moi común e, porén, unha idea sumamente perigosa.
Por certos motivos profesionáis, mantiven fai un tempo unha charla cunha persoa profesional da psicoloxía, de certo renome. Precisamente sobre depresiós e similares. Díxome tal cantidade de obviedades, de cousas "lidas nos libros", de tópicos políticamente correctos, que me preguntéi a mín mesmo se aquela persoa podería realmente axudarlle a alguén con problemas psícolóxicos reáis. Desde logo, non vou evaluar a todo o colectivo de "Licenciados en Psicoloxía" (digámolo así) por un caso concreto, pero confésolles que a experiencia incrementou notablemente a miña "innata" desconfianza a ese gremio profesional, no que tamén teño amigos.
O termo inglés relativo á invención de enfermedades é "disease mongering". Permite atopar infinidad de páxinas web sobre o tema.Enlazo ESTA.
Publicar un comentario