11 ene 2008


MANUEL RIVAS Luces: Inxustos con Rodríguez

Seguro que xa leron vostedes o artigo de M. Rivas hoxe en El País. Aquí queda por se alguén quere opinar ó respecto.
No mesmo número de Luzes, a entrevista de Xoán Carballa con Franco Grande e o artigo de resposta de Suso de Toro: o tema das declaracións de FG xa se tratou aquí e a min non me entusiasma, pero...
(Na imaxe, a Olimpia, de E. Manet, 1863, citada por Rivas ó comezo do seu artigo)
O artigo remata así:
Cambiou máis o nacionalismo que os seus detractores
O nacionalismo galego terá cousas importantes que revisar, sen dúbida. Mais tamén moitos deben revisar o trato que se lle dá ao nacionalismo galego e os seus representantes. Cambiou máis, a mellor, o nacionalismo galego que os seus detractores. Paco Rodríguez é un magnífico exemplo. Cantos deputados galegos en Madrid poden presentar un balance semellante non a prol do partido senón da comunidade? Fixo un traballo que hoxe se demostra como moi eficaz, e expresouse con firmeza, porque é un tipo duro de roer, mais tamén con decoro. Sen renegar dos seus principios, soubo negociar sen sectarismos. O mesmo podemos dicir do traballo como eurodeputado de Camilo Nogueira, antes de perder de xeito tan inxusto un escano que outros manteñen só por figurar na lista pechada dunha escudaría política. E que dicir da experiencia de Xosé Manuel Beiras? Segue aí, pelexando, escribindo, coa enerxía creativa de quen se bate no piano cunha complicada partitura.
É certo que a do nacionalismo galego contemporáneo é unha historia, ás veces, pouco piadosa e exemplar. É certo que, ás veces, as peores puñadas téñense dado entre compañeiros e irmáns, malgastando as forzas e o tempo. Mais hoxe é de xustiza falar dun tempo comparativamente mellor. Beiras, Nogueira e Rodríguez son de madeira distinta, mais de madeira nobre. Como políticos, como docentes, como investigadores, teñen dado froitos que enriquecen o seu país. Qué recibiron por parte de moitos condutores de opinión na propia terra? Ignorancia e mal trato. Couces.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

O primeiro que me ven á mente é a de felicitar ao xornal por este luxo nun só número. Que cunda.
O segundo, un engadido ao de SdeT: neste blog de don Marcos mesmo ten habido literatura galega do millor dos últimos anos.
O terceiro, a perspicacia do noso anfitrión ao destacar de todas estas tres páxinas o do pube da Olimpia de manet, oculto no cadro pero conservado ao lado dos (outros) rizos de Rivas.
O cuarto, a resposta que dará neste mesmo blog o noso Saavedra, que estará botando foguetes por san ROque todo e pasquineando o artigo de O'Rivas pola muralla.

Anónimo dijo...

Estou de acordo con Rivas no que atinxe a Nogueira e a Beiras, se ben este derradeiro como parlamentario salientou máis pola súa política de xestos que polo seu labor diario e a súa capacidade negociadora. Sobre Rodríguez teño serias dúbidas. Demostrou ser pragmático, teimudo e bo negociador en Madrid, dentro das non demasiadas posibilidades que ofrece ter dous ou tres deputados nas Cortes. É un bo analista, pero ideoloxicamente sectario e un dos responsábeis políticos -independentemente de que teña bo trato persoal e adoite engadar os seus interlocutores- da historia de coiteladas, purgas e estragamento de recursos humanos que percorreu a historia da UPG e do BNPG-BNG dende a segunda metade dos anos 70. Non penso, neste senso, que o balanzo teña que ser tan positivo con el do ponto de vista político. É un persoaxe con luces, si; pero con demasiadas sombras.

Marcos Valcárcel López dijo...

Eu tamén subliñaría esa contradición entre a vida interna e a vida externa do nacionalismo que remarca ISILUDUR: no plano organizativo, non creo eu que o papel de FR sexa relembrado como positivo por moita xente (e podería contar moitas anécdotas, pero queda para outra ocasión).
Respecto a M.Rivas, non é a primeira vez que en público fai unha defensa, todo o matizada que se queira, de FR. Lembro que nun libro de texto de Xerais, creo, xa se recollía un seu texto que falaba do galeguismo amable e do galeguismo de mala cara, que podía representar FR: ó cabo viña a dicir que non sempre se podía ir con boa cara pola vida e defendía a honestidade e esforzo do citado dirixente nacionalista.

Anónimo dijo...

Concordo coa avaliación de FR que fan Isildur e Marcos. Ten luces, por suposto, pero tamén moitas, moitas sombras.

Anónimo dijo...

Só quero agradecer que exista xente coma Manuel Rivas, que a miúdo di o que case ningún outro quere; é xeito co que adoita repararse algunha inxustiza clamorosa. Humilde achega persoal: dúas lembranzas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para XMG: lera os dous artigos no seu momento e son interesantes, ben certo. O remate do dedicado a Francisco Rodríguez é agudo e, é obvio, na comparanza co outro Paco, sae gañando a anos luz. FR é un político nato, para ben e para mal; o outro Paco tamén debe ser político nato, pero bastante botarate tamén cando ten un micro diante. Con todo, como os artigos xa teñen algúns anos, debería vostede afrontar agora, cando FR deixe o Congreso, unha semblanza política actualizada: seguro que nos descobre algúns novos matices.

Anónimo dijo...

Sen deixar de estimar o dito por Rivas e as puntualización sobre luces e moitas sombras dos presentes, teño que manifestar un pouco de preocupación pola aterraxe de PR na politica galega diaria.

Anónimo dijo...

Amigo Canalejas, se PR aterra na política diaria galega e na Consellería de Cultura, a canción máis axeitada para cantar é a seguinte:

Se acabó la diversión
llegó el coronel
y mandó a parar
..................

Anónimo dijo...

crucigrama político-cultural

TOJEIRO
REGANOSA
RODRÍGUEZ
AFUNDIMENTO BNG FERROL

Anónimo dijo...

Mmmmm... Non estou moi de acordo con Rivas, e menos con iso de poñer xuntos e, máis ou menos, equiparar a estes tres personaxes nada equiparables. Pero tampouco llo vou discutir. Cada un ten os seus gustos e as súas simpatías.

Anónimo dijo...

Completamente de acordo con vostede, Leituga.