Membro do Consello Nacional do BNG
Camilo Nogueira: “O nacionalismo galego non está no mellor momento, fica aínda moito por facer”
“Sería conveniente outra corrente nacionalista que non fose da esquerda” ·· “Un novo estatuto galego podería resolver problemas, mais non todos os causados pola ausencia de Estado”. POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE
Camilo Nogueira: “O nacionalismo galego non está no mellor momento, fica aínda moito por facer”
“Sería conveniente outra corrente nacionalista que non fose da esquerda” ·· “Un novo estatuto galego podería resolver problemas, mais non todos os causados pola ausencia de Estado”. POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE
Por petición dun contertulio (Apicultor), colgo aquí a entrevista que hoxe ofrece GALICIA HOXE con Camilo Nogueira. Inicia unha nova serie de "Conversas" de M. Vidal Villaverde.
Por certo o mesmo xornal anunciaba onte a incorporación de dous novos columnistas:
Por certo o mesmo xornal anunciaba onte a incorporación de dous novos columnistas:
Ceferino Díaz, que fará unha crónica do Parlamento de Madrid, e Antón Losada, cunha breve columna en portada (Disque Disque) que xa se iniciou hoxe.
Non o está facendo nada mal GALICIA HOXE: está a conseguer un abano de colaboradores máis respectables que medios de moita máis dimensión.
Noraboa, Caetano.
207 comentarios:
1 – 200 de 207 Más reciente› El más reciente»Camilo Nogueira é un nacionalista galego, cousa que non se pode dicir de Quintana.
E onde expiden eses carnés? Son por puntos, según as infraccións que cometas?
que é Quintana? todo casca. empachosa, amais
Non está mal a entrevista con Camilo. E Galicia Hoxe fai ben en incorporar a Ceferino Díaz. Mal en seguir dando un valor do que carece a matóns de palleiro mediático oportunistas como Antón Losada, un dos erros máis graves do BNG no goberno que, por fortuna, reparou a tempo. De todos os xeitos, difícil será que con iso Galicia Hoxe gañe leitores, témome...
Pero que fixo de verdade Antón Losada tan mal, para que o anden a botar aos cans?
Chaman a atención moitas das afirmacións de Camilo Nogueira na súa entrevista, e é imposible debullalas ou comentalas todas. Na entrevista están entreverados moitos planos, desde os máis conceptuais até os máis inmediatamente políticos.
Apuntemos, de entrada, tan só algunhas cousas do último plano.
En primeiro lugar, a radicalidade do pensamento nacionalista que expresa. É a primeira vez que se manifesta en tales termos e con tanta contundencia.
Así, nada máis e nada menos que se despacha coa seguinte afirmación lapidaria: “Quen diga que non é partidario da independencia, ademais de dispor de pouca autoestima, acepta sobre a súa nación o punto de vista do Estado que a domina”.
Con tal aseveración descalifica sectaria e plenamente calquera perspectiva nacionalista que non sexa partidaria da independencia e de posuír un Estado propio. Isto non só se contradí co suposto pluralismo que di que ten que haber no campo nacionalista, senón que tamén é unha impugnación en toda regra da súa propia traxectoria política, moito máis pragmática e modulada. De vello, gaiteiro.
Por outra banda, toda esa radicalidade, no fondo, ten un claro obxectivo: a deslexitimación total da actual liña estratéxica e programática impulsada por Quintana no BNG. Semella que non dixeriu a súa clamorosa derrota democrática na XI Asemblea Nacional do BNG e, menos aínda, que teña sido preterido pola actual dirección.
De aí que afirme: 1) “Non se pode comprender é que existan movementos nacionais ou dirixentes nacionalistas que renuncien ideoloxicamente a contar cun Estado propio, independente ou recoñecido como tal nunha confederación”. 2) “De pouco máis valerá un novo Estatuto se os esforzos dun Goberno galego se orientan a ter peso en Madrid, dando por sentado que o poder radica e radicará alí, en lugar da axir con vocación de independencia”. E a guinda 3) “O [nacionalismo] galego non está no seu mellor momento”.
Que entende realmente por "axir con vocación de independencia"? En que se concreta? Como axiría el de estar con responsabilidades nun Goberno de coalición?
Como se pode afirmar taxativamente que “O [nacionalismo] galego non está no seu mellor momento” cando está por primeira vez no Goberno e pode implementar parte do seu programa? Cando estivo, logo, o nacionalismo no seu mellor momento? Cando el tiña tres deputados no Parlamento galego e Fraga gobernaba con maioría absoluta?
É verdade que o triunfalismo optimista de Quintana é un tanto cargante e impostado, pero desde logo o nacionalismo tampouco está no seu peor momento.
Quizais sexa que Camilo Nogueira se confunde el mesmo co nacionalismo. Aí acerta: non está no seu mellor momento.
Desde un punto de vista político, tales afirmacións van alén da mera expresión de ideas para convertirse nunha manifesta deslealdade co proxecto político no que participa e unha irresponsabilidade cando o BNG ten ás portas unhas eleccións que lle resultan cruciais. E moito máis aínda se as fai en calidade de membro do seu Consello Nacional. Trátase de canto peor para o BNG, mellor para min? Deslealdade, irresponsabilidade, cainismo.
Máis cousas, noutro momento.
Rectifico un lapsus: cando el tiña tres deputados Fraga aínda non gobernaba. Gobernou cando só tiña dous. Desde logo, non era o mellor momento para o nacionalismo.
Á parte de asumir punto por punto o dito polo coidador de confrade abelleiro, engado: !Que pesados son estes santóns...!O galego xa é oficial en Europa... bla,bla,bla.
E eu, bla, bla, bla.
¿Fai falta outra forza política?
E vostede, por que non aguantou co seu proxecto anovador e o abriu ao centro?
Agás coa última parte -o da lealdade e a responsabilidade- estou de acordo con todo o que di Apicultor. Aclárolle que non concordo co último porque, ao ser o BNG unha fronte de partidos e formar parte Nogueira da oposición interna, creo que está plenamente lexitimado para criticar o actual proxecto do BNG e lanzarlle a Quintana esas "indirectas".
Polo demais, en efecto: de vello, gaiteiro. Eu tamén me pregunto se Nogueira se decata de que as súas actuais posicións, expresadas cun desagradable punto de dogmatismo, poñen en solfa toda a súa actuación política anterior á súa "conversión independentista", producida hai máis ou menos dez anos.
E tamén me pregunto se se dá de conta de que pecha enormemente o campo do nacionalismo "consecuente", mesmo botando fóra del a gran parte de CiU, do PNV e do propio BNG, claro.
Dito isto, tamén teño que dicir que eu estou bastante de acordo con el en que o nacionalismo é (case) sempre independentista. É que, se non, non ten demasiado sentido.
En efecto, criticar o actual proxecto do BNG non só é lexítimo estando na oposición interna, senón tamén necesario. E tamén desde fóra del, faltaría máis.
O que si xa teño as miñas dúbidas é que forme parte dunha oposición leal o uso sistemático -como fan Camilo e Beiras- de todas e cada unha das súas entrevistas para emendarlle a plana a Quintana até o fastío, no canto de dar a batalla interna nos órganos de dirección con máis coherencia e continuidade. Lembremos que Beiras está na Executiva do BNG e cando critica semella como se a cousa non fose con el.
Penso que, en xeral, a militancia e os simpatizantes do BNG non vén con bos ollos este tipo de intervencións un día si e outro tamén. E, desde logo, dan un penoso espectáculo cainita que ofrece unha imaxe de desunión que ten efectos electorais negativos. Unha crítica leal, penso, debería ser máis coidadosa cos tempos e poñela en sordina nos momentos preelectorais e electorais polo ben do partido ou organización á que se pertence.
Pero xa sei que é pedir moito (en realidade, non pido nada, pois non pertenzo ao BNG). Os grupos políticos son como son.
Camilo argüiríalle ao que vostede di que el é leal ao proxecto nacionalista unificado no BNG, non á direción que conxunturalmente estea a cargo de levar adiante ese proxecto. Outra cousa é, como vostede di, a oportunidade desas críticas en tempos preelectorais. Por non falar desa parvada, machaconamente repetida por Nogueira, de que el converteu o galego en idioma oficial da Unión Europea dicindo que falaba en portugués. Daría algo por saber que pensaban os portugueses do "galego-portugués" empregado por Camilo.
E tampouco está nada mal a argumentación (sic.) que fai dunha marabillosa Galicia independente aceptada na UE sen ningún tipo de problemas e cos brazos abertos.
En fin...
Por non falar desa atribución aos poderes dos Estados dominantes das explicacións sobre as orixes románticas de nacionalismos como o galego.
Outra cousa. ¿Saben que "As uvas na solaina" ocupa o lugar 1.427.421entre os sitios web máis vistos no mundo? Paréceme que non está nada mal, tendo en conta que hai 150 millóns de páxinas web.
Para que se fagan unha idea, dareilles outro dato. A páxina web de "Galicia hoxe" está no posto 7.777.880. A ver se con Antón Losada de reclamo van algo máis pra riba.
Tamén é para nota a idea de que "o nacionalismo é un afán de liberdade".
Non sempre, señor Nogueira, non sempre. Ás veces si e ás veces non. Adepende. Asegún.
Esquécese dos nacionalismos autoritarios/totalitarios de Estado, que foron nacionalistas até a médula. Non por un casual Griffin ten definido o fascismo como unha forma de "ultranacionalismo palinxenésico".
Este tipo de argumentación -idéntica á que fai Paco Rodríguez, por certo- asevera que todo nacionalismo é intrinsecamente bo e liberador, e se non é tal é porque non é nacionalismo. Non fondo o que se fai é unha inversión especular e invertida da outra afirmación que di que todos os nacionalismos son sempre reaccionarios, malos e perversos.
En fin...
Ademais, tamén ten un problema de memoria selectiva.
Así, cando sinala que "o BNG, sendo como é unha formación política da esquerda democrática... non ten porque transmutarse nunha organización situada no gasoso campo centrista", estáse esquecendo de cando el refundou o PSG-EG para situalo nun gasoso e escumoso galeguismo centrista chamado Unidade Galega cos restos que quedaban dunha parte dunha tendencia dunha fracción do Partido Galeguista (refírome á segunda UG, non a primeira).
Quen foi o primeiro en renunciar a un definición de esquerda democrática para centrarse e mineralizarse e hipervitaminarse (en balde, polo demais), ten moita graza que agora critique a Quintana por facer o mesmo que el fixo.
Memoria selectiva. Non, non está no seu mellor momento.
E, qué caramba, Quintana di ás veces cousas con moito xeito: o PP é “o das tres erres: recentralización, retroceso social e retorno ao pasado”.
Non me digan que non está ben...
Un exemplo do que dicía dunha oposición interna incoherente e discontínua. Dentro cálase e fóra bótanse pestes.
Velaí vai de Galicia Confidencial:
"A pesar de ser aprobadas por máis do 90% do Consello Nacional as listas do BNG para o Congreso non acaban de convencer entre parte dos movementos da fronte…
Parte dos militantes nacionalistas critican que os primeiros postos se cociñen dende arriba e, principalmente, entre a UPG e Quintana. Irmandiños, Movemento pola Base e A Alternativa non comparten os criterios elexidos, aínda que, decidiron, finalmente, non votar en contra. Criticase que xente de valía, especialmente alcaldes, estén relegados a segundos, terceiros ou quintos postos. En todo caso, os principais movementos alternativos á dirección aseguran que traballarán cóbado con cóbado durante a campaña".
Pero a ver, oposición interna do BNG, en qué quedamos: ou arre ou xo!
As súas opinións, amigo Apicultor, sobre a entrevista de Nogueira son moi semellantes ao que leva decindo moita xente non votante do BNG (mesmo algún tamén) sobre o propio Nogueira desde hai máis de vinte anos. Pero, por respecto persoal á súa traxectoria de compromiso político continuo e notabilísimo traballo parlamentario (con non poucos fracasos), esas críticas que vostede agora presenta nunca foron demasiado crueles.
Coincido con Arume na súa valoración da crítica do Apicultor a Camilo.
Suxiere o Apicultor que as palabras de Camilo teñen motivacións no resentimento por non ocupar un posto de relevancia no BNG.
Este típo de interpretacións é perigosa porque elimina a autonomía do suxeito das declaracións é o convirte en suxeito dependente das súas baixas pasións. É dicer, apunta que as declaracións non se fan dende a liberdade de conciencia, senón dende a determinación pasional dun mal que o corroe.
Esto que pode ser certo no caso dos alienados, pode ser unha trampa cando estamos a falar de persoas que tentan organizar as suas accións e as súas conductas conforme a unha mínima racionalidade.
É perigoso amais porque esto levarianos tamén a pensar, que o propio Apicultor ao facerlle esta crudel crítica a Camilo está tamén motivado-determinado polas súas baixas pasións, iniciandose un camiño infinito de causalidades que nos podería levar até unha hernia estomacal.
Obviamente hai un cambio entre o Camilo de Esquerda Galega e este que fai estas declaracións en Galicia Hoxe, pero é que hai tempo, hai tempo suficiente como para observar coherencia nese cambio situado segundo parece hai uns dez anos.
Celebro estas declaracións de Camilo porque pàreceme que aportan claridade nun espacio político moi cegado na actualidade.
O bng preso do pragmatismo electoral tende a esquecer que tocou poder en pleno retroceso electoral, e está a esquecer as súas pegadas de identidade política, diluindose nunha demagóxica noite de xestión onde todos os gatos son pardos.
Celebro algunhas declaracións concretas, como esta que é unha chamada de atención a moito nacionalista acomplexado que anda a pasear a moqueta:
"As aspiracións ao pleno atogoberno das nacións sen estado, fundaméntanse nos dereitos democráticos e humanos"
Ou esta outra:
"...como manifestación dunha vontade democrática, o nacionalismo das nacións sen estado, esta xustificado en si mesmo"
E participo desta anguria:
"O estatuto poderia resolver problemas, mais non todos os causados pola ausencia de estado"
Comprendo as simpatias dos non ou anti nacionalistas polas expresións de nacionalismo descafeinado a que nos queren acostumar os líderes actuais do BNG, pero claro, non participo delas. Disinto, e gosto destas oir estas outras de Camilo Nogueira, lider nacionalista.
Non crea, Arume. Hai vinte anos Camilo tiña o seu propio proxecto que ía máis ou menos funcionando, e non aseveraba moitas das cousas que di hoxe.
A suxestión de vostede, Anónima Nacionalista, sobre a miña suposta suxestión, é moi pouco suxestiva. Ademais tamén a pode aplicar a si mesma cando presupón, facéndose eco do típico tópico dos resentidos, que hai "moito nacionalista acomplexado que anda a pasear a moqueta". Non sei se os contou (moitos, poucos, algún?). Pero non quero pensar que o que di sexa a causa das súas propias baixas paixóns.
En todo caso, cae nun idealismo un tanto infantilizante ao presupor que sempre hai unha racionalidade nas accións e unha autonomía moral do suxeito, como se non houbese racionalidades estratexicamente orientadas. Os únicos que non son racionais e si pasionais, e que carecen de autonomía moral, somos os que estamos alienados, disque. Vaia por deus!
Non creo que as posicións actuais de Camilo proveñan de hai dez anos. Máis ben coido que algo relativamente recente, de non hai máis de catro ou cinco anos. E, desde logo, dáse unha coincidencia cronolóxica entre deixar de ter responsabilidades políticas e entrar nunha deriva radicalizante.
Estaría ben, por outra banda, que nos ilustrase a Anónima Nacionalista que quere dicir exactamente con iso de "nacionalismo descafeinado a que nos queren acostumar os líderes actuais do BNG". Como el/ela seica coñece o secreto da cafeína (da esencia nacionalista) estaría ben que nolo explicase. Pero sen divagacións, eh, sen divagacións. A ser posible...
Señor Apicultor, non me vou a aplicar a suxestión que vostede me propón, simplesmente porque incurriría en contradicción lóxica coa miña observación.
Respecto a cafeina nacionalista, encontraraa bastante concentrada no mesmo artigo de Camilo do que tratamos.
Por último se vostede mantén a súa "racionalidade estratéxicamente orientada",frente ao meu primado kantiano da autonomía, eu retoo a vostede a un combate dialéctico en toda regla.
O lugar pode ser o Liceo
O xuiz de armas dialécticas: o noso anfitríón, Marcos Valcarcel.
Escolla padriños Apicultor.
Señores, fagan as súas apostas.
Qué é "primado kantiano da autonomía"? ¿E "racionalidade estratéxica desorientada"?
Se pretende comprender as hard choices da política partidaria real a partir dos fundamentos filosóficos kantianos, non se vai enterar nunca de nada, Anónima Nacionalista. Pero nada de nada.
Vamos que se arruga.
Están sendo vostedes moi duros con Camilo Nogueira. Se Camilo lese esta solaina, vai coller un bo disgusto. Ou non. Despois da súa longa andaina política, deberá estar xa inoculado de calquera virus crítico. Supoño. Pero sigan, sigan...
Eu non me entero de nada.
Eu tamén non, don Filemón, porque cando foron os da Brigada Político - Social de Vigo a prenderen na saída de Citroen ao señor Nogueira, por "galleguista subversivo" : -"Yo respeto tus ideas galleguistas, pero tú tienes que respetarme a mí", díxolle o 'secreta' que o esposou, digo que cando foi prendido, onde é que estabamos nós: No concerto de Frank Zappa en Madrid, en pleno tardofranquismo.
Todos nós.
E agora criticamos o señor Nogueira, facemos leña da árbore caída. E eu, que DENTRO do galeguismo nacionalista, nacional e independentista estou nas súas antípodas ideolóxicas, considero que esta persoa é un señor dentro dun traxe, utilizando a expresión de Lobeira. E se agora estamos a nos expresarmos nun blog, sen máis limitación que a da nosa ignorancia, é grazas, entroutros, ao SEÑOR Nogueira.
Moitas grazas, cumprimentos e desculpen a aclaración.
Sen acritude.-
Eu non o dicía por NOgueira senón polo de racionalismo orientado e desorientado, que non o entendo.
E fico grato a don Marcos, pola súa actitude fidalga e ponderada... Por saber colocar un impasse no tsunami de críticas. Por saber parar e ollar para lonxe (e para atrás).
Refírome especialmente ao comentario que fixo sobre o sr. Nogueira.
Por un momento pensei que estabamos en Missouri, en 1949...
Cumprimentos (e tamén continúo sen comprender, don Filemón, o do racionalismo).-
Aquí hailles moito camilista. Mesmo o propio Camilo ten toda a pinta de selo. Pero non fai falta apelar ao pedigree democrático de Nogueira para denostar a quen tenta facer crítica dos seus plantexamentos. Non é o meu caso, por certo, que presentei os meus respectos á súa traxectoria. Pero entendo que as críticas aquí expostas parten da premisa inequívoca de que CN foi persoa principal (e admirada por moita xente) no último cuarto do século XX en Galicia. O cortés non prescinde do valente. Será Tsunami más terá sentido.
Imos ver. Ninguén nega os grandes méritos da actividade política de Camilo Nogueira.
Repito: moitos e grandes méritos. Desde, en efecto, a súa participación activa e solidaria nas folgas obreiras do Vigo do 73.
E moitos e grandes méritos tamén por formular, en tempos duros, a idea dun nacionalismo moderno fronte ao outro nacionalismo túzaro.
Por todo isto merece, sen ningún tipo de reservas, un lugar na recente historia de Galicia.
Pero non se trata agora diso. Trátase de avaliar e opinar, con maior ou menor acerto, a súa traxectoria e opinións recentes ou actuais.
E, como home público que é, non pode estar libre de crítica. Os méritos do pasado non deberían impedilo. Así como el critica duramente a Quintana, tamén el pode ser igualmente criticado, ou non?
Non se trata, pois, de adoptar ningunha actitude fidalga na que todo pareza ben, ou ben ou mal dependendo de quen se trate. Non é de recibo que sexamos magnánimos con el cando el tampouco é magnánimo.
Ninguén debe quedar libre de crítica. E os políticos menos que ninguén. Agás que nos pareza ben ter unhas vacas sagradas intocables e ás que adorarar. Estou seguro que Camilo Nogueira nunca quixo ser unha vaca... ou iso me parece a min.
Eu non vexo tal radicalismo nas formulacións de Camilo Nogueira. Di as mesmas cousas ou parecidas que cando se enfrontou a Quintana hai tres ou catro anos. Como non vai reaxir diante das palabras de Quintana, negando que o BNG defenda a independencia?
Sempre respetei a Camilo e vin sempre nel a unha persoa importante, moi importante para o nacionalismo. Curiosamente coincido con el mais agora que hai anos, aprecio unha honestidade e unha liberdade de criterio que se vai convertindo tamén pola forza dos seus anos en toda unha referencia para a reflexión sobre este descamiñado pais.
Que é un impasse? Eu sempre crín que era unha calella sen saída.
Pero o Apicultor non critica o que dice Camilo Nogueira, senón o porqué do que dice. Ao parecer ten unha fonte de información privelexiada sobre o que pasa pola mente de Camilo Nogueira, que ao mellor até o mesmo Camilo descoñece.
Moita mala hostia e pouca intelixencia.
Cria corvos...
Unha cousa é criticar como fai Leituga (desdea súa ideoloxía non nacionalista) e outra ensañarse, como fixo Apicultor, pois pídelle a Marcos que colgue a entrevista de Camilo Nogueira para inmediatamente despois (seguro que o tiña todo amañado)comezar cunha ristra de insultos: desleal, irresponsábel, cainita. Isto non é unha crítica, isto defínese como saña. Hai xente coma min que non estamos contentas/os coa deriva que leva o BNG, e non imos votalo, porén se houbera un partido cos presupostos ideolóxicos que defende Camilo eu votaríao inmediatamente.
Caro Arume: Lamento imenso a má interpretación das miñas palabras. Non estaba a deostar a ninguén, pode estar certo diso.
Mais quería defender o señor Nogueira, pois estaba a ver e a considerar que era tratado de maneira inxusta; se pesase en todos nós o lado oscuro máis que o diáfano, abofé que eu estaba a durmir nunha caixa de cartón, na rúa, cun brick de viño como cea.
Ufffffffff hoxe teño mal día, como din os modernos.
Chámelle como queira, Edrada.
Eu o que fixen foi unha análise e unha avaliación críticas -acertadas ou non, que esa xa é outra cousa- sobre as súas ideas e práctica política.
De insultos e ensañamento, nada de nada: análise dunhas ideas e descrición dun comportamento político, na miña falible opinión.
O que si recoñezo é que fun bastante sarcástico.
Ao Anónimo ese, xa non lle digo nada...
Semmpre ten que vir alguén con moralina de monxa de clausura a censurar a libre -e, polo tanto, falible- opinión dos demais.
En fin...
Estimado apicultor.
Ben, unha tía da miña muller élle monxa de clausura, alén dunha excelente persoa.
Cumprimentos respectuosos.-
Apicultor: Comparto as súas interpretacións sobor da entrevista de CN, pero dame que a mensaxe do pais independente dentro dunha U.E. non lle é de agora.
Sendo eurodiputado ou a piques de deixar de selo, -xusto pola alineación no Grupo de Nacións sin Estado- na Galería de Sargadelos de Lugo, xa fixo esas aseveracións, e penso eran para distanciarse da dupla QUIN-UPG, cando se meteo na lea pola Portavocía.
CN, efectivamente, ten amosado co seu traballo que se pode ser pragmático e utópico a vez, segundo onde esteñas sentado no Consello Nacional.
Pero, e remato, de aquel de Unidade Galega debe quedan moi pouco, cando repartía credenciais de socialdemocracia.
Pois alégrome pola súa muller, por vostede e pola tía monxa.
Cumprimentos igualmente respectuosos.
Un pode ser nacionalista sen ser independentista; abonda con adherirse sentimentalmente ao país ou entidade sentida como nación propia. Ora ben, coido que dificilmente se pode ser politicamente nacionalista sen experimentar ou adherirse a algún tipo de independentismo, vou dicir, mental.
Parcialicemos: a xeración das Irmandades, e por ende Nós, falaban de soberanía estética do pobo (ou nación) galega; era unha consideración de índole artística, de clara extensión ou aplicación á globalidade política. Sigamos parcializando: unha organización política de ámbito nacional, que non acepta nin contempla dependencia ou obediencia de ámbito, digamos, "superior" (imperial ou estatal, por exemplo) está, implícita pero loxicamente, exercendo soberanía política. Díganme a distancia que vai, en tales ámbitos, de soberanía a independencia e asegúrolles que o hei considerar atentamente.
O BNG é soberanista, e procura que o país acade todo o autogoberno que posible sexa; non sei se todos os afiliados do BNG senten e defenden iso, pero teño idea de que, por exemplo, Anxo Quintana si. Ora ben, o BNG nunca se manifestou como independentista, da mesma maneira que nunca se manifestou como -verbi gratia- socialista. De feito, as formulacións estratéxicas e a medio ou longo termo hai moito que quedaron preteridas por asuntos de alcance máis inmediato, como a estratexia de defensa dos sectores produtivos e o afán por gobernar a nación no marco político actual.
Camilo Nogueira di, hai tempo que di cousas que moitos nacionalistas (todos?) pensan e senten. É certo que parece haber contradición entre o que di agora e mailo que dicía antes; e que coincide tal distanciamento coa súa perda (non sempre en circunstancias xustas nin se cadra adecuadas) de influencia e protagonismo político no nacionalismo e no país.
Debería, penso, seguir afondando nos seus estudos e traballos históricos; tamén desenvolvendo teoría sobre a relación con Portugal e a potencialidade dun polo lingüístico galego-portugués cuxo interese e convenencia só un insensato -se favorable ao galego- aparenta que poida ignorar. Porque, en efecto, o nacionalismo xa coñeceu mellores momentos se de rigor teórico e fondo falamos.
Eu penso que o Quintana pragmático e táctico da política diaria ("O BNG non opta pola independencia"), o Beiras explicitamente independentista e o novo Camilo da independencia "desde o punto de vista do pensamento e da vontade última" son compatibles e complementarios. Pero debo ser o único que o pensa no país.
Canto ao demais, renuncio a avaliar o rigor de Camilo Nogueira pola resposta breve a un cuestionario sintético. Ese respecto, a min, merécemo, por moitas moitas cousas.
Interesante o seu concepto-termo-noción-idea-intuición (?) de "independentismo mental". Estaría ben que o desenvolvese, se acaso encontrase ocasión.
Sen menoscabo de que vaian saíndo retallos, e a falta de tempo para tan fonda abordaxe con vagar, ofrézolle unha achega que non sei se coñecía. Con todo, o mesmo Camilo Nogueira se acolle ao concepto, segundo me parece.
Si, xa llo lera. Pero vou aplicar a súa propia receta: como é tan sintético e breve renuncio a avalialo.
A partir de agora non penso avaliar aquilo que non pase de cen páxinas. Por respecto.
O meu humilde artigo, aínda que breve, leva amplamente máis dunha páxina; as respostas de Nogueira, unhas liñas cada unha. A súa executoria, bastante máis extensa e difícil de abranguer cá miña.
Non sei que estou dicindo, vde. ben o sabía. Agradezo a súa lectura e renuncio a un florentino intercambio de ironías. Teñan todos boa noite.
Daquela, gustariame coñecer a partir de que dimensión (desde x liñas? desde un folio e pouco?) é lexítimo e respectable avaliar un texto.
Tamén quixera saber se "independencia mental" ten o seu antónimo: "Dependencia mental"? "Colonización mental"? "Dependencia colonial mental"?
Xosé Manuel. Un pode adherirse sentimentalmente ao país e non ser nacionalista. O nacionalismo precisa dun ethos, porque é unha idea política, non só un pathos.
Di vostede que dificilmente se pode ser politicamente nacionalista sen experimentar ou adherirse a algún tipo de independentismo mental.
O nacionalismo pretende zafarse da influencia de outro estado ou nación que considera negativa para o seu libre desenvolvimento, e para iso, redefinirá a relación ou a romperá se é necesario. Para acadar este obxectivo precisa estratexias e obxectivos situados en diferentes tempos. O nacionalismo non é un estado mental, non é un qualia, ao mellor é que non o entendin ben.
O Bng, é soberanista, di vostede, porque procura que o país acade todo o autogoberno que é posíbel no marco político actual.
O marco político actual, definido pola constitución española, sinala nidiamente como depositario da soberanía ao pobo español.
Por tanto o bng, recoñece a soberanía deste marco, e oblitera as potencialidades de que a soberanía resida no pobo galego. por tanto, e sen ambaxes, o bng, na súa actuación política, vense definindo como un partido autonomista, non soberanista, se falamos con propiedade.
A min paréceme estupenda a crítica de Camilo porque pon o dedo na chaga da contradición entre o nome de nacionalista e a práctica política cotiá que é plenamente autonomista.
Hai en Galiza un adormecemento teórico, ideolóxico, da intelixencia que permite, como se dicía por aí arriba, que na noite todos os gatos sexan pardos.
Tamén se dicía aquelo de que en Luar todos os cantantes son Juan Pardo.
Eu estou de acordo coa idea expresada por "anónima nacionalista" en que hai adormecemento teórico e ideolóxico dos líderes do BNG. Cren, facéndose autonomistas, que van deter a perda de votos (e de poder/influencia) do partido.
Os resultados hanse ver. Eu son máis ben pesimista.
E vostedes cren que cun marcado carácter independentista ou soberanista do BNG ían acadar máis votos ou polo menos quedarían vostedes contentos porque satisfarían as súas demandas teóricas? Pode permitirse o luxo o BNG de formular ideoloxías que compartan poucos, precisamente os máis esixentes e sempre os máis difícilmente convencibles?
Onte afirmaba, sen a penas telas lido, que as afirmacións de Nogueira eran interesantes.
Descúlpome por escribir a presa. Hoxe, despois de as ler de vagar, rectifico, e tendo a velas na mesma ou semellante clave que Apicultor. É certo, porén, que hai teimas que veñen de vello e afirmacións que denantes Camilo non adoitaba facer en público, pero que si se lle escoitaban en privado ou perante auditorios reducidos hai vinte anos. O de que un nacionalista consecuente ha axir en clave independentista e sempre con esa utopía xa o dicía no 1987 en petit comité ou diante de mozos nacionalistas nas facultades compostelás, e a opción estratéxica pola confederación, tamén. O cacao conceptual elaborado con base en afirmacións simplistas (o nacionalismo dos estados é mao, o das nacións naturais que están aí dende sempre é bo, o nacionalismo é identidade nacional ou anceio de liberación sen máis, etc. etc.) sempre foi propio de Camilo, político honesto e teimudo sen dúbida, pero do meu ponto de vista moi endeble nos seus fundamentos teóricos (claro que non vaian pensar que Pujol, Mas ou Begoña Errazti van máis alá!).
A cuestión é: por que Camilo salta agora con estas teimas? Pois por aposta de oposición interna e certa deslealdade cara ao proxecto político no que participa. Nesa posición están máis, en verdade, os "vellos" do BNG enrabechados en parte porque ven en Quintana e os seus asesores unha tropa de advenedizos faltos de consistencia. É en boa parte un cabreo xeneracional, pero tamén un non saber estar. Que Camilo e Beiras sigan a tentar xogar na area do poder político interno do BNG, na vez de utilizaren o seu prestixio e capital simbólico dende fóra para contribuíren, precisamente, a enfortecer iso que botan de menos no nacionalismo organizado (pluralidade, debate, reflexión sobre conceptos chave, falla de sociedade civil identificada co proxecto nacionalista -aí si lle dou a razón a Camilo: os piares do nacionalismo como movemento social son manifestamente mellorábeis-). Na primeira lideira sempre van perder fronte a Paco R. e os seus acólitos, moito máis experimentados nas tácticas bolxeviques. Se utilizasen o seu "poder brando" con outra lóxica, outro galo lles cantaría, entendo eu.
En fin: toda campá ten que dar o seu son.
Non quero entrometerme que non é a miña leria, pero afirmo que a metade dos votos do BNG, son polas persoas e non polo discurso.
A xente vota a Fernando Blanco -Lugo-, a Severino -Monforte- , igual que no resto das provincias a persoas moderadas con un discurso sinxelo, cercano, ético, participativo -parezo un publicista do BNG- e non se enganen o día que non sexa así o BNG, pasará a ser outra cousa, menos Goberno.
"Somos independentes porque o queremos ser: Eis a razão absoluta, cabal, incontestable da nossa individualidade nacional"
(Alexandre Herculano)
Lembre Arume que o BNG tocou poder en plena recesión electoral.
Independentemente do número de votos acadados unha opción política minoritaria pode lexitimamente ter vocación de maioría e deseñar estratexias para acadala.
Por eso acontecen os cambios políticos de envergadura.
Se para conseguir votos un axente político renuncia ao seu modo de entender a mesma política, a vida en común, a mesma nación, o estado, a sociedade...cometerá un fraude, tomará aos cidadáns por estultos e alonxará as súas practicas da democracia.
Amigo Jimy, grande razón ten. Pero o adelgazamento ideolóxico ía no programa electoral, antes de ir perdendo votos. Non creo eu que o ascenso do partido canda Beiras tivera que ver cunha maximalización programática. É máis: lembren vostedes aquela imaxe indeleble, na previa do prestige, de XMB con Fraga non creo que co interés de radicalizar o partido cara a soberanía nacional.
Camilo Nogueira non ten consistencia teórica? Consistencia teórica tena Anxo Quintana, o pelele do PSOE!, "la voz de su amo"
Amigo Jimy, a racionalidade emancipadora non está en contradicción co realimso político, e os cambios anúncianse polo reformismo dos medios. Un pode ser moderado nas formas e firme no fondo, como o bambú, que dicía o vello Kun Fu...
O realismo político é a proba contrafactica para a racionalidade emancipadora. Os cambios hai quen nos os capta a pesar da súa variabel anunciación. E un pode ser como é pero non como non é.
E faga o favor, non teña o mal gusto de suplantar o meu nome, de escoller algunha metempsicose eu recoméndolle polo seu caracter, a dun licántropo.
ACLARACIÓN
Para evitar confusións entre os contertulios, aclaro que veño utilizando dous nomes: Un Jimy de Rairo e outro Anónima Nacionalista.
Nunca suplantei a ningúén como acaba de facer a persoa que firma o post da última Anónima Nacionalista.
Son da opinión de que con alcume ou sen el cada quen debe aturar a responsabilidade das súas palabras, porque do contrarío sería inutil calquera tentativa comunicativa ou informativa neste espazo, destruindo a isegoría na que nos vimos entendendo.
Así que dirixome a persoa suplantadora para que deixe de facer o mal comunicativo, non teña ese mal gusto, e abandoe esa practica tan deleznabel.
Por esto a actitude desta persoa suplantadora revela pouca ética e moita raiba
Para distender un pouco o fio, vai un chiste:
Dous homes están nun safari. De súpeto escoitan resoar uns tambores ao lonxe. O seu guía nativo exlama:
-Un león ven para aquí!-e desaparece repidamente na selva. Entón un dos homes senta e calza unhas zapatillas para correr.
-Que fas?-LLe pregunta o outro ao home -Non pretenderás correr mais depresa ca un león.
-Non necesito correr mais depresa que o león-responde o primeiro- só teño que correr mais ca ti.
Pero, cal é a explicación alegórica do chiste? Quen é o das zapatillas, o outro, o león, os tambores ao lonxe, o safari? Enigmático, sen dúbida, nun fío sobre Nogueira, o nacionalismo e cintas de vídeo.
O chiste está moi ben, Jimy. Por certo, a mín tamén me suplantaron o nick algunhas veces, fai xa tempo. A ver se ó final vai ser certo que vostede i eu somos "Jekyll e Mr. Hyde". XDDDDD.
Vai vostede arume perto do sentido alegórico, faga a súa interpretación.
Xohan, o dos chistes é certo que mo contaxiou vostede.
Respecto a utilización de dous nomes, a verdade é que teño deixada pistas dabondo para que se identificases. Pero a verdade, son heterónimos, polo que vou seguir utilizandoos.
Máis ca "metempsicose" isto xa parece Psicose do gran Alfred.
Dobres personalidades (Camilo en público e en privado, Jimmy/Anónima), instintos asasinos (todos contra o "pelele" de Quin), alguén que rouba o fogo sagrado ou o diñeiro (de novo o Quin), a vella posesiva (Beiras e Camilo) e o fillo que non se dá desfeito da súa abafante presenza (outravolta o Quin) e que se ve posuído por ela (así quixeran algúns que fose Quin), ...
En fin, isto dexenera... E eu xa paso duramente deste fío.
Que vostedes o pasen ben.
JA JA JA....JA JA,JA.
Eu encontro que o problema está connosco, en nós. E maniféstase na constante necesidade que temos os galegos de pedir perdón aos de alén do Padornelo por sermos nacionalistas. E no fondo dos nosos corazóns, sentímonos culpados por iso.
Cumprimentos.-
Outra vez "Psicose", entón, Medela. O protagonista sentíndose culpable por (ser nacionalista) namorarse da rapaza diante da nai (Castela).
Que di: o Norman Bates era do Bloque?
Caro Da Coba:
Touché. É vostede agudo. Non me estraña que todo o mundo ande á súa procura. Abofé que non sei que dicir.
De todo o modo a filla non é natural, é de tras-da-silveira, fillastra non porfillada e excluída do testamento, salvante a magra lexítima, tal vez. E o oficial da notaría arranxou un caneo 'lega' segundo o cal a lexítima vai ser, desta vez, o que non queiran os outros.
E a madrastra foise apropiando de todo, cada vez máis, cada vez máis.
Cumprimentos co-sanguíneos.-
Caneo 'legal', quixen dicir.
Norman Bates era do PSOE, e andaba queimado, o home, porque coa estrada nova lle quitaron a clientela de diante do negocio. E casualmente, a estrada nova pasaba por de diante dun motel de 20 euros por media hora, propiedade, a través de sociedades interpostas, dunha filla do alcalde.
Aínda para máis, quitáronlle a axuda a domicilio para a súa nai, por se presentar el na lista contraria.
E, evidentemente, non deu parte cando a nai morreu, para continuar a cobrar a paguiña.
Cumprimentos, don Arume.
E cando foron os da TVG para faceren a reportaxe para Galiza-Oklahoma Noticias, a veciñanza, que había tempo que o odiaban sen saberen por que, dun xeito unánime e infernal, e para os que as navalladas á moza repoluda na ducha foi un día de festa, dicían (sic):
-El non lle era malo, home. No fondo éralle boeno. Só era malo para el. Non se metía con ninguén.
(Un fregués cun carretillo de nabos).
-Éralle un 'chaval' 'caballero'. Dempre saudaba os veciños, e íalle a todos os 'entierros'. Eu non sei que puido pasar.
(Unha freguesa cunha bata de cadrados e un gorro que rotula "Piensos Dula" ou "Vota PP, os nosos")
-Esto alá non pasaba, porque viñan os do servizo social...
(Unha paisana retornada de Suíza).
Élle así, don Arume.
Galician - Oklahoma- Country Style.-
Cumprimentos.-
Xornal Galicia | Martes, 22 Enero, 2008 - 12:27
CCOO considera que Medio Rural actua al margen de la Ley al mantener a los trabajadores de plantilla en el desempleo mientras los sustituye con operarios contratados de manera irregular y clientelar, a través del chuiringuito SEAGA, S.A.
CCOO exige la incorporación inmediata de los 610 trabajadores fijosdiscontinuos del SPDCIF para que reinicien la temporada de prevención y extincinón de incendios del 2008
CCOO informa que, hace 10 días, las Organizaciones Sindicales CCOO, UGT y CIG, tramitaron un escrito conjunto dirigido al Secretario General de Medio Rural solicitándole:
1º.- Que había dado las instruccións oportunas para que todos los trabajadores/las fijo-discontínuos del SPDCIF (Servicio Público de Defensa Contra Incendios Forestales) reiniciaran de inmediato la prestación de servicios y que su reincorporación se había hecho efectiva, en todo caso, no mas tarde del 1 de febrero de 2008.
2º.- Que, una vez incorporados, se mantengan en activo para la cobertura de todas las necesidades anuales de actividad que se ven produciendo con el objeto de atender la carga de trabajo de prevención y/o extinción, garantizándole ha todos, en todo caso, como mínimo, el mismo tiempo de prestación efectiva que en el 2007.
3º.- Que, en todo caso, se comunicara a la mayor brevedad y con antelación, la fecha efectiva de reanudación de la prestación de servicios de este personal.
Lamentablemente, Medio Rural dio de nuevo la ocultación y el silencio por respuesta a la petición sindical y considera que esta es ya una actitud habitual de desprecio al dialogo y la resolución consensuada de los conflictos, ha que nos tienen acostumbrados los responsables de esta Consejería
Para CC.OO. resulta sorprendente, una vez más, la actitud de los gestores de la Consejería de Medio Rural que, de forma tan despreciativa e intolerante, sigan sin atender los planteamientos unitarios de las organizaciones sindicales y hagan de nuevo oídos sordos ha una solicitud ajustada a derecho y necesaria para el normal funcionamiento del servicio y especialmente para atajar los incendios que, en cuanto, hay algo de sequía, ya se vuelven a producir.
CCOO denuncia qué Medio Rural, no solo desprecia el diálogo con las Organizaciones Sindicales sino que también margina a los 610 trabajadores fijodiscontínuos de la plantilla del Servicio Público de Defensa Contra Incendios Forestales (SPDCIF) a los que sigue manteniendo en el desempleo, mientras mantiene, bordeando la ilegalidad, la subcontratación de los trabajos de prevención y extinción, con operarios contratados de manera irregular y clientelar, a través del chuiringuito SEAGA, S.A.
CCOO exige, por enésima vez, a las instancias políticas del gobierno bipartito y a las autoridades laborales e institucionales, para que medien decididamente en este conflicto laboral, para que Medio Rural recobre la sensatez en la gestión del SPDCIF y asimismo para que emplee el diálogo como método de interlocución con las organizaciones sindicales representativas, empezando por comunicar la inminente contratación de los 610 trabajadores/las fijo-discontínuos del Servicio Público de Defensa Contra Incendios Forestales de la Xunta de Galicia.
Santiago, 22 de xaneiro de 2008
El BNG suaviza su propósito de derogar el plus de altos cargos y defiende ahora su clarificación
Los nacionalistas no presentaron finalmente la enmienda para abolir esa paga
Serafín Lorenzo, 22/1/2008, La Voz de Galicia
El rechazo al plus de los altos cargos que el BNG convirtió en su bandera en el inicio del curso político se diluye. Los nacionalistas, que en septiembre llegaron a remitir un argumentario a la militancia en el que alegaban «non estar de acordo con ese aspecto», no presentaron finalmente la enmienda a la Lei de Orzamentos anunciada entonces para derogar el sobresueldo que beneficiará a unos 4.000 ex funcionarios que ocuparon altos cargos. En su lugar, el BNG apuesta ahora por que la iniciativa legislativa popular impulsada por la CIG propicie un debate «sen demagoxia» que clarifique el marco retributivo.
El Bloque es la única fuerza política que ha expresado reticencias públicamente sobre el plus incorporado a la Lei da Función Pública 13/2007 por medio de una disposición adicional, la número 17, que aprobaron los tres grupos parlamentarios. Los nacionalistas asumieron a la vuelta del verano el «malestar social creado» por una consolidación retributiva que, en función del nivel del funcionario, puede superar los 14.000 euros brutos anuales. Algún cargo significado, como la directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, llegó a manifestar su renuncia a percibir ese plus. La determinación del BNG a «rectificar» y promover la abolición de ese complemento vía Orzamentos provocó incluso fricciones con sus socios en el bipartito. Pero esas intenciones no se han concretado.
El portavoz parlamentario nacionalista, Carlos Aymerich, explica que, en lugar de la enmienda prevista, se pactó «unha serie de encontros entre Presidencia e a CIG» para buscar un acuerdo. La central sindical nacionalista ha sido uno de los frentes más activos en la denuncia del plus, lo que, unido al malestar social, forzó el cambio de discurso en la dirección del Bloque.
Del malestar a la «demagoxia»
Aymerich, que recuerda que hay otra vía para tratar el plus con la nueva ley del funcionariado prevista para los próximos meses, sostiene que la iniciativa legislativa, que requiere el aval de 15.000 ciudadanos, es «unha boa ocasión para plantexar o debate e que o marco de retribucións dos altos cargos sexa claramente coñecido pola cidadanía, e evitar a demagoxia que se produce cando non hai a información suficiente», argumenta.
Pois, Medela, modestamente teño a impresión de que hai tempo que perdín ese complexo. Do que non me dou desfeito agora é da sensación de ter que explicar todas e cada unha das palabras e frases que un utiliza; ben pola sensación de que igual a un non o entenden, ben porque lle cuestionan a cada paso a pertinencia dos termos utilizados ou a a asociación libre de substantivo e adxectivo, por caso.
Ou sexa, un non dá sido unha persoa normal, cun uso razoablemente descontraído da linguaxe, e nacionalista ao mesmo tempo; é un agobio. Porque, xaora, ser un Marcos Valcárcel -cuxa executoria, exemplo presente canta, o pon por riba do ben e do mal- non está ao alcance máis ca de quen ten feito o que el, e xa me contarán cantos hai. Un pode, por outra banda, pensar en clave nacional galega, proxectando a súa vida e aspiracións con base nun debería ser despois obviamente modificado en pode ser; pero resulta aconsellable non dicilo.
Non me tomen a mal esta ironía a medias, que leva intención pero non é mala; malia o agobio e algún outro desencanto, teño a mellor intención en relación con vdes., se mo queren crer. Por certo, para min nacionalismo político é sempre ethos, pero nacionalismo sen máis pode -insisto, pode- ser puro pathos; mesmo ser opción parcial de vida, non digo que propia.
Eu creo que o BNG ten a alma independentista e que a maior parte dos seus militantes, incluído Quintana, soñan co que eles entenden como unha "Galiza liberada", ou sexa, unha Galicia constituída en Estado independente, membro da ONU e todoas esas cousas.
E penso isto non só polo que falo cos meus amigos nacionalistas, senón tamén porque non lle dou visto o sentido a un nacionalismo político que non teña como derradeira aspiración a independencia sen restriccións nin condicionamentos de ningún tipo.
Agora ben: o desexo independentista non é maioritario nin sequera no País Vasco nin en Cataluña. E en Galicia ocupa posicións sociais ínfimas e residuais. Isto obriga a partidos como o BNG a levar a cabo unha especie de repregamento táctico, pragmático e posibilista, cara posicións menos finalistas e máis apegadas á política diaria e ao desenvolvemento de conciencia nacionalista entre os electores.
O contrario, a posta en práctica do que De Rairo chama "racionalidade emancipadora" en contraposición radical co "realismo político" sería un suicidio político, unha autocondena por parte do BNG á marxinación.
Tamén se inventan armadillas tácticas e eufemismos que vaian na dirección da independencia sen facela totalmente explícita. Este é o caso do "Estado plurinacional" polo que avogan actualmente os partidos nacionalistas.
Trataríase supostamente non de crear estados propios, senón de crear un Estado confederal no que estivese recoñecida a soberanía nacional de Galicia, País Vasco e Cataluña. Pero isto, evidentemente, non é verosímil. ¿Que sentido tería alcanzar o recoñecemento da soberanía e, por tanto, o dereito á secesión para logo renunciar a exercelo?
Outro fenómeno interesante e que crea lóxicas tensións entre os nacionalistas é o derivado das responsabilidades institucionais e de goberno. O acceso ao poder provoca moitas veces que as pretensións soberanistas e independentistas pasen a un ultimísimo plano. É o caso de CiU en Cataluña, que só é soberanista cando está na oposición, ou do BNG en Galicia, que se decata de que se poden facer moitas cousas para mellorar o país sen poñer en cuestión cada dous por tres as regras de xogo determinadas polo actual marco legal.
Amigo Leituga One: Os libros de historia de España falan da audacia dos castellanos para conformaren o que se dá en chamar a hispanidade. É dicir, que a partir do pequeno enclave burgalés - palentino, e grazas á súa valentía, chegaron a transformar en Castela todo o que antes era un conglomerado de reinos de taifas, reino de León, Navarra, etc. Ben, marabilloso.
Eran ben audaces, non hai máis que ler a Sánchez Albornoz e compañía.
E os galegos non temos dereito a sermos audaces???
Cando alguén fala de que Ermisende, ou Tapia de Casariego, ou Castro Laboreiro son territorio galaico, pouco menos que nos chaman imperialistas nazis.
Agora ben, cando un reino moro (Granada) pasa a ser Castela, iso chámase audacia, valentía, hispanidade.
Saúdos
Recoñecer un dereito non implica, necesariamente, exercelo espremendo as súas posibilidades. A condición de iguais, diferentes e, sobre todo, existentes, pode dar lugar a empresa común, e institucionalizada.
Considero excesivo catalogar como ínfimo o independentismo galego; entendo que é tendencia oculta pola inminencia e cotidianeidade política dos propios nacionalistas e independentistas, que desbotan traer a primeiro plano ese aspecto da súa ideoloxía e imaxinario: ollo, que esta palabra non leva intención pexorativa, no senso de "mitico" ou "marabilloso".
É claro, iso si, que a participacion en labores de goberno impón obrigas, e prioridades, que afastan do primeiro plano caracteres importantes, por veces definitorios da propia esencia; por exemplo, o socialismo, sexa o que for tal cousa ou como poida ser arestora concibida. As voltas da historia, con todo, deben non pouco a estas forzas ocultas, non precisamente esotéricas.
E, xaora, hai algo absolutamente indiscutible: ao nacionalismo galego fáltalle actualización ideolóxica, non na actuacion táctica, senón na visión do soberanismo; que é independentismo aínda que non aluda a estado [fetén] propio. Mesmo a min me falta; desde que ando aquí, enguedellado onda vdes., perdín de vista a Rubert, Mitxel Unzueta e algunha outra [posible, nova] suxestiva lectura.
Xa tocará. Para todos.
Por favor, dean unha oportunidade ao nacionalismo.
Levamos desde a nosa aniquilación como estado (585 d.C.) con nefastas políticas que nos perxudican.
Canto tempo levan os nacionalistas co-gobernando??? Estamos a dar os primeiros pasos.
O reino de España demorou desde 1492 ata 1714 para se consolidar. E queren que os nacionalistas arranxen toda a desfeita do país nunha co-lexislatura???
Cumprimentos.-
Por favor, dean unha oportunidade ao nacionalismo.
Levamos desde a nosa aniquilación como estado (585 d.C.) con nefastas políticas que nos perxudican.
Canto tempo levan os nacionalistas co-gobernando??? Estamos a dar os primeiros pasos.
O reino de España demorou desde 1492 ata 1714 para se consolidar. E queren que os nacionalistas arranxen toda a desfeita do país nunha co-lexislatura???
Cumprimentos.-
222 anos para consolidar "El Reino de España", e aínda está a renxer...
E iso que os castellanos eran ben audaces, afoutos, valentes, nobres, rexos.
222 anos.
P.D.: Utilizo o nome de "castellanos" unicamente como referencia histórica. Pido que non se me malinterprete. Nada teño en contra dos habitantes das comunidades autónomas castelás.
O de Medela si que é "imaxinario" no senso de mítico e marabilloso.
Dito con todos os meus cumprimentos.
E unha personaxe como o Cid, nada máis e nada menos que un mercenario, alén diso funesto para Galiza, é un heroe nacional, un mitoloxema para TODOS os españois. Evidentemente, era o máis audaz, afouto, valente, nobre e rexo. E falaba idiomas: Bable, Castelán, Euskara e Árabe. Que tío!!
E na coroa da moeda, o galego, que só podemos aspirar a que nos digan:
"Oye, gallego, a ver si acabas de poner de una p. vez la escayola"
É para chorar.-
Este apicultor é un cantamañanas, pero non se fora duramente deste fio?
Que palabra!
Home, o Anónimo enmascarado cabalgando de novo!
Que tal, home! Como lle vai? Qué, facendo unha nova achega de gran calado intelectual e político? Coma sempre, non?
Hainos que son xenio e figura. Reláxese, ande, fágase bo!
Estimado Apicultor: Celebro que pronuncie vostede a palabra "imaxinario". E sería marabilloso que os galegos tivésemos unha máquina para nos poder decatar do significado da palabra galego no IMAXINARIO COLECTIVO CASTELÁN.
Remítome á definición de "gallego" no dicionario RAE. É dicir, que se fósemos plenamente conscientes da ínfima categoría que nos outorgan, a lamentábel categorización que temos por El Reino de España adelante, hai tempo que seríamos un estado independente.
Ou tal vez non, igual aturabamos a vergoñenta situación, como temos todos fillos por colocar, e eiras que asfaltar...
Desculpe vostede o "rollo", sr. Apicultor, mais este é un foro excelente para os que non temos demasiada cultura.
Cumprimentos.-
Veña, ho. Recuperemos "o bo rollo", que din os modernos. Este non é lugar para insultos, que ademais non achegan nada ó debate. Eu entendín que as críticas que fixo Apicultor a Camilo eran críticas políticas, por duros que fosen os adxectivos, e non persoais, senón non pasarían... Outros fixeron o mesmo con Quintana e con outros líderes e, nisto estou de acordo con Apicultor, o que está na palestra política debe estar suxeito a estas críticas políticas. Outros dirán, no debate razoado, se son xustas ou inxustas...
Concordo con Marcos ata nos puntos suspensivos.
Os catalás son agarrados como a Virxe do Puño.
Os andaluces, unhos vagos. Só pensan na esmorga.
Os maños, testarudos.
Os vascos, moi brutos.
Os madrileños, fuleros.
Etc.
Os imaxinarios colectivos son a "reostia".
Eu tamén. Non vexo que tiñan de especial ou "ensañadas" as críticas de Apicultor a Camilo. E, en todo caso, se un quere "ensañarse" cun político supoño que tamén poderá facelo, sexa da corda que sexa.
Medela, por exemplo, cre que os casteláns, ou castelán-andaluces, ou españois en xeral andan a ensañarse cos galegos. E non sei que pensar. Pois eu, que son español, non me ensaño cos galegos, cousa que tamén son. Pero, segundo Medela, eu debería estar ensañado conmigo mesmo. E eu creo que non o estou. ¿Que me pasa? ¿Son raro? ¿Estou tolo? ¿Ou simplemente son un colonizado? ¿Debo facermo ver?
Áteme esa mosca psico-nacional polo rabo histórico-identitario, amigo Medela.
Suscribo a mensaxe de Marcos Valcárcel, pero fago unha leve matización.
O que está na palestra política debe ser suxeito de críticas politicas, como non, pero tamén o que fai as criticas.
Aquí, en grande parte, criticouse ao crítico, un xogo paréceme que completamente lexítimo.
Por último, desde cando non é un insulto "cainita" e si "cantamañás".
Leituga, permítame a min tamén unha pregunta xocosa: ensañábanse cos irlandeses os Black and Tans?
Véxame libre de sospeita canto a imputarlle a vde. nada. Isto e todo un falar, entre persoas que non se desprezan; paréceme a min, e en todo caso fago aserto de parte.
E durman ben.
Amigo Leituga One: Antes de máis, dicir que vexo que as miñas palabras foron malinterpretadas. E pido desculpas, evidentemente.
Nunca falei mal dos casteláns, dos habitantes ou persoas orixinarias desas dúas comunidades autónomas.
Nunca os fixen suxeitos de asañamentos contra ninguén.
O que si reitero é a manipulación histórica e ideolóxia do "castellano" (idioma ou lugar xeográfico) como eixo vertebrador do reino de España, que me parece unha burla, unha falacia e unha tomadura de pelo.
Como é que lle vou chamar colonizado ou calquera tipo de calificación pexorativa a vostede ou a calquera persoa???
Mi madriña...
Grazas ao señor González, e á súa marabillosa erudición, polo seu comentario sobre Eire, ese país tan semellante, penso, ao noso.
E, caro Leituga One, para que vexa vostede que o meu acto de contrición é sincero, aí vai un poemita que se me acaba de ocorrer:
"Salve a ti, pabellón de Castilla, pincelada de sangre y de sol, quien no doble ante ti la rodilla no merece llamarse español"
Cumprimentos esteparios.-
Eu cría, na miña inxenuidade infinita, que todas esas elucubracións fantasmohistóricomíticas estaban xa obsoletas, para fortuna, sobre todo, da elaboración racional dunha teoría nacionalista propia para Galicia. Vese ben que o plan de reutilización de residuos tóxicos funciona á perfección. Mamma mia.
Claro, o que sempre funcionou, para o nacionalismo español, foron as brillantes e dignas e nobres actuacións dos representantes do mesmo, como Arancha Sánchez - Vicario, que pagaba os impostos en Andorra, ou similar, levaba no pulso a enseña rojigualda e representaba o reino nas Olimpíadas.
E non pasaba nada, e era asumido como normal.
E que ISTO é o normal.
Todo o que se saia DISTO son elucubracións fantasmohistóricomíticas obsoletas, claro.
E irracionais.
Para racional, o facto de subvencionarmos entre todos o equipo olímpico del reino, composto por varias persoas que non subvencionan nin contribúen para nada en ningunha das actividades, servizos o calquera cousa del reino.
E claro, os galegos, para saírmos disto, temos que ser un prodixio de elaboración racional dunha teoría propia. Non podía ser doutra maneira, dada a marabillosa e racional sociedade en que vivimos.
E un político nacionalista galego golpea o escano cun zapato... E está tolo.
E outro político non nacionalista a nivel provincial, vai, segundo propia confesión, a tres enterros por día... E a provincia, é a derradeira do reino en todos os indicadores. E é un home cabal, serio, racional. Un home bo.
VIVA LA RACIONALIDAD!!!!
ALEJA DE MI, DIOS MÍO, LA FUNESTA MANÍA DE PENSAR
(Se vostede quixer, sr. Arume, póñolle exemplos de 'racionalidade' ata o infinito).
Mi madriña!!!
Ben sabe vostede o que eu quero dicir: outra cousa é que prefira a indignación como resposta. Que non fai falta acodir á historia, sempre moldeable e susceptible de apropiación (debida ou indebida), para definirmos unha nación ou o mesmo pulo nacionalista.
E dígoo eu que, como saben case todos os contertulios, carezo da máis mínima inclinación patriótica ou nacionalista.
Pregúntase o Anónimo Enmarscarado que tanto que quere e tanto me aprecia:
"Desde cando non é un insulto "cainita" e si "cantamañás?"
A ver que llo explico, home. Preste un pouquiño de atención.
"Cainita" foi un termo utilizado como conclusión a unha demorada argumentación previa sobre un determinado comportamento político.
En troques, o "cantamañanas" usado por vostede foi simplemente un insulto túzaro, posto que non viña precedido nin acompañado de ningunha argumentación.
Vai comprendendo agora?
Ande, ho, reláxese e fágase bo!
A min o que me pasa é que coñezo a moitos españois de fóra de Galicia e xúrolles que ningún se riu nunca de min ou me humillou ou me fixo de menos por ser galego. Nin sequera na mili, onde os etnicismos rexionalistas sanamente mal entendidos estaban á orde do día.
Bromas sobre as orixes de cada un, coñitas político-folclóricas, rexoubas baseadas nos estereotipos nacionais... todo iso si, por suposto que o coñezo. Como o coñece calquera madrileño, catalán, aragonés ou asturiano.
O que non coñezo é esa experiencia como dolor, como humillación, como agresión. Pero é unha experiencia que debe ser moi común, por outra parte, pois semella seguir sendo un benquerido tópico das argumentacións nacionalitarias antiespañolas.
En canto ao da historia, o nacionalismo español e todo iso, Medela, seguro que eu podería estar de acordo con vostede polo menos nalgunhas cousas.
Pero se escolle exemplos como os de Arantxa Sánchez Vicario, eu non sei nin por onde empezar a falar. E se co do político do zapato quere dicir que esa conduta non tería chamado a atención e mesmo merecido censuras de terse producido no Congreso dos Deputados e a cargo dun político madrileño ou conquense, pois entón creo que se engaña.
Grazas, don Leituga, polo seu comentario ponderado e educado.
Olle, imaxine que aqueles xesuítas de El Salvador (Ellakuria, etc) son asasinados en La Habana. A que se armaría... O mundo 'civilizado' invadía Cuba.
Pasou onde pasou, mandaba quen mandaba e por pasar, non pasou nada.
E pasou algo similar en Polonia, e o Jaruzelski, á cola do Inem.
O do zapato, condenado para toda a eternidade. O dos velorios, "éche un bo home, vaiche a todos os 'entierros'"
Evidentemente, tamén non se meteu nunca ninguén comigo. Mais o epíteto "gallego" continúa a ser pexorativo.
Nun andamio de Mota del Cuervo, o rapaz de Pradorramisquedo que anda a poñer escaiola vai ouvir sempre o de "oye, tú, gallego". O compañeiro, de Cabezón de la Sal, escoitará, "oye, tú, Gabriel", sendo impensable "oye, tú, santanderino".
Grazas outra vez polo seu ton conciliador e construtivo.
Quero, aprecio e teño en grande estima o seu valor intelectual, pero vostede, Apicultor, non ten sido manco nin romo, senón que ten utilizado afiadas coitelas. Non quero cair naquela liorta infantil de bairro de "ti comezaches primeiro". Pregolle que acepte as miñas humildes e sinceras disculpas se o teño ofendido, vaia primeiro o meu proposito de enmenda e sexamos bós,que até pode que sexa divertido.
Se o tipo é de Cabezón de la Sal, ten bastantes papeletas para que lle caia o nome do seu lugar natal, aínda que a teña xibarizada.
Eu tiña dous compañeiros en Santiago: non sei agora nin como se chaman, pero viñan os dous de Xinzo da Limia. Un era Xinzo e o outro Limio. Comm'il faut.
Dentro do imaxinario nacionalista está sempre a queixa do maltrato, da afrenta, da aldraxe, sexan estas reais ou imaxinadas.
É algo que forma parte do ADN nacionalista porque substantiva, establece e remarca a diferencia nós/eles.
Agradezo ao Anómino Enmascarado as súas desculpas. Xa imaxino quen pode ser, non me trabucaba.
Repare, en todo caso, que eu adoito usar un verbo afiado e sardónico non por ningunha absurda pretensión de ofender persoalmente a ninguén, senón por darlle viveza ao debate e por sinalar paradoxos, contradicións ou incongruencias.
Que o fagan tamén comigo non só non me importa, senón que o celebro se se fai con agudeza e intelixencia.
Se todos fósemos sempre condescendentes con todos, sen dúbida reinaría a harmonía e a plena concordia, mais tamén un mortal aborrecemento. E, na miña opinión, iso é algo que só debera ocurrir na perpétua paz dos cimiterios. Porque nós estamos vivos, nonsí?
Unha boa tarde a todos e todas.
Cidadán Leituga, os procesos de formación da identidade son complexos, contradictorios e sempre activos. Eu mesma teño moitas contradicións non sei se mais ou menos que vostede, é algo normal. Os procesos identitarios sempre se dan nun contexto político e hainos ben mais complicados. Imaxinese vostede a un xuedo-alemán na época de Hitler, un xudeo consciente e orgulloso da súa cultura alemana, e ao tempo da xudea, e que obserbe entre as dúas unha harmonía e unhas potencialidades intelectuais admirabeis. A idea politica que este xudeo alemán tiña de Alemanía, do que Alemania debería ser, sen dúbida non era a do partido Nacional-socialista de Hitler.
Hai ideas de España incompatibeis coas ideas de Galicia, Catalunya, Euskal Herria e sobre todo coas ideas referidas as súas respectivas soberanías . Eis o conflicto.
Se o español respetase a decisión libre e democraticamente tomada dos vascos, catalans e galegos, no caso de que así o decidan, de elexir un destino sen a mediación española, o conflicto indudabelmente desaparecería, e estariamos nunha sitación na que o normal sería unha reforma constitucional que corrixa o inxusto predominio dunha determinada identidade nacional: a española frente as outras que existen no estado.
Señor Apicultor. Marcar sinais de diferencia por medio do laio, a queixa e outros moitos recursos, non é particular do nacionalismo, senón de toda ordenación sistémica social e política.
Usar o termo ADN, referido ao nacionalismo é un grave erro. Non hai nada de Adn no nacionalismo como non o hai en ningunha ideoloxia, así que non sexa intoxicador.
O ADN leva tanto uso como metáfora que corre risco de perder referencia material. E tena, madia leva se non a ten; onde non, ¿como se poderían levar ostias ata no ADN? Eu librareime ben moito de falar do ADN político dos españois, que en virtude da propia filiación político-ideolóxica de un, xa logo podía saír o do étnico-identitario-tribal ou todos-los-nacionalistas-acaban-enseñando-la-patita.
Non se enfaden, que é por darlle viveza ao debate; de onde maior viveza ca dunha hipérbole? Eu quería falar de españois. Xa que sae a mili: na miña, había un madrileño ocorrente (de rostro equívoco, pero conversa distraída) que falaba en certos momentos do xeito seguinte:
- ¡Ya está esto lleno de gitanos y gallegos!
Cando estaba de bo humor, falábame sinuosamente, dos campos de exterminio que había montar para os galegos; seica coñecía todos os modelos, pois foi ao primeiro que lle escoitei falar de Mathausen e Treblinka.
Non todos eran así, xaora. Pola contra -a min é que me deben ver a cara- non é a primeira vez que -en cidade española- contemplo aceno de desagrado, ou se produce manifestación verbal de censura e desprezo, polo feito de que falo en galego e voz normal cos meus achegados; a última, ano 2006, na catedral de Salamanca.
Coñezo españois, máis de un e de dous, moitos, aos que os galegos lles caemos ben; non sempre toleran ben, pola contra, que exerzamos (palabro!) moito (por certo, crean a anécdota inicial, asegúrolles que a revista existiu, e alí quedou consignado). Se un, aparte de exercer, pon en dúbida a súa españolidade, ou entende a galeguidade como condicións igualmente substantiva, nin lles conto.
Xa ten saído o tema máis veces, e dificilmente nos imos pór dacordo. Home, a min desacóugame que algunha evidencia documentadamente histórica e notoriamente sociolóxico sexa, xa non posta en dúbida, negada de pran. Podería entender que, "en aras da cohesión", se tentase esquivar; pola contra, resúltame difícil tolerar que sexa todo aposto a unha tara, política e conxénita, que me acompaña. Pero, postos a aturar, iso e moito mñais; que non quede.
Leo tal imputación, ultimamente, en pantalla de ordenador e papel impreso, con certa frecuencia; non acabo de enxergar se na intención expresiva predomina a ironía ou a prepotencia. Esoutro día, coñecido columnista referíase a vascos que non se consideran españois ("mucho debe sufrir esta gente"). A autonegación de españolidade doe ata no ADN. Xa llo dicía eu, Jimmy, o noso é máis ben de pathos; poñan sufixo, hom, por min non se priven.
Que feliz coincidencia!: EL PAÍS, en crónica, pon en boca de Quintana o mesmo verbo: "El Bloque dice diferenciarse de PP y PSOE porque sus candidatos son "gallegos de carné de identidad" y "ejercen como tales".
Quintana, Arume, ben o sabe, é político de moitas frases feitas. Algúns din que iso é bo (todos llo entenden todo), outros que malo (polo mesmo, se cadra, ou por pailán de máis).
Moi oportuna a súa intervención, estimado contertulio, rebaixando o pathos.
Se Anónima/Jimmy (síntoo, pero non son heterónimos, senón simples pseudónimos: os dous estilos, formas e contidos son idénticos)...
Se Anónima/Jimmy, repito, lera máis coidadosamente o que os outros escriben facendo honor á comunicación dialóxica entre iguais que predica, advertiría que eu falei de imaxinario nacionalista en xeral e que non o adxectivei.
Así, o afirmado pode valer tanto para o galego como para o español, para o francés (aparentemente un nacionalismo só cívico) como para o checo. A diferencia é cuestión de grao e de sinalamento do ofensor.
O de ADN, prezado Saavedra, é unha licenza poética ou metafórica que me permitín xustamente para avivar o debate. Entendo que Jimmy/Anónima non o entenda, absorto na súa auto-referencialidade, pero vostede ben sei que o comprende, así que non se me faga o sueco (ou o inglés ou o bosquimán). Se vostede tamén utiliza a licenza de falar de "independencia mental", eu, máis modestamente e con menor orixinalidade, tamén podo facer os meus pinitos.
Por certo que hoxe saio sabendo unha cousa nova grazas a vostede. Eu só tiña oído o de "levar ostias até no DNI", non o de "levar ostias até do ADN". Cousa esta última que -sospeito- ten que resultar moito, pero moitísimo máis complicada que a primeira.
Penso que leu mal, Apicultor: na liña tres pon no e non vexo máis referencias. Pero non me fago o sueco; a cuestión é que estas metáforas, combinadas con outras licenzas, poden pasar ás veces coma punta de unlla por vidro. De ADN pódese chegar a Rh, que quere que lle diga.
Non digo que vde. diga iso, nin aludo particularmente ás súas intencións. Direille tamén, por outra banda, que un non gorenta especialmente a idea de ser sempre pagano das risas ou sorrisos, ás veces parece e igual non falo só por min. Quede eludido outra vez o interlocutor e admitido que cada un, xaora, anima como pode.
Engado outra cousa: independencia mental, a máis de licenza verbal, pode ser tamén esforzada actitude. Está visto que hoxe non saímos do pathos.
O que saio eu arestora é do foro. Teñan boa noite.
(P.D.: as anécdotas referidas son rigorosamente autobiográficas. Apegaránseme coma as moscas?).
Retorno por un momento: releo e vexo que (malia por erro, ter escrito do) referíase vde. á parte receptora da malleira: ADN por DNI; pois haille a frase, hailla. De calquera maneira, as cousas que se inventan aquí pasa a habelas tamén, decontado.
E algunha xa levaremos inventado, ¿ou?
Certo que ás veces non entendo ben de todo a súa requintada prosa ferlosiá (espero ter usado ben o adxectivo). Defecto meu, claramente, non seu.
E de pagano, nada de nada. Eu sorrío con, non de. Isto que quede meridiano. Ao mellor debería adoptar unha prosa máis administrativa, agora que o penso. Quizais o sentido do humor debería ser proscrito.
O adxectivo de requintado, aclaro.
De Ferlosiá, ná de ná. A prosa de Saavedra, conceptista por breve e ática, remite a Gracián e a Saavedra Fajardo.
115 comentarios para a entrevista de Nogueira.
13 comentarios para o artigo de Baamonde.
Permítanme observar máis interés polo pasado que polo futuro. Pero é só unha observación.
No llo discutirei. Vostede diso non é que saiba máis ca min. É que sabe moitísimo máis. Que me leva de distancia varias dúcias de anos luz, cando menos.
Lobeira, verán de 1985. Ex-compoñente da División Azul:
*"Hai que falar o 'castellano', que é o noso". (SIC).
Murcia, 1978, mestra allaricense alí destinada.
*"Así que eres gallega... ¿No? Entonces serás sumisa... (SIC)
Madrid, 2004. Entrevista a Rajoy despois da perda das xerais.
*"Bueno, el PP es un partido que mira hacia el pasado... (glups) perdón ... hacia el futuro". (SIC)
Estimado sr. Arume, áteme, se fai favor, estas moscas tse tse polo rabo.
Cumprimentos.-
Lea vostede con atención apicultor, e comproborá o desatinado da súa observación.
Está vostede obsesionado en demostrar a maldade intrínseca da ideoloxía nacionalista e no intento cégase. Ve moito máis Leituga que nas súas análises e opinións demostra unha comprensión do nacionalismo que a obcecación lle nega a vostede. Pasoulle a Torquemada e a moitos conversos.
Bah! Menos pontificar que o van nomear Papa.
Iso de que Camilo Nogueira é o pasado e Baamonde o futuro habería que velo, eu non concordo en absoluto coa afirmación de Arume. Camilo está comprometido coa súa idea de Galiza e non sei con quen se compromete, se é que o fai Baamonde, parece máis ben unha persoa pouco definida e sen unhas fortes conviccións, nin sequera coa lingua.
Don Jimi, lembra vostede cando estabamos na Lexión Estranxeira Francesa???
Ufffffffffffffff, aquela conversa en Alxer, tomando té e cos cigarros modernos ás voltas.
Que cansativo era todo.
Os únicos que nos comprendían eran aquel rapaz alsaciano, o bretón, o corso, o vasco, o aranés, o escocés, o flamenco, o italiano-tirolés, o de Iparralde, o de Belfast, o de Viana do Castelo...
Porén, o vallisoletano, o bordelés, o parisino, o de Liverpool, o de Bruselas, o napolitano, o toledano, o lisboeta...
Sempre coa mesma: "Con lo bonito que es llevarnos bien", "Lo que importa es entendernos", "No hay que tergiversar la historia", "Por favor, todos los políticos son iguales"...
Don Jimi, fala vostede de incompatibilidades; que razón ten!. A miña avoa de Lobeira, falaba do demo e a auga bendita.
Cumprimentos.-
Ter "convicións" ou ser "coherente" non son valores en si mesmos. Ás veces era mellor que algúns non tivesen tantas convicións nin que fosen tan coherente.
Non me refiro a Camilo, por suposto. Refírome, por exemplo, a un señor de bigotiño que rematou por pegarse un tiro, sen dúbida auténtico paradigma de ter convicións e de coherencia.
Eu dixen compromiso non coherencia señor Apicultor, non enrede coas palabras que as terxiversa, sempre para o seu propio interese.
Non se comprendeu a miña observación: non falo dos protagonistas dos posts, senón dos comentarios que ambos suscitan. É dicir, de nós mesmos.
Vale. Ímolo deixar só coa palabra "compromiso", xa verá como o resultado é o mesmo.
...
Ter "compromiso" ou estar comprometido non é un valor en si mesmo. Ás veces era mellor que algúns non tivesen ningún compromiso.
Non me refiro a Camilo, por suposto. Refírome, por exemplo, a un señor de bigotiño que rematou por pegarse un tiro, sen dúbida auténtico paradigma de compromiso cunhas ideas.
...
Válelle así?
Por favor, estimados amigos, con lo bonito que es llevarnos todos bien, entendernos,que es lo importante, y más importante aún, comer marisco bueno y barato en Galicia, y que vayan los gallegos a colocar escayola a Madrid, y/o a morir al país Vasco, en una guerra que no es la suya...
Con lo fácil que es.
Porque non sei se o saben, mais os galegos estámoslles para satisfacermos as perspectivas do resto dos súbditos do reino.
Tanto as que fan referencia á súa necesidade de man de obra, como as que refiren o aspecto lúdico.
O resto, ou terrorista, ou tolo.
Vaiche boa, Vilaboa.
Agradecerialle moito, amigo Medela, que me dixera onde se pode comer en Galicia marisco bo e barato. Onde se come bo seino, pero barato, non. Grazas de antemán pola información.
Cumprimentos.
Pois eu, que son galego en todo, débolle ser un becho ben raro, amigo Medela. Porque nin satisfago as perspectivas de ninguén (nin de aquí nin de fóra), nin en man de obra nin en nada lúdico (é evidente isto). E, ademais, tampouco son terrorista nin tolo (ou iso creo).
Cumprimentos.
NON, O señor do bigotiño só tiña compromiso consigo mesmo, non lle importou sacrificar a milese millóns xa non digo de xudeus, senón de alemáns, para realizar as súas ansias de grandeza. Hai outros compromisos xenerosos aos que hai que darlle valor, por exemplo, o compromiso de moitas persoas para coa república, e que foron capaces até de entregar a súa vida, ou o compromiso de moitas persoas cos pobos que sofren, por exemplo os Palestinos, abandonados á súa sorte e ignorados polos estados occidentais, que son incapaces de atallar o odio dos israelitas. O compromiso das persoas que denuncian ante a opinión pública o incumprimento dos máis elementais dereitos humanos,tanto en Gaza como en Guantánamo, Irak, Afganistán.... Non vaiamos de que todo é igual, NON.
jajajajajajajajajajajajajajajaja
jajajajaj
Adoro a súa solemne retranca, amigo Apicultor.
Resido en Allariz, e non é raro, máis ben élle habitual ser parado por un turista (de allende el Padornelo) que che pregunta:
"Oye, ¿donde se puede comer aquí marisco bien y barato?".
E como eu sonlle aldeático, amigo Apicultor, respondo con outra pregunta: "Mire, ud. es de Madrid, ¿No?, pues vamos a hacer un trato. Usted me dice donde se puede comer bien y barato en Madrid y yo le invito a comer una mariscada buena y barata..."
Non vexa, amigo Api, qué cara poñen os turistas...
Cumprimentos.-
Apicultor, estaba respondendo cando vostede colocou outro comentario; imos como centellas.
É claro que vostede non está no mundo para cumplir as expectativas de ninguén, mais, rógolle que pense nos que non son profesores,ou profesionais liberais, ou de clase acomodada, sen problemas económicos nin carencias culturais, nin falta de coeficiente intelectual.
Rógolle, sen acritude, que pense nesas persoas.
Grazas, señor.
Trabúcase de medio a medio, Edrada.
Ese señor tiña un total compromiso coas súas ideas. Fíxese até que punto o tiña que fixo todo iso que vostede di porque esas eran as súas ideas.
Ou sexa, que, ademais de ideas "xenerosas", tamén hai ideas deleznables.
E diga, diga, pode dicir o dos xudeos, ou é que non paga a pena mencionalos? Ah, claro, como resulta que todos os israelitas lle teñen odio aos palestinos...
Debería revisar ou matizar algunhas das súas ideas xenerosas. É unha recomendación de amigo.
Ao mellor penso máis do que vostede cre que penso, amigo Medela.
Pero repare que o mercado laboral é o que é: notoriamente inxusto desde o punto de vista humano.
Pero eu iso non llo achacaría aos "españois", senón á propia dinámica da economía de mercado (ou capitalista).
En todo caso, se tantos galegos teñen que emigrar para traballar na construción fóra, será porque en Galicia non hai traballo suficiente. Logo é culpa dos de aquí -do seu tecido empresarial, dos poderes públicos- porque non son quen de crear as condicións que fagan posible que todos os galegos traballen en Galicia (cousa polo demais imposible, con independencia ou sen ela, con autonomía ou sen ela).
Pense nisto.
Cumprimentos.
... imposible de acadar ao 100%.
Entón o compromiso de Marcos coa cultura galega non é plausíbel? para vostede non, pois poría o exemplo dun Nazi coa cultura alemá.... Non sei a onde quere chegar. En ningún momento dixen eu que "todo" compromiso era bo, como tampouco menciono que "todos" os israelitas sinten odio polos Palestinos, non enrede, non enrede que non confunde. Deixe de darlle voltas ao tarabelo. Ah, non o coñezo, non podo consideralo meu amigo.
En fin, canto máis leo este tipo de argumentos a favor do nacionalismo e, inconscientemente, da autoestima baseada na xenofobia e nos agravios supostos ou reais dos "outros", menos nacionalista me sinto.
Discúlpenme que llelo diga, pero creo que son argumentos escasamente útiles e mesmo pouco apreciables entre persoas intelixentes e non traumatizadas polas súas orixes.
Non vexo ligazón lóxica entre o que eu digo e o que vostede conclúe, Edrada. Non lla vexo por ningures.
Coidado, Leituga 1, non diga esas cousas, que vai ser estigmatizado polo Jimmy/Anónima.
Home claro, don Leituga; estamos tan metidos e desde hai tanto tempo no ultranacionalismo español que xa nos parece totalmente normal que saia María Escario defendendo e apoiando enlouquecida o Real Madrid, desprezando o resto dos equipos nunha tv pública pagada por todos (non, minto, a tenista da banderita española no pulso e o niñato asturiano non pagan cadela no Reino).
E iso é o normal. O que diga algunha cousa en contra, ou é parvo, ou está traumatizado, ou é un terrorista asasino.
Para racional, aquel meu veciño:
"Hai que falar o castellano, que é o noso". {sic}
Cumprimentos.-
Os casos que conta da tenista e do corredor de coches son totalmente escandalosos. Eu sería partidario de impedirlles competir en ningunha selección se non pagan impostos.
Agora ben, asegúrolle que os seus siareiros son politicamente transversais, é dicir, que os hai de todos os grupos políticos e de todas as ideas, de todas. Tamén hai nacionalistas galegos que son siareiros do Real Madrid: Bautista e Suárez Canal así o teñen recoñecido. E Paco Rodríguez é un fan total da zarzuela e da canción española. E todo iso non lles impide ser nacionalistas galegos. Así é a realidade. Híbrida, mesturada, contraditoria.
Moito laretean pola noite; imposible poñerse ao día. Así é que notas telegramáticas:
Apicultor, eu podo dicirlle onde pode comprar marisco bo e barato, en Baiona; as centolas son criadas, pero nos penedos de fóra, se lle valen.
Arume leva razón no da atracción do pasado, sexa vivido por un ou non. Pero, en efecto, pouco do aquí mencionado é pasado estrito.
Tiña dúbida de a que señor de bigote se referían, porque ese que din envelenouse, seica.
Cando leo cousas como autoestima baseada na xenofobia, como seica xustificación do nacionalismo aquí declarado, danme ganas de non volver máis por aquí. Apicultor, acepto que, as máis das veces, o seu é provocación que busca debate e móvese dentro de límites ben tolerables para que o intercambio entre iguais se produza con respecto; pídolle agora que, á luz do dito e outras lecturas, entenda a miña renitencia ou receo ante algunha expresión ou metáfora.
Vouno dicir só unha vez, e se queren, despois abandono. Imputacións coma a devandita, símiles coma o do enterro de Jomeini supoñen desprezo verbal e conceptual, non xa do contrario, do contertulio. Sen dúbida, dirán moitos (igual todos) que sinceridade e liberdade de expresión non deben ser preteridas. Tan certo, é matizable, coma iso, é que eu empezo a estar ata os collóns da súa lingua.
E emitido o exabrupto, como nestes contextos eu non son desta forma nin daquela, se queren, xa digo, marcho.
Quero deixar claro que o nacionalismo que eu propugno está nas antípodas de basear a propria autoestima na xenofobia e nos agravios supostos ou reais dos outros.
Non se inventen vostedes señores non ou antinacionalistas os argumentos dos nacionalistas para aplicarnolos. Así pouco diálogo haberá e cegaran vostedes as potencialidades deste espacio comunicativo.
Por este espacio campeaban vostedes as súas anchas non fai moito cos seus ex abruptos antinaciionalistas, xurdiulle contestación e parace, amigos, que o levan mal.
Obvian argumentos contundentes, fan que non se enteran, colganlle aos seus opoñentes argumentos que non propugnaron e metamorfeanse ideoloxicamente ao capricho do vento.
É un cansanzo ter que andar a dar explicacións sobre o que un non dixo. Tamén lle pasa a un, Saavedra, tamén lle pasa a un, non só a vostede.
Quede claro, pois, que eu en ningún momento dixen que o nacionalismo galego fose xenófobo ou se fundamentase na xenofobia. En ningún momento nin ocasión. E quen diga o contrario minte coma un bellaco, e que demostre a súa infame imputación.
Quen falou de "de argumentos a favor do nacionalismo e, inconscientemente, da autoestima baseada na xenofobia", foi Leituga 1. Pero tampouco o entenderon, ou non quixeron entendelo. Non entenderon o significado das súas palabras, que eu me atrevo a interpretar porque son meridianas.
El tampouco afirma que o nacionalismo galego se basee na xenofobia, ou que o nacionalismo político se fundamente na xenofobia. A súa intelixencia lle impediría dicir semellante burrada.
Ao que creo que se refería é á presenza, máis ou menos latente ou explícita, de certas falacias prepolíticas que aparecen incorporaradas ao xeito de argumentar dalgúns nacionalistas a título privado. A unha especie de cultura do agravio, baseada en estereotipos etnicistas, que pode derivar en tintes xenófobos.
Cultura que non é fomentada por ningún grupo nin aparece en ningún programa político, pero que existe e que agroma de cando en vez, e que, desde logo, non son os grupos nacionalistas quen a activan ou a utilizan politicamente.
E é unha cultura que non só existe en Galicia, senón en practicamente todos os lugares. Nalgúns toledanos, nalgúns marselleses, nalgúns hamburgueses, ...
Non sei se me expliquei con claridade. Pero alén da literalidade, debería quedar claro o significado do que digo: ninguén acusou ao nacionalismo galego politicamente existente de xenofobia.
Así que moito coidadiño coas palabras e coa súa manipulación. imputacións tan graves son unha infamia intolerable.
Francamente, un tamén se cansa de escoitar acusacións que, alén do insulto, raian xa no delictivo.
Ah, e non admito que Jimmy/Anónima veña a denominar "exhabruptos" o que un di. Non lle dou lexitimidade nin credenciais para "defender" o nacionalismo. Sería un sarcasmo que así fose.
Velaí ten, xosé m. gonzález, porque eu deixei de postear neste blog, aínda que o sigo lendo.
Aquí, Apicultor, a intelixencia supónselle a todo o mundo. Quedei eu algo desacougado trala anterior mensaxe, xa que vde. afirma que o meu estilo ás veces confúndeo, pero se eu emprego citas que non son de vde., debería ser claro que non me refiro a vde. Quedo aliviado podendo aclarar, taxativamente, que niso, a vde. e agora, non me refería. A miña fartura non é con vde., por máis que ás veces o pique tal aparente.
Non é unha única persoa quen incorre, connotando pensamento e actitudes nacionalistas, en exceso verbal e conceptual. Ora ben, á marxe do que vde. queira ou poida libremente entender, Apicultor, autoestima baseada na xenofobia é expresión tan taxativa que non ten volta de forro, principalmente porque nin se molesta en matizar nin en puntualizar. Non falamos do nacionalismo en xeral, falamos de nós, os que aquí escribimos e, de momento, debatemos; falamos de debate corrente e nun debate corrente. Iso si que é meridiano, como non o era -recoñézoo- o obxecto da miña expresión estou da súa lingua ata os collóns, da que insisto debe darse por excluído neste contexto e, ademais, en calquera: tiven algunha vez sensación de exceso, pero nunca chegou a tal extremo.
Aclarado, pola miña parte, o que tiña que aclarar, tamén lle digo: non acepto o concepto falacia prepolítica aplicada a argumento sustentado en experiencia; experiencia que queda previa e variamente expresada, se ben son pingas no mar da evidencia. Pero isto é, obviamente, debatible, xa non ofensivo.
Un saúdo e a miña consideración. Sen ironía.
As experiencias son múltiples e variadas, tantas como individuos. Logo non se pode facer da anécdota categoría.
Eu, ao contrario que vostede, Saavedra, nunca tiven esas sensacións que di que tivo en Toledo ou outras localidades da España profunda. E asegúrolle que exerzo de galego e en galego tanto coma vostede.
Será que non presto atención e non me decato; será que nunca me cadrou; será, tal vez, que non estou tan alerta ante as reaccións dos demais para confirmar o estereotipo. Vaia vostede saber!
Disto isto, sei, intúo, deduzo, que en certos sectores da España profunda -e tamén da parte non pequena que hai en Galicia desa España profunda-, sectores que non me atrevería a cuantificar numericamente, neses sectores, repito, existe unha concepción prexuizosa e uniformista, sustentada en anos de socialización en ideas excluíntes, contra o que non sexa culturalmente castellano. É esta, tamén, unha falacia prepolítica, de longa formación e percorrido histórico, que vai costar moito desfacer, aínda que algo se leva andado, penso.
Agora ben, como reacción invertida e especular ao anterior, tamén se ten dado e se segue a dar en determinados nacionalistas periféricos unha reacción contraria baseada en moldes semellantes, e que desde logo non fan ben aos nacionalismos periféricos (percíbase a distinción nacionalistas/nacionalismos neste contexto).
A forza do estereotipo é moi grande. Non me parece sensato abondar nel, desde ningún dos seus enfoques: nin como acción nin como reacción. Os dous, penso, xeran efectos iguais de funestos e perversos.
Noutra orde de cousas, o señor do bigotiño o primeiro que fixo foi tomarse unha cápsula de veleno e de seguido pegarse un tiro. É obvio que morreu de descerraxarse un tiro, porque se o veleno tivera feito xa efecto non tería azos para coller a pistola, apunta ás tempas e apretar o gatillo. E non tería azos porque estaría xa morto.
Reciba tamén, sen ironía, a miña consideración.
Agora non lembro -e non me tomo a molestia de consultalo- se apuntou ás tempas ou meteu o cano na boca. Coido que isto último.
Estimado sr. Apicultor:
Só unha preguntiña.
Por que nas estadas (andamios) levantados polo reino adiante (allende el Padornelo) se escoita falar árabe, croata, ucraniano, galego... E nas obras galegas se escoita nun 99% falar galego???
Nunca escoitei falar nunha obra galega castelán de Valladolid.
Nin madrileño.
Nin catalán.
Nin ouvín nunca "Eskerrik Asko".
Ah, si, os portugueses de Montalegre... Galaicos nun 100%.
Daquela, a nosa posición no reino,
para quen é onerosa???
para quen é lucrativa???
E pagamos os mesmos impostos que calquera (excepto el niñato de Oviedo y la de la banderita rojigualda en el pulso).
Cumprimentos.-
P.D.
O señor desculpará, mais eu non son "nacionalista". Son nacional de Galiza. Nacional.
Grazas.-
O meu comtario, que manteño, referíase ás intervencións do señor Medela. Repásenas vostedes sen tanta alteración e díganme sinceramente se non ofrecen cando menos algunha base para falar de produción de autoestima inconscientemente baseada na xenofobia en en agravios supostos ou reais dos "outros". E conste que o señor Medela me cae ben e me parece un tipo simpático. Pero ninguén é perfecto.
Aínda que estou de acordo coa maior parte das cousas que di Apicultor, engado un matiz moi importante e clarificador: eu si creo que a todos os nacionalismos (o español, o galego e o chinés) lle é inherente un compoñente xenófobo, máis ou menos larvado, máis ou menos explícito.
É lóxico que así sexa, tendo en conta que a xenofobia non deixa de ser unha actitude que case se podería tildar de "natural" e presente en todas as comunidades e persoas.
Pero os nacionalismos, ao teren que se construír sempre fronte a outro, ou en contra dun outro que desempeña, suposta ou realmente, unha función invasora e asoballadora, producen necesariamente xenofobia. A xenofobia non é, na miña opinión, un elemento que pode estar presente ou non nos nacionalismos. É unha necesidade, un fruto inevitable, un risco inherente a esa forma de construír o político.
Neste sentido, non sería mala cousa o repaso dun libro como "Los condenados de la tierra", de Franz Fanon, tan influínte no seu momento no nacionalismo galego, onde se establece (cunha consideración positiva) a relación directa á que eu me referín entre medre da autoestima e odio ao colonizador.
En canto ao estado dos collóns do señor González, lamento non dispoñer de bálsamos capaces de garantir unha axeitada terapia antiinflamatoria. O único que podo recomendarlle é o automasaxe. A min funcióname cando leo as súas benedictas admonicións sobre a necesidade de preservar as raíces cristiás desta Europa que non sabe onde vai.
Ah, esquecía;
os lisboetas "alfacinhos" denominan despectivamente "galegos" aos portugueses que viven para o norte da foz do río Douro; outros, máis integristas, baixan a fronteira ata o Mondego.
Os galeguistas do norte de Portugal (Mobimento Cíbico Portucalense) denominan "mouros" aos que están por debaixo das antes referidas 'fronteiras'.
Claro que lembrar isto é propio de resentidos...
Sen acritude, amigo Apicultor.
Uffffffffffffff
Tornou a pasar o mesmo, que metín comentario antes de ler o último.
Acertado comentario o do señor Leituga One, fino, intelixente e profundo contertulio.
Mais, o demo anda e anda a besbellar no meu ouvido...
Sr. Leituga, obviando as acusacións de xenofobia, etc, só lle quería preguntar se vostede, que tan contrario parece aos nacionalismos de toda a caste, podía escribir algunha cousiña en contra do nacionalismo español.
Por exemplo, cando o Real Madrid (e detesto o fútbol) perdeu na ida contra o Mallorca, por que María Escario se pasou media hora tratando de convencer o público de que era preciso, obrigatorio, absolutamente necesario que o Madrid gañase na volta???
Mallorca non é parte do Reino???
Non ten dereito o Mallorca a eliminar o Madrid???
E cando o Madrid, en fin, perdeu, dixo textualmente:
"Bueno, vamos a lo que realmente importa, a la Copa de Europa".
Repito, caro Leituga One, podía atacar algunha vez o nacionalismo español????
Aínda que non acredite, tamén vostede me cae realmente ben. E penso que é lástima que unha persoa como vostede non se sinta "nacional" de Galiza.
Mais ninguén e perfecto.
Espero que poidamos falar algún día diante dun arroz con lubrigante e unhas botellas de Cabernet - Sauvignon.
Cumprimentos.-
E claro, cando o encargado de obras (de allende el Padornelo)lle berra ao rapaz de Lobeira "Oye, gallego, a ver si terminas de una p. vez" nas obras do AVE en Mota del Cuervo, está demostrando un grande e universal e ilustrado e fraterno espíritu, nada, pero nada de nada, xenófobo.
Iso queda para os que pensamos que o noso país é unha nación e queremos que sexa un estado.
E non nos viña mal unha visitiña ao psicoanalista... A quen se lle ocurre, pensar que somos unha nación. Ben seguro que fomos maltratados na infancia.
Saúdos sen acritude, amigo Leituga.
Sr Medela......xa postos, non seria
mellor? diante de :Unhas de;
Treixadura......Albariño?
Veña, pelillos a la mar, non fagamos máis sangue. Hoxe é venres, está unha tarde espléndida, preséntase por diante unha fin de semana prometedora, e cómpre ir tomar bos e limpos aires, cada un á serra ou montaña que máis lle preste. Morra o conto, pois.
Como hai xente interesada neste asunto, colgo aquí un artigo que semella ter boa pinta (eu aínda non o lin):
Políticas internacionais do portugués
Estou de acordo con Leituga en que a xenofobia é un risco no desenvolvemento dos programas nacionalistas. Pero aclaro outra vez: un risco a evitar dende o nacionalismo democrático.
Apicultor disculpe o atrevimento, pero non se estará vostede fumando un deses cigarros modernos?
ACLARACION
o post anterior saíu firmado por Jimy porque me esquecin de borrar e teclear anónima.
Así que a partires de agora vai ir, para evitar confusión ir firmado sempre como Jimy. E supoño que se construirá a heteronomía con outro/a.
Eu non estou a rifar con ninguén!!!!
Se o señor Apicultor e o señor Leituga One me parecen unhas persoas estupendas...
Así como don Jimi, e don Arume, e o fantasmagórico e espectral e querido Da Coba e o asombroso erudito sr.González.
Para o sr. Curioso: O día que un galego poida escoller entre un Albariño e un viño de Alsacia sen se sentir obrigado moralmente a optar por un do seu país, ese día Galiza será un estado.
Don Jimi,
jajajajajajajajajaja
A qué vén iso do cigarro moderno do señor Apicultor???
jajajajajajajaja
Cando utilizo a palabra "risco" fágoo non no sentido do castelán "riesgo", senón de "rasgo" ou "trazo". Talvez debín aclarar isto. Por suposto que debe ser, na medida do posible, evitado.
Gustaríame aclararlles que as miñas opinións sobre a relación entre nacionalismo e xenofobia non teñen en absoluto intención insultante, nin tan sequera ofensiva. É o que verdadeiramente penso e creo, ademais, que pode ser unha cuestión obxecto de debate pola que ninguén debería escandalizarse nin irritarse.
Respecto do nacionalismo español, amigo Medela, non teño ningún problema en criticalo, aínda que a súa problemática é máis complexa que a do nacionalismo galego. Aínda que a algúns lles custe crelo, téñolle máis simpatías ao nacionalismo galego que ao nacionalismo español. Ao fin e ao cabo, o primeiro nace en certa maneira como un movemento de solidariedade cos humillados e ofendidos deta terra, e no segundo, a pesar das súas orixes liberal-democráticas, acaba predominando ese compoñente catolicón, integrista, intolerante, uniformista, reaccionario e ridiculamente imperial que aínda hoxe pervive e se afortala día a día no Partido Popular.
Non quero dicir con isto que o PSOE sexa completamente alleo ao nacionalismo español (a unha tendencia radicalmente oposta á devandita, en calquera caso), pero si quero dicir que pon en primeiro plano outros valores que non son os da Nación, como si fai o PP e, claro, todos os partidos nacionalistas.
Son consciente de que a nación, o nacional, o nacionalismo e todo o que destes conceptos se deriva son constitutivos do mundo no que vivimos e tamén de que teñen unha gran capacidade para impregnalo todo. Pero iso non ten por que conlevar a súa aceptación resignada e acrítica.
O nacionalismo, fronte ao que pretenden algúns nacionalistas, non é un feito natural, como non o é a nación. E se esta última, entendida como comunidade imaxinada na que un nace e fornecedora dun conxunto de circunstancias non elixidas pero moi condicionantes da vida de cada quen, pode aceptarse mesmo gratamente como un elemento "fáctico" e relativamente conformador da propia personalidade, o nacionalismo, en cambio, non. É voluntario, elixible, opcional.
E eu non opto polo nacionalismo porque, como valor fundante, me parece que ten máis aspectos perniciosos que positivos. Cando menos para o tipo de sociedade e de mundo que eu desexo.
E, a partir de aí, paz na terra a todos os homes de boa vontade.
Lamento interromper o bo rollo; serán só dúas mensaxes, en quenda de aclaración.
Apicultor, o que relato non foron sensacións, senón experiencias; non crin detectar, senón que vin e escoitei; agás no caso de Salamanca, onde, absorto na contemplación -non en tal caso monástica, catedralicia- e diálogo coa miña vinculeira -que non sei se herdará nada- falaba galego sen atender o contorno: cousa que facía miña muller, pola contra, testemuña do cabuxo daquel home, mantido a través da Catedral Vella e o Museo de Arte Sacra, e que a súa acompañante, polo visto, tentaba en van conter ("No tienes razón; hablan entre ellos").
Eu non pretendo, en absoluto, que entre españois haxa masiva xenofobia antigalega, ou polo menos trato de evitar usar tan connotado termo; hai un vello estereotipo cultural, que inequivocamente nos sitúa ben abaixo, do que a crítica e ilustración teñen puído arestas pero non erradicado. Que ese prexuízo ten raíces políticas, non fun eu quen o inventou, pode ser asunto debatible, pero non tolerable a prepotencia que o desbota como serio (non falo de vde.); que o prexuízo se renova ante defensores dalgún tipo de emancipación nacional -, revestindo só hostilidade ou tamén violencia verbal, xa que de violencia física, sobre nós, nin coñezo testemuños nin os desexo- é algo figurante nas rúas, cartas ao director, tertulias mediáticas, foros de internet... e tamén, xaora, na miña experiencia.
Levan moi a mal que un non se considere español, Apicultor, e é cousa moi estendida. Non procuro máis polémica, só quero que se tolere e respecte a miña constatación, discutindo en todo caso o alcance global no rexistro de madurez -na relación- que crin detectar consolidado neste blog (no desenvolvemento da maioría dos temas, non de todos) logo de meses intercambiando comentarios e experiencia; madurez era (para min) diálogo entre disímiles, certa autolimitación, predominio permanente da tolerancia sobre a intemperancia.
En definitiva: recollo experiencia de pobo (queren testemuños?), constatacìón persoal, expoño teoría política; recollo, como resposta, imputación de vitimismo, mesmo necesario para estar e seguir -politicamente- vivo. Miren, señores, a aludida visión externa impórtame, penso que debe ser transmitida e ensinada (é coñecemento, materia histórica). A actual e derivada expresión política impórtame, pero abondo teño, eu, cos problemas propios para andar autoestimulándome coa opinión allea. Ás veces resulta inevitable abordala, contestala, e a sensación é sempre que oxalá non existise; aínda que o cabuxo a enmascare.
Sempre nos foros, blogs, ... aparecen os roces, parece inevitable, .... pode que dous motivos, por un lado diferencias ideolóxicas no sentido mais profundo, non só no sentido partidario, que tamén, pero ademais nas diferentes formas de vivir, de entender a cultura, de entender a sociedade, o ensino, a xuventude,... diferentes valores de cada quen.
E por outra parte os abusos que facemos no medio, levando a provocación que permite o anonimato ata os límites que rozan no insulto, e tamén facendo o que non facemos no noso entorno real diario, esperar coa navalla aberta a eses/as que temos de ollo.
Pasou en arroutadas e moitos dos que aqui están vivirono con maior ou menor implicación, pasa aquí tamén a pesares dos esforzos de Marcos, alí confundíronse os roces con fobias dificilmente explicables, aquí os roces son mais claros, polo caracter serio do blog, parece que se ve mais claro que as diferencias aparecen nas formas de pensar, nos matices tan importantes.
Levando a diferencia partidaria, será que é moi dificil compartir mesa virtual galega persoas tan antinacionalistas con persoas que non comparten nada co PSOE?
Arroutad@
O home medieval desconfiaba de todo o que lle era alleo; a miúdo, basicamente alleo era o que cadraba fóra da súa propia aldea. En tal sentido, posiblemente era culturalmente xenófobo, non por natureza, senón por precaución e experiencia.
O nacionalismo é un fenómeno moderno, xorde nun mundo tecnoloxicamente bastante avanzado, entre elites ilustradas, habitualmente coñecedoras da súa propia cultura, nación, e tamén doutras. Cando o nacionalismo é de emancipación, ten un contrario, a entidade sentida como dominadora, sen necesidade de procuralo. A miúdo, exacerba o sentimento de dominación como recurso estimulativo, e tamén a magnitude do agravio; non é, con todo, actitude privativa de tal tendencia política ou cultural.
Non, nin a xenofobia é unha actitude natural, nin todos os nacionalismos son xenófobos.
Avalío no que vale, Leituga, o seu acuse de recibo sobre o meu malestar. Pondero no que vale os extremos da redacción, tan consonte o xorne advertido anteriormente. Sobre os últimos flecos nada engado, xa que sen dúbida terá os seus particulares motivos, e persoalmente ben fundamentados.
Apicultor, descoñecía o tiro tralo cianuro. A historia foi para min paixón, segue sendo fonte de grande interese, pero vde. non terá deixado de observar as evidentes lagoas; para decepción, se cadra, do sr. Medela, que descobre agora o infundado do seu xenerosísimo xuízo sobre os meus coñecementos.
E non os molesto máis.
Véxoos contritos. Eso non pode ser. "Aquí se está a lo que se está". Caña. Un pouco de tranquilidade despois da tormenta está ben, pero afiando a lingua. Veña.
Home, eu disinto do anterior Anónimo. Non creo que isto sexa comparable, nin por asomo, ás leas que ten habido en Arroutada, absurdas, enconadas e disparatadas, que apenas achegan nada de interese.
Certamente aquí cada un argumenta como a razón e a pruma boamente lle deron a entender. Ás veces con máis ou menos tino, ás veces tirando a desatinados. Normal. Como tamén é normal que, de cando en vez, se produzan malentendidos ou diferencias que produzan irritacións na pel, mais temos todos -ou case todos- o pelexo curtido.
Pode ser que ás veces se produza algún exceso (por parte de todos, mesmo dos aparentemente máis comedidos), pero, como somos todos -ou case todos- boa xente, iso debe ser contemplado como unha mostra de viveza e de paixón. Daquela, tamén con tolerancia e sen dar pé a indignacións inmaturas. Que non todo ten que ser pura razón fría e cega. Eu xa dixen -e perdóeseme a autocita- que para unanimidades e paz están os cemiterios.
E dito isto, afío de novo a lingua para que teña o gume preciso en novas batallas de ideas e de enxeño. Que ninguén pense que me abrando a pesar de ser, no fondo, un sentimental e ter medio corazonciño nacionalista malgré tous. E coincido con Jimmy en que non estaría nada mal retomar, coa moderación que dá a idade, o antigo e anos ha desbotado costume de disfrutar dun deses "cigarros modernos". Sexa como for, o caso é non se mancar.
Que teñan todos unha boa fin de semana.
É o que sempre digo eu: o caso é disfrutar e non facerlle mal a ninguén.
Eu, de todas maneiras, querería saber que quere dicir exactamente "estar ata os collóns". Porque, a verdade, non me quedou claro. ;)
Como diría o outro, é vostede un profundador, Arume.
Este fio foi moi fructifero en moitas dimensións, paréceme que se produciron axustes, que sen dúbida irán redundando na mellora do clima o que permitirá o acceso a estadios máis satisfactorios de comunicación.
Queimamos algúns demos, algúnhas pantasmas, enfariñámonos, e ao final seguimos dirixíndonos a palabra, sen que devecera a intencionalidade do desexo comunicativo.
Postos a confesarse sobre o tema tratado, eu a verdade páreceme que son bastante como Arume, gostaríame non ser nacionalista, pero non son español, e as veces isto é un conflicto. Son galego, e créanme, sen moito entusiasmo, pero as veces hai que evitar malentendidos, evitar que nos reduzan a unha caricatura o que é unha simples pretensión de estar no mundo.
Como non podemos compartir o cigarro moderno, amais a min séntame bastante mal, vailles un chiste.
Iá un home entrado en anos, indeterminados, supoño que iniciando a vida senil, camiñando distendidamente polo bosque cando ve moverse algo nunha pequena lagoa, acércase e atópase unha ra, quedase pampo mirándoa porque comeza a escoitala.
- Hola, parezo unha rá, pero se me dás un bico convertireime nunha fermosa muller e fareite moi feliz.
O home, colleu a rá meteuna no bolso do gabán e foise camiñando. A ra, ao decatarse do longo da camiñata, un pouco extrañada xa, díxolle.
-Díxenche que si me dabas un bico, convertiríame nunha fermosa muller e faríate moi feliz.
Ao que o home lle respondeu:
-Viñen pensando, que cos anos que teño, prefiro ter unha ra que fale, que unha fermosa muller.
Bueno, pois como remate a este longuísimo e, para min, proveitoso e didáctico fío, preguémoslle a Deus que a todos nos dea:
Moita" salú"
forza no cu
leite nas tetas
e moitas pesetas.
Non asino co meu nick habitual que dixen moitas palabrotas.
Concordo con Jimmy.
Salut i força al canut!
Mi madriña a que se armou...
Se o sei non digo nin palabra.
E todo o que dixen foi sen ánimo de crear polémica.
Como me gustaría que os señores Arume e Apicultor chegasen a se sentir nacionais en Galiza!
Coa súa ilimitada capacidade e coa nosa firme determinación, veriamos como se falaba inglés nas estadas (andamios) do país.
Como habería academias de lingua galega en Shangai e Los Angeles.
Como Vigo tería 25.000.000 de habitantes.
Como A Coruña substituía a Paris como capital do glamour.
Como Ourense reactualizaría a ancestral axuda mutua aldeática e se tornaría un centro mundial de irradiación de solidariedade e auténtico liberalismo social e político.
Como 30.000.000 de inmigrantes se gañarían aquí a vida, se integrarían, e enviarían cartiños para as súas aldeas.
Como o feito de sermos galegos chegaría a ser sinónimo de orgullo.
Ufffffffffffffff
Estou a emocionarme.
Cumprimentos.-
Señor profesor González:
Isto que lle vou pedir non ten nada a ver co que se leva falado neste post, mais, se non for moita molestia, quería información sobre o topónimo "Niñodaguia"; a lenda sobre a Virxe, o neno, o niño, etc., penso que calcan analoxicamente un nome (ou un concepto) anterior. A etimoloxía tradicional é 'demasiado' evidente. Lin algunha cousa que explicaba este topónimo, e infelizmente non a dou encontrado.
Moitas e anticipadas grazas.
P.D. Ninguén sabe como morreu Hitler. O rapaz das SS que era o seu secretario, e que morreu hai dous ou tres anos, declarou que ouviu un estoupido de pistola. Tal vez tomase cianuro, que demora un segundo en facer efecto, e simultaneamente se disparase na boca, para asegurar a morte.
Mais todo son conxecturas.
E realmente non importa saber como morreu, nin é sinónimo de erudición ese acervo histórico.
E Hitler non foi un nacionalista. Era, simple e sinxelamente, un saqueador e un asasino, como os seus secuaces.
Cumprimentos, profesor González.-
Señor profesor González:
Isto que lle vou pedir non ten nada a ver co que se leva falado neste post, mais, se non for moita molestia, quería información sobre o topónimo "Niñodaguia"; a lenda sobre a Virxe, o neno, o niño, etc., penso que calcan analoxicamente un nome (ou un concepto) anterior. A etimoloxía tradicional é 'demasiado' evidente. Lin algunha cousa que explicaba este topónimo, e infelizmente non a dou encontrado.
Moitas e anticipadas grazas.
P.D. Ninguén sabe como morreu Hitler. O rapaz das SS que era o seu secretario, e que morreu hai dous ou tres anos, declarou que ouviu un estoupido de pistola. Tal vez tomase cianuro, que demora un segundo en facer efecto, e simultaneamente se disparase na boca, para asegurar a morte.
Mais todo son conxecturas.
E realmente non importa saber como morreu, nin é sinónimo de erudición ese acervo histórico.
E Hitler non foi un nacionalista. Era, simple e sinxelamente, un saqueador e un asasino, como os seus secuaces.
Cumprimentos, profesor González.-
Eu, como Jimy de Rairo, tamén desexo que debates coma este nos conduzan a estadios máis satisfactorios de comunicación.
Pero creo que para lograr tan loable propósito é imprescindible que ninguén tome, con frecuencia que xa empeza a resultar excesiva, por "desprezos verbais e conceptuais" (algo moi parecido ao insulto persoal) o que non son máis que opinións non compartidas, libremente expresadas.
Do contrario, poderíamos caer, por puro apaciguamento e por medo a ofender aos susceptibles, nunha autocensura ideolóxica e expresiva moi similar á que os curas e jomeinis de todo o mundo reclaman en relación coas críticas á relixión.
E xa que ando algo bíblico: quen queira entender, que entenda.
Medela, o que di sóame a algo, non sei a que; ou sexa, que algo debo ter escoitado, igual ca vde. Non podo, logo, resolverlle a dúbida, pero certo frecuentador do foro igual si que pode. Requiro a palabra, se chega a ler isto, do sr. Xosé da Casanova, recoñecido experto en literatura galega de tradición oral.
Tocante ao resto: eu, mentres siga por aquí, vou continuar na miña liña de respecto, que implica -é opción de parte- certa autolimitación, incluíndo algunha peneira de termos en aras da fluidez no intercambio. Sempre sentín que debía facelo, ao participar nun diálogo entre disímiles.
É opción, xaora, tan en liberdade coma calquera outra. Libremente, un cala algunhas veces por non exacerbar; se, coñecendo tal risco, fala, é por entender inevitable emitir termo e concepto. O caso, por exemplo, da persistente alusión clerical en relación coa miña persoa; andrómena de frecuencia xa notoriamente excesiva, non lonxe das lindes do puro pedestrismo.
Desculpen esta liberdade puntual, que non lesiona -podería?- a liberdade de ningún outro. Ou polos feitos os coñeceredes, xa que nos poñemos.
Sr.González:
Provimos dunha sociedade atávica, ancorada no ancestro, cousa que é ben pintoresca para o turista accidental. Mais ese pedestrismo inflúe dun xeito terrorificamente negativo na nosa vida.
E moitas veces (no meu caso) proxectamos nos demais aspectos da nosa personalidade que non podemos resolver e que non admitimos.
Claro, é facil ser tolerante en Suecia, en Francia, onde hai 200 anos queimaron a Bastilla.
Onda nós, queremos ser ecoloxistas á moda e pechar o burato do ozono cando nin sequera tivemos revolución industrial, cando nin sequera tivemos a opción de lixar a atmósfera.
Tal vez temos que ir máis aos poucos.
Cumprimentos, sr. González
Trabúcase, amigo Medela, nas dúas cousas que di de Hitler. Pero agora non teño tempo de abondar nelas. Descúlpeme.
Tamén se confunde -coa mellor das intencións- en que eu non son nacional de Galicia. Sono, abofé, agás que entenda que para selo haxa que concordar totalmente con vostede.
Coincido, polo demais, con Leituga 1 na súa reflexión. A continencia verbal -e outras continencias- é unha opción libre, persoal e intransferible. Pero non pode ser de obrigado cumprimento para todos.
Cada un ten o seu propio estilo e non debería ser censurado, como tamén coido que non é conveniente alongar en demasía a concepción do que é "respecto" alén de catro regras básicas e de sentido común (o insulto polo insulto, entre elas).
Penso que é mellor que calquera de nós se poida exceder de cando en vez que andar sempre medindo milimetricamente todas e cada unha das palabras. Non só porque encorsetaría e aminoraría o debate e a polémica, senón porque isto se convertiría nun auténtico coñazo.
A ver, a ver... que non se me malentenda.
Cando digo que se trabuca no de Hitler refírome a dúas cousas. Unha, que sobre a súa morte non só hai conxecturas, senón datos contrastados. Outra, que non era unicamente un saqueador e un asasino.
Mais xa digo, agora non teño tempo de abondar nisto. Terá que ser noutra ocasión.
Glorioso camarada Apicultor: Non ‘podo’ con vostede, querido amigo. É inútil. Diga o que diga ,me poña como me poña, vostede me deixa sempre “chapodado”.
Voume.
Estou a mirar, na rede, voos baratos. Hainos a Tulsa (Oklahoma), República Karakalpak (Uzbekistán), tal vez Mota del Cuervo (La Mancha-Reino de España).
Vou-me embora.
Despídame do señor Leituga One e demais cabaleiros.
Como dicía aquela señora de Lobeira, cando soubo que o seu fillo tiña unha moza xaponesa:
“Éravos mellor morrer”
Cumprimentos.-
OBSERVATORIO GLOBAL
Por si algo nos faltaba, ahora hay políticos que se ponen a teorizar. Teóricos del calibre de Bono o Aznar (funcionalmente equivalentes en este tema) nos revelan que las naciones son un invento. A la respuesta obvia de “la suya también” (o sea, su indivisible madre patria), Aznar contesta en fundamentalista coherente: la mía no, porque es la verdadera. Así lo entendemos mejor. Hay unas naciones que no son inventos porque son verdaderas y otras de mentirijillas, inventadas para medrar. ¿Y cómo se nota cuál es cuál? Fácil: yo tengo ejército y el artículo 8 de la Constitución y tú no. O sea que, remedando a Mao, la nación está en la punta del fusil. Puestos así, es lógico que alguna gente se enfade y vaya a acabar Dios sabe dónde. Pero siendo civilizados y, aún más importante, prudentes, podríamos examinar algo más seriamente el estado de la cuestión. De la cuestión nacional, como se decía en tiempos preautonómicos.
Porque en tono más sesudo hay muchos intelectuales orgánicos e inorgánicos que comulgan con el bono-aznarismo. Y además todos citan al pobre Benedict Anderson, que no decía eso, porque lo han leído mal y aún han traducido peor el título de su libro Imagined communities: no son imaginarias en inglés, sino imaginadas. Es decir, construidas a partir de imágenes, de narrativas, de metáforas, de signos y significantes. Como toda construcción humana, porque todo es construcción mental realizada con materiales culturales resultantes de compartir historia y geografía. En ese sentido, toda organización social es inventada, o sea, construida culturalmente.
Por tanto, la verdadera cuestión es cómo se construye una forma de organización social y cultural que se autodenomina nación. Si queremos decir que lo que existe son estados naciones y lo demás no son ni estados ni naciones, entonces es fácil. Quien gana en la historia define una frontera, se proclama soberano y se convierte en nación. Pero para eso no necesitamos hablar de nación, basta con hablar de Estado. Y resulta que la historia, incluida la reciente, muestra que no es tan sencillo. ¿O sea, que antes Croacia no era nación y ahora sí lo es? ¿O Yugoslavia era nación y ahora se llama Serbia? ¿Y Finlandia se hizo la sueca antes de hacerse mayor a los acordes de Sibelius? ¿Y qué pasa con Quebec y el constante intento de Canadá de acomodar la binacionalidad del país? ¿Y Escocia, con un gobierno independentista tranquilo que propone un divorcio a la inglesa, sin romper el Estado británico? ¿Y las innumerables naciones que surgen, se funden y se deshacen en un mundo en cambio según como vayan los movimientos sociales y las estrategias geopolíticas? ¿Transmutan su esencia siguiendo la coyuntura? Cualquier observación desapasionada muestra que, en la época moderna, hay naciones, hay estados y distintas formas de relación entre los dos: naciones sin Estado, estados nación, estados multinacionales y estados nación imperiales que integran diversas naciones por la fuerza.
España pertenece a esta última categoría, pero como el imperio duró bastante y las ruinas imperiales mucho más se fue creando una interculturalidad que determina una nación española con elementos de fusión de otras culturas nacionales, así como formaciones nacionales que también están indisolublemente ligadas a componentes de españolidad. El hecho de que estas características nacionales propias persistieran durante siglos a pesar de distintos niveles y formas de represión remite a las raíces de la nación, o sea, al hecho de compartir una cultura, una lengua, un territorio y, sobre todo, una historia. No cualquier colectividad territorial se constituye como nación, porque la identidad colectiva se forma compartiendo materialmente en la práctica cotidiana muchos elementos comunes y distintos de otras colectividades durante un largo periodo. ¿Cuándo se tiende a reafirmar la comunidad nacional, suscitando una identidad de resistencia? En dos situaciones.
Una, la dominación sofocante de una nación sobre otra, por ejemplo de España sobre Catalunya y Euskadi durante el franquismo, sin ir más lejos. Y, segundo, en momentos de inseguridad cultural nacional tanto de unas naciones como de otras . Este es uno de esos momentos, porque tanto el Estado como la sociedad nacional están siendo transformados por el proceso de globalización. El Estado porque pierde control sobre los flujos globales de poder y riqueza y transfiere soberanía a instituciones supranacionales como la Unión Europea. La sociedad nacional porque la inmigración y la globalización de la cultura operan un mestizaje que hace difícil reconocerse como comunidad cultural sin reafirmar cada día los signos de esa comunidad, por ejemplo la lengua. En estos momentos, tanto España como Catalunya, como Euskadi y como Galicia, intentan mantener su identidad colectiva reafirmando culturas, historias y lenguas propias. Y para hacer esto lo más fácil es diferenciarse del vecino inmediato o negar el derecho a la diferencia porque tú mandas en tu casa. Ahí surge la dificultad, porque no hay vuelta atrás en el mestizaje histórico. La realidad española es una realidad plurinacional, pero además crecientemente multicultural. Y el Estado español es un ente global en su proyecto y uninacional en su nostalgia histórica. El problema es que un Estado sólo es estable cuando se construye sobre la realidad de su sociedad, que en el caso de España es plurinacional y multicultural. Con qué fórmulas se llega a esa estabilidad en cada momento, más allá de la coyuntura excepcional de 1978, con una pistola apuntando a la cabeza (el disparo salió desviado en 1981), es importante pero no decisivo. Lo que sí sería decisivo es el empecinamiento en definir España como una, grande y libre, cuando hace muy poco que es libre, hace tiempo que dejó de ser grande y sólo puede ser una en su pluralidad. Ignorar ese hecho fundamental de nuestra realidad es convocar de nuevo al aquelarre de espectros que atormentaron nuestra historia. Porque no está escrito que en el siglo XXI no pueda producirse la restauración del nacionalcatolicismo y sus secuelas tiránicas. Los contextos sólo importan hasta cierto punto. Son las personas las que hacen su propia historia. Y las malas personas también.
¿Leituga 1-Bono-Aznar?
Por suposto, debo contestar negativamente á amable interrogante cursada polo señor Anónimo. Subscribo o artigo de Castells nun 90%. E o 10% que non subscribo ten máis que ver con certas rotundidades retóricas e concepcións previas que cos contidos máis substanciais do artigo.
Dando por consabidas as reflexións sobre o carácter construído e histórico tanto das nacións como dos Estados nacionais, parécenme especialmente importantes no artigo de Castells as súas afirmacións sobre a "interculturalidad" española e sobre os "compoñentes de españolidad" existentes nas "formaciones nacionales" como Cataluña, País Vasco e Galicia.
Tamén me parece de interese a alusión que fai Castells á tendencia "a diferenciarse del vecino inmediato o negar el derecho a la diferencia porque tú mandas en tu casa", que el atribúe tanto a España como a Cataluña, País Vasco e Galicia. Isto é importante porque fai referencia pouco velada á necesaria asunción da pluralidade interna das nacións. De TODAS as nacións. Non ten moito sentido reclamarlle pluralidade ao Estado Español e negala na nación propia, pois, como di Castells: "no hay vuelta atrás en el mestizaje histórico".
Co que non estou de acordo con Castells é coa súa consideración previa de España como unha nación distinta de Cataluña, País Vasco e Galicia, aínda entendendo que esa diferenciación non é tallante, pois está matizada polas devanditas afirmacións do carácter transterritorial da "españolidade" e pola interculturalidade da "nación española".
Con ánimo de ilustrar ao meu anónimo interpelante sobre as diferencias entre Leituga 1, José Bono e José María Aznar, direille que eu entendo España como "nación transterritorial" e como "nación de nacións".
Nación transterritorial na medida en que o sentimento de pertenza nacional española está vivo e presente nas "nacións internas" (Cataluña, País Vasco, Galicia) que posúen linguas e culturas distintas á matriz castelá que hexemonizou a construción de España como Estado-Nación, e nas que existe (nunhas máis que noutras, como sabemos) unha significativa vontade cidadá de construción nacional autónoma.
Nación de nacións na medida en que esta fórmula pode resultar apropiada para dar conta e para efectivizar a afirmación de Castells de que España "solo puede ser una en su pluralidad".
Aínda que nace como unha fórmula historicista, acuñada polo socialista Anselmo Carretero, a "nación de nacións" ten a virtude de conciliar a pluralidade de sentimentos e vontades nacionais, e mesmo a de abrir posibilidades de articulación institucional desa pluralidade. Esta é a auténtica e complicada materia pendente.
A cuestión a debater hoxe é se o recoñecemento da pluralidade nacional española pode facerse a través de reformas constitucionais e estatutarias asumibles e consensuadas que, por vía federalizante, non poñan en cuestión a unidade do Estado e dean ao tempo satisfación ás súas nacións internas, ou se o que procede é unha refundación -ou disolución- do Estado a través da conquista ou do recoñecemento da soberanía e, polo tanto, do dereito á secesión das nacións internas españolas.
Nin que dicir ten que eu estou a favor da primeira opción, que é a dunha mellora cualitativa da articulación institucional da pluralidade nacional e territorial española. Isto é moi difícil hoxe pola falta de consenso entre PSOE e PP (este último partido oponse á reforma do Senado e do TC, entre outras posibles) e polas diferentes posturas que, ata estas eleccións, mostraban a este respecto os partidos nacionalistas.
A segunda opción, polo momento, só se intentou no País Vasco cos resultados de todos coñecidos. Ibarretxe e o PNV vano seguir intentando coa "consulta" prevista para este ano.
ERC, CDC e a plataforma "Pel dret a decidir" intentarán na próxima lexislatura (agás que CiU entre a formar parte do Goberno de España)poñer en marcha un proceso parecido en Cataluña, coa importantísima diferencia de que alí non haberá asasinatos polo medio. O horizonte sinalado por Carod Rovira é 2014, ano no que se cumpre o trescentos aniversario da toma de Barcelona por Felipe V e o comezo do fin da organización austracista do Reino de España. Veremos que pasa.
O que máis me importa deste asunto é a súa argumentación e resolución por vías democráticas, non por vías esencialistas, metafísicas ou violentas.
Agardo ter dado resposta á dúbida do señor Anónimo. En calquera caso, quedo á súa disposición se precisa dalgunha aclaración complementaria.
Leituga I, Rei Cesante da Nación Incesante
Este Leituga é un crac. Só lle faltaba ser guapo. ¿Éo?
É
E daquela como lle sentaría todo isto a Raíña Cesante? ainda que se é guapo todo se atura. Este fío parécese aos do blog de María Amelia que teñen ata trescentos e cuatrocentos post.
TONGO!
Tongo?
Pois si que é bastante guapo. Pero non é o meu tipo.
:-)
Que unha entrada sobre unha entrevista a Nogueira teña cento e moitas postaxes xa quere dicir moito (o mesmo acontecería con Beiras)
Estes dous señores son vellos rockeiros do nacionalismo e xa se sabe o dito: os vellos rockeiros nunca morren.
... pero agonizan.
(Permítanme esta mostra de humor neghro a estas horas da noite).
O Apicutor, a mala uva da solaina!
Apicultor, co seu humor negro, sabe ben que AGONIZAR ten no sentido clásico, aquilo que tanto lembraba Unamuno, un significado latente de loita. E de loitadores (Camilo, Beiras) estamos a falar. Tanto que non deixaron relevos: algún nome posible como discípulo-seguidor-sucesor de cada un deles? Difícil de encontrar, non?
E veña, a ver se chegamos ás 200 entradas no post antes de que caia da páxina á vista.
A mín, os vellos rockeiros, cincuentós ou sesentós, que siguen vestindo "chupa" de cuero, coa chapa da lingua "rollingstoniana" na solapa,etc, que non evoluíron musicalmente, ou sexa, que non aprenderon nada novo có paso dos anos, etc. parécenme patéticos. Considéranse en posesión da "verdade musical",e o que están é cheos de medos.
Estráñame o silencio sobre a entrevista de onte a Paco Rodríguez. Gustoulles? Máis que nada para chegaros ao "nivel psicolóxico" dos 200 comentarios.
Boeno. Os múltiplos de dez exercen fascinación psicolóxica, pero eso é porque manexamos convencionalmente o sistema de representación decimal. Ou sexa: unha consecuencia da forma de escribilos. Prá psicoloxía do seu ordenador, ARume d.p., só son fascinantes as potencias de "dous". A ver si chegamos logo ós 256 comentario pra que se poña contento esta trasto...
Por certo, certos pobos sudamericanos usaban notaciós numñericas en base "vinte". Os investigadores chegaron á conclusion de que...non usaban zapatos (é certo!).
O comentario do Apicultor, a uva aceda -sabe que llo digo con cariño e con moito respeto- da solaina, sobor da agonía, tamén vale pro Paco Rodríguez.
Teño un meu que xogamos habitualmente a partida de tute cabrón, que se apelida Rodríguez, e sempre que perde -que non é doado- arrebatase e dí " Esto pásame por telo mesmo apelido co Paco". Nunca nos explicou de onde lle ven tan mala sorte, aínda que sinceiramente coido que non é polo apelido senón polo nome, que era como lle chamaba a Carmen Polo o polo que tiña o seu carón.
Lembro que cando escomenzóu o ano 2002, había certa psicosis có feito de que fose "capicúa". Eu esperrechábame coa risa vendo no televexo as tertulias esótericas sobre ese tema. Unha amiga díxome que ela tomaba en serio o asunto. Como ela fora por letras e nonpodía explicarlle o rollo das bases numéricas e o sistemas de posición ponderada, púxenlle un exemplo con números romanos, i entendéuno. Díxenlle: o número 19 é capicúa en números romanos.
Non se rían da "importancia de chamarse Néstor", ou sexa, a influenza do nome no destino.LEAN ESTO.
Pois voume dar o gustazo de asinar o comentario 200.-
Esquecín ligar a entevista de Paco Rguez., que ten cousas de interese: pero aínda estou a tempo. Por certo, pareceume que na análise da política cultural coincidía con cousas xa ditas aquí.
Publicar un comentario