21 ene 2008




Membro do Consello Nacional do BNG
Camilo Nogueira: “O nacionalismo galego non está no mellor momento, fica aínda moito por facer”
“Sería conveniente outra corrente nacionalista que non fose da esquerda” ·· “Un novo estatuto galego podería resolver problemas, mais non todos os causados pola ausencia de Estado”. POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE

Por petición dun contertulio (Apicultor), colgo aquí a entrevista que hoxe ofrece GALICIA HOXE con Camilo Nogueira. Inicia unha nova serie de "Conversas" de M. Vidal Villaverde.
Por certo o mesmo xornal anunciaba onte a incorporación de dous novos columnistas:
Ceferino Díaz, que fará unha crónica do Parlamento de Madrid, e Antón Losada, cunha breve columna en portada (Disque Disque) que xa se iniciou hoxe.
Non o está facendo nada mal GALICIA HOXE: está a conseguer un abano de colaboradores máis respectables que medios de moita máis dimensión.
Noraboa, Caetano.

207 comentarios:

«El más antiguo   ‹Más antiguo   201 – 207 de 207
Anónimo dijo...

Paco, Camilo e Beiras poderían formar un grupo musical tipo Los Panchos que amenizaran as calurosas verbenas do verán galego: El Trío Calavera.

A canción estrela do repertorio podería ser:

"Reloj, no marques las horas,
porque voy a enloquecer..."

Anónimo dijo...

Aínda que hoxe non hai verbena sen un corpo (sic) de baile , tamén lle poden arrear á Barca.
Hoy mi playa se viste de amargura
Porque tu barca tiene que partir
A cruzar otros mares de locura
Cuida que no naufrague tu vivir

Cuando la luz del sol se esté apagando
Y te sientas cansada de vagar
Piensa que yo por ti estaré esperando
Hasta que tú decidas regresar.

Anónimo dijo...

Esa tamén está no repertorio. Fixo.

As que non estarían serían a de "Viva España" nin, paradoxalmente, a títulada "Galicia será nación", do gran Edilberto Alonso. Xulguen vostedes por qué: "Galicia será nación", por Edilberto Alonso.

Anónimo dijo...

A frikada do ano. Sen dúbida. Falta a versión de Cañita Brava e todo perfecto. O verso "antonte na televisión" aínda resoa no meu espíritu pético xunto aos versos de Rosalía e Martín Codax. A emoción embárgame e hipotécame.

Anónimo dijo...

Tamén poderían, para satisfacción de Quintana, montar un grupo de teatro tipo Tricicle, cunha obra semellante aquela de Exit ou de Slastic. Parar quedos non pararían, pero falar, polo menos, non falarían.

Anónimo dijo...

Sinceramente, creo que a canción "Galicia será nación" do gran Edilberto Alonso, e o vídeoclip conseguinte, informan moito máis da actual liña estratéxica de Anxo Quintana e do BNG do que cen sesudos tratados politolóxicos. Nelas está compendiado todo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Xa coñecía o video de Edilberto Alonso, leva meses na rede, creo. En fin, de fans entusiastas ninguén está libre. Curiosamente os gaiteiros que saen creo que son dos de Foxo, da Deputación de Baltar.

«El más antiguo ‹Más antiguo   201 – 207 de 207   Más reciente› El más reciente»