18 ene 2008


O que non fixeches.
Pan por Pan venres 18 xaneiro. Imaxe: Courbet, retratado por si mesmo.
Neste mundo acelerado e fragmentario no que vivimos, só quedan son as mensaxes breves, emotivas, precisas. Así funcionan as campañas electorais e a publicidade comercial. Un anuncio de TV presenta un individuo que ten unha avaría no coche e é recollido por un camión con guindastre e logo aparece nun novo lugar. Pregunta onde está e dinlle: “É o lugar das cousas que nunca fixeches”. Logo vanlle presentando: a noiva que non tiveches, a viaxe que non realizaches, a profesión que non tiveches, etc. Ó remate anuncian un automóbil, pero prescindamos diso. O anuncio fai pensar. Podería seguir así: os libros que non liches, a música que non escoitaches, as paisaxes que non coñeciches nin soubeches apreciar, as películas que non viches, os cadros que non pintaches e así ata o infinito. Non, non será por un automóbil que eu sinta nostalxia dos tempos non vividos.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando o home pon no chan a planta do pe, trepa sempre cen carreiros- di o Satapatha Brahmana.
Pero na realidade, cando o home a algunha parte, non anda máis que un camiño. Andar un camiño cando se pisan cen, é unha limitación. Cando se ofrecen cen a cada paso que se da. Cando a ialma desaxa andalos todos.
Pero o corpo non pode andar máis ca un.
Ao longo do camiño que levo, hai camiños a un e outro lado. Si vou a algunha parte, non podo seguir máis que un, e perdo todos os que deixo atrás. Si non vou a ningunha parte, teño, en cada momento, que escoller un deles.
Cada paso comprométeme nunha dirección, cada camiño, si cada vez que poño no chan o pé trepo cen sendeiros, cada camiño faime perder noventa e nove.
I é tantas cousas o que esto siñifica! Cantos sabios teñen que aprender o que vimos de decir!
Este é verdadeiro Brahmana dos cen sendeiros.


VICENTE RISCO. "Libro das horas". Traducido polo "experto" Xoan da Coba (c) 2008.

Anónimo dijo...

Non séi se coñecen a teoría dos "universos paralelos". Cando neste universo tomamos unha decisión, noutro tomamos á alternativa, etc.
Nalgún universo paralelo, Hitler morreu nun atentado, e a Historia foi moi diferente. Nalgún Universo paralelo, Calvo Sotelo entretúvose un pouco máis cunha rapaza e non estaba na casa cando o foi buscar a garda de asalto. Nalgún universo paralelo, un home escolléu outra noiva é non tivo coa outra, de apelido Castelao, un fillo que se chamara Daniel.

Anónimo dijo...

Estou rematando unha máquina pra viaxar inter universos paralelos. Próximos ou lonxanos. Vou viaxar a un universo paralelo no que eu nunca entro neste blog.
Se algún de vostedes quere que o leve a dar unha volta a algún que mo diga. Por exemplo, a un universo no que o XM Glz saca boas notas en ciencias, porque lle tocóu outro mestre, e non cambia pra letras.

Anónimo dijo...

Vivir é elixir e, por tanto, descartar. O que ten o primeiro verbo de opcional, libre e voluntario non pode disfrazar a renuncia, a necesidade e a melancolía ás que nos obriga o segundo. Eche o que hai.

Xaime dijo...

Da Coba, a mín podíame facer un paralelo deses ca representante de Arabia no Cumio da Alianza de Civilacións que se celebrou en Madrid. Non lle sei datos pero as medidas pódollas aproximar.
Oiu, e non ten que ser moito tempo, unha semanilla enteira esa sí que é muiñada, xa sabe

Anónimo dijo...

Atrévome a pedir ao amigo Xoan da Coba que nos faga un obituario á memoria de Bobby Fisher. Seguro que pode iluminarnos e disfrutar co que sabe do grande xadrecista.

Anónimo dijo...

Estimado XDC: Onde é que se compran os tickets para esa súa máquina que viaxa a través do tempo e dos espazo???
Preguntei no bar do Villalón, na rúa de Reza, ese caleidoscópico local con esas pinturas rupestres??? nas paredes, e dixéronme que non sabían nada, que a 'linia' para Tamaguelos saía ás cinco... Estou confuso.

Cumprimentos.-

Había tamén unha marabillosa caixa de cartón con galiñas dentro e un vulto cun rótulo estremecedor: Herrajes para ataúdes "LA CHANTADENSE".

E aínda nos abraiamos con Bergman.

Anónimo dijo...

Non tén nada que ver coa máquina do tempo. Pra entendernos. Imaxine que vou de Ourense a Xinzo pola vella. O equivalente a unha máquina do tempo sería saltar de novo a Allariz cando xa estivese en Sandiás (viaxe ó pasado), ou saltar a Verín cando estivese chegando a Xinzo (viaxe ó futuro). O salto a universos paralelos é, máis ou menos: Chegando a Xinzo, saltar ó sitio onde estaría se "houbera collido" pra Xunqueira no cruce de Allariz. Esto é : se "houbera tomado" outra decisión. Como ve, pra esta clase de cousas votanse en falla certos tempos compostos.
De momento non comercializo os viaxes. Reservo prós amigos. A vostede, resérvolle un viaxe ó universo paralelo no que Lee a Shannon antes que a Chomski.

Anónimo dijo...

A mente de Fischer foi un prodixio da natureza "sapiens", un salto cualitativo no xeito de pensar, o seguinte eslabón evolutivo. Mágoa que agora non podo explaiarme: teño traballo toda a tarde, e a noite vou tocar a unha verbena na Limia.

Anónimo dijo...

UFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFF

-Se "houbera tomado" outra decisión-

Miña avoa de Lobeira chamaba a isto un "Deus nos libre dun xa foi".

Ah, nunca lin a Chomsky, mesmo antes de se meter en política. Mais en Lobeira sempre houbo rapaces e rapazas que estudaban psicoloxía, e lingüística, e falaban nestas cousas, e sempre 'pillabas' algún comentario.

En galego existen tempos compostos. Pois non?
"Houbese collido" vale perfectamente, sobre todo na escrita.
"Tivese collido", aínda que non é sinónimo absoluto da anterior, tamén vale, na fala ou na escrita.

Nunca ten oído vostede:
-Temos traballado moito.
-Non tiña pensado facelo.
-A esa hora el xa terá chegado a Barcelona.

De todo o modo, o experiente señor González, fino lingüista, é a persoa máis acaída para nos explicar isto.

Hoxe mesmo póñome con Shannon. Gluppppppppppssssssss!!!!

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

NOSTALGIA


Hace ya diez años
que recorro el mundo.
¡He vivido poco!
¡Me he cansado mucho!

Quien vive de prisa no vive de veras,
quien no echa raíces no puede dar frutos.

Ser río que recorre, ser nube que pasa,
sin dejar recuerdo ni rastro ninguno,
es triste y más triste para quien se siente
nube en lo elevado, río en lo profundo.

Quisiera ser árbol mejor que ser ave,
quisiera ser leño mejor que ser humo;
y al viaje que cansa
prefiero terruño;
la ciudad nativa con sus campanarios,
arcaicos balcones, portales vetustos
y calles estrechas, como si las casas
tampoco quisieran separarse mucho...
Estoy en la orilla
de un sendero abrupto.

Miro la serpiente de la carretera
que en cada montaña da vueltas a un nudo;
y entonces comprendo que el camino es largo,
que el terreno es brusco,
que la cuesta es ardua,
que el paisaje es mustio...
¡Señor! ¡Ya me canso de viajar! ¡Ya siento
nostalgia, ya ansío descansar muy junto
de los míos!... Todos rodearán mi asiento
para que les diga mis penas y mis triunfos;
y yo, a la manera del que recorriera
un álbum de cromos, contaré con gusto
las mil y una noches de mis aventuras
y acabaré en esta frase de infortunio:
—¡He vivido poco!
¡Me he cansado mucho!

JOSE SANTOS CHOCANO, poeta peruano (1867-1935).

Marcos Valcárcel López dijo...

Nostalgia

¿De qué se nutre la nostalgia?
Uno evoca dulzuras
cielos atormentados
tormentas celestiales
escándalos sin ruido
paciencias estiradas
árboles en el viento
oprobios prescindibles
bellezas del mercado
cánticos y alborotos
lloviznas como pena
escopetas de sueño
perdones bien ganados
pero con esos mínimos
no se arma la nostalgia
son meros simulacros
la válida la única
nostalgia es de tu piel.

MARIO BENEDETTI

Marcos Valcárcel López dijo...

bEN traído o don Vicente, amigo XDC. E moi boas as mensaxes posteriores: ten vostede o día inspirado, seica.

Anónimo dijo...

Non hai tempos compostos, senón outro tipo de construcións perifrásticas: ter + participio pode indicar asunto concluído ou iteración.

Así,

-Temos traballado moito: iteración (en diversas ocasións traballamos moito); cousa concluída (no que estamos a traballar, xa temos moito feito).
-Non tiña pensado facelo: cousa concluída.
-A esa hora el xa terá chegado a Barcelona: cousa concluída.

O uso de tales construcións é ocasional, e non sistémico: así o entende a gramática normativa. O eventual uso de haber nunha perífrase semellante entenderíase como pervivencia do antigo sentido de ter (hei medo).


Da Coba, non me faga iso: unicamente querería, de poder rebobinar, aprender algunhas matemáticas; pero sen pasarse.

Marcos Valcárcel López dijo...

Déixolle sempre as aclaracións lingüísticas a Xosé M. Gzez. porque o fai de marabilla: isto si que é un equipo!!