12 ene 2008


Otero, xaneiro de 1933
Andoliña 12 xaneiro
Na sección de Hemeroteca do xornal ourensán La Región recollíase hai un par de días un comunicado do Partido Galeguista ourensán, en xaneiro de 1933, que aclaraba que Otero Pedrayo non podía dar unha conferencia nos salóns de Acción Femenina porque os estatutos do seu partido lle impedían participar en actos doutros grupos políticos. Así foi, de certo: Otero foi tentado varias veces pola dereita católica española para acudir a actos deste tipo: Acción Femenina Gallega era a voz da CEDA local nas mulleres, dirixida por Blanca Calvo.

Non esquezamos que meses antes votara contra o artigo 26 da Constitución republicana (a cuestión laicista) e asinara o Manifiesto de los diputados católicos al país, con Gil Robles á cabeza. Cando se crea o primeiro grupo ourensán do que sería logo a CEDA, pénsase en convidar a Otero como posible dirixente (e a José Calvo Sotelo e a Basilio Álvarez). Pero Otero non cedeu o engado das sereas: cría no seu país e refugaba as posicións centralistas da dereita española. Mantívose no PG, disconforme logo coa súa política de alianzas. Que pasaría nunha Galicia autónoma de 1936, se os militares non desen o seu golpe fascista? Sobre iso podemos especular outro día.

1 comentario:

Xaime dijo...

Lín o seu artigo nun paseo matinal polos arredores do Pico Sacro, e a pregunta que vostede se fai, andivome rosmando todo o dia, pero esperemos que o sono reparador me de forzas para afronta-la resposta mañán. Boa noite.