12 ene 2008


en poleiro alleo
Imaxe de Peter Zokovsky

Da situación económica: "As gaseosas do Pereira", de V. Freixanes (LVG 12 xaneiro)

Do tábaco: "Nicotinómanos compulsivos" (A. Monxardín, LR. 12 xan.)

E confirmouse o que xa se dixo aquí, hai bastantes semanas, sobre a demisión de Francisco X. Fernández Naval. Cultura busca agora un novo Subdirector Xeral.
Nalgúns sectores dábase por seguro o nomeamento do poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, pero, segundo informa Galicia Hoxe, seica non quere.

22 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

PARA MONXARDÍN:
o DE "deixei de fumar hai anos", debe ser un pouco esaxerado, non? Non serán tantos os anos...

Marcos Valcárcel López dijo...

Ánxeles Cuña, Fdez. Naval... Cantas demisións van xa en Cultura? Porque houbo algunhas máis, non? Tan difícil é traballar dende eses despachos?

Anónimo dijo...

Reflexivo articulo de Monxar....haber si os Políticos se enteran de como deberian Lexislar.
Estou con Marcos....../Ou o de vez en cando, non e fumer...e ,votar unas caladiñas on pitillo.

Anónimo dijo...

A mín eso de basar a valoración da situación económica no PIB sempre me da que desconfiar: un accidente de tráfico incrementa o PIB. E, si hai mortos, ainda máis.

Anónimo dijo...

O Monxardín ve a época na que fumaba coma "outra vida", coma noutra dimensión temporal. Algo así coma se fumase cando os animáis falaban. Tan grandes foron os cambios cualitativos na súa vida. Por eso lle parece que foi fai tanto, tanto tempo.
O seu próximo relato comenzará así: "Nun país moi lonxano, cando eu fumaba e a xente non morría..."

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non hai por aí (refírome aos que vimos a este blog) ninguén que quera ir de Subdirector Xeral? Veña, ho, presentade os correspondientes curricula. Que hai que levantar este país. E rápidito: que a cadeira axiña quedará ocupada.

Anónimo dijo...

De fontes ben informadas, podo asegurar que a demisión de Fdez. Naval é unha decisión puramente persoal motivada por razóns privadas. Contra do que moitos pensan, hai xente que non desfruta tanto do poder ou da coparticipación na toma de decisións, e que ten outros intereses na vida. E dependendo do que se sexa de profesión, non sempre o ter un soldo de s. d. xeral compensa as moitas horas que hai que pasar en San Caetano lidiando con funcionarios e demais. Neste caso, polo menos, talvez se está a sobreinterpretar.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Podían contratar a este tipo: o autor dun dos mellores blogs de música pop que un pode ler hoxe: Blogin' in the wind.

O post de hoxe é impresionante: eu aínda estou flipando: O GRAN CARRASCUS

Anónimo dijo...

Vía o fantástico blog de Manuel Gago, Capítulo 0, chego a esta páxina enxeñosísima: iJam. Así non me estraña que suba o iPC.

Anónimo dijo...

José María Aznar
Aznar recibe 130.000 euros al año como consejero de News Corporation, la empresa del magnate de comunicación Rupert Murdoch. Para acceder a este cargo tuvo que renunciar al puesto de consejero nato en el Consejo de Estado, que supone 74.000 euros brutos. También obtiene retribuciones como profesor en la Universidad de Georgetown (EE UU) y el Instituto Tecnológico de Monterrey (México). Ha publicado tres libros en Planeta, por los que se ha embolsado 600.000 euros. Por si esto fuera poco imparte conferencias en medio mundo y cobra alrededor de 36.000 euros por un discurso de una hora y media.

Felipe González
El ex presidente socialista estuvo cuatro legislaturas como jefe del Ejecutivo (1982-1996) y los siete años siguientes fue diputado en el Congreso, cargo por el que cobraba un salario de 4.000 euros al mes (a pesar de sus ausencias). En 2001 fundó la empresa Ialcon, dedicada a prestar servicios de asesoramiento a empresas. Sus beneficios superan el millón y medio de euros. De momento no se ha incorporado al Consejo de Estado como consejero nato. Como conferenciante tiene un caché de entre 22.000 y 30.000 euros por aparición. En la actualidad también se dedica a diseñar joyas, a 6.000 euros el par de pendientes, y a esculpir. Son frecuentes sus negocios en Latinoamérica: ha asesorado, entre otros, al magnate mexicano de las telecomunicaciones Carlos Slim.

Bill Clinton
El que fuera 42º presidente de los EE UU hasta 2001 es, según la revista Forbes, el ex presidente mejor pagado como conferenciante. Ha ganado 40 millones de dólares (28,5 millones de euros) por sus discursos desde que dejó el cargo en 2001. Su caché es de 350.000 dólares (249.000 euros) por aparición. La pensión de jubilación de Clinton ronda los 161.590 dólares (115.000 euros). Mantiene dotaciones para el alquiler de inmuebles (su oficina de Harlem le cuesta 252.000 euros anuales) y presupuesto para ayudantes en su oficina, escoltas y personal de asistencia. Ha publicado varios libros, el más reciente es ‘Giving’, en septiembre de 2007.

Tony Blair
En Inglaterra, los primeros ministros reciben una pensión vitalicia del 50% del sueldo al jubilarse. Según la BBC, Blair, que acaba de despedirse como primer ministro, tendrá una pensión anual de 91.585 euros. Además dispondrá de unos 120.000 euros para mantener su oficina, chofer y escolta. En total percibirá alrededor de 429.000 euros al año. Los expertos estiman que cobrará un mínimo de 107.000 euros por conferencia.

Silvio Berlusconi
Berlusconi el ex político es el hombre más rico de Italia. La revista Forbes estima su fortuna en 8,4 billones de euros. Su familia es dueña del holding Fininvest, que gestiona medios televisivos (Mediaset), la editorial Mondadori y hasta un equipo de fútbol, el Milán. Berlusconi infinitamente más rico que Romano Prodi, actual primer ministro, que cobra 90.000 euros al año.

Gerhard Schroder
El ex canciller alemán ha retomado su trabajo como abogado y es consultor de la empresa editorial suiza Ringier AG. En Alemania los ex presidentes que se jubilan cobran una pensión de alrededor de 230.000 euros. También mantienen coche con chofer, secretaria y guardaespaldas.

Mijail Gorbachov
El ex dirigente ruso Mijail Gorbachov recibe una pensión de 40.000 rublos (1.000 euros al mes). Con ese sueldo no es de extrañar que haya publicado varios libros, escriba en diversos periódicos y que de conferencias bajo demanda. Además, dirige el Fondo Gorbachov, que se dedica a la investigación política, social y económica. Recientemente ha posado con una maleta de Louis Vuitton frente al muro de Berlín para una campaña de la marca de artículos de lujo. El dinero que ganó fue para la fundación en defensa de la natureza que preside: Green Cross.

Anónimo dijo...

Marcos , parécenos que as demisións de Cuña Bóveda e Fdez.Naval non teñen relación ningunha, nin tampouco teñen que ver coa situación interna da consellería.
Ánxeles Cuña non parece sinceira cando afirma non saber o que lle aconteceu. Non lle garantizaban o destino da Laboral. Ben, no mundo da creación, da arte, da política da empresa hai que ser moi valentes e apostar duro.
Ela non o foi nin o fixo. Quería que lle conservaran o seu "cantiño".
E que se pode esperar dunha persoa que afirma en debate público que o teatro ou ten mensaxe política ou non é nada?. Que clase de artista é eso?.
Agora ven a segunda parte. Presuntamente a Guede Oliva sí lle conservaron o destino. Agravio comparativo.
Pero os casos non son comparables, Guede é funcionario e ela é unha enchufada que entrou por a porta de atrás, como D. José Luís o ex delegado de cultura. Hai así unhes cantos que proceden da antiga laboral, creo que tamén é o caso do Superpiñeiro.
De modo que alén de ser valente que sexa sinceira e non confunda.
O caso de Fdez. Naval creo qeu quedou aclarado neste blog.

Anónimo dijo...

Eu creo que Cesáreo é arquitecto técnico (aparellador) e, polo tanto, non pode ser funcionario de "clase A" nin subdirector xeral.

Anónimo dijo...

O señor Russó pode zirrichar o veleno que queira... pero a estas alturas da película pensar que un pode servir nun posto transitorio e de máis reponsablidade ao sector público sen que lle conserven "o cantiño" é un disparate.(E conste que non son C.C) ¿Que máis ten ser persoal laboral que funcionario...? Míreo doutra maneira, señor Russó, Nin Ánxeles nin Chisco lograron aguantar a Bará. Ambos a dous teñen o seu prestixio e tiñan forma de encher o prato desde sempre co seu traballo, calado, limpo e honrado. ¿É vostede quen ergueu Sarabela e gañou a consideración máxima no teatro galego? ¿E vostede o afable e respectado que organiza o marabilloso encontro de Lira, publica novela e poesía, e que tivo a elegancia de falar ben da persoa á que substituía, Xabier Senín?
Sabe vostede que se non a lei, si a norma se poden forzar sempre un chisco para "axeitar" as cousas... se non, non se daría gobernado. Ao de Ánxeles púidoselle ter buscado solución e poderíalle citar, como calquera, prazas que se crean para que fulanito non cambie de cidade, ou para que cando deixe o machiño teña o riñón cuberto, e falariamos da universidade, da deputación, do concello, da Xunta, que a vaca, o imposto, dá leite para todos. E cada un tira dela para un sitio.
Xefes de servicio que pasan a cultura desde o ensino, etc. Que todo ten arranxo e a min non me parece mal, se é en ben do país, como sería gardarlle o "cantiño" -puto soldo e forma de vivir que un tiña sen ter que apostar todo á carta do servizo político.
Vostede falando mal de Ánxeles, descalifícase. Aínda despois de derrubada do posto, incompredida, ten que aguantar isto. E bo é que é educada -creo que de máis- e leva calado o seu. Non sei se eu o faría. Supoño que si.
Afástese e colla perspectiva; deixe pasar a luz, lembre que o Sr. Jean Jacques Rousseau dixo "Todas as paixóns son boas mentres un é dono delas, e todas son malas cando o escravizan". Libértese e non insulte

Anónimo dijo...

Estamos en familia, please: a quen chamaron dos que andan por aí? Que non o vamos dicir a ninguén.

Anónimo dijo...

Paréceme que O dono da guillotina se excede e non acerta atribuíndolle ao señor Russó a personalidade real de Luís Bará. Non comparto os xuízos de valor do Juan Jacobo sobre Ánxeles Cuña, aínda que se lle ve ben informado, pero as reflexións do señor Rusó xamais podería asinalas Bará. Sobre todo, no que toca á relación entre arte e política

Anónimo dijo...

Se cadra ten razón, Leitu ONE, pero houbo expersións que me tocaron o nabo. A saber:

"Enchufada"
"Porta de atrás"
"¿Que clase de artista é "eso"?"
"Covarde", "Insincera"
"Non foi valente nin apostou duro"
...E que non confunda".

¿Por non deixar o seu pan de sempre e para sempre, na man única do BNG, non foi valente nin apostou duro? Tola, diria eu.

¿Que xa quedou claro o do Chisco neste foro?

AAAAAGGGGHHHH!!! Non me lle deprocatara eu!

-Unha roda de Muíño.
-!Marchando!

Vamos ver. No me sale de los guevos que se insulte impunemente a una amiga que bien le costó y bien pago sus ganas de colaborar.

Anónimo dijo...

Moléstame o tono do dono da guillotina. Eu non pretendín zirrichar veleno ningún , se me sae e sen querer.
De todo-los xeitos terei en conta moitas das consideracións que verte para tentar equilibrar.

Eu estoulle fora de toda esta parafernalia e cecais non teña unha perspectiva completa. Pero tampouco me interesa. Anóxame o mundo especulativo da cultura, deixa de ser cultura.
O que me magoa é que me tomen o pelo.
Non podería facerlle unha crítica axeitada de si o traballo de tal ou cual persoa está ou non ben feito, ou de si a aportación é tal ou cal, ademáis impórtame un carallo.

Como lle dixen ó Marcos, eu estou a estudar moito o tema emocional, e inflúenos máis do que pensamos. Reaccionamos por cousas insospeitadas. Na presentación de Anxo Angueira ,o Marcos, ante unha pregunta miña contestoume un pouco cabreado e levantando un pouco o ton da voz. El non se da conta, pero xa llelo expliquei. Ese simple feito,e xa levo analizado moito, determinou que nun comentario eiquí, neste blog, lle chamase "Markitos" e "presumido". As palabras non eran miñas, eran de outro "admirador", pero adopteinas e utiliceinas a mantenta. Menuda coitelada, vostede non me coñece. SE me coñecera en lugar de guillotinar escacharia a rir.

Ben, no caso de Ánxeles, coa que me levo ben , tanto como me levo con Marcos, tamén hai algo sutil que ven de lonxe. Non aturo que me levanten a voz, e Á. C. viu moitas películas de directores que berran e teñan mala leite, tipo STanley Kubric, só que este era xenial e ela non. Supoño que ser neta de un xenio tamén abrasa moito; non sei, pero parece que no mundo da dirección está ben visto,"eso de berrar", ...eu non o soporto e mire por donde acabo por pasar factura por pouca cousa.

Menuda navallada!. E non son escepción, os humanos somos moi similares. Somos así. P.Chimpancés, visto como vostede contesta señora Guillotina tamén lle debe pasar factura o tema emocional. Non se preocupe, estou treinado en técnicas de autocontrol, pero xa ve , a veces non funciona. Desbórdannos. Esto pesa máis do que parece, non fun capaz de sustantivar o tema emocional no seu momento e aflora. De mala maneira.

Saiba que a mín tamén me firen e sublevan as medias verdades e medias mentiras e esa forma de estar no mundo escasamente valente.
Ben para concluir. Pido disculpas porque non medín e provoquei unhas reaccións desaxeitadas, síntome avergonhado.

Aínda así sigo reivindicando o mesmo, Ánxeles foi escasamente valente, podía ter renunciado ó "cantiño" e empregarse a fondo , arriscarse.

Moléstame moitísimo que despois de terme ela dito que fora leal e que non lle corresponderan, nin entendía porque lle fixeran eso....e tatati tatatan ....e ollade para Guede que ben lle conservaron a ubicación e....agravio comparativo...mira tu por onde hai máis datos...e resulta que non, no,no, que a estes peixes( citados na miña primeira intervención), hai que consideralos doutro xeito ( non teñen o mesmo status porque entraron de xeito diferenciado). Queda fino eso?,"xeito diferenciado", hai que correxir algo?. De xeito diferenciado entrou tamén media FP en Ourense, non sei pero estaban todos no enterro da mai dun coñecido alcalde do PP (da provincia), hai que agradecer coa presencia. Hai catro anos. Mecagono na cona!, que quere que lle faga se a cousa é así e non de outra maneira. Porque non escribimos unha historia brutal da provincia de ourense en vez de andarmos polas ramas e paxaradas?. Estou disposto a contribuir . Pero ten que ser heavy total.

Mire a mín jódeme moitísimo que se me conte a versión "interesada", sexa de quen for.

Soliviántame que me berren , estilo Werner Herzog contra Klaus Kinsky. Que quere que lle faga?.

Dame tanta vergoña a súa reacción que non se preocupe, dígalle a ánxeles que no plazo de dúas semanas a chamo para pedirlle perdón, pero despois de pedirlle perdón seguirei reivindicando:
"Es unha covarde.
"Non contaches a verdade enteira.
"E berras máis da conta , maleducada!.
E fíxese vostede , pesa máis esto último que todo o demáis. E vostede non é mellor ca min.
Xa ve noble dama, esto non ten nada que ver coa crítica teatral, en realidade non sei nin o que fai,nin o que fan, nin vou a representación algunha, e como di o Benito, mal dito :
"ma suda". Que mal falas Benito.
O Benito tamén sabe que este tipo de comentarios me crispan, so que el lle atribue unha personalidade retorcida e non é certo, trátase de hipersensibilidade.Eu téñome por infinitamente máis transparente que él e a súa banda.
Benitinho, home lobo!. Non o mereces, o apelativo .

En canto a contestación posterior a da guillotina, non a entendo do todo ben, o asinante está mal informado ou malinterpreta, estou totalmente nas marxes da vida social, cultural, política,viñateira, etc...non teño nin coñecementos, nin azos para valorar o traballo das persoas que se citan, non leo, .... only respiro, as veces as cousas son dunha simpleza diamantina e non hai que buscarlles tres pés ó gato...

Moléstame tanto esto que non penso aparecer por o blog en 50 000 anos.
Eso sí, vou cumplir a miña palabra e falar coa persoa aludida, poderá vostede comprobalo noble inventora da guillotina .Dou a cara señora , so me escondo nun seudónimo por pudor. Se non o fixer a miña vergonha nestes momentos sería cuádruple.
Adeus.
Teño vontade de axudar ós demáis. Se sinte moita rabia, podo votarlle unha mau.

Anónimo dijo...

Non se lles pode deixar sós. Vaia dramatismo poñer algúns nas súas intervencións. Ah, claro, é que se está a falar de teatro e de cultura.

Anónimo dijo...

Arrepíntome cada vez máis de ter escrito.
Non me lembraba que J.J. Rousseau era un paranoico.
Terei que queimar xa esta personalidade, imprime carácter.

Esto é peligroso porque mandas algo que nestes momentos nin quixera ter escrito.

Perdonade.

Anónimo dijo...

Señor apicultor, non se trata de teatro e cultura , trátase de temas emocionais, que non teñen nada que ver co racional. Nestes escritos tentamos razonar para por órden e aclararmonos ou xustificar, pero o que pode subxacer por debaixo é totalmente diferente, de outra órden, e na escala evolutiva moito máis antigo e forte.
É un mundo de recente coñecemento no que temos poucas referencias para non perdérnos.
Eu creo que me pasei, pero sigo "sentindo" o mesmo, non quixen insultar a ninguén, pero xa ve. A asepsia na comunicación é imposible.

Esto acontece caseque sempre no campo da política e da relixión, as persoas instálanse inmediatamente no campo emocional e sosteñen escasamente ideas ou conceptos. Moitas veces penso que o nacionalismo é un sentimento, por moito que o racionalicen.

Estou sinceiramente arrepeso de ter provocado esto, decátome , tarde, do aspecto persoal-emocional.Farei o que poda por enmendalo.

Pero esto acontéceme todo-los días cos compañeiros de traballo.

Anónimo dijo...

Vou ao Viaducto a tirar coa guillotina.

Hai que calar para poder vivir tranquilos e sen alporizacionamentos -posicionamentos alporizados-

Anónimo dijo...

SE vostede é o dono da guillotina agradézolle moito a súa xestión.

Agora comprendo un pouco mellor ó pobre Jean Jacques. Era un atormentado, e esa dor fíxolle soñar un mundo ideal. Foi unha compensación. Moi contradictorio.

Grazas.