9 ene 2008

Políticos mediáticos.
Pan por pan 9 xaneiro

Vivimos tempos de políticos mediáticos: Berlusconi, abriu moitos camiños neste sentido, lembran? Onte soubemos, por exemplo, por unha entrevista de Naomi Campbell a Hugo Chávez, que este querería ser un cantante latino de éxito, de non ser presidente de Venezuela. E que non lle importaría posar co torso espido, como fixo Putin. Creo que non é bo mesturar a información política e as páxinas do corazón: todo acaba ensarillado e tinguido de rosa ou, quizais, de color ocre. Velaí o caso Sarkozy, que acapara a egrexia prensa francesa, que ó mesmo tempo empeza a criticar a exhibición da vida privada do presidente galo. O que si me sorprendeu é que esta pasarela de fotos de Sarkozy coa cantante Carla Bruni vaia acompañada dunha caída da popularidade daquel. E non será unha venganza inconsciente dos cidadáns galos, atormentados pola envexa?

81 comentarios:

Xaime dijo...

O noso Marcos sempre está atinado. Efectivamente Sr. Valcárcel, é tiña, como que non só lla teñen en Francia, tamén, en Galicia, en Lugo, concretamente, o Sarko ten unhos índices de popularidade baixísimos.

Anónimo dijo...

Bah, nin que a Bruni fose para tanto...

Non sei, eu de envexar, a quen envexaría sería a... (si, a ese, a ese mesmo).

Marcos Valcárcel López dijo...

Señor Apicultor, non se me poña Señorito: non me diga que non lle parece dunha beleza elegante dona Carla Bruni, quizais futura esposa do presidente?

Anónimo dijo...

Quen fora guitarra!, dirá vostede, amigo Valcárcel.

Anónimo dijo...

Pois tampouco me parece a min grande cousa a Bruni. Hai moitísimas francesas e italianas que a deixan a anos luz. E como non é para tanto, fixeime na guitarra e pensei que non estaría mal que o noso Anfitrión adicase un fio a música, as preferencias musicais, gustos, maniás, devocións e pasións do mundo sonoro, para que os que habitualmente concurrimos este espazo dialogemos, deliberemos, debatamos, nos tiremos os trastos e de paso reforcemos a amizade. Amais tendo en conta a alta nómina de músicos frustrados que pululan por aquí.

Anónimo dijo...

A guitarra tén pinta de soar moi bén. Pero sin marcadores nos trastes 3,5,7,12,non me gosta.

Anónimo dijo...

E por qué, se vostede toca sen mirar?

Xaime dijo...

Arume, o meu amigo Xohan da Coba toca sen mirar, ou mira sen tocar, que elixa.

Anónimo dijo...

Caída de popularidade?
Don Marcos... As imaxes da periodista a preguntar ao sr. Sarko cando ían casar deron a volta ao mundo. O resto da entrevista, nin se sabe.
O que interesa ao persoal non é chegar á fin de mes con dignidade. Mais cando se comenta na aldea mundial que alguén casa...
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Vaaaaaale, Valcárcel, rectifico.

Se a Bruni me canta este blues o deixo todo:

L´amour

Anónimo dijo...

Creo lembrar que un periodista do corazón americano resumía a clave do seu traballo nos tres "b´s": BBB= Birthdays,Burials,Brides= Cumpleanos, Entierros, Noivas (de boda).

Anónimo dijo...

Son coma nenos !!!

Anónimo dijo...

Pose, moita pose ao french, musicalmente floxiña, moi floxiña
a ver que lles parecen estas rapazas

mulleres musicais de verdade

Anónimo dijo...

Moi majas e simpáticas, con dominio dos instrumentos e toda a pinta de moi maternais.

Anónimo dijo...

I eso que tocan con marcas baratas de instrumentos. "Samick", xa me dirá vostede. Pero claro, onde hai, hai.

Anónimo dijo...

Sempre lle vin a Chávez un toque Lucho Gatica...

Anónimo dijo...

Bo día Sr.XDC que, vaites, vaites, co alegrón que me acaba de dar, xa de mañanciña!.Agora sei que as molestias que ocasiono nos oídos do vecindario non só están motivadas pola miña falta de destreza, senón que ter un piano barateiro favorece moito a cuestión.É o meu : un Samick ( coreano).Malia todo no me queixo,que tendo en conta o trato recibido, ben se leva portado.

Anónimo dijo...

JAJAJAJA, Doniña. Non importa, Doniña. Os que non teñen nin idea de tocar son os que se "comen o coco" con eso das marcas do instrumento. Mecanismos de compensación psicolóxicos. Estóu certo de que nunha proba a cegas o 9O% dos pianistas non notarían a diferencia entre un Samick e un Steinway, tocados polo mesmo intérprete. E si cambean de intérprete, xa non lle digo...

Anónimo dijo...

Desde logo ,eu tampouco o distingo. Pero eso pasa con moitas cousas: marcas de cerveza, de güisqui, etc.

Anónimo dijo...

Pois eu teño varios instrumentos na casa, algúns repetidos, e o que vale para unha cousa non vale para outra.
Xan da cova, que marcas utiliza vostede, por curiosidade?

Anónimo dijo...

Eu non teño piano. O que teño é un deses teclados KORG modernos (Teño tido Roland, e outros). Entre os centos de sons, tén tamén varios de pianos. Inspirado por Doniña, estiven tocado fai un rato. Non séi por qué, véume ós dedos "Amada amante" de Roberto Carlos, unha vella canción. Teño tido moitas guitarras, de tódolos tipos incluida algunha "Samick" á que eu chamaba "destrozadedos". Teño agora mesmo unha alhambra española con "cutaway" electrificada con "fissman", unha Fender Stratocaster, unha Yamaha Pacific outro modelo de Yamaha e algunhas máis.

Anónimo dijo...

Dedicada a Doniña. Mágoa non atopala en brasileiro, que é como me gosta.Amada amante

Anónimo dijo...

Caramba Xoán, unha Fender Stratocaster, ca qixeira, teño eu unha Squarer Telecaster, coa que estou moi contento, amais de toda unha linea de baixos, contrabaixo, cello e piano. Se algún día qere blusear un pouco, creo que podíamos chamar ao Apicultor.

Anónimo dijo...

Que saudosas lembranzas nos comentarios do señor Da Coba e de don Jimy…
Lembro, alá por volta de 1966, cando traballei de axudante de Antonioni en “Blow Up”, e falaba (en sentido amoroso) con Vanessa Redgrave. Canto rimos, cando (penso que era no Marquee) Jeff Beck esnaquizou a súa guitarra de tómbola contra o chan. Vanessa presentoume pouco despois a Keith Moon e a Christofer Dreja, este ultimo dos Yardbirds. Cando Beck abandona o grupo, e Jimmy Page pega na guitarra solista, falaron en que lles cumpría un guitarrista de acordes; tamén falaban niso The Who. E alá me presento eu, ao casting, coa miña Gibson Les Paul Stereo. E non me quixeron. E claro, para acabar tocando nas lúgubres ‘performances’ de Small Faces, para iso regreso para Lobeira. E calquera pensaba en levar a Vanessa a Lobeira, a coñecer a miña avoa.
Vaiche boa, Vanessa Redgrave.
Hoxe estou mesmo saudoso. Debe ser o día, celto – atlántico.
Cumprimentos, señores.-

Anónimo dijo...

Levo décadas totalmente retirado da música, despois da frustración que supuxo que non me aceptaran como guitarrista en ZZTop.

Mais agora ando a pensar en recuperar algo do tempo perdido e ir a clases particulares. Eu teño unha Ovation electroacústica que ten as cordas enferruxadas. Se finalmente me decido, penso mercar unha Fender Stratocaster americana, of course, ademais dun ampli Fender e tres mil pedais de efectos.

Anónimo dijo...

Unha muller con ese apelido, túmulo bermello, ten que facer honor aos seus antepasados. Vanessa é moita Vanessa. Longa vida e gloria eterna á grandísima actriz, filla de cómicos e, supoño, neta e bisneta de cómicos.

Anónimo dijo...

Para entrar en ZZtop precisaba vostede das barbas dos reis magos aparte da Fender.
Pero, polo que se ve neste blog, hai unha manchea de músicos frustrados que subliman ese baleiro con constantes e repetidos actos de carraxe (mesmo violencia) contra todo. Hai que subsanalo xa: esa banda (de guitarristas todos, polo que se ve, salvo Doniña e Da Cova que lle dan ao piano) ten que armarse pero xa.

Anónimo dijo...

Iso foi o que máis me queimou. Estiven un ano e medio deixando crecer a barba a monte para presentarme á proba, e logo... nada.

Anónimo dijo...

Temos outra opción: escoller unha canción e facer un video colectivo como este de Johnny Cash. Atención: sae un dos que rexeitaron a Apicultor.

Anónimo dijo...

A Vanessa Redgrave de "Blow up" (a miña película preferida) é a proba de que mesmo algúns armarios empotrados están de bos ketekagas, dito isto mellorando o presente das féminas que aquí blogueen.

Eu, por aquel entón (circa 1966-67), fixen unha proba para "The Zombies", en concreto para sustituír a un dos guitarristas, un nachiño con lentes cuxa imaxe non pegaba no grupo, pero con tan mala fortuna que para cando me colleron, o grupo desfíxose. Condanado Rod Argent! Logo expiou os seus pecados tocando durante décadas aquela merda post-psicodélica chamada "rock progresivo"...

Anónimo dijo...

Dez anos antes, estivera unha tempada á sombra na prisión e alí asistín ao memorable concerto do gran Johnny Cash.

Anónimo dijo...

Señor Swann, celebro que "Blow Up" sexa o seu filme preferido.
Non sei que ten, porque por non ter, non ten nin trama nin argumento; dubido de que mesmo sexa un filme, e é absolutamente fascinante, hipnótico, embrigador...
Lamento a súa frustrada pasaxe por "The Zombies". Mais xa lle digo, entre as rapazas, Vanessiña Redgrave. Entre os grupos, The Yardbirs. Falando nos demais, non paga a pena saír de Lobeira.
jajaj
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Ah, o tipiño dos lentes con cara de opositor a fiscal non era dos Manfredd Mann???

Anónimo dijo...

Non todos somos guitarristas: eu son cantante. Aínda me acorda cando, case de adolescente, ao sair dun ensaio co grupo de rock, ía cantando cantando un pouco en alto pola rúa e un "vello" (debía ter a miña idade) quedóuseme mirando e díxome: "!Se en vez de cantar te puxeras a traballar!". Era un bo consello. Pero eu, dun modo ou outro, seguín cantando. E ata agora.

Anónimo dijo...

E eu quería ser batería. Os meus ídolos eran, respectivamente, o percusionista dos Arquinos (creo que irmán de Tony Pérez) e Keith Moon.
Aínda que a miña avoa non estivese entusiasmada precisamente cos meus desexos... Iso de esnaquizar a batería no final da actuación...
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Yardbirds, "Strolling on", ou os inicios do "hard rock". Aí está en esencia o que logo foi Led Zeppelin, pero dous anos antes: Jeff Beck (o que aporrea a guitarra), Jimmy Page e Eric Clapton.

Strolling on" (en "Blow up")

Anónimo dijo...

Temos as guitarras de Julio, Marcel e o apicultor, os teclados de Da Cova e Doniña, eu podo adicarme ao baixo e ao contrabaixo. Temos até un cantante. Pareceme que poderían sair dous grupos de aquí, pero habería que por un anuncio para conseguir baterias.

Dous grupos e dos tipos de musica diferentes, propoño un de blues-rock e outro melodíco folk.
Apúntense

Anónimo dijo...

Neste simpático e surridente artigo, o bo de Alfredo Conde preséntanos un agarimoso recordo dos "Voces ceibes":

Corenta anos de Voces Ceibes

Anónimo dijo...

Don Jimy, eu ofrézome como batería enlouquecido. E podo chamar a miña ex, Vanessinha Redgrave como go-gó.
Podemos facer blues-rock-folk con pingadas de heavy e arrecendos de rock repolo. Unha mestura de mineral de ferro e nubes baixas.
E propoño a Monjardín (tío) como mánager. Coñécelle moita xente, malo sera que no Corpus non nos arranxe algunha performance.
jajjajaj

Anónimo dijo...

Buf, canto escrbiron. Non podo comentar todo agora.
Só esto: J. MEdela, se vostede toca a batería i é de Lobeira, entón chámase vostede Israel e o seu grupo "momentos de Duda" (tamén tocóu vostede en máis). Saiba que compréi o seu disco no bar de Lobeira. O irmñan de Tony Pérez chámase Carlos, mestre de percusión en varias bandas.O seu sobriño David é baterista de moits grupos folk: Cristina Pato, Mutenrohi, Lume, fixo xiras con Susana Seivane,etc.un "mostro".

Anónimo dijo...

Non, non, sr. Da Coba; Israel Salgado é veciño meu e amigo da infancia. Non toco a batería, só estou a brincar. El é batería e guitarrista. O meu non é seudónimo.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Eu tanto como agarimoso non llo vexo, ao menos que vostede, amigo Swann, empregue a ironía. Como seica don Alfredo le estas cousas, sería cuestión de que en petit comité, ou sexa aquí, explicara pormenores. Anímese, don Alfredo.

Anónimo dijo...

E, por certo, eu dou un bó cantante (con perdón), do que haxa mester. De tódolos xeitos, a mín o que me vai é a mistura de xéneros. Bordo o cajun e o zydeco, pero as habaneiras non se me dan tampouco mal. De Fuxan os ventos aínda sei algunha que ben se pode rapear.

Anónimo dijo...

Xa,xa, Julio Medela. Era brincadeira. Eu tamén son amigo de Israel, non tanto coma vostede, claro. E xa séi que toca a guitarra tamén. XDDD.
As ovation sonme moi incómodas, pola forma redondeada que teñen, sobre todo pra tocar sentado. Ese fondo curvo foi diseñado por enxeñeiros de aviación, pra conseguir que todo o son saíra por a boca.

Pois nada, nada. A polo grupo. Letristas temas de abondo, e de categoría, por eiquí. Só unha pregunta: en qué lingua facemos as canciós?

Anónimo dijo...

En todas, Da Cova, en todas. Vaia preparando unha en coreano antigo.

Anónimo dijo...

MMMMMMMMMMMMMMM
Sr. Arume dos Piñeiros: O coreano antigo é demasiado tonal. Segundo a curva de entonación, unha cousa pode mudar perigosamente o significado. Propoño linguas caucásicas, xeorxianas, como o laz, svan ou mingrelio. Sonlle híbridas entre turcómanas, arabes, mongolas, preindoeuropeas, é dicir, o demo. Ah, Lourenzo Beria éralle mingrelio.
Cumprimentos.-

Xaime dijo...

Eu estou reñido con todas esas señoras, ou sexa que conmigo non canten.

Anónimo dijo...

A min apúntenme no grupo que prefiran, tanto me ten, máis teño moitas dúbidas de poder estar á altura que vexo moita celebridade e variedade de estilos, por non falar dos xéneros : cajun e zydaco rien de rien, de coreano coñezo o meu piano e punto, case prefiro o mingrelio qu parece máis doado.Agora ben sendo os Srs.Jim e Arume bos cantantes tamén poderíamos , contando coa colaboración do Sr da Coba( grazas pola dedicatoria)facer un man a man tipo Elton John en Your Song, ou algo coma estoHarrison,Starr,Clapton,Elton.O que vostedes dispoñan ha estar ben feito . Por se lles serve de axuda, para adxudicarme grupo, os meus gustos van por U2, Queen, Sting, Clapton... e chegan ata Leonard Cohem e como non Roberto Carlos.

Anónimo dijo...

Dime que escoitas e direte como é a túa alma.

Canto tempo escoitan musica ao cabo do día, e que escoitan?

Canto tempo tocan, e que tocan?

Dime que tocas e dirite o que desexas

Contame as túas fantasías musicais e falareite dos teus, traumas, das túas frustracións, das túas tristezas.

Anónimo dijo...

Doniña: eu pódolle cantar Wonderful tonight, While my guitar gently weeps, Dance me to the end of love e Namoradinha dun amigo meu. The Great Pretender que llelo cante Arume, por se queda dormida. E se non esperta, que lle rapee Sementar sementarei.

Anónimo dijo...

No meu caso, non clasifico a música según os criterios habituáis, esto é, a clasificación comercial que aparece nas tendas (Pop,Rock,Blues, Soul, Jazz, Clásica etc). Trato de escoitar música de calidade, á marxe do estilo. Como trato de ler literatura de calidade á marxe do estilo comercial (Histórica,Policíaca,etc). Esto é clasifico en termos de "producción" e non de "consumo".

Anónimo dijo...

"Wonderful tonight" pode estar ben pra estas horas. Pero cántolla eu a Doniña,eh!!!

Tonalidade SOl maior
INTRO-Guitarras:
(Acordes en maiúscula, melodía en minúscula)

(SOL) si la sol (RE)la
si la sol (DO)mi
si la sol (RE)la si (DO)do(RE) mi (SOL)re
Voz:
É tarde pola tarde
Ela pregúntase qué vestido poñer

Pregúntame si está ben guapa
i eu digo, sí, estás maravilosa esta noite.
XDDD

Anónimo dijo...

Sr de Rairo: Coincido con vostede no de "Dime que escoitas e direiche como é a túa alma" Paréceme que xa deixei ver demasiado da miña, entón non contestarei as súas preguntas , dispense.
Sr Jim : Empece canto antes que o repertorio é amplo e cúmprelle o tempo , de dormir nada, son toda oídos. A verdade que ainda estou rindo coas súas saídas.Podería cambiarme "Namoradiña dun amigo meu" por "Si el amor se va" do mesmo autor? Gústame máis.Obrigada.

Anónimo dijo...

Eu tócoa cun Re/F sostido para non repetir tanto Re e quédame chachi, JdC. Pero non se crea, non teño puta idea de tocar a guitarra.

Anónimo dijo...

Moitísimas grazas Sr da Coba.Que obrigada! Obrigadísima !!!

Anónimo dijo...

Tocaríallela con gusto (a canción), Doniña, pero creo que non a coñezo. Teríama que tararear, para sairmos de dúbidas.

Anónimo dijo...

Se lles parece ben, eu encargome do punteo:

Wonderful tonight

Anónimo dijo...

Se ten interese, mellor que a busque no Youtube, eu terei que deitarme, maña espérame un día ben atarefado e compre descansar.Moi agradecida e boas noites .Que descansen.

Anónimo dijo...

Velaí lle vai, Jim, en karaoke e todo, para que non se perda:

Se o amor se vai

Anónimo dijo...

O apicultor é un verdadiro músico, estivo pensando no seu lugar, en cambio os cantantes, sempre a dar o cante, sempre a ligar. almense señores esoitando a
Arvo Part e observando con desinterés estética estas Doniñas

doniñas

Anónimo dijo...

Vaia interpretación de Wonderful tonight! E que voz o da negriña! Preciosa versión en directo. Non a coñecía. Agora vou pinchar Se o amor se vai, e, despóis, quen me irei serei eu. Boas noites.

Anónimo dijo...

Jim como Leonard:

Dance me to the end of love

Anónimo dijo...

Jimmy de Rairo na súa anterior reeencarnación:

Tocando o baixo

Agora tócao moito mellor...

Anónimo dijo...

Estou na cama co portatil e a gripe, non teño coñexión co equipo de música e escoito a Leonard por uns terribles altavoces, non sei se son estes ou é Leonard pero a voz semella a dun gubo barítono de escape. Jim e Da Cova seguro que cantan mellor.

Anónimo dijo...

O Cohen tamén está que se sae. Qué voz e qué presenza no esceario! Parece que xa saíu do mosteiro zen onde estaba semirecluído para meditar sobre as súas glorias amorosas pasadas. Que Buda lle dea longa vida a el e á súa alcohólica e aterciopelada voz.

Anónimo dijo...

Hum. Okei,Jim Morrison. Eso o que lle chaman vostedes os que saben umha "primeira inversión" do acorde. E de seguro que lle mete o pulgar na sexta corda, contra toda ortodoxia, ó estilo claptoniano!! Calamidá!!! XDDD.

Anónimo dijo...

Foi peculiar este Jaco, contan que gravou un casset e foi a entregarllo aos estudos onde estaba Zawinul coa advertencia de que era unha gravación do mellor baixo do mundo. Cando llo entregaron a Zawinul, este dixo, "pois que se vaia polo mundo". Ao final escoitoun o por recomendación dun tecnico e chamouno inmediatamente para o grupo.

Acabou tirado polas ruas, morrendo dunha paliza que lle propinou un guardaspaldas porque quería entrar para tocar con Carlos Santana. Confundirao cun pordiosero pringao sen historia, se Carlos soubese da súa presencia, como dixo, chamariao inmediatamente ao escenario.

As vidas dos músicos están cheas de escesos, confusión, crapulerismo...a musica é básicamente e fundamentalmente emocional, por eso estabiliza tanto, por eso tanta xente se acolle no seu seo, porque percura, como dirái Maquart, unha grande compensación.

Anónimo dijo...

Con Sementeira, para Saavedra, no tempo en que florean xa as xestas e non sei se as mimoseiras. E para que se lle cure a influenza a de Rairo. De vez.

Anónimo dijo...

As mimosas que as arranquen todas, pra que veñas e me fodas. Hui!!! perdón, equivoquéime. A segunda parte da frase é "doutra película".

Anónimo dijo...

Para don Jimy: Sabe por acaso se nos "Bravos" tocaba un rapaz da Coruña??
Foi o que morreu en accidente e desencadeaou unha serie de suicidios??
Algo escoitei.

Uffffffff... Vostede falaba antes dos Weather Report??
Que musica máis densa. Ultrapásame.

Non dou durmido. Hai demasiado silencio en Allariz.

Que se mellore da gripe.

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Vaia dar unha volta hasta Xinzo. Creo que xa hai ambiente, anticipando o carnaval.

Anónimo dijo...

Para Júlio Medela:

O teclista de Los Bravos chamábase Manolo -ignoro se era da Coruña- e morreu dun accidente de coche. Non desencadenou unha serie de suicidios, tan só o da súa muller. Foi, tamén, o principio da fin do grupo.

Falo de memoria e podo trabucarme.

Anónimo dijo...

aiquí conta algo deso

Anónimo dijo...

O organista de Los Bravos chamábase (é a miña lembranza) Manolo Fernández, era andaluz e suicidárase despois de que a muller lle morrese nun accidente. En xeral, nas actuacións adoitaba verse como serio e concentrado no labor; quedara, obviamente, moi afectado pola perda da muller e pasara o que pasara.

O baixo do grupo, un tal Miguel, tiña idea eu, daquela, de que era de Ferrol; ora que ben podía ser da Coruña.

Elegante, Arume; e vén bastante ao caso, polo que verá.

Anónimo dijo...

Présas, e vicio de ler rápido e non parar: o da Coba dera a pista e eu repetino. Compenso con esta referencia que me dá razón: Miguel, natural de Ferrol.

Anónimo dijo...

O do organista de "Los Bravos" é tal como o lembre González. El tamén sufriu o accidente de automóbil no que morreu a súa moza. Un par de semanas despois suicidouse. Eu era pequeno, pero o asunto causárame gran impresión.
Impresionante tamén Leonard Cohen no video de "Dance me to the end of love", unha canción para sempre.

Anónimo dijo...

Vaia. Por eso o "Juancho", que é de Ferrol, decía que tivera un amigo nos "Bravos".
Juancho fora baixista nun grupo do Ferrol. Tivo unha viñoteca en Ourense durante anos da cal, entre moitos outros, era habitual Quessada e os seus amigos. Agora ten a viñoteca no Ferrol. Si alguén do Ferrol lee esto, que vaia tomar algo ó "Picasso" e que lle mande saúdos de Xohan da Coba.

Anónimo dijo...

En efecto, é tal como o contan Saavedra e Leituga 1. Eu aproximárame, pero confundín xéneros. Creo que se suicidara pegando un tiro cunha escopeta de caza. Tráxico.

Anónimo dijo...

Na casa do meu manager (Monjardín-tío) estivemos a comentar en animadísima velada o tema do músico dos 'Bravos' que era galego, que eu confundín co lle morrera a muller en accidente, ou morrera el, circunstancia que provocou o suicidio da súa señora (seica ían en viaxe de noivos) e da antiga moza.
Podiamos, falando noutra cousa, localizar o baixista, ese coruñés-ferrolán, e organizar unha homenaxe, porque penso que ninguén sabe no país que houbo un galego que tentou grabar en Abbey Road, encontrouse co seu posto ocupado por un músico de sesión (Black is Black), e iracundo foi ao cuarto de baño e coincidiu con John Lennon que estaba a fumar un cigarro deses que en Lobeira chaman "modernos".
Cando menos, iso foi o que me contou a miña ex Vanessinha Redgrave, cando andabamos a traballar no filme "Blow Up".
Cumprimentos, e grazas aos amigos Apicultor, Da Coba, Leituga One, González e de Rairo. Non me estraña que este blog sexa o Walhalla dos que esvaramos no lameiro da ignorancia e nadamos nun mar de dúbidas. É raro formular unha cuestión e non a resolver.
Grazas de novo.-

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Los Bravos aka Os Bravús, que tal era o seu nome cando foi o baixista ferrolán filispín pa Madrí.

Marcos Valcárcel López dijo...

Efectivamente, JULIO M. DE L. , hai moita intelixencia colectiva a desbordarse nesta solaina, por parte de vostedes. Eu mesmo, que en temas musicais son un simple afeizoado de poucos recursos, quedo abraiado e apampado do moito que vostedes saben de música, mesmo "moderna": os que anden a estudar ou historiar este fenómeno de masas en Galicia teñen aquí unha fonte oral-documental moi valiosa.