8 ene 2008


QUERIDOS E QUERIDAS REIS E RAÍÑAS MAGOS E MAGAS (Monxardín, La Región 8 xaneiro)

No fondo, recoñecerán comigo, quen se difrace de Rei Mago é intrascendente. Que o faga un político, unha actriz porno, un preso, unha quiosqueira, un sacerdote, tanto ten. Como isto non o van ler os cativos, aclarareilles que os auténticos reis Melchor, Gaspar e Baltasar, non viñeron nunca a Ourense. Que os reis son os pais... e as nais, claro, que me esquecía e quedaba eu de machista, meu deus. Lembro como un pasatempo doutrora adiviñar quen eran, de verdade, os reis da Cabalgada. Que se tal concelleiro polos bigotes, que se tal funcionario, que se tal xogador do Club Ourense de Baloncesto... Incluso en mellores tempos de Bemposta, participaban eles coa súa parafernalia toda de paxes interraciais, lumes, cabalos e incluso camelos.
O problema non é que sexa intrascendente, é que é unha parvada. Os nenos non notaron a diferenza porque as mulleres ían disfrazadas de homes... E isto, como poden valorar, é, para o conxunto das mulleres traballadoras galegas, un importantísimo avance social, algo sen parangón noutras comunidades do Estado, que aquí é onde se ve que non imos a remolque das políticas de igualdade do goberno central senón que nos manifestamos sempre como punta de lanza na recuperación e consolidación dos dereitos de nenos, mozos, mulleres e anciáns de Galicia.
A min o que de verdade me preocupa –á parte do futuro do oblast de Kaliningrado- é a perda da lingua. Non tanto da galega ou da castelá senón do sentido común lingüístico e do que iso significa, por causa da correccion imperante. Xúrolles polos meus mortos que vin escrito que un grupo vigués puña no seu manual de corrección lingüística que en vez de dicir “O can é o mellor amigo do home”, cumpría dicir “O can e a cadela son os mellores amigos e amigas da muller e do home”. Cun par, como os do cabalo de Santiago...¿Ou era egua?
Aquí non imos tan alá, aínda que se siga a corrección política actual. Ninguén quixo reescribir a historia e dicir Melchora, Gaspara e Baltasara. Tampouco creo que o respecto pola pluralidade levase a Melchora –muller-, Gaspar – home- e Baltasar –transexual-, ou calquera outra combinación posible.
Podemos, si, discutir o sexo dos anxos; un pasatempo teolóxico tradicional apoiado na indefinición da Biblia e en que os anxelotes dos retábulos barrocos teñen unha pinta ambigua de carallo... Pero ai as brancas barbas de Melchor!... Ai o Gaspar sen depilar!... Ai o seica ben dotado Baltasar!... Sentíndoo moito, señores, estes tres non lles teñen dúbida. Nunca poderemos dicir “Reis e raíñas magos e magas”... A non ser, claro, estáseme ocorrendo, que recuperemos –ou sexa reinventemos- a tradición da raíña de Saba, oculta seguramente a súa participación na viaxe de adoración a Belén xunto cos outros tres reis polo machismo da Biblia e a conspiración da xerarquía eclesiástica... Así, os Reis e Raíñas Magos e Magas correctos politicamente para o futuro serían catro... Ah, pero con tres-un non está conseguida a paridade... Haberá, pois, que operar a un dos outros. ¿Voluntario? Eu creo que Gaspar... sempre lle notei algo raro. Cando o demo non ten que facer, espanta moscas co rabo. Dixit.

50 comentarios:

Anónimo dijo...

Válgame Deus!

Anónimo dijo...

"Vállame", mellor, Sr. Anónimo

Anónimo dijo...

En aras da calidade de calquera representación teatral as persoaxes femeninas deben ser interpretadas por mulleres e as persoaxes masculinas por homes. As persoaxes-nenos por nenos e as persoaxes-nenas por nenas. E as persoaxes animales por animales e as persoaxes vexetales por vexetales. Quero decir que o Don Quixote da película debe, a ser posible, representado por un home, e vello. A venteira do Toboso, a ser posible, por unha muller. O cabalo Rocinante, a ser posible, por un cabalo de verdade (se non é posible, por dous homes enfundados nun disfraz,perde calidade pero non habería qué facerlle).
As cousas deben facerse o mellor posible. O demáis é mexar fora do testo.

Son Unha Xoaniña dijo...

É boa verdade o remate do teu texto, cando o demo non ten que facer espanta moscas co rabo. Paréceme a min que se está a rizar o rizo.
O texto non ten desperdicio, rin moito lendoo.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Home, amigo Da Coba, que pensaría don William se o escoitara. E, en todo caso, o trasvestismo é un dos recursos dramáticos máis eficaces. E hai un Quixote feminino, como non podía ser doutro xeito.

Anónimo dijo...

Contáronme que houbo nenos que viron a cabalgata de Ourense e que preguntaron con cara de alucinados cómo era posible que os Reis Magos de verdade fosen mulleres mal disfrazadas de homes. Disque houbo unha confusión total entre os cativos. Moitos pais e nais (e nenos e nenas) seica asubiaron ás impostoras, que falaban cunha voceciña que non era de home. Hóuboos, e non poucos, que se foron indignados e botando pestes da ocurrencia. Iso foi o que me contaron e así llo conto.

En fin, que non respectan nin as ilusión dos nenos (e nenas) por unha tontería falsamente feminista dunha concelleira ou dun concelleiro dotado/a dunha lucidez abraiante (e tampouco sei a que concellería corresponde, se aos do Bloque ou se aos socialistas).

Os experimentos que os fagan con gasosa, pero non a conta dos máis cativos.

Arredemo! arredema! arredem@!

Anónimo dijo...

Cal foi o problema: que eran mulleres ou que estaban mal disfrazadas? Porque se a xente (mesmo un pícaro rabudo) admite que un tipo branco como o leite (con lixeiro parecido ao seu tío) vaia pintado como se viñera do Congo, por que non vai admitir a unha muller aderezada de Gaspar barbón? Ou é que xa vai claro que Obama vai gañar a Clinton na candidatura dos elefantes?

Anónimo dijo...

Así son as cousas e así llas contei. Pregúntelle a algúns pais/nais e nenos/nenas ourensáns que acodiron á cabalgata. Eu non estiven alí.

O problema, penso, é que os concelleiros/as deberían ocupar o maxín en mellorar as condicións de vida dos cidadáns, e non en "innovacións" (sic.) que non son máis ca pallasadas que non aportan nada a ninguén. Ou é que esa modernidá aportou realmente algo en serio?

Anónimo dijo...

A Don William non lle quedaba outro remedio, Arume, que aceptar as leis da época.
O problema é que, se son persoaxes masculinos, e van falar ante unha audencia, A SER POSIBLE deben ter voz máscula. E se son cabalos, deben relinchar. Se son persoas disfrazadas de cabalo deben saber rinchar o mellor que podan.

Anónimo dijo...

Aquela escea fantástica da lapidación na Vida de Brian á que so deixaban entrar homes é un claro exemplo da fortuna do gag equívoco. Por non lembrar a fermosa voz de Jack Lemmon en Some like it hot.
Tampouco hai que esquecer que a representación dos reis magos desde a Idade Media inclúe notable carga humorística, desaparecida tras as deliberacións eternas dos sabios tridentinos.

Anónimo dijo...

Unha cousa son as representaciós pra adultos e outra un acto concebido prós nenos pequenos. Esto último esixe modelos claros. Un adulto pode ler a letra deformada dun médico. Ó neno pequeno hai que ensinarlle mediante unha caligrafía perfeita, que non induza a confusión. Por poñer un exemplo.

Anónimo dijo...

Para min que todo é unha moda, sen mais trascendencia. vanal, efémera moda pero terribel, dictatorial. A moda configura o modo de pensar, encontrámola disfrazada nas nosas conductas, a moda é tan ductil como a mentalidade e ten o mesmo fin: pontear a mente individual, única, irrepetibel,sabedora do seu fin, eí a raiz da traxedia que a moda nega e tamén o seu antidoto, o humor.

No principio eran todo boas e xustas intencións, pero no exceso, o feminismo convirtese en moda, en habito, en monxas da nova relixión.

Anónimo dijo...

E, prós que somos pragmáticos, tódalas discusiós deixan de ter senso ante o abucheo dunha multitude de páis. Ante os feitos empíricos, arrodíllase calquer teoría. Método científico, que se chama.

Anónimo dijo...

Eu concordo con xdc. Suscribo o que dí
A miña profesora de teatro non me escolle para representar "galanes", non teño o tipo nin a edade. E acepto a súa autoridade, porque a ten, e non ando a laiarme ou a querer cambiar a historia.

Os nenos non son nada parvos e non se debería xogar con eles. As fillas de unha compañeira miña espantáronse hai unhes anos ó situarse na 1ª fila e veren as gomas das barbas e a escase estética da falsedade. Tiñan tres anos e repugnoulles.
Teñen mais sensibilidade da que lle supomos.Este acto é sen dúbida para eles.
Por certo hai dous ou tres anos que non vexo un desfile e podemos afirmar que os do PP tocaron fondo en cutrez, nunca vin tanta pobreza, son unhes ases "administrado" cousas máis rentables pero nunca se luciron en aspectos sociais, ou culturais .

Ollo que Ruíz Gallardón é excelente e excepcional na concepción deste tipo de actos. Encorgou postas en escena brillantísimas , paréceme que a unha equipa Italiana (xa poden algúns do bloque ir tomando a idea e crear unha empresiña que faga este tipo de traballos, ¿ou xa está creada?).
Será que o PP de ourense a diferencia do de Ruíz Gallardón (non sei o de outros lugares de España) é misérrimo.Non encontro palabras para definir a frustración que me causou a súa miseria, daquela ninguén en ourense piaba.
Ate jà.

Anónimo dijo...

As multitudes serán inmensas, pero sen proporción coa razón. Os feitos empiricos interpretanse dende as teorías e o senso non o otorga a aclamación pública.
Señor Xoan da Cova, non me sexa Vicente que sempre vai onde vai a xente.

Anónimo dijo...

A razón tampouco se asocia ó seguir as modas políticamente correctas, ás veces tan cegadoras que "apapaostian" hasta ó máis sensato.

Anónimo dijo...

A gran masa dos páis son unhos iñorantes. Tén que vir unha concelleira "ilustrada" pra ensinarlles o que é bó prós seus fillos.

Anónimo dijo...

Ademáis de "ilustrada" tiña que añadir "caprichosa". Porque a cousa tén toda a pinta de capricho. Unhos gobernan a golpe de tiular, e outros a golpe de capricho.

Anónimo dijo...

Pois claro que non amigo Da Cova. hai que conservar algo de incorrección, unha capacidade potencial para a insurrección, para o conatus que diría Espinosa, para a indignación que argumentaría posteriormente Focault, porque só asi poderemos reaccionar ante a inxusticia, a inxusticia que é o que percibimos, o que de verdade percibimos, mais que a xusticia que é un ideal

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Amigo de Rairo: para singularidade a da nosa fonte común. O único sitio do mundo onde hai catro reis magos é en Ponferrada: os de sempre e o gran mago Chalupa, que espero siga sendo o preferido da poboación.

Anónimo dijo...

Ós feitos interprétanse desde as teorías. E cando algún feito non atopa explicación, négase ou destrúese o feito. XDDD. Voulles contar un conto que seguro que xa o saben.

Un fulano decía que distinguía os ovos que daban polos dos que daban polas. Contratóuno unha empresa do sector pra que fora apartando os ovos que pasaban pola cinta transportadora e función do seu "sexo". O home mantiña en estricto secreto o criterio que usaba pró seu traballo. Os resultados eran asombrosos: acertaba sempre.
Chegóu un amigo da aldea a visitalo á fábrica e díxolle asombrado: " Déches cún criterio infalible, unha teoría perfeita polo que vexo". Respóstalle o outro: "Cala home cala. Se souperas a cantidade deles que teño que esmagar...".

Anónimo dijo...

Pero... quen era a concelleira encargada da Cabalgata? A Isabel do BNG famosa xa no mundo enteiro?

Manda truco na Habana! Eu non acabo de entender cómo é posible que o BNG poña nas súas listas a persoas tan torpes e incompetentes. É que non tiñan un concelleiro/a que fose máis presentable para levar Cultura?

Non, non o entendo, francamente.

Anónimo dijo...

E, por falar de algo diferente, góstame o dibuxo do post. É un "A". O autor terá diseñado todo o alfabeto según esa tipografía?

Anónimo dijo...

Queremos saír ao paso das críticas recibidas por representar modestamente a M, G e B. As tres pertencemos ao Grupo de Teatro Oquemepoñandiante, contratado ad hoc polo Concello de Ourense para estas festas. Un andazo súpeto entre os nosos colegas actores masculinos (de voz grave e manifestamente viril) provocou a voz de alarma só un par de horas antes do evento. Postrados no leito (cada un no seu), sen poder falar siquera, os nosos colegas, co papel ben aprendido para a función, quedaron fóra de escea, por non entrarmos en detalles máis escatolóxicos que non veñen ao caso.
Qué facer? dixemos en imitación leninista. Pois vamos nós, dixo unha (que non vamos destacar porque se algo aprendimos no teatro é o de Fuenteovejuna). E deste xeito (eso si, co coñecemento das autoridades) decidimos encargarnos do magno acontecemento. E así o fixemos. Procuramos agochar as nosas características cos amplos tecidos e disimulamos o mellor que puidemos (agora decatámonos da nosa impericia) a voz lixeiramente aguda e o rostro delicado, pouco verosímil de vir de deserto algún. As gomas que termaban das barbas non eran da mellor categoría e quedaban certamente grandes. Agora comprendemos o desastre, pero fixémolo por ben da comunidade e porque non quedara ourensán cativo e ourensana cativa sen ver ou intuir maxestades reais polas súas rúas. Pedimos desculpas en nome da compañía e de nós mesmas, avergoñadas de tanta afrenta.
A concelleira non ten a culpa de nada; non vaia ser que non nos contraten outra vez.

Anónimo dijo...

Este Leituga é The One.

Moi boa a súa caracterización das Raíñas Magas!

Anónimo dijo...

Xa sabía eu que tiña que haber unha explicación lóxica. Fixeron bén: son persoas con iniciativa e resolveron a situación o mellor que puideron. Cumplir o contrato como sexa, ese é o lema. Nunca deixar "colgado" ó cliente. Eso é. Pola miña parte, todo desculpado. Só avisar ó concello que, en previsión de problemas coma este, teñan gravadas as voces masculinas previamente. Vostedes poden xesticular solemnemente e facer "play-back". (Os aplausos da "clá" tamén poder ir incorporados na gravación).

Anónimo dijo...

Así é máis caro, que hai que pagar o canon do cd e o do reproductor (musical). É mellor que as rapazas, que se ve que son espilidas, hormoneen un par de meses antes e xa está. Máis barato, seguro.

Anónimo dijo...

Imaxino que o seguinte paso é o canon do papel, en previsión das posibles fotocopias que se fagan en él.

Anónimo dijo...

No canto de REIS MAGOS, vouvos lembrar ó REI DO MAMBO.Dedicada especialmente ó XM GLZ.

Anónimo dijo...

Chalupa é a alternativa democrática a despótica monarquía.Viva Chalupa!, a ninguén lle sorprendería que fose unha muller disfrazada, mesmo podería ser unha simpática mona, ou unha piadosa mentira.

Non sexan vostedes mais realistas que a monarquía, e non perdan os papeis, o que importa é o valor do representado, así hai que explicarllo aos cativos.

Anónimo dijo...

Pero se son Melchora, Gaspara e baltasara, irían vestidas de raiñas, non de Melchor, Gaspar e Baltasar.
Pero non se atreveron, a sociedade ainda non está preparada como nos tempos de William, a verdade e que mirado así, ten mais trascendencia da que parece.

Anónimo dijo...

Entón eu apoio a insurrección feminista pero coa condición de que para o ano sexan claramente raiñas majas, moi majas.

Anónimo dijo...

Si,si, moito apoio a insurrección feminista , pero deixase ver a vea machista.Que é iso de que sexan majas,moi majas?.

Anónimo dijo...

Léase magas, raiñas magas, moi magas.

Anónimo dijo...

Boeno carallo boeno.

Anónimo dijo...

Retráctome, non teñen porqué gostarme as raiñas feas e croios, gostanme fermosas e simpáticas e así as prefiro para o ano que ven.
Amais de maternais para os nenos.

Anónimo dijo...

De Leituga, ren de ren. Á Melchora, colega dunha servidora, non lle quiten o mérito: que fixo un obradoiro de redacción (por se algún día hai que pedir sexenios ou subir de categoría de meritoria a actriz terciaria) e escribe que dá gusto vela.
Aproveito a ocasión para comentarlle a de Rairo que majas sí, pero maternais, pouco. Ou nada. O peor do outro día foi precisamente andar rodeada de tanto paxe infante. Eu, mesmamente, prefiro aturar comandantes das forzas armadas (sic) venezuelanas ou presidentes franceses con michelíns antes ca acariñar nenos. Pero a fame apreta, Jimy (¿non serás dos Giménez Arnau, o da jalea real?), e hai que ir onde manden concelleiras.

Anónimo dijo...

Esta Sara Baltar non será filla do presidente da deputación de Ourense? Ou será a filla de Sara Mago?

Anónimo dijo...

Maternáis, sí, maternáis. Xa séi eu a qué "maternidades" se refire. Depravado.

Un tipo foi ó psicólogo porque estaba moi obsesionado coas tetas das mulleres. Díxolle o facultativo: voulle poñer diante diferentes obxetos, e vostede vaime decir o primeiro que se lle veña á cabeza.
Mostróulle unha cabaza e o fulano dixo "tetas!". Logo, unha pelota e dixo "tetas!". Logo,un limpaparabrisas dun coche e dixo "tetas!"...
PARE,PARE...! dixo o psicólogo. Explíqueme o do limpaparabrisas.
O tipo púxose a dar lambetazos no aire coa lengua fora, movendo a cabeza dun lado pra outro e facendo ZUP,ZUP,ZUP...

Anónimo dijo...

Non son da realeza,Sara, por desgracia, para así podela desprezar e adequirir ese aire decadente se tivera de onde cair.

Anónimo dijo...

Disculpen, don XDC e don Jimy; aínda hai pouco estivemos a falar aquí en Allariz, na casa do meu mánager, Monjardín (tío) sobre un grupo de rock que en tempos tivera unha actuación moi comentada, tal vez no Posío, no Corpus, calculamos hai uns trinta anos.
A actuación comezaba cuns "jovenzuelos" a tocar estrepitosamente en palco, en canto un ataúde era levado en andas polo público desde o fondo ata o mesmo escenario. Saía un individuo e desataba a cantar.
Hai diso, cando menos, un cuarto de século.
Non sei por qué, mais penso que se chamaban 'Noitebra' e viñan sendo de Ribadavia.
Podían axudarnos???
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Posto en contacto con algúen que efectivamente estaba alí (eu non estaba) dime que o que dí J.Medela ten xeito: eran desa zona e o nome, se non era ese, era algo similar. O que está claro é que non eran nin "Los Dráculas" nin "Los Murciélagos" nin nungún grupo de Ourense cidade. Posiblemente mañán poida darlle mellores detalles, J. Medela.

Anónimo dijo...

Vin unha actuación de Noitebra, coa mesma escenograría que describe Julio Medela na festa do viño en Ribadavía. Tocaba no grupo alguén que eu coñecía, o "Cachas".
O cadaleito seguro que foi influencia da industria da vila, tan habituados estaban por entón. A musica, un Heavy tosco, pero que non desmerecía do que daquelas circulaba por todo o Estado.
O cantante, o que ía no cadaleito, toda unha personaxe, tomabao moi en serio. tanto que resultaba cómico.

Anónimo dijo...

Obrigado, cabaleiros. En principio, o meu mánager apuntou tamén na dirección indicada polo sr. Da Coba, "Os Dráculas".
Para don Jimy: Podía preguntar se lle cadra ao seu amigo, o señor "Cachas", se existe algunha gravación relacionada con ese marabilloso grupo???
Boas noites.

Anónimo dijo...

El honor de dios
JUAN LUIS CEBRIÁN 09/01/2008

Sabemos que el cardenal Rouco Varela no es partidario del divorcio y así nos lo dio a conocer a finales del año pasado, con gran aparato propagandístico y mediático, rodeado de sus pares y jaleado por sus fieles. Pero sabemos también que la excepción confirma la regla y que hubo un divorcio concreto que sin duda no le debió sentar tan mal. Me refiero al de la princesa Letizia (con z de Zapatero), gracias al cual pudo el clérigo oficiar con la pompa debida los esponsales del heredero de la Corona en una escena digna del mejor Anouilh, en la que el honor de dios y el del rey parecieron, por un momento, evidenciarse absolutamente unidos.

Viene esto a cuento de las reacciones públicas tras la reciente manifestación episcopal en defensa de la familia, que no fue tanto un acto religioso como político, en el que los discursos se impusieron a las plegarias, y los prelados, lejos de la cristiana costumbre de implorar por los que nos gobiernan, se dedicaron a acosarlos. A partir de ese día se ha organizado un pequeño guirigay en torno a las expresiones de la Iglesia sobre los asuntos de la política y las interferencias que el Estado padece por parte de los poderes fácticos, entre los que no es el menor el de la Conferencia Episcopal, aunque tampoco quizá tan grande como los obispos quisieran y los gobernantes temen. Merece la pena insistir en lo que oí por la radio al vicepresidente socialista de Castilla-La Mancha: los obispos y la Iglesia tienen todo el derecho a opinar de política, igual que cualquier ciudadano. Pues este es el punto: también los ciudadanos tenemos derecho a replicar a los obispos, sin ningún respeto diferencial hacia ellos más que el que se debe a todo individuo, pudiendo discrepar no sólo de sus opiniones políticas, sino polemizar también sobre sus recomendaciones morales y lucubraciones dogmáticas. Carecen por eso de fundamento las farisaicas quejas de algunos portavoces eclesiásticos por la supuesta campaña de descrédito organizada contra la Conferencia Episcopal tras la manifestación litúrgica. En cambio, hay que agradecerle a Rouco y compañía que, al sacar las masas a la calle en defensa de su particular visión del mundo, hayan propiciado el debate que nuestra sociedad necesita sobre el papel de la religión en general, y de la Iglesia Católica en particular, en la convivencia española. Un debate que, en aras del consenso de la Transición y del respeto a valores que se pretendían intocables, se ha venido escamoteando a los españoles durante estas tres décadas de democracia.

La casualidad quiso que el señor García Gasco, arzobispo de Valencia, espetara su apocalíptica profecía de que las leyes propiciadas por el Gobierno amenazan con la disolución de la democracia al tiempo que yo andaba inmerso en la lectura de un interesante libro de Daniel Dennet, profesor en Tufts University, sobre la religión como fenómeno natural. El libro de Dennet [Romper el hechizo, Ed. Katz] presta atención a la eclosión religiosa que la sociedad mundial experimenta en nuestros días, en los que el fundamentalismo parece ganar espacio y protagonismo en todas las confesiones, de modo que se pregunta por la conexión evolutiva entre los chamanes de la Amazonia, las creencias populares en el más allá y las religiones organizadas. Durante casi quinientas páginas insiste en que es preciso "cambiar el clima propiciado por quienes sostienen que la religión está por encima de toda discusión, de toda crítica y de todo desafío". Entiéndase que hablamos no sólo de los aspectos políticos de la religión, sino también de los propiamente religiosos, que obstinadamente los guardianes del templo se han reservado para sí y sobre los que hay muy poco debate en el mundo académico y científico. Llaman la atención, por ejemplo, las expresiones de escándalo (aunque sean, por otra parte, justificadas) que muchos exhiben al conocer el carácter de las madrazas islámicas mientras reclaman con toda naturalidad que en las escuelas públicas se adoctrine a los niños sobre la fe católica, sin otra alternativa que la sumisión a los dictados de la Iglesia. Pero no de otra cosa se ha venido debatiendo (aunque por elevación) cuando hemos discutido sobre la eliminación de la religión como asignatura curricular y la inclusión de la educación para la ciudadanía. En ese debate, la Iglesia española, verdadero ariete intelectual e instrumento de propaganda del Partido Popular, puso de relieve su confusión y sus contradicciones entre el carácter profético de su función religiosa y las demandas de poder que la agitan. Las sociedades democráticas son, por principio, abiertas y no hay materia en ellas que no deba estar sometida a debate, incluidas las creencias espirituales de los diversos grupos de ciudadanos y los comportamientos morales que de ellas se derivan. Nuestros jóvenes tienen derecho a una formación integral que les permita en el futuro tomar decisiones informadas en todos los aspectos de su vida y ejercer sus opciones de la forma más libre y responsable. Las religiosas, también.

Pero, como decía al principio, no se trata ahora de incoar un debate teológico sino de una disputa por definir quién manda. Durante siglos, la Iglesia se ha visto a sí misma como el aglutinante de España. Una estrecha alianza entre el trono y el altar permitió que la Monarquía católica liderara la unidad política del país por encima y al margen de las instituciones civiles y, con sus variantes históricas, dicha alianza se prolongó hasta el final de la dictadura franquista. A los jóvenes de hoy conviene recordarles, o enseñarles si es que no lo saben, que el consejo que asumió la regencia del Estado a la muerte de Franco estaba compuesto por tres miembros, un civil, un militar y un prelado. La Iglesia ha ejercido de manera directa el poder temporal en este país hasta hace apenas tres décadas, permitiendo incluso a sus cardenales sentarse en las Cortes franquistas y sumarse al coro de los aplausos al dictador, a quien bendijeron como cabecilla de una auténtica cruzada de su fe. Ha disfrutado de prebendas, privilegios y prerrogativas como probablemente ninguna otra comunidad católica lo hizo durante el siglo XX en el mundo, desarrollando una actividad tan variopinta que le permitía lo mismo determinar la legislación con arreglo a sus conceptos morales que establecer el calendario de los días festivos. Esto se acabó con la democracia, pero no del todo. Precisamente porque, aunque la Constitución establece la no confesionalidad del Estado, la capacidad de influencia del lobby clerical se ha mantenido como martillo pilón.

Los sucesos de ahora guardan estrecha relación con la escalada del fanatismo religioso en todo el mundo y el mayor protagonismo de las organizaciones que lo sustentan. La presencia de Ratzinger en el solio de Roma ha consolidado las corrientes integristas y retrógradas dentro de la institución. Se aprecia por doquier un revisionismo de las doctrinas y comportamientos que emergieron en la década de los sesenta como consecuencia del Concilio Vaticano II. Éste intentó definir la relación de la Iglesia con el mundo de su tiempo, dando así lugar a una "teología del mundo" en la que destacó por sus trabajos el español José María González Ruiz. En su famoso libro El cristianismo no es un humanismo, abordó la necesidad de un diálogo abierto con el ateísmo contemporáneo, singularmente el marxista, expresándose con palabras tan contundentes como éstas: "La Iglesia no ha recibido de Cristo una misión de producir técnicas políticas, sociales o culturales..., por eso no tiene por qué crear una política cristiana, una cultura cristiana, una sociedad cristiana, un Estado cristiano, ni siquiera un partido cristiano". Para añadir: "... la Iglesia como tal es un ámbito puramente religioso y no debe contaminarse ni siquiera de la apariencia de poder civil". Otro teólogo católico, Olegario González de Cardedal, en su obra El poder y la conciencia señala por su parte que "la moral civil de una sociedad no siempre coincidirá con el proyecto social ni con una legalidad inspirada en el evangelio. Lo contrario supondría una eliminación del pluralismo social o de las vías democráticas de su expresión" (el subrayado es mío). Opiniones como las citadas ponen de relieve que en el propio seno de la Iglesia existen voces cualificadas y discrepantes respecto a la condena del laicismo radical que el señor García Gasco hizo en la manifestación de Madrid.

El laicismo, en la medida que exista, sólo puede ser radical, pues ha de garantizar la absoluta separación entre el Estado y cualquier tipo de confesión religiosa, por mayoritaria que sea, en la sociedad a la que representa. Pero el laicismo de nuestros gobernantes lejos de ser radical está más que descafeinado, al punto de permitir y promover la presencia de toda clase de símbolos, ritos y actos litúrgicos católicos en funciones estrictamente civiles, como los funerales de Estado o las tomas de posesión de los cargos públicos. Desde el punto de vista de la construcción democrática, estos hechos son más perniciosos incluso que la financiación con dinero público de las confesiones religiosas porque transmiten un permanente mensaje de la supuesta catolicidad del Estado. Por lo demás, si los obispos y sacerdotes quieren entrar en política, en su derecho están. Pero a la hora de recibir sus lecciones sobre democracia habrá que recordarles que la Iglesia es una de las sociedades menos democráticas de las imaginables. No guarda los más mínimos de los requisitos exigibles a cualquier formación política que concurra a unas elecciones libres y, desde luego, llama la atención el machismo, éste sí, radical de su estructura de poder y la ausencia de cualquier sombra de igualdad de género en sus filas.

En un mundo crecientemente globalizado y multicultural, donde tantas religiones sirven de excusa o aval para casi cualquier cosa, es preciso discutir con transparencia y honestidad las relaciones entre el poder político y las iglesias. Se trata de un debate pertinente y apasionante, que nos devuelve al escrutinio de la modernidad emanada de la Ilustración, defensora de la radical igualdad de los ciudadanos, y enfrentada ahora a sentimientos de identidad de todo tipo. A este respecto recordaba yo, en un reciente artículo para el semanario Expresso de Lisboa, el refrán de que en España siempre hay que ir detrás de los curas o con un palo o con una vela. Viene al pelo para coronar este artículo. Aunque, a fin de escapar de tan horrible dilema, los Gobiernos democráticos han preferido mostrar a los clérigos la zanahoria. Parece que el experimento no funciona.

Anónimo dijo...

. Non era Cebrian aquel que dicia que para las cosas asrtísicas el galego, pero para as leis, español?

E todos os vendepatrias asentindo por uns artigos e catro modedas, galleguitos!

Anónimo dijo...

Subscribo ao 100 por 100 o artigo de Cebrián, mesmo en todo o que ten de crítica ao goberno por non poñer a esta xente dunha vez no seu sitio.
Cos bispos non hai prudencia nin apaciguamento nin diálogo que chegue. Nin sequera os cartos chegan. Son insaciables, como todos os fanáticos e como todos os totalitarios.
Denuncia do Concordato xa!

Apicultor: ten razón Sara Baltar. Non fun eu o autor do texto das Raíñas Magas, aínda que tomo como un eloxio a súa atribución, pois estaba moi ben feito e tiña moita gracia.
Fíxome rir o chiste do enfermo mental obsesionado coas tetas. Á primeira ocasión, cóntoo. Non sería cousa de Xohán da Coba?

Anónimo dijo...

Joer, Leituga1. Je voulais me cacher mais vous êtes trop intélligent pour moi et vous avez réussi à me "cacher".

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu tiña ao Cebrianín, como bó pilarista, como moderadito. Pero se a cenoura de la Vega (perdón polo chiste, pero saiu segundo escribía) non serve, queda o dilema en forma de refrán que o mesmo Cebrián comenta: ir sempre detrás dos curas, ben co cirio ou ben co pau. Tendo en conta que non parece aficionado o cipriano a sufrir co esperma caído na man, quere suxerir Juanluis que lles zosquemos duro? Confeso que non sei como entender o final do artigo.

Anónimo dijo...

En efecto, Arume: mellor non ir co cirio na man detrás dos bispos, que igual o de Tenerife se pon a tiro.
En canto ao da cenoura, tamén pode valer un pepino. Ou quen sabe se un Pepiño.