Robots.
Pan por Pan domingo 7 xaneiro
Sempre me gustaron os relatos de ciencia-ficción. E as películas que se inspiran neles. Hai dez ou once películas paridas dende historias de Isaac Asimov e auténticos clásicos como “Blade runner”, de Ridley Soctt, baseada na novela “Soñan os androides con ovellas eléctricas?”, de Philip K. Dick. Historias de anticipación, tamén se lles chamou. Cada vez están máis perto o mundo real e o virtual. Ou a existencia virtual de persoas reais. E a medicina camiña cara seres que non estarán moi lonxe do robot de “O home bicentenario” (1989, na imaxe) que reclamaba a súa humanidade. Non me estraña que en Xapón e Corea do Sur estean preparando leis para regular a conduta dos robots, na liña das tres leis famosas de Asimov. A primeira delas rezaba: Un robot non pode facer dano a un ser humano ou, por inactividade, permitir que un ser humano sufra dano. Valería mesmo para os propios seres humanos.
7 comentarios:
Xa saben que as tres leis da robótica de Asimov tuveron que ser ampliadas coa chamada "Lei Cero", pra evitar determinadas situaciós contraditorias. Esa Lei permitía que un robot fixera dano a un home , si era pra evitar que ese home fixera dano ó resto dos homes.
Aiquí está a LEI CERO
Fíxense na derradeira frase, no enlace anterior.
Imaxine que vostede está en condiciós de decidir mediante o seu comportamento entre dous desenlaces pra unha situación . Na situación interveñen cinco persoas totalmente descoñecidas pra vostede, e vostede mesmo:
- Desenlace A: Morren catro persoas, sobrevive unha.
- Desenlace B: Morre unha persoa, sobreviven catro.
Así, en abstracto, sen especificar a situación concreta, a "B" parece mellor. Posiblemente, un robot escollería esa.
Agora, vou concretar a situación.
Un vagón con catro persoas soltóuse do tren i está a punto de precipitarse lentamente ó vacio por un barranco onde, debido a un corremento de terras, desaparece a vía. O único xeito de salvar a esas CATRO persoas é empuxar a UNHA persoa que está ó seu carón , derribándoa porriba dos raíles pra que có seu corpo trabe o movemento das rodas e frée o vagón.
Qué fai vostede? E un caso concreto cós desenlaces abstractos A e B.
Parece que non podemos ser moi abstractos, non é?
Agora, algo máis de concreción:
Qué fai se os catro do vagón son nenos, e o outro un adulto, ou un vello?
Qué fai se o neno é ó que tén que empuxar?
A súa conduta depende da lei, ou vai máis alá da lei?
Se en vez de empuxar coas súas propias mans a ación consistira en apretar un botón ?
De tódolos xeitos, parece que somos algo máis complexos á hora das decisiós que os robots.
E si en vez de catro son coarenta os que se van matar? E si é a humanidade enteira?
Si en vez de empuxar ó outro podemos, en base a nosa autoridade, dar a orde pra que o faga outro? Influe si a orde hai que dala verbalmente, cún xesto, un código artificial, unha instrucción informática? Inflúe si nós VEMOS o que está pasando cós nosos ollos, nunha pantalla ou no lo están facendo saber mediante un telegrama?
Canto máis naturáis (sensoriáis) son as percepciós e a acción, máis nos costa comportarnos coma robots (esto é de xeito estrictamente racional, sen emociós).
Recoméndolles os contos de Philip K. Dick. As novelas poden resultar pesadas de ler (e entender), pero contos como "Minority Report" e outros son entretidos e dan que pensar.
Para a ducia e media de historiadores que lerán este blogue, a súa novela de historia alternativa "El hombre en el castillo" tamén pode ser de interese. Que pasaría se Alemania e o Xapón gañasen a segunda guerra mundial...?
Pois a min gustoume tamén moito "¿Acaso no sueñan los androides con ovejas eléctricas?". Creo que era ese o título da novela de Dick que deu orixe a Blade Runner
Publicar un comentario