Buciños.
Pan por Pan xoves 7 febr. Imaxe: Maternidade, de Buciños, 1971 (detalle).
Entrevista Moncho Conde Corbal ó escultor Buciños no seu programa de Telemiño. Nun momento dado, o entrevistador fala dos artistas que levaron unha vida extravagante ou bohemia e a posible repercusión destas poses na valoración da súa obra. Interpelado, Buciños, responde, como el é, con sinxeleza: “Home, eu son como son. Son así”. E engade que o traballo do escultor son moitas horas de labor no seu obradoiro, de estudo das formas e dos espazos, de reflexión sobre a obra en xestación. Nada que ver coa suposta bohemia que se lles atribúe ós artistas. Non foron bohemios, entendido isto como pose mediática, nin Prego, nin Faílde nin Arturo Baltar e ninguén discutirá que todos eles foron (son) grandes artistas. Buciños estuda a realidade e o mundo, esculca coa súa mirada formas que se renovan sen rachar coas raíces da tradición: non ten tempo para ser extravagante, supoño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario