23 feb. 2008


Eleccións e valores (4).
Pan por Pan sábado 23 febreiro
(A caricatura de Fernando Savater é de Loredano)

Os partidos consolidados teñen un perfil nidio e os cidadáns poden identificarse ou non con eles sobre a base da proximidade entre os seus valores persoais e os de cada forza política. Nos partidos novos é difícil fixar ese perfil: por exemplo, no partido que promoven Rosa Díez e Savater. En parte compite no terreo da esquerda porque defende un Estado laico, o cese do financiamento pública da Igrexa e a Educación para a Cidadanía: a mentalidade da dereita clásica non acepta ningunha desas propostas. Pero achégase tamén ó mundo máis conservador cando arremete contra as autonomías e as outras linguas oficiais, que non son o castelán. Os seus líderes gababan antes a Constitución, pero agora queren devolver ó Estado central a lexislación básica en educación, urbanismo, medio ambiente e sanidade. O que na práctica significa anular a propia Constitución.

160 comentarios:

marcos valcarcel dijo...

Como é obvio, a conclusión desta columniña bebe nun comentario que deitou neste fío o amigo Leituga. Graciñas.

arume dos piñeiros dijo...

A diatriba de Savater de onte no PAíS contra o PNV e o nacionalismo obrigatorio é maxistral. Pode gustar pouco ou nada o que di, pero é unha peza dialéctica de primeira categoría.

apicultor dijo...

Anulala non, reformala profundamente. Iso era o que viña a dicir o incomparable Leituga 1.

******

Comezei hai case tres horas a ler unha obra monumental e erudita, de case dúas mil páxinas, perfectamente articulada na súa exposición, que trata multitude de aspectos coñecidos e descoñecidos para min, que me atrevo a recomendar a todos vostedes.

Quizais lles pasou desapercibida polo convencional do seu título (esa teima dos editores de aquí de estragar os títulos orixinais), pero que é, polo que levo lido, espléndida e, en moitos aspectos, orixinal e incisiva.

Trátase da obra do historiador británico Donald Sassoon, Cultura. El patrimonio común de los europeos, Barcelona, Crítica, 2006. O título orixinal é, naturalmente, moito máis acaído e sobrio: The Culture of the Europeans. From 1800 to the Present.

Eu xa coñecía o autor por outra excelente obra sobre a historia do socialismo publicada por Edhasa non hai moitos anos.

Non a perdan!

marcos valcarcel dijo...

En efecto, falan os e UPD de "reformar a Constitución", pero os contidos da reforma son tan amplos que na práctica supoñen a anulación da xa existente. É como se propoñemos, dende a outra banda, unha reforma para chegar a un Estado Confederal: iso sería xa unha nova Constitución, non?
****
Tomamos nota da interesante suxerencia bibliográfica de Apicultor.

apicultor dijo...

Si, pero o termo "anular" ten unhas connotacións ditatoriais: ao anular algo ese algo desaparece.

Outra cousa diferente é que dunha reforma constitucional saia na práctica outra constitución substancialmente distinta, pero iso faise desde os procedementos establecidos pola constitución a reformar, sen partir de cero.

Se se anulase unha constitución, en troques, habería que partir de cero.

Digo eu.

Anónimo dijo...

Señor apicultor, como é posible que vde recomende afervoadamente un libro de case 2000 páxinas que fai tres horas que comenzou a ler ?

Non sei canto haberá de real na súa persoaxe !

arume dos piñeiros dijo...

Os libros, a unha certa idade, non se len enteiros. Entre a lectura oblicua, a selección de epígrafes interesantes, e o salto en pasaxes completamente prescindibles un libro de 2000 páxinas queda máis ou menos en 100.;). Eso si cun respecto reverencial polo traballo intelectual que hai detrás e as suxerencias inmensas que del se derivan.

apicultor dijo...

Pois é ben fácil de entender.

En tres horas deume tempo para ler arredor de cento cincoenta páxinas correlativas e para botarlle unha ollada xeral, petiscando aquí e alí. E, polo que lin, paréceme un libro excelente. Se segue mantendo o mesmo ton e non decae, o resultado final sería máis que excelente.

Fíxese que non ocultei ningún dato, non dixen que o lera enteiro. Tan só amosei o entusiasmo de quen comeza algo e vai vendo como ese algo -o libro- lle vai aportando cousas interesantes. E quixen compartir cos contertulios ese "descubrimento". Así de simple.

Ora ben, vostede pode crerme ou non. Ese xa non é asunto meu.

Anónimo dijo...

...e ademais das 150 páxinas, nas tres horas, uns vivísimos debates en todos os fios deste blog...

Prodixioso!

apicultor dijo...

Perdoe, amigo, debería levar máis conta do tempo cronolóxico (considerando ademais que o blog sinala unha hora de menos).

Fixen a lectura, aproximadamente, entre as 12:00 e as 3:00 da madrugada. Nese tempo verá como non posteei ningunha mensaxe.

En todo caso, agradézolle que califique de "vivísimas" as miñas intervencións e de que me teña por un prodixio. Está ben iso de ter admiradores!

apicultor dijo...

E agora descúlpeme, que teño que ir xantar unha comida tan saborosa como sobria. Que teña unha boa tarde.

Anónimo dijo...

Non o tome tan a peito.
Pola miña parte, morre aquí o conto.

Pero recomendolle unha cousa:
ríase un pouco de si mesmo...

Anónimo dijo...

...e que aproveite...

Anónimo dijo...

Nin de novos nin "a certa idade" se pode recomendar un libro que non se leu, citas intimidatorias de libros non lidos para aparentar sabiduría,"lecturas oblícuas", ou"selección de epígrafes interesantes". Máis ca nada porque é unha deshonestidade, comprensible quizáis en profesores que queren facer currículo a base de demostrar que están ao tanto das últimas modas, pero sobrante cando non hai nada que demostrar, como debería ser o caso.

apicultor dijo...

Citas intimidatorias? Deshonestidade? Aparentar sabedoría? Últimas modas?

Pero de que parra caiu vostede, señor anónimo?

Se tivera un mínimo de sentidiño e algo menos mala intención, lería con atención os post anteriores e deixaría de dicir tales babecadas, que só amosan un resentimento contra non sei quen ou o típico complexo do iletrado, no que eu -pódollo asegurar- non lle teño arte nin parte.

Era o que faltaba! Que agora veñan a dicirlle a un o que debe ou non debe citar.

Bótelle a culpa dos seus males e das súas carencias aos seus pais, aos seus profesores ou a vostede mesmo. Eu, repito, non lle teño nada que ver.

apicultor dijo...

Desde que viñeron unha recua de trolls con moi mal rollo, este blog está dexenerando bastante. Xa non é posible falar con liberdade coa presenza de tantos boicoteadores.

En fin, vou ler un pouco no libro de marras, se o tipiño este me dá permiso.

Anónimo dijo...

Amigo Apicultor, acábaselle de poñer sobre a cabeza un bucle helicoidal como os que se lle poñían a Ulises ( o do TBO) ao final de cada episodio.
Ollo con eso !

Anónimo dijo...

O bucle melancólico.

apicultor dijo...

Ha, ha, ha. Esa si que é boa! Terei coidado co bucle, non se preocupe.

Un descansiño para unha infusión...

marcos valcarcel dijo...

Un columnista de EL MUNDO hoxe (non o encontro en internet) transcribe unhas opinións destes días de FERNANDO SAVATER nas que vén a dicir que o PSOE ten moi asegurada a victoria, porque o PP se entregou ós bispos e fixo todo fatal, mesmo opóndose á materia de Educación para a Cidadanía.

Xaime dijo...

A vostedes non sei que lles parece pero últimamente todo o mundo fala do malo que o fixo e o fai o PP, cando os que falan nunca lle votaron nin pensan facelo de momento

Isildur dijo...

Verbo da UPD, eu non estou tan certo de que a reforma en senso centralizante que propoñen da Constitución, e mais o seu énfase en recuperar a presenza do nacionalismo (eles din patriotismo cívico) español e a idea de nación española na vida pública, sexan necesariamente principios tomados da dereita. Na esquerda española hai unha ampla tradición xacobina nese senso, e no fondo resucitan a idea, moi cara a boa parte do PSOE durante a II República, poñamos por caso, de que un Estado interventor que poida reformar a sociedade ha ser forte, e por tanto dispor de resortes para exercer a súa acción; pola contra, a descentralización favorecería a creación de poderes intermediso que poderían caer en mans da dereita e estragar toda obra reformista. As críticas do PSOE e outros grupos de esquerda, salvadas as distancias e as diferenzas de contexto, á reivindicación de Estatuto de Autonomía durante a II República por aí ía; e o seu desinterese posterior tamén.
De todos os xeitos, a UPD fracasou nun ponto: non atraeu a todos os intelectuais e pensadores que se caracterizaron por antatematizar o nacionalismo basco e outros, e por abrazar (implicita ou explicitamente) a causa da "Nación española" (que eles din que non é nacionalismo). Juaristi adicoulle duras críticas a Savater por "divisionista". Hai que apoiar o PP, que é o que hai e é o electoralmente rendíbel, veulle dicir.

Trebi dijo...

Pois, eu non leo habitualmente libros de 2000 mil paxinas......., pero neste caso, picoume a curiosidade. E penso poñerme a leer.
1) Pola indicación de Apicultor.
E...., tratando de confirmar:
Nova referencia:
http://www.tiempodehoy.com/default.asp?idpublicacio_PK=50&idioma=CAS&idnoticia_PK=37377&idseccio_PK=614&h=061030

Trebi dijo...

Outro motivo mais:
http://www.elpais.com/articulo/cultura/Gioconda/popular/casualidad/elpepicul/20071117elpepicul_3/Tes/
Igual eu son ocioso ,con estes comentarios.......

Trebi dijo...

Non quero ser pesado, pero como pululan Trolls, por aquí pesados , eu non son menos:
http://www.papelenblanco.com/tag/arte

Leituga 1 dijo...

Teño xa hai uns meses o libro de Sassoon, no que, como Apicultor, petisco aquí e alá e do que, tamén como Api, proclamo a súa excelencia.
Se a alguén lle resulta "intimidatorio" que se fale destas cousas, será seguramente por causa dese trastorno leve, o complexo de iletrado, cuxa etioloxía describe Apicultor con precisión e agudeza.

Tamén lin o artigo de Savater en "El País" do que fala Arume. Téñollos lido mellores, pero este está á súa altura habitual. Aínda discrepando con el nas súas críticas ao socialismo vasco, concordo con boa parte dos seus dicires.

Leituga 1 dijo...

En canto ao nacionalismo de UPyD estou de acordo con Isildur. Coinciden coa dereita na reivindicación dunha "Nación Española" forte fronte ao que consideran tendencias etnicistas, disgregadoras e neocaciquís dos nacionalismos subestatais. O seu modelo ideal é o da xacobina "nación de cidadáns", independentemente de calquera modulación territorial e cultural.
Eu penso, porén, que caen en erros moi semellantes aos que critican.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Amigo Apicultor:

Podía vostede emprestarme o libro de Sassoon cando o termine???

Non me gusta nada, nin entendo a teoría política, mais teño a impresión, polo que vostede afirma, de que o libro é realmente bo.

Saúdos tamén para intelixente e educado cabaleiro Leituga One.

Millán se las trae dijo...

¿Pero como se atreve, Leituga 1? ¿Como ten a desfachatez de intimidar citando un libro? ¿Como é tan deshonesto? ¿A quen se lle ocurre estar á última moda?

¡Un libro! ¿A quen se lle ocurre? ¡Non debería vostede ler nada! Ten que permanecer incontaminado na burremia, non deixarse levar por perniciosas modas estranxeirizantes que o único que fan é convertilo nun españolista facha.

Volva ao redil, Leituga 1. Embrutézase até o delirio, vaia darlle de hostias á Gil y Gil, fágase un home de acción e non un afeminado pixoista. Non lea, ¡hostia!

Anónimo dijo...

Non, Leituga. Cando eu utilicei a palabra "intimidatorio", estábame a referir a un uso hipnótico e autoritario das citas, tanto máis canto o libro que se cita "petisco aquí e alá" -e, sen embargo, se recomenda afervoadamente- non se leu máis ca por riba e de pasada. Neste caso, o "iletrado" é quen cita sen ler de verdade o libro, non eu.

Leituga 1 dijo...

En realidade, señor Anónimo, nos posts do Apicultor non hai ningún "uso hipnótico e autoritario das citas". Podería acusalo diso se el pretendese pechar un debate ou facerse coa razón acudindo a algún "dictum" dalgunha vaca sagrada ou dalgún sabio ilustre e por todos recoñecido.

Pero o Apicultor o único que fai é recomendar un libro que empezou a ler e que lle gusta. Non lin nos seus posts ningunha cita do libro de Sassoon.

Entendo que para vostede as 1.899 páxinas de "Cultura", incluídas notas e índices, resulten intimidatorias. A min pásame o mesmo. Pero igualmente me parece errado atribuírlle ao Apicultor propósito intimidatorio cando a tal intimidación semella máis ben o resultado da nosa interacción sensorial co libro de Sassoon.

Cando un se atopa cun libro de 1899 páxinas que esperta o seu interese, sempre sobrevén unha especie de congoxa, unha punzada de angustia derivada do temor a compralo e non lelo. Ou a lelo mal lido. Ou a investir demasiado tempo nun libro que talvez non faga xustiza ás iniciais expectativas. Ou a desviarse en exceso do programa de lecturas trazado por necesidades académicas, profesionais ou simplemente pracenteiras. A xente que ten trato frecuente coa letra impresa encadernada sabe ben do que falo.

Eu recoméndolle, señor Anónimo, que non se deixa intimidar polas recomendacións de libros, teñan as páxinas que teñan. E tamén, se non mo toma a mal, aconséllolle un algo máis de tolerancia, que non sexa tan tiquis-miquis, que non prexulgue as intencións alleas dun xeito tan rápido e tan contundente, que non busque liortas inútiles.

Do libro de Sassoon, por outra parte, escribiu non hai moito Darío Villanueva nas páxinas de "El Cultural", recomendando sen reparos a súa lectura -ou consulta petiscada- que el facía complementaria do menos interesante -ao meu modo de ver- "Historia intelectual del siglo XX", de Peter Watson, publicado, como o de Sassoon, pola venerable e nunca suficientemente loada Editorial Crítica.

Pola miña parte, e falando de grandes sínteses interpretativas da cultura occidental, atrévome a indicar, sen ánimo ningún de intimidación, outros dous títulos: "Modernidad", de Peter Gay (Paidós), e "Del amanecer a la decadencia", de Jacques Barzun (Taurus). Todos eles, dende puntos de vista sensiblemente diferentes, son herdeiros de títulos como "Historia de la cultura", de Alfred Weber, "La decadencia de Occidente", de Oswald Spengler, e "Estudio de la Historia", de Arnold J. Toynbee.

Aclaro, finalmente, que non lin enteiro ningún dos títulos citados. Todos eles, agás o de Gay e o de Weber, sobrepasan as 1000 páxinas. E eu son un picaflor.

Xosé M. González dijo...

Neste tempo con tantas demandas (e tantas ofertas) petiscar é mal menor inevitable, ás veces mesmo envexable por quen apenas pode. Grazas que quen se quixera erudito -e non sae de asalariado, pai, xuntaletras- pode acceder a recomendacións e sínteses, e a lecturas durmindo pouco.

Do españolismo da UPD -esgazado principalmente dun PSOE que conserva a maior parte- posiblemente poderemos falar ao longo da campaña. Hoxe teño visita familiar, leven bo intercambio e debate.

marcel swann dijo...

Un le un libro para informarse de algo que non coñecía e para aproveitar logo eses novos coñecementos. Para iso convén ler "no" libro, non ler "o" libro enteiro de "pe" a "pa".

Hai dúas estratexias para que a un lle aproveito o que le: (i)Ler as partes máis importantes (incluídos os resumos), tomando nota do que nos interesa (en fichas); (ii) Subliñar cun lápis, de xeito que nunha posterior relectura poidamos reter o máis importante.

Jim Morrison dijo...

Qué traballo, Marcel! Eu para iso prefiro lelo enteiro. A miña maneira de ler é: primeiro sobar o libro e ver se a cousa é mutua. Se vexo que me gusta, adoito seguir ata o final, e se non me gusta, déixoo e, como Leituga, pico noutra flor.

Anónimo dijo...

Como outras tantas veces, concordo con vde XMG. Petiscar petiscamos todos. Un vai debullando toda a información que recibe por uns medios cada vez máis rápidos e vai seleccionando o que mellor lle acae para o seu lecer ou enriquecemento.
Pero esto que estamos tratando non é un tema menor (como se pretende) traído por un troll coa única intención de amolar: É o signo dos tempos: saber de todo sin ningunha profundidade.
Cando se dá unha información dun libro, cun ton erudito, douto e ponderado e, na realidade , non se leu (ou só se petiscou) a min non me parece moi honesto. Pola mesma, poderiase recomendar unha pelicula que non se viu ou unha novela que nos contaron. É falar sen coñecemento de causa.
O señor Leituga1, nun acto de solidaridade (que o seu amigo Apicultor saberá agradecerlle ) recomenda tres libros que só leu por riba (se non queres caldo, tres tazas..) Que interese tén esa recomendación ?
A nosa língua tén unha palabra para estes casos : falabarato.

apicultor dijo...

Espero que despois das afortunadas intervencións de Leituga 1, Saavedra e Marcel Swann, lles quedaran claras ao Anónimo tan facilmente intimidable.

Pero seica non é así, pois volve á carga, dicindo falsamente que falei do libro cun "ton erudito, douto e ponderado". Nada máis lonxe da realidade, como se pode comprobar nas miñas sinxelas intervencións. Se quixera facer tal, teña a seguridade de que sabería facelo con non pouca mestría, despois de ler íntegro o libro. Coido, pois, que non hai máis deshonestidade que a de quen maliciosamente trata de ver nos demais cousas que non existen. Velaí os falabaratos de verdade.

Por certo, infórmolle ao mesmo que, a estas alturas, xa levo lidas do libro de Sassoon 352 páxinas correlativas, petiscamentos aparte. Dado que das 1.899 páxinas totais, de texto son 1.677, bótandolle un cálculo levo lido o 21% do mesmo, isto é, un pouco máis da quinta parte.

E ségueme parecendo fascinante e extraordinario. A cantidade de asuntos abordados, a envexable capacidade de síntese do autor a partir dunha completísima e variadísima bibliografía, a combinación na mellor tradición anglosaxona de visión de conxunto con atención ao matiz e ao dato, fan que se poida ler de seguido sen gran esforzo, placenteiramente.

A modo de exemplo, copio ao chou do apartado "Los libros baratos" do capítulo 4 titulado "Crónicas de la venta ambulante":

"Desde o século XVI víñase desenvolvendo, xunto a librarías permanentes, unha rede de libreiros ambulantes. Un comercio internacional de vendedores ambulantes percorría de punta a punta Europa en carromatos, detíñase nunha cidade, instalaba o seu tenderete durante unhas cantas semanas e pedía aos lugareños, tras alugar os seus servizos, que recorreran a comarca en busca de posibles compradores. Nas décadas de 1780 e 1790, as súas existencias abranxían un repertorio considerable: non só dispuñan das habituais vidas de santos, senón que tamén ofrecían clásicos de Montaigne, encardernados en coiro, xunto con novidades pirateadas, como as obras de Beaumarchais. Estes buhoneiros trasladábanse de feira en feira, e ás veces de país en país. Vendían libros sinxelos e breves que con frecuencia non tiñan máis ca unhas poucas páxinas (rara vez superaban as oito) e que estaban ilustrados con xilografías...
Era frecuente que estes textos foran menosprezados -ao igual que toda a cultura destinada ao pobo chan...
En vista de que tanto o custe da produción de libros como as dimensións do mercado crecían, os vendedores ambulantes foron sustituídos por librarías permanentes e o libro barato deu paso aos xornais baratos...
Existiu unha tradición lectora entre as clases populares antes de 1800? En caso de que existira, non puido ter sido sólida: os obstáculos que encontraba a alfabetización e os elevados prezos o impedirían. O mercado dos vendedores ambulantes compúñanno os estratos sociais máis prósperos. O material que vendían era simple e con frecuencia inxénuo, pero isto non impedía que resultase do agrado das clases medias e altas, do mesmo xeito que na actualidade as clases profesionais son unhas formidables consumidoras das chamadas novelas de aeoroporto e de películas populares. Os lectores do século XVII, de modo similar ao que sucedería máis tarde cos lectores do Reader´s Digest, querían versións simplificadas e reducidas das novelas picarescas... En Inglarerra compraban o Robinson Crusoe nunha adaptación drásticamente condensada -en oito páxinas... Os libros baratos franceses do século XIX ofrecían adaptacións, resumes e recompilacións de obras longas e de bo arraigo, como as novelas de Alexandre Dumas, Paul de Knock, Eugène Sue, Sophie Cottin e Jean-Jacques Rousseau...
A espiña dorsal do comercio ambulante eran os buhoneiros, chamados colporteurs en Francia, ...
O comercio da venda ambulante de libros supuña unha posible ameaza para o meticuloso control que exercían as autoridades sobre as lecturas da xente..."

A min gústame moito, e a vostedes?

Canalejas dijo...

Pois xa que andamos con libros, recoméndolles o que acabo de finalizar, de Tony Judt, Postguerra, una historia de Europa desde 1945, Taurus, 2006. Un tocho de 1200 páxinas cheas de información aberta e desprexuízada. Moito non lles sei de politoloxía historica, pero me parece difícil facer unha obra deste estilo, con ese toque simpático e irónico dos ingleses e cunha interpretación tan documentada e aguda do devir que constrúe o presente.

apicultor dijo...

Se o Anónimo intimidable e, ao mesmo tempo, intimidatorio me dá o seu permiso para dicilo, o libro de Tony Judt que cita Canalejas é excelente (e lino enteiriño hai uns meses).

Autor do que me permito tamén recomendar (porque tamén o lin enteiro hai cousa dun mes) o -déixenlle buscalo- titulado Pasado imperfecto. Los intelectuales franceses, 1944-1956, tamén na mesma editorial. Cronoloxicamente é anterior, pero a edición de aquí é posterior, do ano pasado. De texto ten tan só 273 páxinas.

apicultor dijo...

Perdón polo erro: 357 páxinas.

Xoan da Coba dijo...

Un libro nunca é un libro. O que chamamos habitualmente un libro está conectado mediante fíos invisíbeis,a todolos outros. Case a cada páxina, a cada párrafo. Algunhas conexiós percibímolas, outras non. Cantos mais libros lemos, mais novas conexiós percibimos entre eles. Forman unha gran rede, de moitas dimensiós: o Libro, con maiúscula. O Gran Libro. Medra e diferencia as súas partes na nosa cabeza coma un enorme ser vivo.
O exemplar aislado ten pouco senso global. En realidade, é u accidente, un fruto de mil casualidades. Pero, como un holograma, é unha representación, un mapa, máis ou menos claro, máis ou menos preciso, de partes importantes do Gran Libro, mesmo do Libro Enteiro, qué, lembrémolo unha vez máis, é o Único con verdadeiro senso.
Por eso podo abandonar en calquer momento un exemplar concreto, e saltar a outro: a mente inventóu o hipertexto moito antes que a informática. Por eso a orde da lectura non ten porque ser a orde de escritura.Por eso hai libros que non rematan de lerse.

apicultor dijo...

Preguntábase o Anómino intimidable e intimidante qué interese tiñan as recomendacións por Leituga 1 de dous libros que leu pero non enteiros.

Pois para min, moito interese, certamente. Primeiro porque todo o que ten recomendado noutras ocasión nunca defrauda (poño o exemplo recente do libro de Rosa Sale Rose, que lin grazas a súa suxestión), e segundo porque ten amosado, por activa e por pasiva, criterio. Algo que aínda está por ver no Anónimo intimidado e intimidante.

Eu xa lera "Del amanecer a la decadencia", de Jacques Barzun (Taurus), hai cousa duns tres anos. En troques, descoñecía a existencia de "Modernidad", de Peter Gay (Paidós).

Daquela, voume facer con este libro de Gay e tentar de lelo cando poida.

Pero estéase tranquilo o Anónimo, que non o penso intimidar... até que o lea completo :-)

Anónimo dijo...

Así me gusta, Api.

alopécico dijo...

O de Sassoon non era un champú? Nota: Quen non acredite doutoramento, prégase, abstéñase de catar uvas.

apicultor dijo...

Esa broma do champú tamén a teño feito eu cos meus... en relación a outro libro de Sassoon.

Non home, non. Non hai que acreditar nin doutoramento nin ningunha outra cousa. Simplemente que é moi recomendable non ir pola vida facendo certo o tópico do galeguiño desconfiado, rancoroso e atravesado, sempre co sacho na man para ver de partirlle a crisma a quen ouse pisar a leiriña.

Menos mal rollo e máis alegría para o corpo e a mente. Iso é o que lle fai falta a algúns.

XDC dijo...

Falando de champú, vou recomendar un libro a quen non o lera xa:Planeta Champú. E sí que o lín enteiro!. Contén infinidade de frases e párrafos inspiradores.

A cerna do debate dijo...

O "debate" que se plantexou neste fío non é simplemente un tema menor traído por un ou dous trolls coa única intención de amolar e boicotear un blog tan interesante como fundamental hoxe na cultura galega.

Alén da anécdota específica, ao que aquí se asistiu por parte dun ou de dous anónimos é a unha mostra dun “mal” que percorre non só o mundo internético senón a sociedade civil enteira. E ese mal non é outro que a irritación e a violencia verbal irreprimible que produce a algúns a máis simple mención a calquera tema letrado ou erudito. E iso que neste caso, polo que se percibe, non houbo intención de exhibición gratuita de coñecementos, pero como se a houbera.

Hai un tipo social, cada vez máis extendido, que se caracteriza pola desconfianza e pola agresividade contra todo o que cheire a alta cultura, a académico, a saber en xeral. Froito sen dúbida da extensión da educación superior e das súas eivas, acontece unha frustración persoal e profesional en determinados sectores que ven cercenadas as súas desmesuradas expectativas, polo que cargan toda a súa artillería deslexitimadora contra todo aqueles que consciente ou inconscientemente consideran culpables da súa situación, de non ter chegado a onde eles pensaban que deberían ter chegado. Así, todos os demais (profesores, escritores, intelectuais) que teñen acceso aos canles de produción e distribución de cultura non serían máis ca un fato de oportunistas, de deshonestos exhibidores duns coñecementos inexistentes, de usurpadores en suma.

Esta frustración, no anonimato que dá a rede, adoita presentarse dun xeito brutal, con acusacións disparatadas e insidiosas contra este ou aquel escritor, profesor ou intelectual. Mesmo se dá o paradoxal caso, como se pode apreciar nas intervencións precedentes, de tirar a dar contra identidades virtuais (pois non existen tales Apicultor e Leituga 1) das que nin se sabe con seguridade quen agochan detrás, pero que a sublimación da impotencia leva a consideralos fantasiosamente escritores, intelectuais ou profesores recoñecidos, polo que, alén de que o poidan ser ou non, simbolizan o que non se é e se quixera ser. Polo tanto, hai que arremeter contra deles do mesmo xeito que se arremete contra nomes reais.

Estes individuos resentidos posúen, obviamente, o que alguén nomeou correctamente como “o complexo do iletrado”. Porque, sen dúbida, unha das consecuencias da frustración é que esta remata na pura e simple recreación do narcisismo ferido e clausura o máis mínimo e ulterior esforzo polo coñecemento. Deste xeito, os individuos aqueixados deste “mal” cada vez ignoran máis cousas, cada vez máis o resentimento empece que fagan unha avaliación sosegada e veraz da propia situación ou competencia, e, sobre todo, lles imposibilita recoñecer os méritos, maiores ou menores, que poidan adornar a este ou aquel escritor, intelectual ou profesor. Pois todos serían uns vendidos ao Mercado e ao Poder, uns deshonestos e falabaratos carentes de autenticidade e de valía.

O que non se decatan é que a caricatura que están a establecer non é máis que a visión especular de si mesmos, do que eles en realidade farían e serían se chegasen a posicións tan deostadas como soñadas en improdutivos días de frustración e encono. Son habitantes -e permítaseme a pedantería- da Grub Street, da que falaba Robert Darnton a propósito da literatura clandestina no Antigo Réxime francés.

Anónimo dijo...

Supoño que semellante discursiño non será serio e que será unha vez máis o troll !.

Medela dijo...

Sí que é un discurso serio... E parece razoado.
Mais os iletrados tamén temos dereito a escribir.
Por iso sempre terminamos así...
Disimule, señor.

Anónimo dijo...

A única "ferida narcisista" que hai neste blog abríuselle a Apicultor cando lle chamaron faroleiro pedante, meu querido troll.

apicultor dijo...

Concordo ao cento por cento con A Cerna, mal que lle pese ao Anónimo autoduplicado :-)

apicultor dijo...

Faltoulle por nomear un aspecto á case completa análise de A Cerna: que eses individuos refugan como a peste calquera tipo de debate. Daquela, non argumentan nada, só aseveran negativamente. Así pois, veñen, insultan e vanse tan campantes. Obviamente sen achegar nunca nada interesante, só tonterías.

Naturalmente, non é ese o seu caso, amigo Medela. En absoluto.

Medela dijo...

Grazas, Apicultor. O que realmente me desespera na vida é a falta de coñecimentos sobre calquera cousa.

Por iso adoro este foro, porque tanto vostede, como os amigos Arume, Da Coba, González, don Xaime de Lugo, Lobo Neghro, Leituga One, Doniña, don Jimi, etc, e o xerente don Marcos,
SABEN do que están a falar.

Mais tamén é normal que persoas que NON SAIBAN (un servidor entre elas) entren no foro como elefante en Niñodaguia.

E a cousa non debería ser tan grave...

Anónimo dijo...

Grave non é, amigo Medela. O único que é é unha molestia porque enchen de spam todo o blog e, coa súa actitude intolerante e sectaria, botan para atrás posibles participantes e lectores. Pero quizais iso é o que pretenden.

E non se poña modesto de máis, amigo Medela. Xa quixera ter eu a décima parte da súa imaxinación literaria e formación lingüística. Xa quixera. Pero non por iso lixo o blog con mensaxes mendaces e absurdas.

apicultor dijo...

Era eu. Saltou o choio.

Medela dijo...

Mi madriña... Xa me parecía que esa mensaxe Troll/antitroll... Xa mo daba o corpo... San Antoño bendito.

Ten razón, ten todiña a razón, que a atmósfera do foro está enrarecida.

Boeno. Paciencia, hermano.


Un forte abrazo, señor Apicultor.
E disimule...

Medela dijo...

E o que non se pode facer, nunca, de maneira ningunha, é aceptar un convite, desfacer a festa e insultar o anfitrión e amigos da casa.

E sabe qué pasa, amigo Apicultor, que o blog é o mellor do país. E nunha terra cuns condicionantes coma os nosos, non se dan as circunstancias axeitadas para que todo sexa democrático, educado, tolerante, "normal".

Saúdos.-

arume dos piñeiros dijo...

Ese/a "a cerna do debate" soame moito.
E recomendo sobre este asunto un libro moi interesante de Pierre Bayard: "Como falar dun libro sen telo lido". Para o caso ven que nin diola.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

jajajajajaja
Moi bo, Arume... Andan a dicir por aí que o prólogo é de Sofía Mazagatos...

arume dos piñeiros dijo...

Bayard pregúntase: que diferencia existe entre un libro que non limos e un que limos hai tempo e do que non lembramos nada? ou, por exemplo, un libro que tamén limos e que podemos lembrar pero que ao rematar de lelo non volvemos a acordarnos del ou da súa existencia? Cal é a nosa biblioteca de libros non lidos? Quen precisa ler o Ulises de Joyce para saber de que vai e poder falar del con calquera?
Todas estas preguntas son as que neste domingo de febreiro de 2008 aínda lembro.

Xaime dijo...

Que tal foi hoxe, Medela. Acordeime de vostede por que hoxe fun a Monterroso e xa estaban todas as mimosas en flor, e seguro que na súa Lobeira estarán expléndidas e vostede a tantas millas.
¿ Por certo?, amañou o choio para votar, ou non vai votar.
Segundo me comentan, o BNG, anda raspando un diputado en OURENSE.
Non é unha indirecta.

Xaime dijo...

Arume, acaba de marca-lo Geta.

Medela dijo...

Don Xaime!!!!!!!!!!!!!

Ben, ben. Estou na pensión, a ler carta da miña avoa. Si, alá chove algo, tal vez pola proximidade ao mar (português). As mimosas, espectaculares.

Cristina Fernanda Rodríguez-Babarro e Suárez-Romasanta, a allaricense e aristocrática xerente de ACNUR-KARAKALPAKSTAN está a arranxarme a papelada para votar.

Así que Tabarés está raspillando o escano... jeje... A miña avoa nada me comentou. Iago, todo un señor dentro dun traxe.

Anda por aí o señor Arume??
Hoxe escribinlle, e non di nada. Como anda CORREOS...

Anónimo dijo...

Señor Apicultor , tén vde a sensibilidade a flor de pel. Calquera crítica (e non insulto) que se lle puido facer aquí non rebasou nunca os límites se tomamos como referencia as moitas que vde leva feito (por veces descarnadas e sen sustancia) a moitas persoaxes da cultura e vida do país. Coa diferencia que estes si teñen nomes e apelidos. O que seguira minimamente o blog conoce as súas filias e as súas fobias, a súa tendencia á irritación cando as cousas non lle van ben e as súas obsesións ( nomeadamente en asuntos políticos). Pero como eu sempre o vin como unha persoaxe inventada nunca pensei que estas cousas afectaran tanto. É posible que vdes (Apicultor e Leituga) sexan dous distinguidos representantes da cultura galega ocultos detrás dun nick . Que teñan unha moi destacada parte na actividade cultural de Galicia. Nese caso felicítoos de inmediato. Pero quero dicirlles tamén que non deberían considerarse a alma deste blog. Non sería xusto.
Abundan aquí persoaxes e persoas con identidade real que fan aportacións de gran valor e que ninguén criticou (e non ,alomenos). Máis ben todo o contrario.
Pero vde ,señor Apicultor, é moi dado a erguer o tono. A decidir quen debe ou non debe participar. En que condicións. Quen é un troll. Que mínimo de capacidade dialética ou intelectual hai que ter, etc.
É posible que sexa moi apreciado aquí e que así llo fixeran saber, pero vde non marca as normas. Este é un foro aberto (polo menos mentras Marcos non diga o contrario).
E por último , unha recomendación. Non se apunte vde ao discurso de cerna do debate:
Porque é infumable. Porque é elitista. Porque esta contruido de xeito oportunista. Porque desacredita a quen o mantén. Porque representa unha visión horrible da cultura.
Boas noites

apicultor dijo...

Vale, Flanagan!

Se vostede xa o di todo con esa ecuanimidade e bo tino que o caracteriza, para qué abondar máis.

(Pero debería usar o seu nick habitual para ser minimamente críble)

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Amigo Xaime: ao Madrid trémenlle as pernas. Tot el caaaaaaaaaaaaaaaamp...

Leituga 1 dijo...

Tres ou catro cousiñas rápidas:

A cerna do debate: unha análise impecable. Subscríboa.

Medela: doutorado ou iletrado, bacharel ou diplomado, o mellor escritor deste blog. Non é cuestión de títulos.

Libros: teñen utilidades diversas. Poden valer pra ler neles ou pra calzar unha mesa. Eu algúns léoos enteiros e outros só os petisco. Adoro os libros, pero tamén son consciente de que o picaflorismo, a diletancia e a superficialidade que me caracterizan me salvaron de ser un home completamente serio.

Lecturas: xa postos, eu recoméndolles a novela que estou lendo agora: "Pastoral americana", de Philip Roth. Tan boa como "A mancha humana". Tamén estou lendo algunha outra cousa, pero non quero intimidar a ninguén.

Anónimo dijo...

Aparte de recomendar os libros que está a ler, debería recomendar tamén os que lle serven para calzar a mesa. Eso daría unha visión máis exacta da súa profundidade intelectual.

Anónimo dijo...

Esta semana lin moito. Ollei para "Todos los hombres del Führer", de Ferrán Gallego, que llo recomendo con entusiasmo, folleei "El perdedor radical", de Enzensberger, petisquei en "Guerra y paz en el siglo XXI", de Hobsbawm, piquei en "La diosa fortuna", lin as lapelas de "Kafka en la orilla", de Murakami, pode que remate a páxina 30 de "Cómo hacer que funcione la globalización", de Stiglitz, e se me queda tempo, esquecerei "El edificio Yacobián", de Al-Aswany, antes de lelo. Non paro.

arume dos piñeiros dijo...

Mamma mia. E a mín que non me deu tempo nin a mirar a "zona caliente" do Fotogramas...

marcel swann dijo...

Incorpórome a este debate tarde porque xa non teño acceso a internet na casa.

Respondo a unha alusión que fai Apicultor. Pensa vostede que son/era eu o que se agochaba detrás da mensaxe de "Señor Apicultor , tén vde a sensibilidade..."?

Se é así, está errado. Nin son ese anónimo nin son quen está a facer comentarios sobre a súa persoa. Aclaro isto, sobre todo, para os restantes contertulios.

Sobre o interesante comentario (que subscribo) que fai "a cerna do debate", eu engadiría que hai xente que traballa moitas veces por e para Galicia "gratis et amore", mentres outros, con moitísimos menos méritos, están a ocupar postos que non lles corresponden, vivindo permanentemente da subvención e do oportunismo. A moeda falsa ás veces expulsa a boa. Isto é aínda máis triste nun país onde hai pouco que rañar e onde, coma nas aldeas, aínda se lle pregunta á xente "E usté de quen ven sendo?"

Por outra banda, defendo o dereito dos anónimos a presentarse como tales e, sobre todo, que haxa moita participación nos debates, sen discriminación polas ideas e/ou polos coñecementos ou bagaxe cultural que traian os novos participantes.

Medela dijo...

VIVA KEITH LUGER!!!!!!

Xaime dijo...

Pareceme interesante comentarlle o anónimo que o libro que teño dende hai anos para calza-la mesa e unha Biblia comentada por Sabino Arana, a que lle tiven que saca-lo prólogo, que eran dun anónimo, claro, e deu xustiño e nin se move.
Como sei que nos conoce a todos, deixe de foder e divírtase hom¡

Xoan da Coba dijo...

Medela: e vostede o segundo "fan" de Keith Luger que coñezo. O primeiro, chámase Juan. Non sei se segue a ser médico en Cualedro. Se algún día llo presentan persoalmente, xa sabe por qué tema pode empezar a falar. Imaxino que moitas novelas de vaqueiros, se foran escritas en galego, serían valoradas doutro xeito por certos críticos: Anímese, Medela.

"O perdedor radical", que fala dos terroristas sucicidas e que se le dun tirón, xa o recomendéu eu fai case un ano, cando se comentaba un libro do Santiago Lamas sobor dos suicidios. Ten algunhas claves.

Pra calzar a cama teño "Mein Kampf". Lino dúas veces. Quero decir que paséi a vista dúas veces polas ringleiras. Non saquéi abosolutamente nada en limpo. A cousa máis parecida a un libro coas follas en blanco.

Medela dijo...

Da Coba, os cowboys falan galego.

O sheriff, galego na casa, castrapo no escritorio.

O propietario de 25.000 acres de terreo, galego cos encargados, castelán co gobernador de Texas. Cos obreiros sen cualificación, nin fala.

O verdugo, castrapo acabado.

O enterrador, galego.

Os contrabandistas de gando, português.

O dono do saloon, galego acabado, excepto cos turistas no agosto.

As fillas do propietario, castrapo; case, case castelán.

As señoritas do saloon, castellano con acento andaluz, tal vez caribeño.

A redimida ex - señorita, castrapo.

A mestra, a que acaba casando co "artista" que mata a todos os malandros no saloon, galego na casa, castrapo na novena e castelán cun antigo mozo. Dá case todas as aulas en galego, excepto dúas, en castrapo.

Cumprimentos.-



Ten o móbil do Juan de Cualedro??

Medela dijo...

E os paisanos que estamos a ollar discretamente para o tiroteo non dicimos nada, nunca, en idioma ningún... Todo se sabe.

Saúdos

arume dos piñeiros dijo...

Faltoulle o aforcado, o indio "sioux" (o outro día a gran Gloria Lago, que, por certo, ten nome de cupletista, dixo que os independistas que pintaran o autobús de JB os atacaran como indios "sioux"), o bébedo doc e Dean Martin na cadea cantando My rifle, my pony and me.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Arume, ufffffffffffff, non hai quen poida con vostede... jajajaja

Os indios son os que máis se esforzan co castellano.

O enforcado criticou no bar o alcalde - presidente da cámara de Cheyenne City, e así terminou. Criticouno en galego case de laboratorio.

A tradución de "My rifle, my pony", etc, élle

"Non chas quero
non chas quero,
castañas do teu magosto...

Non chas quero,
non chas quero,
que me saben ao chamosco"

Un abrazo, cabaleiro.-

Xaime dijo...

Medela e Arume: o longo de día irán aparecendo máis e máis persoaxes que acompañen o noso vaqueiro, pero para mín, pídome, cual Cunqueiro nos outros feirantes, diseñar a MADAME, da que a bote pronto -xa me reñira o Apicultor por non identificala claramente cunha militante esquerdista, ecoloxista, e raibosamente anticlericalista-, dou unhos apuntes:
E fronteiriza, de Bembibre, para máis señas, fala un galego doce e natural, foi moi guapa pero derrochou a súa beleza nos anos 60 en Costa Fleming, e aforradora do Banco de Santander, de aí que a medio da novela lle saque un lío con Botín a quen coñeze de anos, e é querida do Pastor Evanxelista, non do Conde de Fenosa, tivo un fillo de solteira que foi emigrante en Australia e actualmente e propietario de case tódalas barras americanas da Soneira.
Admito modificacións o guión pero non moitas. Xohan anímese, tamén, o millor estivo en Alemania.

arume dos piñeiros dijo...

Rifle e Castañas, qué bó título. Por certo (non sei como veu este estímulo pavloviano á miña cabeza), como lle foi esta fin de semana nesas terras dos sombreiros negros.

apicultor dijo...

Amigo Swann:

Pídolle publicamente as miñas máis sinceras desculpas, porque, en efecto, pensei erradamente que era vostede quen estaba tras da intervención do Anónimo. Por unha banda, non me cadraba moito tanta inquina en vostede, pero pola outra reproducía, axigantándoos, algúns tópicos que debatimos vostede e máis eu algunha vez en diversos encontronazos mútuos. Espero e desexo que me desculpe se algunha vez o ofendín e saiba que non poño en dúbida a súa palabra.

Relendo agora a intervención do Anónimo, quedo aínda máis pasmado do que nun principio. É tanta a mala baba que rezuma, a inquina tan esaxerada que manifesta, que semella inaudito que isto poida acontecer nun lugar como este. Non sei quen é, e prefiro non pensar que pode ser un que eu me sei, por se non o pobre estaría realmente perdidiño.

Sexa con for, a intervención do susodito é un claro exemplo de argumentación ad hominem, ou, mellor dito, ad hominem virtualis. Nada, pois, de argumentos racionais, senón de acusacións desmesuradas, tersiversacións brutais e afirmacións ridículas sobre a miña “sensibilidade a flor de pel” e outras babecadas semellantes. Por poñer un exemplo, eu nunca denigrei a ninguén, nin real nin ficticio, senón que critiquei, duramente ás veces, e con maior ou menor fundamento, posicións culturais ou políticas, pero sempre no plano das ideas, nunca sen entrar no plano persoal. É, pois, rotundamente falsa tal imputación. Como tamén é unha manipulación das miñas palabras dicir que eu quero “decidir quen debe ou non debe participar”, cando tan só suxerín varias veces que os anónimos debían de identificarse cun nick para que non houbese confusión e ruído. Podo ser máis simpático ou máis antipático, segundo o gusto de cada quen, pero sempre tentei dar argumentos. E isto tanto na miña identidade virtual como na real (ás veces hai unha delgada liña vermella entre ambas, outras un distanciamento grande). Comprendo que certo estilo incisivo meu, baseado na retranca ou na afiada ironía, poida non ser do agrado dalgúns, pero eu non escribo aquí para agradar a ninguén, senón para dicir o que me pete.

En fin, supoño que ten que ser el quen leva dun tempo a esta parte detrás miña acosándome cunha dedicación digna de mellor causa (energúmeno, policia, son algúns dos seus máis cariñosos epítetos). Non hai dúbida de que ten que padecer algún tipo de trastorno compulsivo-obsesivo, que é o único que “desculparía” a súa fixación. Se por un casual le isto, rógolle se absteña de seguir polo sendeiro da argumentación ad hominem virtualis, máis ca nada porque é un incordio para os demais participantes, dado que non achega nada interesante a ninguén. Pero que saiba que tamén debeu quedar moi ben retratado na análise feita por A Cerna do Debate, habida conta a bilis que derramou a continuación. Con todo, non debería tomarse as cousas tan a peito.

Polo que a min respecta dou por concluído este absurdo debate. Espero que outros fagan o mesmo. Finalmente, pido desculpas a quen corresponda por se todo isto causou algún tipo de malestar. Asumo, xaora, a parte de responsabilidade que me poida corresponder.

Moi boa tarde a todos, e disimulen unha vez máis este ton solemne. Desdramaticemos, pois. Moitas grazas.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Xaime: Eu quero participaaaaaaaaaaaaar!!!!

*A madame é devota da virxe das Dores, vai a todas as procesións con mantilla española e fala con acento francés coas mulleres dos contratistas da terra de Soneira.
Vota conservador.

*O fillo casou cando novo, cunha maorí, en Australia, polos papeis, e non se dá librado dela; vén nos veráns a Laxe e regala un manto de 18.000 euros á virxe do Carme cando lle chega o negativo dunha biopsia. As veciñas de Laxe chámanlle á maorí, a "Nejra".

Élle o que hai, Don Xaime.



*O fillo

Anónimo dijo...

O señor Apicultor non descansa na súa manía persecutoria. O autor desa resposta a ese post que comeza como "a cerna", non son eu, como tampouco son eu o que dí que "a única ferida narcisista que hai neste debate é a do Apicultor".
Estou dacordo coa resposta e co da ferida.

Xosé M. González dijo...

Con isto dos Anónimos podemos acabar toleando un pouquiño. E iso que, maiormente, estou co Swann: poden darlle viveza ao debate se somos capaces de ir decodificando. Estes días de atrás apuntaba un incremento na variedade do blog certamente interesante. Abstívenme de dicilo e contrariar a algúns dos veteranos, pero dígoo agora, coma alguén que xa ten sentido malestar pero nunca se foi; malia telo pensado.

Medela, ¿en que carallo fala o pianista cando pide a cervexa? Desculpe a rudeza, veume de súpeto.

medela dijo...

Ola, sr. profesor, pensei que me abandorara...

O pianista pide a cervexa, evidentemente en galego. Fala coas señoritas do can-can en perfecto castrapo. Diríxese ao público en perfecto castelán engolado:
"Bueno amigos, antes de seguir nuestra actuación rogamos al propietario del carromato con matrícula de la República de California que lo retire que está mal aparcado, y ahora vamos continuar con un tema de... ". Ben. Cando vai pedir a cervexa: "Joe, carallo, Joe, non ouves, pon un botellín, frío, carallo".
Ben. Cando fala coas señoritas do can-can:

¿Oíste, Jenny, y luego tú de donde vienes siendo?


Tristes cumprimentos.-

Xosé M. González dijo...

Ese gaiteiro fala de máis; aínda lle han pegar un tiro.

Anímese, Medela, ha de haber achego. Como o hei abandonar, élle o apuro. Teña boa tarde.

Troll dijo...

Para o Apicultor:
"Como moitas outras almas sinxelas, a súa maior vanidade era crer que posuía talento para unha diplomacia escura e misteriosa, e gustaba de contempla-las suas máis inxenuas artimañas como se fosen maravillas de habilidade."
Mark Twain

Anónimo dijo...

Pois si que é unha situación ben pavera. Eu fun quen comenzou o lío preguntando a Apicultor pola recomendación de marras. Tamén os dous post seguintes (anónimos) son meus. O ton era de brincadeira e ate diría que ( aínda que irónico) cordial (compróbese). Esto non impediu que en pouco tempo , o bucle helicoidal se convertira en irado remuiño de vento. Quizais debido á excesiva sensibilidade, a non saber encaixar as críticas ou ó que fora.
E despois de tantos truques e retruques quero aclarar: o das "citas intimidatorias " e outros varios post asinados como "anónimo", non fun eu , co que é posible que tais anónimos fosen moitos, en realidade. Aínda así, acabamos sendo un único persoaxe ós ollos de Apicultor. Un Frankenstein monstruoso, feito de retallos que veu a perturbar un plácido fin de semána. Por veces tivo gracia pero, lástima que non se captara a nosa alma de monstro melancólico, o que provocou un algo de reacción agre.
Pero , pode que este non fose o noso sitio ( falo por todos os retallos e as vísceras do monstro). Definitivamente este non é o noso lugar... Aquí causamos espanto. O noso é máis pedestre. Hai outros foros...

apicultor dijo...

Xa, home, xa. E agora bóteme a min a culpa de que se vai. En fin...

Anónimo dijo...

E que o Apicultor co seu control sobre o blog, espanta a potenciais contertulios.

apicultor dijo...

Á marxe desa m., ten algunha idea ou opinión que aportar ao blog?

Só é por preguntar... :-)

Anónimo dijo...

Si, pero como vostede é un antipático voume para non aguantalo.

apicultor dijo...

Pois que lle preste :-)

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Amigo Apicultor: Vostede sabe, por un acaso, por que perdín o favor do señor profesor González, que era como un pai para min, e agora apenas olla para min de esquella??

Estoulle aflixido, acá, no meu uzbeko Getsemaní...

jeje

Cumprimentos, señor.

P.D. Estou a ler carta da avoa de Lobeira, chea de sabios consellos e rexouba local.

Medela dijo...

Apicultor, disculpe, hermano, non lle dou quitado a Kyra do pensamento.
Sabía??

Até breve.

Medela dijo...

Apicultor... Non vaia ver o debate ese, home.

Cónteme algunha cousa.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Apicultor: Non teño idea ningunha que achegar ao blog. Lamento inmenso dicir isto, mais son eu o que tira ideas. Lembro os bos consellos do profesor, cara á miña vida afectiva. E agora estou tan sozinho...

Que fará Kyra detrás da porta de cor verde quirófano do seu cuarto???

Estará a rezar o rosario ortodoxo axeonllada debaixo da imaxe da Virxe das Espigas??

Estará a ver operación triunfo versión TVK???

Estará a ler o "Pronto"??

Tal vez chorando???

Saúdos.-

Anónimo dijo...

Compañeiro Apicultor: Teño saudade de todo. Calquera diría que o noso país é o Walhalla. Non sei quen dicía aquelo de "a miña patria é o mundo", que ben seguro tamén pariu o de "os homes, onde pacen" e non contento con iso, abraiounos coa ladaíña de "eu son de onde me encontre a gusto". Quedou descansado o filósofo.

E Galiza non será o Walhalla, mais...

Non lle hai acareo con Kyra, camarada. Non sei se marchar para o fogar do transeúnte de ACNUR.

E repare no Modesto: Madía leva!!

Adeus....

Medela dijo...

O anterior comentario é meu, Apicultor.................

XDC dijo...

Pra o Medela, por lembrarme a canción da Porta Verde.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Grazas, Da Coba, é boa. Non a coñecía, parece unha mestura de The Cure e Jefferson Airplane. É realmente boa.

Ao rapaz que canta pásalle coma min, non vai descansar ata saber o que hai por detrás da porta verde.


"Otra noche mas que no duermo.
Otra noche mas que se pierde.
¿Que habrá tras esa puerta verde?"

Sabe, Da Coba, sei PERFECTAMENTE o que hai detrás da condenada da porta.

O pequeno pormenor é que se eu fago como o rapaz dos Nikis:

"Toqué, y cuando contestaron
dije ¡Ah! que a mí me llamaron.
Risas, y enseguida me echaron",

non me saca do sarillo nin a señorita Condoleezza Rice.

Saúdos.

apicultor dijo...

Ten que ter coidado con eses desgustos amorosos, Medela. Que dá a sensación que hoxe empinou o cóbado un pouquiño de máis :-)

Medela dijo...

Non, non, Apicultor.

Dío vostede pola locuacidade???

E que acabo de ler a carta da miña avoa, e estou nun estado como de hiperestesia.

Saúdos.-

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Las Quintas
Lobera
Orense
España
(Bande)

28 de febrero de 2008

Querido nieto: Antes de más desearte que estés bien de salud. Yo no puedo quejarme, aparte de los achaques propios de la edad. Mismo hoy me tomaron la tensión en la farmacia y continúa un poquito alta, a pesar de las gotas. También te me mareo con frecuencia. Dios no quiera que sea motivo de alarma.

Quiero que sepas que por aquí parece que nos echaron el mal de ojo. Lleva lloviendo cosa de tres meses seguidos, no se puede salir de la puerta para afuera. Llamé por el retejador, pero hasta que no levante el tiempo no podrá venir arreglar unas pingadas que hay en el combarrizo que me están a pudrir la leña toda.

Di aviso al Curto, el nieto del Longo, para que vengan las sachadoras de Crasto Laboreiro a la siembra. Pero parece ser que se fueron todas para Francia, esto parece el fin del mundo, ya no hay quien eche una mano. El Curto me trajo algunas cosas de Castro Laboreiro, de junto el tío Carqueixo.

A la Artemia le comió el lobo un cordero. La cosa es para contar, se ve que el lobo empujaba de un lado y la Artemia de otro, peleando por el coitado del año, al final la fiera llevó con ella su presa y la Artemia cayó y ahora está en cama con una escordadura del tobillo. La asistenta social le puso una mujer para hacerle las vueltas.

La gata de Angora que te trajera el padrino, la Kumba, ha desaparecido. Siento tener que darte este disgusto, pero parece que anda la raposa rondando por el pueblo, y sabes que ahora la Xunta protege a las alimañas y persigue a los penitentes.

Pararon los guardias de Lovios al Toñito, el hijo del Pepe, el albañil, el Pardao, el del Antonio, y se conoce que iba borracho y aún se peleó con los guardias y mismo los insultó gravemente. Cuando iba para el Pereiro, alguien llamó a Orense, y al final el Toñito volvió el mismo día. El padre, el Pepe, coitado, lo quería mallar, si no se lo sacan de delante lo mata. Ese hijo la verdad es que acaba con los padres. Y no me lo explico, coche, tabaco rubio, fiestas, con un sueldo de peón del padre y la madre que no echa una huerta ni cría un cerdo, todo a golpe de monedero. Hay cosas que no se explican.

Por si fuera poco todo esto, la Honesta, la de la Pura, la de la Digna, las de la Canella, pues ha salido en estado. No se habla de otra cosa. Ya lo decía yo, fiestas, ferias, mercados, romerías, entierros, cabos de año, discotecas, karaokes y hasta domingos de playa en Vigo, y no le hacía ni una vuelta a la madre en casa. Ni una pieza de ropa, ni la loza le lavaba. Como decía mi abuela, que Dios la tenga en la gloria: “Vaca muy feireada…”. Se habla de que el responsable del estropicio es el el Longinos, el del Magín de Villarino, el que trabaja en las brigadas del fuego. Pero el Longinos ha desaparecido, y mismo otros hablan de un portugués de eses que andan por las verbenas con el tiro. El caso es que la Aparecida, la bisabuela de la Honesta, se metió en la cama y parece que ni come ni bebe y que solo quiere morir. Ya ves como anda el patio.

Vino Pepe Babarro de Allariz, el del camión, y se llevó unos ferrados de maíz y unas escás de centeno. También llevó unos sacos de café “Dromedario” de cinco estrellas y unas hojitas de bacalao. Ingresé todo en tu cartilla, me dijo el Juan de la caja que ahí puedes sacar el dinero sin problema ninguno.

Hace tiempo que no sabemos nada de ti. Se conoce que te van bien las cosas, si no bien que llamabas, tunante. Te conozco como si te pariera. Estamos orgullosos de que al fin te hayas decidido a ser un hombre de provecho, ganándo un jornal y sentando la cabeciña, que buena falta te hacía. Los mozos de tu cuadrilla preguntan mucho por ti, y esperan que vengas para la fiesta del Viso. Tu compadre Celso me ha dicho que ya han encargado un cabrito en la Fraga para asar la antevíspera de la fiesta, como siempre haceis. Tu padrino me dijo que te regala el coche, solo tienes que hacerte tú cargo del cambio de matrícula, aunque parece que puedes llevar la matrícula del Sahara Español, bueno esto será mejor que lo hables con él.

Espero que no descuides tus obligaciones religiosas; es algo en lo que siempre insiste nuestro cura, don Atilano. Yo rezo mucho por ti a la virgen del Viso, a la del Xurés, a la de la Clamadoira, a la del Cristal; a la de la Peneda nos llevaron el otro día de excursión. A la Otilia casi la dejan en tierra cuando no quiso comprar la enciclopedia, a mí ni se me acercaron, con la cara de juez que les puse.

Haz cuidado con las mujeres, Juliño. Mira que las costumbres de eses países tan lejanos son muy distintas de las nuestras. Recuerda lo que decía san Buenaventura, que una mujer adornada y bella con sus aderezos es una espada del demonio bien afilada. Y lo que siempre te dijo tu abuela que tanto te quiere: “La mujer es fuego, el hombre estopa, y Satanás, fuelle”. Bien sabes que el demonio sería mal recibido si atacase de frente y a las claras, y que la cabeza se pierde de seguida y una cosa de un segundo se paga toda la vida. Por eso deber de ir pensando en solicitar el traslado para aquí, buscarte una chica como es debido y formar una familia. Casa hay suficiente para un regimiento, bien lo sabes, y tuya será, Juliño. No quería morir sin verte al lado de una buena mujer y con un nené en los brazos.

Bueno, pues nada más. Recuerda, querido nieto, que ahora eres responsable de tus actos, que eres ya un hombre. Como pasa el tiempo. Aún recuerdo cuanto me ayudaste con las patatas y esas cosas cuando eras un mozo, con aquellos pelos largos.

Ten siempre presente que la buena conciencia es necesaria para nosotros mismos, pero la buena fama es imprescindible para el prójimo.

Muchos besos y un fuerte abrazo de tu abuela que tanto te quiere,

Concha Medela

arume dos piñeiros dijo...

Amigo Medela: a súa facundia narrativa ben se ve de onde lle ven. Esa aboa súa é un valleinclán.

Medela dijo...

Admirado Arume: Non, non. A miña avoa é viúva de guerra, como Kyra Argounova.

Boa noite, señor.

Xaime dijo...

Boa noite, Julio, durma ben que mañan hai que traballar. Boa noite amigos, incluso o anónimo que agora que non é un só.
Nin cunha roga os Remedios de Robra temos remedio.

Xosé M. González dijo...

Medela, malia a inevitable inteferencia a súa avoa corta un castellano que mete envexa. Que ortografía, e a caligrafía mellor será. Aínda que no seu lugar parece que haxa mozas en idade de ter e merecer, eu dáballe un tento á Kyra -vista a non despexada incógnita da súa inclinacion sentimental- para que traspase e viren os dous. Non sabe o ben que dá unha búlgara nun en certo coro lugués, e o que anima tanto loiro en combinación con tamén novos morenos.

Pete nesa porta, Medela. Aínda que por aquí nos falte tempo para algo máis ca unha lecturiña. Saúde e ánimo.

Medela dijo...

Grazas, González, por achegar un bocado de cordura á miña vida.

Kyra xa me convidou a roscas e copiña.

A peor non lle imos, profesor.

Doniña dijo...

Moi estimado Sr.Medela: Dando por sentado que a Radio Televisión, de tan afatado país, non retransmitiría o debate de onte, eu moi gustosa, ofrézolle a miña humilde e imparcial visión. Mire debate , auténtico debate, pouquiño se lle viu, lóxico porque ata as veces que o moderador podía mirar a cada un dos que debatían estaba pactado. Despois nada novo baixo o sol: propostas , ideas , valores, ren de ren, cada un soltou o seu rollo habitual e aquelo semellaba ser calquera debate deses do estado da nación . A nosa terra nin mentala , a pesar de que outras autonomías si se nomearon . O epílogo, desastroso o de un, e o do outro pouquiño mellor , eso si dounos a grazas, non sei se por telos aturado. Hoxe aquí, cada quen fala da feira según lle vai nela . Eu polo de pronto, o próximo non penso velo.
Aproveito para lembrarlle que, cando volte, temos unha merenda pendente, dunha ocasión que me sentín jjjcastelá , e moi a meu pesar, molestei a vostede.Moito me teño arrepentido.
Deséxolle tamén, que os progresos coa Kyra acaden final feliz, se mo permite, aconséllolle que ela non perciba demasiado interese, ás veces, un chisco de indiferencia logra mellores resultados co máis apaixoado dos fervores.
E cando conteste a súa aboa, mándalle unha aperta da miña parte, paréceme muller encantadoramente razoable. Para vostede, como sei que lle gustan, moitos, moitísimos cumprimentos.

Doniña dijo...

O país "afastado"

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Srta. Doniña: Grazas polo súa agarimosa mensaxe. Lamento inmenso que a señorita non tivese gustado do debate... É natural, son cousas non aptas para corazóns sensíbeis, intelixentes e doces coma o seu.

Eu tamén podía telo visto no computador conectado ao satélite kazakho, aparello que me emprestou a simpática señorita supervisora Maria Antònia, mais preferín transcribir a carta da miña avoa, expurgada tal vez dalgúns pormenores familiares que pertencen á blindada e impermeábel esfera do estritamente familiar.

Podía a señorita Doniña facerme un pequeno favor???
Se vostede pasa por Lobeira, pregunte pola casa dos Medela, e cumprimente a miña avoa. Dígalle que me coñece, non sei, que o seu mozo é amigo meu, non lle sei, Doniña, calquera cousa antes de dicir que vostede á a miña amiga... Podía ser malinterpretada.

Lembre, cara señorita, o que dicía San Ignacio: "El trato con las mujeres sea raro, breve y austero, pues del frecuente trato ha de seguirse necesariamente o llama o humo".

E no que respecta á estratexia que estou a seguir para conquistar a linda rusa... Tento parecer unha esfinxe, aínda que só ollar para ela xa me produce tremor de pernas. Razón tiña, agora me decato, o sabio Cornelio Alápide cando dicía "Su mirada es de basilisco, su voz de sirena; encanta con la voz, quita el juicio con la vista y con entrambas cosas pierde y mata".

E sabe, Doniña, por primeira vez na vida AMO unha muller: Kyra Argounova.

Espero combinarmos nas ferias para unha merenda, para nos coñecermos e gozarmos da nosa prometedora amizade.

Beixo respectuosamente a súa man, señorita.

Anónimo dijo...

Kyra Argounova

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Señor Anónimo: Kyra Argounova, en bata aos cadrados, facendo roscas, ou con traxe sastre de regreso do rosario ortodoxo, estalle mellor que a moza que vostede presenta.

Boeno, a moza do seu clip tamén non ten dúbida ningunha.

Anónimo dijo...

Pero xa dubida un pouquiño, a beleza pérdenos, Medela.

Anónimo dijo...

Estimado Anónimo: Compare vostede o blues colonizador que canta a súa bonita amita coa dozura da cantiga que entoaba Kyra, sábado pola mañá, estendendo a roupa na terraza. Eu ollaba para ela desde a miña xanela...

алдынғы үзик ақ соғыт

әрабек әрабек

артқы үзика сқабақ

байрам белжип

бояқ көйлек.



дигирман тас дуўашық

дуўашық

ийинбаў ийт табан

жумалақ түйме!!
жумалақ түйме!!

Recoñece o vello poema musical popular indoeropeo???

En galego élle así, amigo Anónimo:

"Eu chorar chorei o domingo á tarde (bis)
Que veña Lorenzo, que veña Lorenzo,
E que diga a verdade.

Que diga a verdade, pero con cautela (bis)
Túa nai é meiga, túa nai é meiga,
E teño medo dela"

Tiña que ver a Kyra, Anónimo. Tiña que vela.

Cumprimentos.-

Júlio Medela de Lobeira dijo...

O anterior comentario é meu.-

Júlio Medela de Lobeira dijo...

bonita amiga, quixen dicir.

Xosé M. González dijo...

Medela, non sabemos. E queremos saber.

Cumprimentos.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

González, por favor, ben sabe que o aprecio como se fósemos curmáns.

Dígame como demos se pon aquí un hipervencello, para lles poder inserir fotografías.

Por favor...

Grazas.-

Xosé M. González dijo...

Medela, voullo ter que pór moi a cachos, porque se non non o admite o sistema.

Empece escribindo <

Xosé M. González dijo...

A continuación, poña a href="

Xosé M. González dijo...

Despois, poña o enderezo URL completo (empezando por http).

Xosé M. González dijo...

Poña despois ">

Xosé M. González dijo...

Escriba despois o texto que ten conta do hipervencello, e a continuación <

Xosé M. González dijo...

Despois, /a>. Todo debe ir sen espazos intermedios; e xa lle debe saír.

Entendo falar por máis se digo que esperamos expectantes.

XDC dijo...

Pra Apicultor:
Xa sei por qué fai un tempo apenas atopabamos imaxes dos cas "castro leboreiro". É que o verdadeiro nome é "castro lAboreiro". Dinme conta ao ler o texto do Medela.

Anónimo dijo...

iSTO É UNHA PROBA


Visita HTMLpoint

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Profesor González, esta é a empregada do hotel restaurante, en Moynaq, cando Modesto de Cospeito lle preguntou laconicamente:
Y luego tú como te llamas??


yluegotucomotellamas






http://flickr.com/photos/11695962@N00/926922868/

Xosé M. González dijo...

Feitiña. E sabida, polo aceno.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Esta señora tan fashion chámase Myrna. É tamén viúva de guerra e camiña con Kyra todas as tardes. É propietaria dun salón de peiteado. Non lle gusta ser chamada peinadora, non. Seica agora é "estilista".

Myrna

Xosé M. González dijo...

Elegante e de respecto, aparentemente, esa amiga da súa Kyra.

Medela dijo...

Profesor González: O seu ollo experiente reparará, ben seguro, no chándal (chándar na fala local) que leva Madame Myrna por baixo do abrigo de dromedario sintético.

E aínda hai quen di que Nukus non é un sitio fashion!!!

Anónimo dijo...

Por agora quédome coa cantante do outro anónimo.

Medela dijo...

Estimado anónimo, por encanto, por agora... Teña paciencia.

Pensei que este era un blog espiritual, para almas sensibles, doces e puras, espirituais e etéreas... Pensa mal e acertarás, di a miña avoa.

Kyra está agora na igrexa ortodoxa, a ver se lle tiro unha fotografía e a subo.

Saúdos, anónimo outro.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

González, o meu barrio.

PENSIÓNKYRA

Beria en Siberia dijo...

Ordeno que deixen de criar ciumes con Kyra ó tovarich operario Medela. Do contrario vereime obrigado a mandalos a todos a Siberia. De verdá.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Beria, grazas, amigo.
Non hai caso... Estanlle todos apaixonados pola Kyra, por iso frivolizan. E nin a coñecen.

Ah... Si??... Vénlle pola rúa... Si... Élle ela, don Beria.

É KYRA ARGOUNOVA

Vou pola Yashica. Espero que teña carrete.

CLICK/FLASH!!!

Xa está; non creo que se decatase.

Xosé M. González dijo...

O sitio é ben soviético.

Beria en Siberia dijo...

Tovarich Medela, de verdá lle digo que como non espabile un pouco, esa muller háselle escapar entre os dedos. Déixese de romanticismos trasnoitados e bótelle valor, hostia, que hai dicirllo todo.

Anónimo dijo...

Medela ou colga xa unha foto auténtica de Kyra ou vai quedar claro que todo é un conto sen verosimilitude, e esto é peor a que todo sexa mentira.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Cabaleiros: Son un home de honor. Honrado operario galego na emigración; neto de honrados contrabandistas arraianos.
Teñan paciencia, señores. Estanme a revelar a fotografía da Kyra. E terán que tratala informaticamente para lle dar un pouco máis de luz.
Xúrolles que en canto a teña, súboa.
Saúdos.-

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Beria: Gustaríame velo de diante de Kyra, por ver se era quen de manter esa furia tan suevo-soviética diante da linda rusa-karakalpakstá.

E para amenizar a angustiante espera, unha foto do barco que despezamos Modesto de Cospeito e un servidor; foi na barriga desta desfeita que atopamos a fita de "La Pastorina", a nosa cantante talismán, o noso fetiche neste país.
EX-GOLETA-LA PASTORINA

Anónimo dijo...

Ese barco leva aí desguazado dende os días de Noé.

Anónimo dijo...

Ese barco leva aí desguazado dende os días de Noé.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

KYRA

Anónimo dijo...

Vaia ho ! de noite e de costas ! Estamos como estabamos.

Anónimo dijo...

Medela por favor...

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Que queren que lles diga, amigos.

Ser, élles a Kyra.

Agora está no seu cuarto, detrás da porta verde - quirófano. Se queren chamo, tírolle unha foto e súboa. Como vostedes queiran.

Cumprimentos.-

MEDELA dijo...

Esta moza traballa no salón de peiteado da amiga de Kyra, a Myrna. Aínda está a aprender, pouco a pouco. Chámase Kyva.


KYVA

medela dijo...

Kyra está a preguntar ás otras freguesas á que horas é a misa. Kyra é a do gorro cor lila.

KYRA ARGOUNOVA

Leituga 1 dijo...

A Kyva é ben graciosiña.
E a Myrna, a estilista, ben se lle coñece que algo quere. O mellor quere algo de Medela...

arume dos piñeiros dijo...

Iulius Metella Lupariae: non será un debate á karakalpakistaní?

medela dijo...

Arume, non debía querelo, non debía querelo, e no entanto...

É vostede demasiado intelixente para ser deste mundo.

Saúdos, señor.

medela dijo...

Excmo. Sr. Don Leituga One:
É vostede o segundo ángulo do triángulo sagrado.

Ah, se quere recortar o cabelo, o salón da Myrna élle unisex. Non hai caso. A Kyva estalle de servizo permanente.

Grazas, amigo.

arume dos piñeiros dijo...

Que Medela Lobeira!
Que Lobeira Medela!
Que Medela Lobeira!
Lobeiriña, ai Medela!

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Nukus
capital)
Provincia de Karakalpakstan
Uzbekistan
8 de Marzo de 2008

Querida mamá Concha: Acábolle de recibir a súa carta agora mismiño. Non sabe a alegría que me dá o saber noticias de usted e de Galicia. Alégrolleme moito de que me estea ben de saúde, eu tamén lle estou ben, sen novedades ao respecto, fóra dalgunhas molestias ocasionadas polo cambio de aires e de aguas e unha pequena tos pola mañá, seguramente do polvillo da ferralla. Non esqueza tomar as gotas para a tensión, nin a pastilla da mañá. E non deixe acabar o goteiro, váiame antes de terminar o goteiro á farmacia. E non me ande á chuvia, que usted é un fervelliño e non pode parar.

Dígalle ó padriño que moitas grazas polo coche. Dígalle que o meta no combarrizo, que non mo vaia deixar á xeada.
Igual vai por aí unha señora que se chama Doniña, que é de Ourense, preguntando por min. Non se alarme, abuela, foi profesora miña e élle ben boa muller, de bo corazón e sentimientos, que sempre se preocupou polos antigos alumnos. Podía darlle os papeles do coche á señora Doniña para que mos levara a Orense, a Tráfico, onda a Marinita, a nora da Blandina, pero bueno, tanto ten, xa falarei nas vacacións co Avelino da funeraria para arranxar o do seguro e máis o cambio de nombre do coche. Non diga nada logo á señora Doniña caso que se presente nas Quintas.

E logo non lle pode ir sachar a portuguesa de Facós, abuela? Xa sei que non hai quen ature esa tarabela, pero élle o que hai, non están os tempos para andar a escoller.

Pois si que me amola o tema este da Kumba. Mala centella parta á raposa. Desde logo estámoslle bos, mamá Concha. É millor matar un home ca unha raposa. Se os vellos dantes levantan a cabeza... Coitado do Mandarín. Ben seguro que está todo o día a miañar e miañar. Non chame ó veterinario. Cando veña eu de vacacións lévollo un día a Celanova, o Santalices dálle unha pastilla e seica non é preciso operar, nin nada.
Desde logo estámoslle apañados co Toñito, o do albañil. Que ganas de dar a alborada. A ver quen o saca agora de toda esa vaina, porque nos casos en que alguén se vota ós guardias, o xuez non anda con dixomedíxomes. Pobre nai, anque tamén anda todo o santo día a caneala carretera arriba e abaixo. Ese rapaz criouse nas canellas e nas lareiras dos veciños. Habría que falar co fillo do Seara, o que está de escolta do Zapatero, a ver si pode facer algo por el, anque todo esto chéiralleme a can.

Que movida a da Honesta. Que quere que lle diga, abuela, a min parecíame unha rapaza simpática e nada orgullosa. E pasabámosllo ben nas verbenas, toda a mocidade de Lobeira. Quen verá a don Atilano, da maneira que él é, a berrar do púlpito contra el abominable pecado del concubinato. Vaiche boa.

Dígalle o Celso que lle diga o Toñito do Moreno que xa votei. Que me arranxou os papeles para votar por correo unha señora de Allariz que tamén lle anda por acá, a señora chámase doña Cristina, nós chamámoslle Cris, porque ela é moi llana, é a presidenta do Organismo e élle unha señora educada e piadosa. A primeira vez que a vin mismo lle pensei que era unha media monxa de esas. Abuela, que non ma vexan falar co Toñito, sobre todo os do Ayuntamiento. Usted déalle o recado ó Celso, tal e como llo digo.

Estoulle a parar nunha pensión, abuela. A patrona élle fea coma noite de tronos, vella, e o pior de todo, mal encarada. Parece que mesmo lle custa dar os buenos días. Para cobrar á semana si que anda fina, eso si, e sempre a porfiar si lle dou roupa de máis para lavar, ou si poño alto de máis o arradio. Aínda o outro día estaba a fritir unhas roscas parecidas cas que vostede fai, e nin tivo o detalle de me brindar a primeira. Débelle ser, mamá Concha, cousa da relixión que profesan aquí, senón non mo explico. Non sei si cambiar de pensión. Bueno, por en cuanto vou aturando a situación, e a verdade que como son o único cliente pois non lle teño que teimar con ninguién.

Andan a falar no traballo que van meter ferramenta nova, unhas cortadoras desas modernas que nin fan ruido, nin levantan polvillo ningún e que cortan mellor a chatarra. O supervisor élle catalán, abuela, pero boa persona. Non ten problema ningún en pagar un café nin ofrecer tabaco. Tamén non nos explota demasiado a min e máis a un chaval de Lugo que anda a cortar ferro canda min que se chama Modesto e é un bo chaval, traballador e serio. E o catalán, abuela, estivo a comentarme que igual me podía estar canda el na oficina ou de volante de puesto en puesto, como axudante del. Aparte de que o traballo é menos esclavo, gáñase un pouco máis e é máis levadoiro. Se imos a máis de cincuenta kilómetros, ímoslle a mantido. Se é na misma Nukus, dan 3.80 para a comida.

Abuela, podía avisar ó Curto, o do Longo, para me reservar unha ou dúas maletiñas de café, podía traelas para aquí, porque o que aquí se toma non chega nin a achicoria, e sempre podo traelas no avión, sin etiqueta, e se pasa algo, fago o parvo, non son miñas, e polo menos saco para o billete. Algo me comentou a patroa do restaurante onde comemos ás veces, aínda que fixen o parvo, como que non a entendía. Bueno, se tal, xa lle direi algunha cousa, miña abuela.

Anda por aquí un cura vasco, un xesuíta de eses, que axuda ós da guerra e ós drogadictos, etc. Sempre anda á teima comigo, en broma, de que teño que axudalo na capilla, que o teño que aprender a falar o galego, que Nuestro Señor aínda que non o pareza está tamén aquí onda nós, en Nukus. Esas cousas, abuela. Bueno, o padre élle un home novo, anque aplomado, e sempre é importante ter con quen falar. Como di usted, a xente quere xente.

Bueno abuela, eu non lle digo máis nada. Acórdese sempre de que a admiro moito, de que a quero moito e de que me acordo moito de usted, esperando regresar algún día para Galicia.

O seu neto


Julio Medela


P. D. Vótelle unha lona por riba ó coche no combarrizo.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Metellae Prima Epistola ad Lupariam.
Poño o título así en latín para que os que escriban (ou estean a escribir) a Historia da Literatura Galega non o perdan de vista e inclúan este texto na correspondiente Antoloxía.

E permítanme sinalar que neste blog teñen os estudosos materiais para construir a literatura galega do momento baixo eses fitos esenciais de Saavedra, da Coba e Medela. Vale máis cada comentario deles parezo Franco Grande) ca media narrativa (incluidas semblanzas) dos últimos vinte anos.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Da Coba, vostede é, amigo, o único titular do Olimpo que aínda se resiste aos encantos de Kyra Argounova.

Ata agora, claro é.

Despois de ver a fotografía, xa me dirá.

Cumprimentos.-

KYRA E O INFINITO

Xosé M. González dijo...

Medela, asemella que a Kyra baixa algún quilo no verán. Non perderá tamén anos?

Xoan da Coba dijo...

É que lle teño moi pouca imaxinación. Cóstame imaxinar excitantes curvas en tres dimensións a partir do formato bidimensional do papel. Tamén lle teño problemas pra imaxinar a perspectiva. A miña interpretación da información visual é ao xeito anterior a Leonardo da Vinci.