28 feb. 2008


en poleiro alleo
Machos asesinos, de Pedro de Silva (Faro de Vigo, 28 febr.)

El asesino patológico, que goza matando, es muy poco frecuente. En general se mata buscando algo, o sea, por razón de utilidad. En la violencia machista se mata, lisa y llanamente, para defender la propiedad sobre la mujer. Éste es el fondo del asunto. Mientras domine en la mayoría de los hombres la idea de que la mujer es de su propiedad, se darán las condiciones para la violencia machista, aunque las más de las veces el sujeto se reprima, y sólo aflore de modo cruento en individuos aislados. Más al fondo todavía, esa idea de propiedad sobre la mujer va unida a la idea más castiza y tradicional de familia. Dicho de forma algo brutal, tras un machista violento late casi siempre un defensor a ultranza del viejo modelo familiar, de raíz patriarcal y machista. La violencia surge, como resistencia, cuando sube la marea social para superar ese modelo y el agua le entra al macho en casa.

30 comentarios:

Xoan da Coba dijo...

O fulano estaba certo de que lle asistían unhos dereitos "sagrados", unhos "fueros". "Sempre foi así", decía, amparándose, pretendidamente na Historia. Nada importaba a lexislación vixente ante o "sagrado". Rematóu matando a quen pensaba que se apropiaba daqueles dereitos. Matóu ao chivo expiatorio que simbolizaba unha sociedade que xa non entendía.
Quen era? Un agresivo machista ou un etarra?.

anónimo/demtreio dijo...

Ollo, irmán, que éche moi doado deslizarse pola pendente da demagoxia "estrutural". Ollo, por favor. Parece que neste espazo vostede goza de certa prevalencia. Modere a reflexión. Non vaia ser que todo sexa un e o mesmo. Prégollo. Estamos diante de cousas moi serias.

Xoan da Coba dijo...

Como case todo o que escribo, trato somentes de facer pensar. E non creo ter ningunha prevalencia no blog. Polo menos, non penso que a mereza.

Xoan da Coba dijo...

Claro que, pensar adoita a ser algo molesto pra queñes fai tempo chegaron a conclusiós definitivas. Precisamente hai quen define "conclusión" como "o punto no que un se cansóu de pensar".

Xaime dijo...

Xoan, estou completamente dacordo co que dixo vostede.

Xoan da Coba dijo...

Unha das fórmulas infalibles pra imhibir o pensamento e forzar a posturas reverenciales é o uso pomposo de obviedades coma "estamos diante de cousas moi serias".Unberto Eco dixit.

XDC dijo...

Qué desatre cós "m" e os "n". Dislexia dixital ante as teclas?.

arume dos piñeiros dijo...

Hoxe lín sobre eso das posturas reverenciales unha entrada de artigo que xa esgotaba calquera cousa: "Hai que felicitar –e así o farán os galegos de boa vontade".

apicultor dijo...

Refírese vostede, Arume, por un casual ao artigo de Fernán-Vello publicado hoxe non Galicia-idem.?

arume dos piñeiros dijo...

Non quixen entrar no fondo do asunto do artigo, pero hai que recoñecer (e así o fará a xente intelixente e capaz) que unha entrada así evita calquera disidencia, so pena de pasar por malévolo. No he de callar...

apicultor dijo...

Pois entre, entre...

marcel swann dijo...

Eu debo de ser un galego de má (apócope de "mala") vontade.

Tampouco debo de ser "gente normal".

Pero en fin, entendo perfectamente que entre eles se feliciten, se congratulen e miren por quedar para outra.

arume dos piñeiros dijo...

Eu sonlle para esto, como escribía o outro día Ferrín, moi calvinista. Non amarreta, pero si frugal. Non me gustan eses dispendios. Probablemente haxa negocio (nun sentido amplo e benevolente) bó: ninguén o dubida. Pero pode parecer excesivo. E a xente ten dereito a dicir que lle pode parecer excesivo.
Os que foron poden exaltar a importancia ou a relevancia para Galicia que un evento destas magnitudes pode reportar. Pero tamén estarán no seu dereito aqueles que poidan dubidar de tal extremo, sen que, por isa razón, sexan alcumados como malévolos ou como ninguneadores da cultura galega, como tamén teño escoitado. Que, de paso, algúns tiren a dar contra a existencia mesma dunha cultura nacional diferenciada e vexan mal que Galicia ocupe o lugar que debería ocupar España (nunca escoitei esta especie, pero en fin, tamén pode entenderse como xuízo de intencións de quen non quere saber nada do galeguismo), non debe ser argumento para denigrar aos que disinten do feito en Cuba.
Hai tamén outros críticos disgustados coa participación nun país de contrastadas carencias democráticas (Amnistía Internacional dixit). Reproban a viaxe con argumentos políticos. Os que foron defenden a necesidade de cumprir cunha invitación e de servir de canle entre as dúas culturas. De paso, algúns, máis marcados desde o punto de vista ideolóxico pola súa proximidade co réxime castrista, non aceptan siquera a primeira. Tanto uns como os outros volven ter todo o dereito a manifestar a súa posición ao respecto.
En conclusión (da Coba, eh) provisional, direi que está ben ir a Cuba e dicir que todo foi marabilloso e fructífero. Pero que tamén ten dereito a xente a decir, coa razón que se queira, que non. Digo eu.

XDC dijo...

É moi curioso que eses que dicen saber facer render os cartos públicos de un e mil xeitos,nunca se arriscan a facer o mesmo cos seus propios cartos.
O gasto de pólvora do rei, sempre é facil de xustificar.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Sobre o artigo do meu semipaisano Pedro de Silva, direi máis: a exaltación dos sentimentos fronte á razón ou a racionalidade nas relacións humanas tamén leva a súa parte. Ese deixarse levar polos sentimentos (pensemos nesas expresións apaixoadas que falan do amor como un algo totalizador que tanto éxito teñen) determina un grao de primitivismo nos afectos amorosos. Xa sei que moitas veces non é máis ca un xogo ou unha expresión retórica que comprace, pero moitas outras esa mesma paixón conduce ao delirio e á posesión obsesiva.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

E ao crime, esquecín engadir.

XDC dijo...

Ok, Arume.

E pódense atopar símiles en moitos outros asuntos

Anónimo dijo...

Arume é un colonizado presumido amigo da Gilita.

apicultor dijo...

Xa estamos en danza...

arume dos piñeiros dijo...

Agora mesmo estou no Danieli en Venezia: hai unha néboa sobre o gran canale e a illa de san Giorgio apenas se mira desde a fiestra do hotel. Sairei dar unha volta pola praza de san Marco: no Florián unha bella ragazza agarda. Boas noites.

arume dos piñeiros dijo...

A gilita e o arume.

esta vez: EU (é que son un ególatra) dijo...

"Unha das fórmulas infalibles pra imhibir o pensamento e forzar a posturas reverenciales é o uso pomposo de obviedades coma "estamos diante de cousas moi serias".Unberto Eco dixit."

¡Ay, ignorante de min, que me dan no fuciño con Umberto Eco ou me citan a Checaspeare en inglés, na fermosa pasaxe do conto do tolo, do ruído e a furia! ¡Onde me metín, desgraciadiño!

Menos mal que dentro dunha hora vou papar un bocadillo de xamón cocido axudado con un tintorro de Pantón.

Saúde e saúdos, xenios.

XDC dijo...

Grazas polo de xenio,"Esta vez:eu". Menos mal que hai alguén que me comprende e valora as miñas infinitas (aleph2) capacidades. O recoñocer a simple vista aos xenios xeniáis coma mín, dí moito da súa perspicacia.
Dar nos fuciños có nome dalgún escritor recoñecido é un recurso tan lexítimo coma o de acudir aos "lugares comús".
Que lle aproveito ese viño, criado seguramente nos bancáis de Pombeiro, mirando pra o Sil. E grazas por lembrarme que lle debo visita a un amigo de Ferreira.

bastián gomez trabadelo dijo...

A ver se ves condanado do demo, e de paso pagas a última ronda que aínda adébedas.
Coñezo o eu e o viño dil eche todiño unha purrela, e o xamón está pasado, aínda que de pico anda ben.

Anónimo dijo...

do blog de JUAN CRUZ:28 febrero, 2008 - 07:06 - Juan Cruz

La violencia
La violencia de los hombres contra las mujeres, y a veces viceversa, pero muy pocas veces, es la consecuencia desgraciada y actual de siglos de dominación masculina en España y en el mundo. La solución no es ni política ni policial ni judicial, aunque la política, la policía y la justicia tienen mucho que hacer; la cuestión es educativa, en la educación está la madre de todas las batallas sociales y políticas que debe emprender un Estado moderno para acabar con sus atavismos, con los lugares comunes que han permitido que una violencia larvada se manifieste ahora con la crudeza que reflejan las peores noticias. Ayer hablaba con Pablo Ordaz, que tan buenas crónicas está haciendo de la campaña electoral, de lo que ha sucedido y de cómo esto ha trascendido como un puñetazo en el discurso político, tantas veces vacuo, faltón, de estos días: ha entrado en los mítines la realidad, y la realidad no está para bromas, lo que sucede es muy serio, y no sucede ahora y desde ahora, es un mal de siglos que forma parte de esas costumbres que no son, ni mucho menos, todas buenas.

Leituga 1 dijo...

Ese Pablo Ordaz está sendo todo un descubrimento para min nesta campaña electoral. ¿Sígueno algo, en "El País"?

apicultor dijo...

Non, a verdade que non. Creo. Estes días teño lido pouco a prensa.

marcos valcarcel dijo...

E para qué vai ler a prensa, apicultor, se xa lle pasamos no blog o resume acaído de todas as novas e opinións importantes...

arume dos piñeiros dijo...

Non é mal xornalista (estivo, se non recordo mal, nas crónicas sobre o 11-M), pero eu teño as miñas dúbidas sobre se o estilo supera o esixido nunha información dese tipo. Máis parece comentario ou crónica subxectiva ca información. Eu creo que esta é unha deriva de EL PAÍS á vista do que está a acontecer noutros xornais. O estilo impersonal na redacción vai desaparecendo e os límites entre información e opinión vanse difuminando.
En todo caso, escribe ben, pero a min resúltame molesto o exceso de subxectivismo. E será culpa da miña educación antiga sobre o que debe ser unha redacción xornaleira.
Recomendo vivamente o diario de Radio 5 das dúas da tarde: con Rafael Bermejo. Información abundante e completísima. De política nacional, pouco; máis sobre asuntos sociais cunha profundidade descoñecida no xornalismo de hoxe. Teñen libertade (non de tipo político, senon profisional) e nótase.

Leituga 1 dijo...

Os diarios están moi "posicionados", sobre todo en campaña electoral. Agora ben, eu prefiro os que toman partido con claridade que aos que queren engañar aos seus lectores aparentando unha falsa neutralidade (toda a prensa galega).

Coincido con vostede, Arume, no de Radio 5, que fago extensivo a toda RNE, emisora onde hoxe se atopa o mellor xornalismo radiofónico dende a perspectiva clásica que vostede -e tamén eu, non vaia crer- añora.