28 feb. 2008


en poleiro alleo
(Foto: Cris Tobío, de ECG)

Panfleto antipedagóxico (Anxo Tarrío, Galicia Hoxe 28 febr.)
Anxo Tarrío comenta o "panfleto" de Ricardo Moreno Castillo do que xa falamos nesta casa hai uns meses.

Amancio Prada canta temas do músico francés Leo Ferré (ECG 28 febr.)
La niña de Lerroux, de J.M. Ponte (Faro de Vigo 28 febr.)

6 comentarios:

Xaime dijo...

Se conoceran a Mariano Rajoy, e por suposto non presumo diso, deberían saber que a alusión a pequerrechiña do seu alegato final no debate non é casual, xa que éste non da puntada sin fío.
Miren que eu inmediatamente pensei, que era unha boa maneira de que todas as críticas, se as houbera, virían pola vía do contido, nunca polo sexista da elección, e deberán perdoarme pero non sei que me da que a nena era LEONOR.

arume dos piñeiros dijo...

Vai ser o José Manuel Ponte un dos millores articulistas do momento. E témolo aquí ao lado. Xenial o final do seu artigo.

Leituga 1 dijo...

A xa célebre "niña de Rajoy" non creo que tivese ningunha referencia concreta e moito menos a que sinala Xaime.
É un recurso -ou máis ben un "recursi"- moi propio das campañas de Antonio Sola, asesor de Rajoy moi bregado en campañas electorais latinoamenricanas. De alí provén tamén o "Cabeza y corazón", que na versión orixinal antepuña un "Mano dura" aquí piadosamente eludido.

marcos valcarcel dijo...

Ten bastantes admiradores J.M. Ponte, incluído algún compañeiro de páxina de bastante sona ...

marcos valcarcel dijo...

No fío do sinalado por Leituga, supoño que xa estará algún xornalista de El País ou da SER ou de quen sexa, buscando as andainas e aventuras dese tal Antonio Sola para facelas públicas: seguro que hai xoias nas súas campañas de antoloxía.

XDC dijo...

Enlazo video youtube:
A.Prada-Pres.disco.