26 feb 2008

en poleiro alleo
Pan e coitelo. O valor dos debates cara a cara, de X. M. Sarille (ECG 26.2.08)

Eu gustei do que disputaron Solbes e Pizarro. Aprendín e tirei conclusións. A primeira é que Pizarro non sabe economía política, esa disciplina, tan complexa, resúltalle allea e por iso non está preparado para gobernar, aínda que sexa unha persoa perfectamente capacitada para dirixir con brillo unha grande empresa ou o seu bolso particular. A segunda conclusión, moi pedagóxica e talvez decisiva para a maioría dos espectadores, é que Pizarro sería capaz de privatizar as pensións e desvinculalas totalmente da protección pública, tal como fixeron no seu día os gobernos de Augusto Pinochet en Chile. Ese foi un dos principais argumentos de Pedro Solbes, o núcleo duro onde dobrou ao contrincante definitivamente. Por certo, ao ministro non lle foi necesario o artificio: cun ollo pechado, a cara afectada por unha parálise pasaxeira, o outro ollo mirando permanentemente para o atril, mais con moita precisión e rigor, iso si, merendouse ao popular. Ou sexa que menos pólvora de verbena.

Ao raiar o sol. Centenario de Curros Enríquez, de Luís González Tosar (ECG, 24.02.2008)
A nosa selección en Pequín, de Afonso V.Monxardín (GH. 26.2.08)

28 comentarios:

Anónimo dijo...

A "Economía Política" nunca resolvéu nada. Explica moi ben as cousas a posteriori, eso sí.

Xaime dijo...

A economía que nos trataron de debullar no debate o Pizarro mailo Solbes é algo que poucos entenden e eu menos, e que por iso o tema é áspero e intragable.
Os números dunha multinacional están en tempo real nunha pantalla de ordenador, namentras que os de un Estado, Autonomía, Provincia, Comarca ou Concello, depende de mil factores que son dificilmente aprehensibles nunha campaña eleitoral.
A decisión dunha provisión para privatizar as pensións, se está ben fundada, nunha economía liberal, acorde co Tratado da Unión, non só é posible senón que recomendable, xa que libera a Administración dunha partida obligacional que otorga recursos a outras inversións. No modelo de Estado de Benestar e de Gasto Social como no que estamos vencellados polos principios socialdemócratas vixentes, a operación sería unha traición a esos propios principios, xa que suporía a deixación do Estado en pro de intereses capitalistas e mesquinos.
Máis do 90% da poboación mundial non ten Seguridade Social como a nosa, nin acceso a cobertura social mínima, e como deben supor nin siquer nos E.E.U.U..
Resumindo, xaora que España non é Endesa pero as dúas escomenzan por E, e todo é empezar e recomendo non rexeitar porque sí argumentos que hoxe non están consagrados pero que mañán poden ser mandamentos.

Anónimo dijo...

Campaña

Anónimo dijo...

No entanto, a selección de Irlanda estivo nun mundial. E tamén a de Irlanda do Norte.
Se o señor Amancio Ortega tivera de asesor a Monxardín, aínda seguiría a vender batas de guatiné.

Anónimo dijo...

Vénme á lembranza aquel Calviño que dirixira a RTVE e era oposto ás televisións autonómicas que sobordasen, mutatis mutandis, o folclórico e mailo interese local; "la televisión es un juguete caro", dicía. Máis ou menos, a filosofía que, tamén no nome do PSOE, aplicara Pedro Revaldería na TVG: non se pode, quere nin procede competir con TVE. Por haber, había quen nin cine en galego quería pór.

De todos modos é igual, ou parecido. De momento, nin vai haber selección olímpica europea nin galega nos campionatos mundiais. Iso si, a idea inmediata é seguir vendo seleccións oficiais de bo nivel contra a nosa, pagando, claro; a releche sería que se solidarizasen coa causa nacional galega de gratís.

Anónimo dijo...

ARUME: Posso falar com você?

Arume: Onde é que está, ó???

Anónimo dijo...

Mande, Medela, aquí abaixo. Diga.

Anónimo dijo...

Eh, ah, oh, si.

Nada, envíolle vínculo á aventura do venres coa nosa Kyra.

Anónimo dijo...

Di o artigo de Monxardín:"¿E a selección galega de fútbol? Pois é unha iniciativa que pode servir, de consolidarse, como marca de identidade propia -de Galicia ollo, non do nacionalismo-"
Non hai problema, que non teña medo, se serve para a identidade de Galiza, os nacionalistas xa nos sentimos contentos.

Anónimo dijo...

Que dis, anónimo, que dis que non se che entende nada. A onde queres chegar, que queres denunciar, a ver, que non hai quen carallo che entenda, espabila e explícate xa.

Anónimo dijo...

No Reino Unido, ás diferentes nacións que a configuran dáselle a xestión de todas as "simboloxías nacináis" que queiran:bandeira,selección de fútebol,etc. Pero de xestionar un peso, nada de nada.

Anónimo dijo...

A min o asunto este súdama un pouco, a dicir verdade. Pero, xa postos a opinar, eu prefiro que a selección galega de fútbol non teña carácter oficial, pois iso sería consecuencia de ter unha liga propia. E, colonizado como son, paréceme mellor un campionato onde o Celta, aínda a risco de caer no pozo da Segunda División, poida enfrontarse co Madrid, o Barcelona, etc, a unha Liga onde os grandes choques sexan contra o Dépor, o Lugo, o Pontevedra, o Alondras de Cangas, o Choco de Redondela e o Racing Villalbés.

Nisto pásame como a moitos cataláns, que prefiren que o Barça se mida co Madrid e non co Nástic de Tarragona ou o Palafrugell F.C.

Ligas así "nacionalizadas" serían, ademais, unha ruína económica, dáme a impresión.

E se queren que lles diga toda a verdade, penso o mesmo da Liga Española. Tanto Betis, tanto Getafe, tanto Mucia, tanto Levante...

Habería que ir a unha Liga Europea estable e potente, con ascensos e descensos, con conferencia este e conferencia oeste primeiro e despois unha fase final cos mellores de cada lado. Logo podería haber un campionato español, italiano, alemán, etc. para os que non dan chegado pero queren chegar a Europa, e despois aínda campionatos territorializados para os clubes de tamaño máis reducido.

E para os Xogos Olímpicos, de non eliminalos, como sería o meu gusto, váleme a proposta de Monxardín.

Xaime dijo...

Alteza Leituga I: Defraudame un pouco se mete no mesmo caixón o Deportivo da Coruña co Clube Deportivo Lugo.
A cascarilla elle todo un bluf, namentras nós, de un pequeno equipo de aldea fixemos un conxunto que se pasea polos campos da Segunda B, con honra e ca cabeza ergueita, eso sí sin ningún canteirán.

Anónimo dijo...

Craso erro; hai selección galesa de fútbol sen liga galesa de fútbol; só unha Copa de Gales, ou como se chame, cousa máis ou menos paralela á da S. M. juancárlica. Participan, iso si, en competicións europeas: hai anos, penso que na da UEFA, o Wrexham metéralle tres penso que ao mesmo Barça, para mofa, befa, escarnio e broncas gargalladas célticas (isto último formaba parte de certa crónica que eu lera, abafado pola vergoña).

O da Gran Liga Europea pón dentes longos en termos de espectáculo, aínda que as grandes ligas tamén poden dar grandes blufs; haberaa se a pela o impón. Pero non ten que ver, xa o dixo o mestre; como le digo una cosa le digo la otra.

Xa ves, Xaime, que nin hai respecto nin coñecemento. Compararnos a nós cos cascarilleiros. Esta rapazada...

Anónimo dijo...

Vaia.Véñenme de lembrar vostedes que unha das escasísimas veces que vin un partido de fútebol foi en Lugo, precisamente, fai moitos anos. Se non lembro mal, o campo estaba a carón do río Miño. Fun por levar a un xogador amigo que viaxaba desde unha cidade diferente ao resto do equipo. Non lembro en qué equipo xogaba naquel momento. SEría o Ourense, ou o Vista Alegre de Santiago,non lembro...

Xaime dijo...

Eu cando estaba en Santiago entrenei co Vista Alegre, por que o de xogar estaba máis caro.
Pros capitalinos das Uvas, onde ben ese precioso nome de VISTA ALEGRE.

Anónimo dijo...

Eu creo que ven da casa con finca que hai abaixo enfrente xusto do campo de futebol, hoxe creo que aloxamiento luxurious da Universidade. Falo por intuición, aínda que algúns apunten a proximidade do Pombal.;)

Xaime dijo...

Non se me ocorrira, pero apúntome a esa segunda opción, polo menos é moito máis creativa.
Contan que a Cunqueiro, que se gababa de saber alemán, chámarono da Audiencia de Lugo, para facer de intérprete e tradutor dos papeis que chegaran da Alemania ou escritos en Germano.
Nun pleito o presidente da Audiencia de Lugo, que foi que me contou a anécdota, citóuno o seu despacho é preguntoulle que explicara o por qué a traducción del era tan diferente a que lles mandara o Consulado de Alemania de non sei onde, coido de Oviedo.
Non se cortou un pelo, e espetoulle o bon do Facorro: "a miña é mais orixinal".

Anónimo dijo...

A última vez que fun a un campo de futbol, hai vinte ou trinta anos, o público do Ourense xa era escéptico visceral e despois de pasarse media hora insultando, por pura divirtición, ao árbitro, nun momento dado, vai e chímpase un dianteiro do ourense na área contraria por ver de engañalo e que pitase penalty. Pero o de negro, atento estaba e sacoulle unha amarela. O público riu do burdo da maniobra e, unha voz alta dixo dirinxíndose ao árbitro: "¿Ver maricón, ves fillo de puta, como agora non te insultamos?, Que tes razón!!! E o público todo riu a cachón.

Anónimo dijo...

Aquela finca de Vista Alegre, ¿non sería dos franciscanos?

O no "Ángel Carro", da Coba, está en efecto ben preto do río, hai máis de vinte anos (trinta?). O vello estaba na avenida da Coruña; daquela case fóra do casco urbano, agora no seu lugar está a Praza de Viana do Castelo e a rúa de entrada a ela. Entre hortas e portas hai algunha referencia.

Anónimo dijo...

Eu fun un día a ver o Celta e un tipo pasou toda a segunda parte, sen ninguén que lle seguira os insultos, berrando "Árbitro, fillo de puta, mohamed, mohamed, fillo das cen mil putas de Mahoma, e veña mohamed, mohamed". Completamente tolo nin poñía atención ao partido, coma un mantra: "Mohamed, mohamed". Os espectadores mirabamonos uns aos outros e non entendiamos a tolemia do ghicho ata que un descubriu a razón de tales berros inacabables: "É que o árbitro é do colexio ceutí".

Xaime dijo...

Amigo Monxardín: Hoxe xa lle cambiou moito eso, pero pola súa saúde mental, se aguantou vinte ou trinta anos sin ír, non reincida, non perde nada

Anónimo dijo...

Agora hai unha rúa alí case en Pelamios que separa ámbalas dúas fincas, a do convento de san Francisco de propiamente a casa, pero ben puido ser deles.
Co cal, o nome de vista alegre pode deberse tamén aos materiais sicotrópicos (mapoulas e mandrágoras) aos que eran, ao parecer, tan afeccionados aquel irmán sol, aquela irmá lúa e aquel irmán lobo das terras umbras.

Anónimo dijo...

Hoxe linlle un comentario moi interesante a este chico de Iniciativa per Catalunya i Verds, Joan Herrera.

Dicía o Xan que os (partidos) políticos están deixando de dirixirse aos cidadáns coma seres libres, con opinións propias, para tratalos coma "clientes" ou "usuarios".

Este xeito de levar as relacións interpersonais estase extendendo a moitos ámbitos.

Anónimo dijo...

Pois a min contáronme que nun Ourense-Lleida, cando o club "rojillo" estaba presidido por Baltar, este compartía palco co presidente do equipo catalán. Todo moi ben e moi cortés ao principio, pero a medida que avanzaba o partido e as cousas se torcían para os ourensáns, Baltar foise desmadrando, poñíase de pé e berraba continuamente, sen facer caso de quen tiña ao lado, cousas do tipo: "ladrós!", "catalás tiñades que ser, carallo!".
Ao final, o presidente do Lleida deixoulle a man colgando e marchou sen dicirlle unha palabra.

Anónimo dijo...

Eu era moi amigo de moitos dos xogadores do Ourense,e do filial, de principios dos oitenta, mesmo do malogrado "Lito". Tamñen de moitos xogadores de aficionados de "peñas". Unha vez,fun con algús deles ao campo do Seixalbo pra velos xogar. Non aparecéu o árbrito e, pra que non se cancelara o partido, convencéronme a mín pra que arbitrara, anque lles repetín por activa e por pasiva que eu non tiña nin idea. Aquelo foi un desastre.Chamáronme de todo desde a gradas.Imaxinen:partido entre "peñas",brutos como arados,sen linieres. Xa facían os "off side" adrede. Eu non os vía. Aon mellor,pitaba un "posicional". Un deles dixérame, antes de escomenzar: "Tí, cado non sepas quén fixo a falta, pita con decisión pra calquer lado, e xa está". Fíxeno precisamente en contra del nunha xogada, e cabreóuse todo.Porriba, paróuseme o reló e dinme conta cando xa pasaba un carto de hora dos noventa minutos.A xente berraba: "árbitro,pita o final!!", hasta que me dín conta que as agullas do reló levaban un bó rato paradas no mesmo sitio...
Ao rematar o partido, en ambos vestuarios,oíase baixar todolos santos do ceo. Non había vestuario aparte pra o árbitro e tiven que aguantar o chaparrón no dos perdedores...
Ao rematar, xa todos duchados, fomos tomar unhas cervezas, e dixéronme:"Tés que virnos arbitrar máis veces, estuvo moi ben". Ao día seguinte compréi na "Rexión" o reglamento do Pedro Escartín. Arbitréi unhos cantos partidos máis,antes de deixalo definitivamente por culpa dos estudos.

Anónimo dijo...

Alguén recorda a alineación daquel Deportivo Ourense, que a finais do sesenta gañou todos os partidos de liga? Ainda así creo que non chegara acadar o ascenso á segunda división.

Anónimo dijo...

Siareiro, se ten interés dígolla toda de carretilla.