26 feb. 2008


ZAPATERO-RAJOY. Primeira impresión (ás 11,55 h.). Imaxe de Ben Lawson.

Rajoy. Dereita dura, catastrofismo: o inicio do seu discurso foi abraiante polo medo que metía. Obsesionado coa inmigración, asociada sempre á delincuencia (nin unha palabra positiva sobre a contribución dos inmigrantes) e co terrorismo. Defendeuse en economía e quedou moi atrás en todo o demais. Acorralado cando se lle preguntou polos trasvases (non podía definirse ou se lle rompe o partido). Excesivo e indignante acusando a Zapatero de "agredir ás víctimas do terrorismo".
Foi máis o Rajoy da loita dura dos anos da oposición que da imaxe moderada que agora queren vender en campaña os estrategas do PP.
Zapatero. Privilexiou as mensaxes en positivo. Defendeuse moi ben na exposición do labor do seu goberno en políticas sociais, política exterior e defensa das autonomías. Atacou a cotío a xestión dos anteriores gobernos do PP onde era ministro Rajoy: como forma de comparación e de impugnación do discurso do PP. Moi ben na explicación da integración dos inmigrantes e brillante no exemplo do bonobus coas regularizacións da etapa Rajoy. Ben tamén na denuncia do PP por utilizar partidistamente o terrorismo e o 11-M.
Algúns quizais desexarían un tono máis enérxico e contundente, pero non é o propio de Zapatero nun debate deste tipo.
De Galicia, nin pío. Só unha breve alusión de Zapatero ó papel do PP no Prestige (por certo, Rajoy en ningún momento se atreveu a defender a Aznar, nin nisto nin noutras cousas).
Isto é o que lle acabo de contar a un xornalista de La Región por tf. Pedíame tamén unha puntuación: eu daríalle arredor do 7 a Zapatero e un 5-6 a Rajoy, sumando todo, formas e fondo do debate.
ACTUALIZACIÓN: segundo a enquisa de La Región, onte a noite, entre os seus "opinantes habituais", gañou Rajoy para Moncho Conde Corbal e Rosendo Luis Fernández; gañou Zapatero para Afonso V. Monxardín, Santiago Lago, Gonzalo Iglesias, Herminio Iglesias e eu mesmo; empataron, segundo Xavier Limia Gardón. As notas máis altas deullas Rosendo L.Fdez. (militante PP) a Rajoy e Gonzalo Iglesias (idem. PSOE) a Zapatero; as máis baixas ós dous, as de M.Herminio Iglesias (militante BNG).

102 comentarios:

marcos valcarcel dijo...

A miña primeira impresión queda na pantalla. Agora teño que ir durmir, que mañá madrugo. Mañá lerei con gusto as súas opinións ó respecto.

Xaime dijo...

Comparto na súa maior parte as observacións de Marcos.
Rajoy, para mín estivo errático, demasiado ansioso en chegar o debate corto, e como dicía continuamente "lo que interesa a la gente".
Zapatero, práctico, locuaz pero as máis das veces valeiro e obsesionado cos gobernos do PP.
O meu resúmo e que Rajoy tivo palabras pero non expuso as razóns nin os dados, namentras Zapatero tivo dados pero non palabras.
Despois de seguir un Sarkocy vs Ségolène Royal este formato é de pena.

Jim Morrison dijo...

Ganou Zapatero con claridade. Estivo moito mellor do que eu esperaba, tal vez porque non se tratou propiamente dun debate que dese marxe á improvisación e ás estratexias retóricas, nas que ZP non é moi ducho. O presidente controlou mellor os tempos, pareceu seguro e tranquilo (agás cando tratou de "escurrir el bulto" no tema da inmigración) e inspirou máis confianza. Ademáis, os primeiros planos eliminaron de pantalla esa xesticulación ríxida, mecánica e un punto agresiva que refuta a súa mensaxe verbal. Polas mesmas razóns, Rajoy non puido destacar e limitouse a repetir o guión que levaba preparado e memorizado, reproducindo a súa imaxe de opositor destructivo. É verdade que non se discutíu a fondo nada, pero, como todo o mundo sabe, para discutir a fondo xa están As uvas na Solaina. En termos futbolísticos eu diría que o partido finalizou cun 2-1 a favor deZapatero.

apicultor dijo...

Comparto a avaliación xeral de Marcos e Jim.

Un Rajoy con ese ton desprezativo tan típico de la derecha de toda la vida, agresivo, cínico. Houbo nun momento que semellou acurralar a un ZP máis melifluo. Pero este soubo repoñerse e asentarlle un par de estocadas. ZP transmitiu máis credibilidade aínda que lle falte algo máis de contundencia.

As enquisas que se fixeron amosaron a ZP como gañador, con toda lóxica.

A min, desde logo, que chegue a gobernar esta dereita méteme verdadeiramente medo.

Leituga 1 dijo...

Eu tamén estou de acordo coas súas valoracións, agás algúns matices.
Creo, por exemplo, que Zapatero estivo moi listo non cedendo á estratexia de Rajoy de concentrar exclusivamente o debate sobre políticas sociais no asunto da inmigración. Non escurriu o vulto, pois logo se estendeu sobre esa cuestión, pero tampouco permitiu o que pretendía Rajoy: impedirlle facer unha defensa das políticas sociais destes catro anos e comparalas coas dos gobernos do PP.

Polas intervencións e os argumentos de cada un, eu creo que o debate rematou en "tablas". Pero máis alá de cada unha das palabras do debate, Rajoy presentouse como un líder estrictamente negativo, excesivamente agresivo e finalmente desmedido e inxusto ao acusar reiteradamente a Zapatero de "agredir ás víctimas do terrorismo".

No alegato final, non entendo cómo Rajoy aceptou largar a cursilada esa da "niña española". Fíxoo ademais poñendo unha cara na que non se lle notaba moita convicción. Parecía un rapaz que ten que ler en alto na escola un texto que non entende ou que lle parece unha parvada.

Nese alegato final, en cambio, Zapatero trazou dous ou tres obxectivos fortes para os vindeiros anos: pleno emprego, continuidade na construción do Estado do Benestar e 0,7% en cooperación internacional, nunha clara chiscadela oas votantes de IU, aos esquerdistas reticentes e aos electores máis novos.

Outro factor importante foron os caretos. A Rajoy, aínda que quera ocultalo, acaba asomándolle sempre ese rictus, ese aceno facial un tanto soberbio e despectivo que tan pouca simpatías esperta. Os ollos de Zapatero, en cambio, a súa "mirada positiva", transmiten unha mistura de idealismo, enerxía e convicción que resultan atractivos. Non sei se Xoán da Cova estará de acordo comigo nestas apreciaicóns fisiognómicas e non verbais.

Pero, finalmente, o debate gánase no post-debate. É dicir, nas sondaxes e nas valoracións dos medios. O que para min rematou en empate transformouse nunha victoria de Zapatero por causa da unanimidade dos sondeos. Todos os que vin ata agora -Cuatro, La Sexta, Antena-3, El País...- dan como vencedor a Zapatero. E prefiguran o resultado do 9-M, porque non indican en absoluto valoracións obxectivas, senón adhesións a un ou a outro candidato.

arume dos piñeiros dijo...

José Manuel Ponte
Como escribo esta pequeña crónica antes de que se produzca el debate entre el señor Zapatero y el señor Rajoy, no puedo opinar sobre su resultado. No obstante, doy por hecho que, salvo que uno de los dos contendientes hubiera sufrido un desmayo ante las cámaras de televisión, la pelea no habrá terminado con la derrota por KO de ninguno de los contendientes. Las rígidas condiciones de tiempo, espacio, y temario impuestas por los representantes de ambos partidos lo impiden. (Nada menos que, 50 requisitos se pactaron previamente; desde que las sillas no tuviesen ruedas hasta que las cámaras no pudieran detenerse más de cuatro segundos sobre el rostro de los candidatos para evitar que hiciesen demasiadas muecas durante las réplicas de su oponente). Así pues, el enfrentamiento dialéctico queda reducido a un intercambio de monólogos en el que cada cual ha de esforzarse en transmitir sus argumentos con el mayor acento de sinceridad posible. (Como vulgarmente se dice, "cada loco con su tema"). Don Mariano habrá recitado su mensaje con la memoria y la fluencia sabihonda del opositor a Registros, subrayando las frases con ese susurro salivoso tan característico. Y don José Luis habrá exagerado esa carita de niño bueno que le ha valido tantos papeles de ángel de la guarda en las representaciones teatrales del colegio. Al margen de esos aspectos anecdóticos, es una pena que los partidos hayan renunciado estos años al debate político en los medios delegando esa función en periodistas de su confianza, que van de tertulia en tertulia acometiéndose con fingida ferocidad. Se trata de una táctica muy peligrosa porque la dramatización exagerada de los problemas sociales, por quienes no tienen ninguna responsabilidad en resolverlos, provoca un recalentamiento artificial en la opinión pública. Si lo que dicen algunos fuera cierto, el país ya se hubiera roto en pedazos hace bastante tiempo. En ese apartado, a mi modesto juicio, una buena parte de la culpa corresponde al PP. Durante la pasada legislatura, los medios que se le declaran afines han dicho cosas tremendas sobre la supuesta complicidad del gobierno, de la policía y de los jueces en la ocultación de la autoría de los atentados del 11-M; sobre el supuesto sometimiento del gobierno a los designios de ETA; sobre la financiación del terrorismo con cargo a los presupuestos del estado; y sobre la falta de rigor de nuestro sistema financiero para prevenir una crisis económica de carácter mundial. Y los dirigentes del PP han otorgado carta de naturaleza a esas barbaridades llevándolas al Parlamento como si fueran justas peticiones de esclarecimiento recogidas del sentir de la calle. Comprendo que tienen que halagar al extenso sector de los votantes de extrema derecha que llevan a bordo (la extrema derecha española gobernó durante casi cuarenta años), pero eso no parece compatible con el deseo de comparecer ante el electorado con una fachada de centro derecha moderado. En la misma medida que Zapatero, un socialdemócrata moderado, no puede ser presentado como la reencarnación de Satanás o del Anticristo. Todo en una pieza, y con la sonrisa estirada del hombre que anunciaba Netol, aquel producto que dejaba relimpia la plata.
PD. Imagino que al término del debate todos se habrán apresurado a dar por ganador a su campeón, levantándole la mano. Trucos del boxeo.

Trebi dijo...

Pregunto: Non nos levan o horto? con tanta parafernalia Mediatica..., para o pouco que nos dín.
Menos mal que hoxe a tecnoloxía permite , o tempo velo debate en Internet ..e o mesmo tempo sigues co terbello argallando y lendo ou buscando o que che apetece .
Así o fixen (Por certo una limpece do sonido e imaxen do mellor)

marcel swann dijo...

Tiña razón onte Gaspar Llamazares cando dixo que os candidatos só falaron do pasado ("mechachis, que guapo que soy"; "caray, que malo que fue usted de ministro") sen unha soa proposta de futuro. Foi unha repetición dos debates sobre o estado da monarquía.

Zapatero fixo de tripas corazón sobre as súas incoherencias (silencios, "mentirijillas") no tema do estatuto catalán e nas negociacións con ETA e en moitos momentos mentou a... Aznar (!). Mesmo lle botou a culpa a Rajoy do redondeo do euro. Botou balóns fóra en temas coma vivenda (os minipisillos como solución habitacional), inflación e prezos.

Rajoy cagouna ao final cando acusou a Zapatero de agredir as vítimas do terrorismo. Pero xa antes metera a pata caendo na caricatura do que foron as súas críticas durante a lexislatura. Propostas novidosas, moi poucas. De cultura, ningún dixo ren. De educación, moi pouco.

XDC dijo...

Qué curioso. En base ás declaraciós dos ourensáns que nomea no artigo,prá xente de dereitas gañóu Rajoy,e prá xente de esquerdas gañóu Zapatero.XDD.

Pra mín,a impresión final é que Zapatero saéu gañando votos de indecisos, e Rajoy perdéu votos que tiña, e que irán prá abstención.

marcel swann dijo...

A ver. Deamos un repaso á prensa:

1. Prensa do Impaís independente e non subvencionada:

LVG [modelo = "Nin subo nin baixo; eu dígolles o que oín, pero este chico de León é máis guapo"]:
As sondaxes dan como gañador a Zapatero

El Correo Gallego [modelo = "A próxima vez Rajoy vaino papar"]:
Rodríguez Zapatero y Mariano Rajoy mantienen abierto el duelo tras un ajustado primer asalto

Galicia Hoxe [modelo = "Rajoy o perdedor"]:
Rajoy non logra poñer contra as cordas a ZP. O socialista logra poñer máis que nervioso ó popular ó acusalo de regularizar inmigrantes cun bonobús en lugar de cun contrato de traballo

La Región [Modelo = "Nin subo nin baixo" e "A mi que me registren"]:
División de opiniones sobre el ganador del duelo televisivo entre candidatos electorales.

El Progreso [Modelo = "lo que diga Orozco-la diputación-la Xunta y el"estao"]:
Zapatero gana el debate según los primeros sondeos.

Faro de Vigo [Modelo = "tensión arterial y ambiente cargado"]:
Zapatero y Rajoy elevan la tensión en un debate cargado de acusaciones

La Opinión [Modelo = "escéptico y a min plin, yo duermo en Pikolín"]:
Entre una España de jauja y otra de perdición. Los candidatos del PSOE y el PP a la Presidencia del Gobierno mantuvieron anoche un agrio primer cara a cara televisado.

Vieiros [modelo: "Isto non vai comigo porque non estaban os nosos"]
[non recolle ningunha información sobre o debate en portada]

Galiza nación [modelo "La Razón a la gallega"]:
A festa do bipartidismo televisivo non outorgou novidades


2. Prensa da metrópole

La Razón [modelo = "Muy bien, Mariano, muy bien peleado en el OK corral"]:
Rajoy acorrala a Zapatero

ABC [modelo = "Muy bien, Mariano, muy bien peleado"]
Rajoy arrincona a Zapatero en inmigración, educación, precios y ETA en un duro debate

El País [modelo = "ZP, no te despistes que no está todo ganado"]
Victoria por la mínima de Zapatero

El Mundo [modelo = "Todavía nos queda el segundo debate"]
Una reñida disputa electoral



3. Prensa das colonias:

La Vanguardia [modelo = "Ya se encargará Durán de dulcificar al agrio Mariano"]
Rajoy acosa a Zapatero en un agrio y duro debate

El Periódico [modelo = "No te confíes, president espanyol"]
Zapatero gana; Rajoy aprieta

marcos valcarcel dijo...

É certo o que di XDC: supoño que será moi difícil que unha persoa de esquerdas recoñeza os méritos dun líder de dereitas e o mesmo na dirección contraria.
Tamén é cuestión de estilo: o que uns admirarán no estilo de Rajoy onte -contundencia, enerxía, mesmo certo tono provocador- a moitos outros parécelles chulería e agresividade. A min, p.ex.

Xosé M. González dijo...

Saín do ximnasio aí ás 21:45 e quedaba cheo; coma todos os días. Pola rúa había o movemento habitual e na casa quedei só coa TVG sintonizada. Como para esta estímanse 153.000 espectadores (104.000 no Hai debate da semana pasada), colixo que entre as catro cadeas poderían totalizar medio millón; boa cifra, se atinada, aínda que en realidade moito me parece.

Non o vin enteiro, puideron comigo intervalo e sono; xa que logo, perdín momentos seica singulares coma o referido a non sei que nena. A posta en escena sitúa o telespectador no centro dela, pero quedárame mellor impresión cando os González-Aznar; sería, se cadra, pola calidade dos protagonistas.

Canto ao desempeño dos actuais: correcto, ben preparado, malia algún tropezón lingual seguramente por mala conexión entre memoria e facundia. Ao estar sentado, o mal uso dos brazos non prexudicou a Zapatero; canto a Rajoy, a executoria facía concentrar toda a atención na cara, e a dicción foi bastante coidada, sen que o consabido defecto se fixese notar. Tecnicamente solventes, estilisticamente pobres máis ca sobrios: nin impresionismo nin expresionismo, é o que dan de si.

No contido non houbo novidades, sorpresas nin revelacións. En economía, Rajoy moveuse máis ben no rexistro un tanto garavanceiro dun remoto Fraga; Zapatero presentou estatísticas que o outro rebatía sen que ningún dos dous demostrase maior credibilidade. No social o do PP pasa nos bicos dos pés, xa que o dito durante a lexislatura non se pode repetir nun debate gañavotos; o presidente en funcións aproveitou a conxuntura, malia non dar resposta convincente a críticas de bastante peso canto ao ámbito educativo. No territorial, Rajoy dixo cousas que son o tal para soliviantar xente coma min; pero tamén para convocar a súa parroquia e que non lle soan mal a unha parte boa da do que tiña en fronte.

Cun Zapatero aceirando por veces a voz, con ollo grande pero inexpresivo; Rajoy detrás das gafas, por veces algo inseguro, saíndo a base de labia e leit motiv... aí xa adormecín ata a análise posterior, dos seis.

Do visto e intuído: seleccionaron temas, deixando de esguello cadansúa parcela incómoda sen maior apremio do contrario. Ningún cometeu grandes erros nin lle deu grandes bazas ao rival. Non houbo corpo a corpo nin propostas estrela que sen dúbida virán no próximo debate; obviamente, non considero proposta estrela a do pleno emprego, irrisoria se non fose asunto serio.

En suma: cada un no seu papel. Zapatero consciente de que ten as eleccións ben gañadas, procurando ampliar o seu caudal, non á costa do PP, e quizá acariñando a idea de maioría absoluta. Rajoy mantendo os seus mobilizados a base de grandes motivos, e en ningún momento no rexistro que se lle supón a un gañador. Os medios, repartindo impresións para manter a imprescindible ficción do empate técnico.

As enquisas, por unha vez, suxerindo a realidade: unha grande maioría non quere que goberne o PP nin lle parece que o vaia facer. A cera que arde.

Xosé M. González dijo...

Coda: Galicia non estivo, pero tampouco non era esperada. Está ben dicilo, con todo.

marcos valcarcel dijo...

Galicia non estivo presente, en efecto. Agás a pulla que lle botou Zapatero a Rajoy polo Prestige (estaban de caza: Rajoy nin sequera saiu en defensa do seu xefe Aznar) e a utilización por Rajoy da súa condición de galego ("soy gallego, soy gallego") para sí dar por sentado que entendía o fenómeno da inmigración.
Confeso que ver a Rajoy presumindo de galego prodúceme unha estraña repulsión: será quizais problema meu.
Falouse algo de Cataluña, algo da auga do Mediterráneo e nada en serio de Euskadi, fóra do emprego de ETA e o terrorismo ou o anunciado referendo Ibarretxe por Rajoy, pero para meter medo.

Anónimo dijo...

"Convenceu Rajoy".
Pode que ese sexa un titular. Convenceu Rajoy, Convenceu a todos aqueles que poideran pensar quedar na casa e non ir a votar, ahora si que van ir, Convenceu que esa é a dereita deste país, Convenceu que a extrema dereita deste país e a alternativa o goberno. Convenceu Rajoy na división, eles son media España, (9 millóns de votos), pero a outra media e máis grande, as mitadas non son proporcionales. Convenceu Rajoy de que os emigrantes son os que están nas cárceres, os que molestan por que ocupan o sito na seguridade social e nos servizos público. Convenceu Rajoy por que as vítimas do terrorismo so son al da Alcaraz. Convenceu Rajoy, pero Gañou Zapatero.

arume dos piñeiros dijo...

Acabo de escoitar que vai haber outro debate. Non pode ser.

marcel swann dijo...

Como que Galicia non estivo representada? Aí teñen a Campo Vidal, que fala español (de nacemento), catalán (pola súa terra de acollida) e galego (pola súa dona). Xa lle gustaría a Rajoy, que só fala en pontevedrés, e para iso sen sacar o bistec na boca.

marcel swann dijo...

"da boca", volia dir.

arume dos piñeiros dijo...

Por favor, alguén pode informarme sobre o traxe de Campo Vidal. Foi co da vez anterior?

Xaime dijo...

Eu informoó se a comentario seguido nos fai un pequeno resúmo da ceremonia de Jolivú.

apicultor dijo...

E logo que pasou? Eu nin me fixei no traxe, Arume. Estarei perdendo facultades a toda mecha :-)

Anónimo dijo...

Probablemente equivocareime porque sei moito menos destas cousas que todos os que xa teñen opinado pero….

Persoalmente penso que mais alá da opinión persoal de cada persoa sobre quen gañou ou perdeu o debate (xa que ese xuízo de valor vai moi pegado a ideoloxía da persoa que opina e o feito de que solo debatan dous favorece claramente que ZP sexa declarado gañador do debate, mais alá de que a xente o vote directamente ou voto algún dos partidos que gobernarían con el....). neste punto do partido o aspecto más importante para min é a quen ("a que produto") lle agregou un valor o debate e mais alá da alta probabilidade de que sexan moi poucos os votos que moveu o debate, o feito é que, contrariamente o que a min me gustaría , onte, de moverse algún, iría ao peto de Rajoy (o discurso populista e demagóxico da crise e da emigración vai dirixido a votantes que habitualmente abstéñense), son as vantaxes dos discursos curtoplacistas... (realmente pensa ZP que rabuña un novo voto falando da I+D+i???)...

O sorprendente sería que os lectores deste blog deran por ganador a Rajoy e comulgasen coas súas teses Eu, se fora membro das equipas de estrategas do PSOE tomaría o seguinte debate moi en serio......O obxectivo do PP e obter un voto e un escano mais que o PSOE e dadas as enquisas de gañador /perdedor do debate, e q algúns dos que opinan que gañou ZP votarán a outros partidos, os datos das enquisas postdebate non son nada malos para o PP (penso eu...) ademais se ollamos despazo os datos da realizada por ondacero suxiren movementos curiosos... O próximo debate tocan as propostas..veremos que son capaces de dicir, que sexa crible....

Buenas Tardes y Buena Suerte

arume dos piñeiros dijo...

Xaime: acepto o convite, pero ten que ter en conta que só vin un resumo e, polo tanto, non podo falar da ceremonia completa. Falarei de memoria e coa premisa de que eu nunca perdoo ese rito. Son un mitómano perdido do jolivú.
O espectáculo foi presentado por Jon Stewart, un showman bastante besta da televisión americana, a pesares do seu terno sempre impecable. Os chistes seleccionados do longo speech co que comezou o acto foron moi intelixentes, sempre nese límite do políticamente incorrecto (a guerra de Irak, a folga de guionistas, o chiste sobre Expiación que só comprendían os xudeus), e cunha actuación ás veces demasiado irónica que tiña que acompañar con xestos para que o persoal puidera comprender o alcance do chiste. Eu creo que é un perfecto presentador, tal vez demasiado descoñecido para o público mundial que cada vez é máis maioritario.
Os premios á mellor actriz de reparto caeu en Tilda Swinton, unha actriz extraordinaria mesmo desde o punto de vista da súa faciana, singular e atractiva, que recolleu o premio cun vestido negro de corte irregular que non ornaba a súa figura pero corroboraba esa imaxe fascinante que a acompaña desde que bordou Orlando. Comezou tímida nos agradecementos e rematou como un volcán cunhas palabras cara o bellísimo George Clooney que asentía cunha elegancias sobrenatural e envidiable desde o patio de butacas.
O premio xa coñecido para Bardem supuxo a entronización dun animal escénico, quizáis pagada de forma tardía, como adoita pasar en Jolivú. Non é, para mín, un dos seus mellores papeis, pero debeu de contar o repertorio destes últimos anos (e, sobre todo, esa forza interpretativa que tanto celebra a Academia). A súa intervención foi para mín emocionante no momento en que empregou esa palabra máxica de cómico que traía lembranzas dunha longa historia do teatro, desde a commedia dell'arte, que constitúe o fundamento esencial do cinema. Falou dos cómicos españois e crin entrever unha íntima homenaxe á súa familia (a dos cómicos) e a Fernando Fernán Gómez que foi quen na postguerra volveu darlle o valor que agora ten a palabra. O traxe non era o que millor lle podía quedar, sobre todo coa barba de varios días que lucía para, tal vez, facer esquecer a faciana grotesca do asesino que encarna.
A mellor actriz, unha para mín descoñecida Marion Cotillard, e que levaba un vestido de escamas fermosísimo a xeito dunha serea, fixo unha intervención directamente cursi, tras os agradecementos de rigor, cando dixo que naquela cidade había anxos de verdade. Representar a Edith Piaf debería reportarlle outros beneficios, pero quedaron só nunha estatuiña.
A entrega do premio ao mellor actor foi o momento da noite: un Daniel Day Lewis (con dous zarcillos dourados e un despeiteado cabelo semicanoso e cunha ollada tenra cara a súa muller Rebecca Miller) que se ergueu lentamente para darlle un bico ao seu rival Clooney e para dirixirse ao esceario onde ficou de xeonllos diante da excelsa Helen Mirren que levaba o mellor vestido da noite, un raso roxo vivo, cun guipur adornando os ombreiros. Deu as gracias a Paul Thomas Anderson (que tiña a cara de que non era o seu día nin o seu ano para os oscars) e á súa muller coa mesma ollada con que en A Idade da Inocencia miraba a Michelle Pfeiffer. A cámara, entón, recolleu o momento para mín encantador e emocionante deses dous grandísimos actores (Mirren e Lewis) collidos do ganchete e falando cunha naturalidade que só os deuses da interpretación poden amosar.
O premio á millor película, millor guión adaptado e millor dirección foi para os irmáns Coen, que parecían demasiado fríos naquel esceario, como se agardasen a recompensa.
No tocante ao glamour, hai que sinalar ao atractivísimo Johnny Depp cunhas gafas de pasta de profesor tolo, a unha Penélope Cruz delgada, sobria e sosa de máis, a un Travolta e un Denzel Washington sobradiños de peso (un pouco bocois), a un comedido Jack Nicholson, a unha interesante Diablo Cody, antigua stripper e gañadora do premio ao mellor guión orixinal (Jon Stewart dicia que debeu notar o baixón de salario), a unha bellísima e encantadora Cate Blanchett e a un Harrison Ford avellentado cun rostro cada vez máis torto. Todos eles, eclipsados por esa percha ambulante que responde ao nome de George Clooney, onde todo smoking atopa a súa fantasía corporal.
O espectáculo completo pasou nun plis plas, a pesar dos números musicais melifluos e estomagantes. Eso si: o gañador do millor documental tivo unhas palabras durísimas (dentro da liña liberal que tamén caracteriza ese país) contra a tortura, Guantánamo e as perdas dos valores da democracia americana.
Ata a vindeira ocasión, seguiremos encantados.

apicultor dijo...

Coido falar en nome de todos se o denomino cronista de sociedade oficial d´As Uvas na Solaina, mister Arume.

arume dos piñeiros dijo...

Aceptarei encantado aínda que teña que ir o ano que ven, coa silicona recente, ao Kodak Theater como corresponsal. Farei o esforzo de informalos con toda puntualidade desde o templo do glamour.
Cun pouco máis de presuposto d'As uvas mesmo podo entrar na festa de Elton John. Gustaralle o licor café?

arume dos piñeiros dijo...

Fotos
Vexan as fotos da festa de Elton John, concretamente a de Javier Bardem.

Anónimo dijo...

¡Colonizado!

arume dos piñeiros dijo...

Con Armani, ademáis. Tampouco rexeito un Blu de Bulgari.

Anónimo dijo...

Cantos rodados para alleados e colonizados.

Xosé M. González dijo...

Excelente, Arume. Supoñendo que a palabra máxica é merda (apostrófeme se erro), quedo preocupado coa idea de que o Denzel Washington vaia xa para bocoi; espero que só estea a caracterizarse. Foi mágoa non o poder mandar este ano aló: tenme interesadísimo se o Ford acepta ou non o novo Indiana Jones; e algún ruxerruxe quizá houbo.

Anónimo dijo...

Outro colonizado seudonazonalista.

Xosé M. González dijo...

Anónimo, váiaa rañar. E hoxe non mo tome a mal, ando sen mala intención.

marcos valcarcel dijo...

Pois a min como que me soa esta musiquiña de "colonizado" e "seudonazonalista". Hai tempo que non se usaba en público, certo; pero, claro, dende o anonimato dun blog, así calquera... Saben a quen alcumaban algúns nacionalistas de finais dos 70 como "seudonacionalista"? Pois, por exemplo, ós militantes do PSG, que daquela lideraba un tal Xosé M. Beiras. Quizais tamén sexa outro "colonizado seudonazonalista" para o noso anónimo-troll.

marcos valcarcel dijo...

ESCRIBÍN ó mesmo tempo que a última mensaxe de XMG: el foi moito máis expeditivo. E tamén máis simpático, a verdade.

XDC dijo...

Pois eu tamén me votéi colonia hoxe. Teño un montón delas, diferentes. Regálanmas. Non as dou gasrado. Podería ir a calquera festa glamourosa.

apicultor dijo...

Con isto dos Anónimos podemos acabar toleando un pouquiño. E iso que, maiormente, poden darlle viveza ao debate se somos capaces de ir decodificando. Estes días de atrás apuntaba un incremento na variedade do blog certamente interesante. Abstívenme de dicilo e contrariar a algúns dos veteranos, pero dígoo agora.

XD XD XD

Xosé M. González dijo...

Manteño, Apicultor. E ás veces puntualizo.

(Que será XD?).

apicultor dijo...

XD = Sorriso.
XDDDD = Risa a cachón.

arume dos piñeiros dijo...

Auga de e para Maio (22 para sermos exacto), amigo Saavedra, vai ser o novo Indiana. Anda por aí xa: Indiana Jones and the Kingdom of Crystal Skull

arume dos piñeiros dijo...

Desculpas: Indi

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Amigo Arume:

Moito pregunta vostede polas miñas andanzas no planeta Karakalpak...

Sospeito que quere saber algo de Kyra.

Remítolle este enlace. Disculpará o señor, mais aínda non sei meter hipervínculo aquí.

Terá que copiar e pegar supoño.

https://www.blogger.com/comment.g?blogID=23750033&postID=5715383646502457388&isPopup=true


Apenas unha cousiña:
Non lle gustará Kyra a vostede???

Saúdos.

marcos valcarcel dijo...

Hai media hora dicían na SER que en Buenos Aires os autobuses levan carteis grandes de Zapatero: como se fosen eleccións de alí, pois non din nada de que sexan en España. E tamén contaron que MARIO VARGAS LLOSA lle retirou o apoio ó PP e pasa agora a apoiar a UPD.

marcel swann dijo...

Unha interesante análise sobre os eslogans e as fotos publicitarias dos candidatos (PSOE-PP-BNG-IU):

http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=6996

Xosé M. González dijo...

Xa sabía da Karen Allen, e o do vello Indi é gran noticia (para min, habitualmente pouco actualizado).

Ao Vargas Llosa vaille ben a casa nova. Pero a min chámame máis o do debate galego que non dá tirado; estou convencido de que, interese, pouco.

arume dos piñeiros dijo...

Por Kyra non caio. Pero se ma describe polo miudo, ao mellor. Eu fíxenlle o transiberiano en tempos de perestroika e ao millor compartimos samovar e sopa de apio en Irkutsk. Non será unha desas mulleres que Antonio Pigafetta na súa Relación describía coma "concubinas circasianas de longas pernas".

apicultor dijo...

Unha pregunta, a ver quen me pode informar convenientemente, porque non teño nada claro cal é o procedemento.

Quintana reclama o que poño máis abaixo. Pero pregunto: que instancia gobernamental ou lexislativa pode facer iso? É o goberno central ou pode selo o autonómico? Mediante que procedemento xurídico ou regulamentario? Etcétera. Grazas pola información.

O líder nacionalista denunciou neste acto electoral celebrado na Praza da Peixería de Vilagarcía ante máis de 400 simpatizantes que en Galiza “somos produtores de enerxía eléctrica” pero que veñen a explotala “empresas de fóra” que non deixan beneficios no país. Por ese motivo, reclamou que “os primeiros que teñen que beneficiarse son os galegos”, o que despertou os aplausos do público.

Así, Quintana lembrou que o primeiro que fixo o BNG ao chegar ao goberno galego foi “cambiar o decreto regulador da produción da enerxía eólica” e avogou por aproveitar “este momento de novo ciclo económico” para modificar as tarifas e que os galegos paguen menos polo consumo de enerxía. Para iso, o líder nacionalista aclarou que é necesario que o “Galiza decida en Madrid”, “para que os galegos protexamos a nosa produción”. “Queremos aspirar a producir e saír beneficiados”, sentenciou Quintana.

Xaime dijo...

¡Ay, Xosé Manuel!, con que colonizado pseudonazonalista, só che fai falla unha xibiña para que lle votes os nosos.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Non, Arume, noooooooooooooooooon.

Vostede fala nas circasianas naturais e/ou veciñas da república (da Federación Rusa) Karakhai - Cherkessia; nada que ver.

Irkutsk fica ben lonxe, tamén. De seguro que está confundido... Espero. Aínda que... Non sei... Non sei.

Cumprimentos.-

arume dos piñeiros dijo...

Describa, describa. Que ao millor vai ser unha konsomola que eu coñecín na rúa Arbat naqueles tempos de glasnost nas telas e caviar nos labios.

Xosé M. González dijo...

Fumata, seica.

Medela dijo...

Konsomola??
Vaiche boa... Se deportaron toda a súa familia para o deserto despois da performance do Oswald, en Dallas.

Nada, Arume, síntoo, está equivocadiño... jeje

Saúdos.

arume dos piñeiros dijo...

Ou vai ser unha rapaza de ollos rasgados cun grande sombreiro negro que comía shaslik en Novosibirsk.

Xaime dijo...

Arume, como o prometido é debeda, aí lle vai a resposta sobor de Campo Vidal.
No 93, optou por un traxe oscuro de Cortefiel e garabata azul, nesta púsoxe un liña primavera de Massimo Dutti, de corte británico clásico gris marengo, camisa Pedro del Hiero azul ceo, garabata Blueberry con nó Medio Winsord, zapatos negros Sebagos, nº41, tipo mocasín e calzetíns negros de fío, Carolina Herrera de talla media.
Lucía xemelgos mercados no Escorial oscuros ca insignia do Patrimonio do Estado.
O corte de pelo, clásico, chisco largo, canoso e bigote teñido poblado.
Nos prolegómenos estivo excesivamente educado e condescendente, reiterativo no inicio da presentación e asombrosamente pedante no discurso de condicións.
Foi prudente nos avisos os candidatos e amable nos cortes publicitarios.
O remate celebrou con risas con ambos candidatos a par e en solitario, e finalmente con Zapatero mantivo unha charla apoiado nunha Concha Gª Campoy expléndida.
Os meus informantes están calados sobor da colonia e roupa interior, aínda que sospeito que sería unha fresa de Tommy Hilfinger e calconcillo e camiseta interior sin mangas de Zara blancos

marcos valcarcel dijo...

Pois, xa que houbo fumata, tentaremos cubrir tamén o debate da TVG. Non sei se os seguirá tamén o resto dos contertulios.

marcel swann dijo...

O que quere Quintana é máis competencias e máis pasta. Se gaña o PP, nin unha nin a outra cousa.

Medela, faga o favor: acougue un chisco e envíenos unha foto (xa non lle pedimos webcam) da Kyra esa. Queremos verlle o fuciño. Así, só polo nome e polo que nos conta, non o podemos axudar.

Ademais, aqui non paran moitas mozas que o podan asesorar sobre as súas cuitas conquistadoras. Sobre este tema, moito me temo que a maioría dos cabaleiros que por aquí transitan xa só se acordan da teoría.

Outro día, con máis lecer, cóntolles un chiste sobre unha pulga viaxeira, o bigote de Omar Sharif e o felpudo de Brigitte Bardot.

Tamén sabía un sobre a relación entre Woody Allen, dúas azafatas suecas, unhas esposas e unha botella de vodka Absolut... pero xa me esquecín de que ía.

Xosé M. González dijo...

Swann, seguro que vde. non viu esta curiosa cousa.

marcel swann dijo...

Isto da "z" dos zozioliztoz é pra comer-no-la moral. A pouca que nos vai quedando.

Xosé M. González dijo...

Non diga, Swann, que non é para tanto. Pero ben ve, é a ocupación total, de Galicia e tamén de Galiza. Aquí adoitan pór eses carteis riba doutros do Bloque.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Non podo dubidar da súa información, don Xaime, sobre todo pola exhaustiva. Pero a miña pregunta concreta é: a liña primavera si, de Massimo Dutti, pero de que ano?

apicultor dijo...

É que non hai ninguén que teña suficientes coñecementos para dar cumprida contestación á pregunta que formulei antes?

David Paz Nóvoa dijo...

Na miña opinión, o principal erro de Rajoy foi dirixirse exclusivamente a un tipo de público moi determinado, moi seu, os seus afíns. Ese cidadán pouco informado ao que se lle pode enganar de forma vergoñenta mesturando porcentaxes e datos absolutos no que se refire ao desemprego, ou que pensa que o euribor sobe por culpa de ZP e por iso ten que pagar máis de hipoteca, ou que pensa que as linguas son impedimentos para a comunicación e non ao revés. Ese cidadán ao que non lle repulsa vencellar inmigración e delincuencia e ao que o conto da nena que acaba sendo unha muller "madura y responsable" non lle da noxo senón que o enternece. O erro é pensar que todo o país pensa así, é dicir, que non pensa.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Apicultor: eu creo que a regulación da enerxía lévaa o Ministerio de Economía. Agora ben se pretende explicar o arranque de QUintana debería remontarse aos albores da democracia cando tanto Fenosa, como Endesa ou como Iberduero estiveron sempre no punto de mira do nacionalismo (e tamén doutros moitos cidadáns) porque sempre foi Galicia excedentaria en producción eléctrica e, sen embargo, nunca recibiu por iso compensación económica. Recordo este asunto como un asunto repetido en As Pontes, onde se daba a circunstancia de que moitas aldeas naquela momento da contorna pontesa carecían mesmo de electricidade. Tamén recordo as leas montadas entre a alcaldía e a empresa por cobrar o canon mineiro e o canon eléctrico, xa que este tipo de conceptos compensatorios eran normalmente obviados por Endesa. O que eu podo recordar é o discurso, elaboradísimo e aceptado sen aristas por boa parte da militancia nacionalista de As Pontes, sobre a necesidade de que os beneficios da producción eléctrica foran directamente para Galicia.
Pero creo que detrás do planteamento de Quintana está tamén o asunto da supresión da tarifa nocturna, que, segundo comentan os xornais pero eu non entendo moi ben, afecta máis a Galicia que a outras partes do país. Este asunto concreto é entendido de novo baixo a óptica dunha inxusta apropiación da producción eléctrica que non ten en conta a reinversión no territorio.
Ítem máis. Esta demanda antiga refórzase co feito de que xa agora Fenosa non ten capital maioritario galego e que Endesa xa non é empresa pública. Antes tamén se denunciaba, pero agora engádese esa cousa de "empresas de fóra", que antes non se comentaba.
Non contestei á súa pregunta sobre a regulación do sistema (aínda que creo que é competencia estatal: lémbrense os problemas coa opa de Gas Natural), pero tratei de darlle unha pequena satisfacción. Non son Soros, pero en fin, saberá comprenderme.

apicultor dijo...

Moitas grazas, Arume. Sen dúbida é vostede enciclopédico e multidisciplinar. Ademais de cronista de sociedade, haberá tamén que nomealo comentarista económico, xaora.

XDC dijo...

Buf! Canto escribiron!

Amigo XM Glz:
O símbolo ":)" representa, se o mira de lado, dous ollos e un sorriso.
O ";D" dous ollos ,un deles chiscado,e un sorriso coa boca aberta.
O "X )" son dous ollos pechados cun sorriso.
O "XD" son os ollos pechados e a boca,cando un ríe.
No "XDDDD" hay moitas bocas. Significa que rí moito.
O "8-)" son unhas gafas, o nariz e un sorriso. Sempre mirando dela do, claro.
O "8-o" é con gafas e coa boca aberta, de asombro.
No "8-o=" ten gafas,boca aberta e perilla.
ETc.
:)))

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Apicultor, o común amigo Arume é enciclopédico, multidisciplinar, cronista de sociedade e recoñecido dandy.

Mais Kyra Argounova non estivo nunca en Novosibirsk.

Iso espero.

Cumprimentos.-

medela dijo...

Señor Swann: Non podo enviar fotografía de Kyra. Compréndao. Sería a revolução no blog.

E non sexa mentirán: Si que me poden axudar. Vostede sospeita cómo é Kyra. E tamén gusta dela.
Négueo...

Saúdos, señor.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Pregunte, pregunte. Foi enfrente mesmo dunha berioska, moi perto da estación de tren. Unha velliña que vendía follas de rábano xa non poderá ser testemuña daquel lixeiro devaneo, co ferro do shaslik amenazante e uns ollos transparentes coma a auga do Angará.

medela dijo...

Devaneo???
Devaneo???
Vaiche boa, Vilaboa.

Si, home, quen lle dera un devaneo.
Unha vez preguntei a unha "pija" en Barcelona que por que me odiaba, e sabe qué me respondeu, amigo Arume???

Ya te gustaría a ti que te odiase...


A ver, Arume, de que cor ten os ollos a miña Kyra.

Eh????
A ver.
Non sabe, claro é.

Vaiche boa, Vilaboa.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Nada, hermano, nada, a ver como sae desta.

Os ollos da Kyriña son:

Ollo dereito:
Ollo esquerdo:

jeje


Non sabe.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Como todas as uzbecas como o lapislázuli de Samarkanda.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

jajajajajajajajajajajaja

ARUME FOR PRESIDENT.
ESTE HOME É O MESMO DEMO.
NON HAI QUEN FAGA BO DEL.
NON ME ESTRAÑA QUE TODO O MUNDO O ESTIME.


A súa sona é ben merecida Arume.
Nin que tivese sido seminarista.


Un pequeno pormenor, a Kyriña.................... uzbeka???

Rusa de sangue, desde a fundación vikinga de San Petersburgo.
Karakalpakstá, por nacionalidade, residencia e papeis. En todo caso, de cidadanía uzbeka...


Un abrazo, señor, e grazas por me alegrar o final do día.

Xaime dijo...

Apicultor, vostede é un cabrito: A millor maneira de espanta-los anónimos e trolls diversos foi facelos currar e pensar.
Terei que pensar neste mismo actuar na miña casa ou no despacho, xa que aquí deu resultado.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Xaime: Se o Modesto de Escanavada (Cospeito) e máis a Ryma Nursultan queren montar un bar á beira do Miño Vello, vostede levaríalle os papeis??
Imposto de actividades económicas, módulos, resumo do Iva, seguridade social, trámite do permiso de residencia de Ryma, documentos do xulgado para se casaren, e no seu caso, trámites perante o bispado para contraeren matrimonio canónico??

Pregontoumo hoxe o Modesto, cando andabamos a despezar unha inmensa estatua de Lenin.

Saúdos, don Xaime, cabaleiro lugués.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Nin seminarista nin de colexios de curas nin de monxas. Sorte amigo para mañán: a ver se pode comer unha rosca. Mandareille se ve que tal unhas de Gondomar. Resesas comm'il faut.

Xaime dijo...

"Moça tan fermosa
non vi en la frontera
como la vaquera
de la Finojosa… "

Tip y Coll

Para Modesto de Xustás, amigo de Medela do que ninguén se lembra neste blogue polifácetico, cheo de colonizados pseudonacionalistas.
Teñan boa noite

Xaime dijo...

D. Julio, escrebín o comentario anterior sen saber o que vostede me pide.
Efectivamente podo facer todo o que Modesto me pide pero faría de millor gana

¡....SER PADRIÑO DE VODA ....!

Xaime dijo...

Ca venia do Marcos

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Xaime, ben lle vexo o acareo que hai entre ambas as nacionalidades, a terrachairega e a tártara. Vexo a linda encargada do McDonalds vendendo phoskitos, cubatas de veterano e cotos de pesca entre Escanavada e Reximil.

mmmmmmmmmmmmmm

Xaime dijo...

Non-o tome a coña e non sei o que lle dirá o Modesto, pero nesa zoa, hai bares que viven dos pescadores e das merendas domingueiras dos que din na casa que van pescar e voltan ca cesta chea sin achegarse o río.

Xaime dijo...

Agora sí, boa noite.

Marcel Swann dijo...

No os lo perdáis, amiguitos:

Rajoil y Carmencita: la niña que "nace" en Eshpaña

Xaime dijo...

Nacho Gay: El Confidencial 27-2-08

Ayer martes, día de resaca postengañabobos. Toda una jornada desperdiciada en dilucidar quién se impuso en el careo de Estado, cuando en realidad es lo que menos importa. Menuda borrachera. Jamás un acontecimiento tan pobre había despertado tanta expectación. Lo peor es que esta extraordinaria cobertura, y las tonterías que sobre el enfrentamiento se han dicho en todos los medios, en todas las televisiones, provocará que los partidos piensen que las cosas fueron bien, que este tipo de espectáculos encorsetados suelen dar sus frutos y que los próximos enfrentamientos deben seguir la misma senda 'ultranormativizada'. Nos conceden un debate televisivo de mínimos, un debate para tontos y nosotros aplaudimos con las orejas. Error.

Si no tenemos un 'cuarto poder' crítico y exigente, entonces no tenemos nada.

Día también de sandeces múltiples en materia de audiencias. Que si este debate ha batido todos los récords, que si ha sido más visto que los que enfrentaron a Aznar y González... Sin embargo, sólo aquellos que basaron ayer sus análisis en variables porcentuales como el rating o el share pudieron extraer conclusiones acertadas, pues si se toma como referente el número de espectadores uno debe tener en cuenta que donde antes vivían treinta y cinco millones de personas, luego vivieron cuarenta y ahora vivimos cuarenta y cinco. Más gente en España, más espectadores potenciales. El universo de referencia no es el mismo ahora que antes. Luego no caben comparaciones odiosas. Pero lo que importa es dar noticias grandilocuentes. Da igual que el corpus narrativo sea verdadero o falso. Error.

Si no tenemos un 'cuarto poder' riguroso, entonces no tenemos nada.

Pongo la tele tras el debate. La pongo a la mañana siguiente. Periodistas de alto standing reproducen el careo de sus dos grandes líderes, a los que tan bien representan. En Cuatro, María Antonia Iglesias tilda a Rajoy de “demagogo autoritarista”. Me revuelvo en el asiento. Cómo se puede acusar a alguien de la misma cosa que uno tanto se gusta de practicar y que tan ingentes beneficios le reporta. Pues como eso todo. Y todos. Da igual el color de su ideología. Ni un solo profesional del oficio escribe desde las entrañas. Todos lo hacen con una mano en el monedero y otra en el carné de militante. Somos un país de periodistas paletos, fiel reflejo de la España profunda que aún nos persigue e incluso nos gana la partida. Somos un país de 'lameculos', de 'soplagaitas', de vendedores de humo, de siervos del poder. ¿Dónde están los periodistas? Desde luego en televisión no. Error.

Si no tenemos un 'cuarto poder' televisivo, entonces no tenemos nada.

Error. Error. Error

arume dos piñeiros dijo...

O debate da TVG é entre políticos que non se presentan ás eleccións: cabe maior estafa? E dos tres, o do presidente da Xunta quizáis sexa o menos explicable de todo: de que vai falar? Non me extrañaría nada que o vicepresidente (que tamén leva a súa parte, pero menor) aproveite para facer ver o sucursalismo extremo desa situación: un presidente dunha comunidade autónoma falando de cómo pode ou vai ser a política estatal. Claro que os fíos comunicantes son poderosos, pero un pouco de respeto aos candidatos que van ir ao congreso deberían ter.
Pero xa sei que esta miña opinión debe ser pouco extendida: a falla de debates fai que calquera cousa pareza o premio da tómbola. Pero hai que dicilo.

Xosé M. González dijo...

Da Coba, copio a súa información no meu disco duro, ben agradecido. A partir de agora, entenderei mellor.

Sobre debates: nin Rajoy nin Zapatero son candidatos na provincia de Lugo, pero muros e valados amosan a súa cara; o segundo, sen tan sequera acompañarse da de ningún membro da lista provincial.

Ten Galicia intereses colectivos? Teñen algunha relevancia, como tales, na política desenvolvida ou dimanente do Congreso dos Deputados, do Senado? Existen visións dos intereses galegos como tales? Da súa proxección sobre as institucións centrais do Estado?

Supoño que me explico. A semana que vén, verei tamén o debate televisivo entre representantes das listas de Lugo. Non terá, sen dúbida, tanto eco coma o do luns; pero seguramente si máis substancia.

Xoan da Coba dijo...

Hai algo de razón no de periodistas "lameculos e soplagaitas", anque a expresión é algo forte de máis. Periodistas profesionáis e políticos parecen ter un acordo tácito pra "non mancarse", pra darse importancia mutuamente, esquecéndose do cidadán. O periodismo profesional non pode denunciar moitos feitos que farían "pupa" de verdade á clase política, porque esta última tomaría represalias no ámbito económico. Por eso, a única e verdadeira "libertade de prensa" provén a miúdo dos "colaboradores", contra queñes non poden tomar represalias económicas porque non viven deso.

apicultor dijo...

Non me parece moi congruente criticar que todo se reduza a ZP e Rajoy, e por outra parte dar por bo que todo se reduza -en Galicia- a Touriño, Quintana e Feijóo.

Se queremos que os candidatos a deputados sexan os que debatan, que así sexa en todos os casos, sen excepción.

arume dos piñeiros dijo...

Dixen maior estafa, non estafa a secas. Tamén aparecen canda as eleccións autonómicas os caretos dos candidatos á Xunta en troques dos candidatos á provincia. O que parece insólito (así aparece hoxe en LVG con respecto a outras comunidades) é facer un debate con xente que non se presenta. Será por delegación á inversa: por elevación, no mellor dos casos.

arume dos piñeiros dijo...

Sobre o que di da Coba, haberá que preguntar o volume de negocio (vendas de xornais, contratación de publicidade) destes días co asunto das eleccións. Novecentos mil euros costou o debate do luns, obviamente liquidado cos ingresos publicitarios.
Explicouno moi ben o impresentable seleccionador do combinado nacional: se non sae Raúl nas noticias, non venden os xornais. Pois iso: a vender. Non o producto, senón o debate do producto. E o comentario do debate do producto.

Jim Morrison dijo...

Totalmente de acordo coas opinións de da Coba sobre a simerxia políticos-xornalistas; e coas de Arume sobre o xornalismo deportivo, aínda máis lamentable, se me apuran, que a prensa do corazón.

apicultor dijo...

De acordo con Arume.

Cando menos ZP e Rajoy preséntanse ás eleccións. Pero Touriño, Quin e Feijóo non. Polo menos que se saiba.

arume dos piñeiros dijo...

Escribiu o gran Leonardo de Argensola aquel famoso soneto a unha muller "que se afeitaba y estaba hermosa":

Yo os quiero confesar, don Juan, primero,
que aquel blanco y color de doña Elvira
no tiene de ella más, si bien se mira,
que el haberle costado su dinero.
Pero tras eso confesaros quiero
que es tanta la beldad de su mentira,
que en vano a competir con ella aspira
belleza igual de rostro verdadero.

Mas ¿qué mucho que yo perdido ande
por un engaño tal, pues que sabemos
que nos engaña así Naturaleza?

Porque ese cielo azul que todos vemos,
ni es cielo ni es azul. ¡Lástima grande
que no sea verdad tanta belleza!

Xosé M. González dijo...

Libre me quería eu ver de puntualizar o que non dixen; quede puntualizado, en todo caso, que desexo e verei os debates provinciais, segundo -diría que infructuosamente- quedou indicado na mensaxe anterior (último parágrafo, precisamente).

Corrixamos outro erro: nas eleccións galegas hai carteis dos cabezas de lista, polo menos dalgún dos partidos que concorren; lóxico é exhibir os liderados, non penso que tanto agachar a imaxe de quen a xente vota.

Desbotada por improcedente calquera xeneralización, afirmo: se nas eleccións xerais é interesante algunha abordaxe desde perspectiva galega, terán que ser persoeiros políticos de dimensión galega quen a realicen. A min non me molestan nin me parece improcedente que sexan os líderes de maior nivel; á fin e ao cabo, tamén van aos mitins, e espero que non queiramos cuestionárllelo.

A idea é: molesta que se busque nas eleccións xerais unha perspectiva propia e globalmente galega? Non procede que, no proceso selectivo para o ámbito de decisión política que con grande diferenza máis recursos move, se confronten prioridades, vías de actuación e proxectos de alcance galego? Introduce tal debate algún factor de indesexable disturbio?

A min paréceme unha discusión importante, outórgolle a priori alta relevancia. E os participantes son, posiblemente, os que mellor poden achegar tal visión global, nacional se me perdoan. Tanto me daba que fosen outros, pero o certo é que os candidatos son provinciais e provincial a súa campaña; cunha diferenza importante en relación cos candidatos da provincia de Madrid.

arume dos piñeiros dijo...

Como pode molestar que se fagan debates a nivel nacional galego? Non vexo que por aquí se censure tal posibilidade. O que se censura é que vaian estes e non outros. Xa non son moi coñecidos os candidatos, con esta solución serán menos. Ou é que os queren agochar para que ignoremos as súas extraordinarias virtudes, capaces de eclipsar mesmo a Emilio, Anxo e Alberto?

Xosé M. González dijo...

Entendo a súa irónica reserva, Arume. Do confronto do luns xorde unha aura de non grande xenialidade, e a lírica tivo tempo mellor. Así e todo, reitero o da perspectiva global; pero por min que non se priven: ver o César (ía pór augusto) Molina defender nacionalmente o propio pavillón non deixa de ser incitante eventualidade.

marcel swann dijo...

Ten razón arume dos piñeirais. Touriño, Quintana e Feijoo que debatan no Parlamentiño, que para iso os puxeron aí.

Xa que a piel de toro está dividida en provincias, os votantes deberiamos de ter a posibilidade de esixirlle aos deputados electos por cada circunscrición que miren polos intereses das distinta bisbarras. Iso é o que fan en países civilizados tipo Royaume-Uni.

Non sei até que punto interveñen os deputados provinciais nunha decisión tan espiñenta como a de decidir por onde vai pasar a autovía que unirá Ponteferrada e Aurens (Monforte? Castro Caldelas?).

Por certo, sería didáctico poder cuantificar o traballo dos deputados galegos durante as últimas lexislaturas (número de intervencións, enmendas, asistencia ás distintas comisións, etc). Ao mellor algúns levaban unha sorpresa.

Capataz dijo...

Xa está decidido, a autovía pasará por Monforte, así o asegurou Pepe Blanco, xa hai tempo, sen doerlle prendas, nen escoitar as opinións dos técnicos, deu a súa palabra e punto. Dobre agravio para as terras de Caldelas - Trives dúas veces asoballadas, e pésimamente comunicadas.Dende que os romanos trazaron a vía nova, non se circula por outro lugar... Estas comarcas morren porque ós políticos non lle interesan, non son rendibles, pouca poboación ( e cada vez menos),baixa economía,etc. Unha dor, é unha hipocresía.

marcel swann dijo...

Monforte non lle está mellor, capataz. A Ribeira Sacra (especialmente na póla lucense) é aínda unha area que habería que desenvolver (viño, turismo)

marcel swann dijo...

Polo que levo visto, este debatiño a tres bandas está sendo un esperpento. Empezando polas restritivas normas do debate, negociadas polas mentes brillantes dos asesores seus partidos.

Touriño, entre a publireportaxe do que está a facer a Xunta e o cabo tendido a Zapatero. Para isto se convocou este debate? Falando en touriñés e sen saber controlar o tempo que lle dan. Nin se aprendeu os discursos que lle escribiu o axudante de turno.

Feijoo defendendo a xestión de Aznar (!). Que guapiños fomos. Ideas de futuro: cero.

Pero estes dous, que papel xogan ? Representantes dos galegos ou virreis dos reis de Madrid????? Que fagan un debate, si, pero cando toque falar do seu labor.

Onde están os candidatos galegos que se presentan ás elecións? Quintana aínda ten un pase, porque é único que está a incidir no que van demandar os seus deputados en Madrid.

Capataz dijo...

Home, alomenos mellor comunicado si que está; a póla ourensá da Ribeira Sacra elle xemelga da lucense, e as bisbarras de O Bolo, Trives, Larouco, A Veiga, Castro Caldelas, Chandexa, Montederramo ... terán dereito a unhas estradas decentes e poder aspirar, só que sexa, a saír do subdesenrolo no que se atopan dende tempo inmemorial, pero... ninguén se acorda delas.Mire que fagan autovía polas dúas partes, non fixeron así dende Benavente?. Máis os alcaldes destas zonas pouquiño se moven, o temor a non saír na foto tenos paralizados.Por eso lle digo que todo é hipocresía, e por iso mesmo non estou vendo esa coña da galega, do debate á dúas bandas ( que o Quin e o Touriño fan equipo) Dóeme, e moito, o agravio que se lle fai a estas terras, nas que vivo.

apicultor dijo...

Home, o debate galego foi o que foi. Tampouco se podía esperar outra cousa.

Touriño sen nada preparado, con desgana, mediocre, expresándose mal, tempos moi mal medidos, pensa que está por riba do ben e do mal.

Feijóo non dá para máis, catro caralladas, con cara de mala hostia, unhas cantas mentiras e unha jeta de cemento de dimensións considerables.

Quin, falar falou ben, cos tempos moi ben medidos, pero repítese máis ca o chourizo, ten a lección ben aprendida e cóntalla ao primeiro que atope pola rúa.

[Creo que esta é a mellor análise que lin nunca :-)]

arume dos piñeiros dijo...

Esto vai camiño de record mundial de comentarios: nun par de días co meu 100.

Xaime dijo...

Arume, que fai vostede aquí. Vaia chorar un pouco o porto.