6 feb. 2008


Precampaña (4)

A precampaña segue animada: que vai quedar para a campaña propiamente dita? Velaí algúns datos do día:
O BNG acusa a Rajoy de "galegofobia", segundo declara F. Jorquera en El País.
Pelexas no PP entre cataláns e aragoneses polo tema da auga e os trasvases.
El País saca á luz un candidato a senador do PP homófobo: non sei por qué, eu non me vou sorprender.
Segue o debate sobre as linguas de España (que son catro, oficiais) pola proposta dos socialistas en Andalucía.
E entra no debate o tema da inmigración: Rajoy promete crear un "contrato de integración" para os inmigrantes, cunha proposta semellante á que presentou CIU nas pasadas eleccións ó Parlamento catalán (O debuxo é de El Roto, ese xenio).

24 comentarios:

Etxe dijo...

¿E logo? ¿Vai haber eleccións?

apicultor dijo...

Pois si que é certo que Rajoy ten "galegofobia", entendida como noxo e desprezo ao idioma galego.

Xaime dijo...

Tampouco na Audiencia Nacional lle andan a zaga. Sae nas novas que o xuiz Grande-Marlaska, no proceso que segue contra a xente de NÓS-UNIDADE POPULAR, nunha providencia sobor da intervención dun traductor chámalle dialecto o galego. Estache boa a navalla.
So por iso, se non fose instructor e fose xulgador, xa se podería promover a súa recusación, e sin ten valor que se opoña.

arume dos piñeiros dijo...

O contrato de integración é unha mistura infame de obviedades que non se recordan aos que vivimos aquí desde hai un tempo (que paguen impostos, que cumplan as leis) e de aparentes demostracións de forza (falsas por outro lado xa que aprender a lingua e respectar os costumes son fenómenos moi extendidos) constitúen unha miserable forma de satisfacer a electores temerosos da inmigración.

apicultor dijo...

Se me permite dicilo con total cariño e admiración, hai cousas nas que vostede aínda segue sendo unha alma bela, amigo Arume.

Mais xa falaremos outro día sobre o particular.

Boa noite, pois.

arume dos piñeiros dijo...

Para o meu caro amico Apicultor:
Bella senz'anima, Riccardo Cocciante

Anónimo dijo...

Seica cando a Rajoy lle preguntaron que lle parecía que Sarkozy airease asuntos da súa vida privada en público dixo o seguinte: "Yo para bien o para mal soy más clásico, soy de Pontevedra. En Galicia somos como somos".

Hipócrita.

arume dos piñeiros dijo...

Costumes que respectar:
1. Siesta, pigazu, toqueada vespertina.
2. Comer máis tarde das dúas. E dous pratos, a poder ser
3. Non almorzar. Ou almorzar dúas veces.
4. Aburrirse os domingos pola tarde.
5. Saír de noite ata as tantas. Ou non chegar.
6. Disfrazarse (máis) polo entroido.
7. Gastar mil euros, máis ou menos, en menos dunha semán antes de que remate o ano. Ou tiralos.
8. Berrar en xeral e tocar o claxon cando che pete. Ou sexa sempre.
9. Comer porco. Pero todo todo, agás os dentes.
10. Falar mal dos inmigrantes. Esta última é a proba fundamental para un bó inmigrante integrado.

Hai máis costumes, pero para que vaian empezando.

arume dos piñeiros dijo...

Esquecín apuntar un costume pontevedrés: ir á Ferreiría e tomar un café no Carabela. Non sei se unha posta de largo no Casino vale para costume respectable.

apicultor dijo...

De boa gana lle tomaba eu agora un café expresso no Carabela. Abofé que si.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Arcadi Espada en EL MUNDO por dentro sobre o editorial de EL MUNDO.

El editorial del periódico aborda la propuesta de Rajoy sobre la integración de los inmigrantes. Me parece muy bien que lo haga, porque una de las obligaciones de los editoriales es encararse con los toros, y más cerca cuanto más fieras. Pena, sin embargo, de la larga cambiada.

Dice el editorial en uno de sus párrafos:

El presidente del PP tendrá que aclarar que con su iniciativa no trata de inmiscuirse en la vida privada de nadie -por algo parecido criticamos en su día a Artur Mas-, sino en aquellas conductas que puedan afectar a la vida privada de otros.
En efecto, el 21 de octubre de 2006, y en relación a la propuesta del entocnes candidato Artur Mas sobre la expendeduría de unos carnets de catalanidad por puntos, el periódico escribió un editorial al que pertenece el párrafo que sigue:
Quienes vienen de fuera a trabajar a nuestro país se integran cuando tienen los mismos derechos y deberes que cualquier cuidadano que cumpla las leyes, y el Estado no ha de inmiscuirse en lo que hacen esas personas con su vida privada, en qué lengua hablan, qué libros leen o a qué espectáculos acuden.
Este fragmento era mucho más gloriosamente preciso que el editorial de hoy cuando distingue [sic] entre la vida privada y la vida privada que afecta a los otros. Y lo era, en especial, por la lengua. Yo estoy de acuerdo en que el estado no ha de inmiscuirse en la lengua que hablan los inmigrantes. Ya lo hará el mercado, que es la vida. Pero es que la propuesta de Mariano Rajoy, tan incierta y ambigua, sólo se vuelve concreta cuando habla de la lengua. Los inmigrantes tendrán la obligación de aprender la lengua española, dice el Opositor. Pues bien: el lector quiere saber lo que piensa el periódico sobre esta cuestión fundamental. Quiere saber si su oposición de 2006 a que la Administración se inmiscuya en la lengua que hablan los inmigrantes sigue vigente en 2008 cuando la Administración es la central, la lengua el castellano y el patrocinador el señor Mariano Rajoy.

arume dos piñeiros dijo...

As palabras de Arias Cañete hoxe pola tarde ("Aquellos camareros maravillosos que teníamos, que le pedíamos uno cortado, un nosequé, mi tostada con crema, la mía con manteca colorada, cerdo, y a mí uno de boquerones en vinagre y venían y te lo traían rápidamente y con una enorme eficacia") definen o pensamento do PP e da dereita en xeral mellor ca moitos programas e debates electorais. Á miseria das palabras de Rajoy engádense estas outras de superioridade social (entre liñas racial) insoportables. Con ese español marabilloso de Ecuador, un representante daquel país comezaba o seu comentario cun "Causa sonrojo" que fago meu e engado "vergonza e noxo".

marcos valcarcel dijo...

PP: POLA BOCA MORRE O PEIXE.
Os que teñan dúbidas sobre o voto ou tentacións de votar o PP deberían ler estes días xornais como ABC, La Razón e El Mundo: enchouparse das declaracións dos líderes do PP nestes medios. Deixalos falar. Se ese elector dubidoso ten un mínimo de sensibilidade, ó escoitalos vaise decidir moi cedo.

marcos valcarcel dijo...

O ARTIGO DE IGNACIO SÁNCHEZ-CUENCA, sociólogo da Complutense, hoxe en El País:
http://www.elpais.com/articulo/opinion/9-M/batalla/electorado/centro/elpepuopi/20080207elpepiopi_12/Tes

Pareceume interesante. Se o lin ven, afirma que a campaña apocalíptica e destructiva do PP na oposición nestes anos pode quitarlles votos ó PP no centro, pero iso se compensaría co que quizais sexa o seu obxectivo central: asustar ó electorado centrista para que tampouco vaia votar ó PSOE e de aí a satanización do seu líder Zapatero.
A cousa parece plausible, non? Se eu non entro no electorado do centro (con Zaplana, Aguirre...?), que o PSOE perda votos nese campo e a ver qué pasa...

XDC dijo...

Interesante, sí. Si eu radicalizo a miña mensaxe, radicalízase tamén o voto do outro lado, deixando vacío o "centro". Unha distribución "bimodal" do voto.Hum.

Anónimo dijo...

ANTÓN LOSADA. GALICIA HOXE 8.2.08
DISQUE DISQUE
Racismo estúpido
Rajoy pon dos nervios a emigrantes galegos
Disque Rajoy vai o-brigar os inmigrantes a asinar un contrato para que respecten os costumes españois. A pregunta é obvia: que costumes, durmir a sesta? Comer gazpacho, ou é máis española a paella, ou a tortilla? Imaxínense que aos galegos emigrantes os obrigaran a firmar tan necio acto de intolerancia. Chamariámoslle o que é: racismo estúpido. Postos a facer contratos, obríguese a quen empreguen inmigrantes a facelo en condicións dignas, para que poidan ter vivenda ou mandar os seus fillos á escola, e sentirse tratados coma cidadáns, non coma escravos do século XXI. Eses deberían ser os nosos costumes, e apréndense fácil.

marcos valcarcel dijo...

Plataforma de Artistas con Zapatero:
Serrat, María Barranco, Ana Belén, Sabina, VíctorManuel, Concha Velasco, Miguel Bosé, Fran Perea, etc. forman parte dun video que pide o apoio a Zapatero (coa lingua de signos). Pode consultarse na web de LA VANGUARDIA.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

^^

Vieiros dijo...

Reformar Espanha?
11:00 07/02/2008

Eis o declarado objectivo de importantes sectores dos nacionalismos periféricos oficialmente adscritos ao autodenominado Reino de Espanha. Em poucas palavras, a estratégia a seguir polos povos basco, catalám e galego passa por fazer coincidir o que Espanha já é (um Estado plurinacional, pluricultural e plurilingüístico) com aquilo que os seus principais partidos políticos (leia-se PSOE e PP) impedem que também seja a nível institucional.

Nessa perspectiva (representada por partidos tipo PNB, CiU ou BNG), a aliança das três nacionalidades históricas (a basca, a catalá e a galega) poderia algum dia mudar a natureza jurídico-política de Espanha, chegando-se a um estatuto igualitário para todos os povos dependentes de Madrid, através –supom-se– da renúncia por parte da naçom hegemónica (castelhana?, espanhola?) de nom sabemos que quotas de soberania em favor das referidas autonomias.

É curioso que as pessoas que, frente a esse modelo, defendemos um outro baseado no exercício do direito de autodeterminaçom, com umha perspectiva independentista, costumemos ser riscadas de ‘utópicas’. Será que alguém acredita realmente que exista algumha possibilidade de que as instituiçons sustentadoras da Espanha unitária, representadas na Constituiçom monárquica de 1978, cedam um milímetro de terreno ganho à soberania dos nossos respectivos povos?

Nom será mais irrealista considerar qualquer possibilidade de renúncia por parte de quem até hoje véu hegemonizando o grande mercado material e simbólico que constitui Espanha, sem quebrar o modelo? Um mercado que, formado polo grande capital sobretodo madrileno em aliança deste com importantes sectores cataláns e bascos, em nengum caso permitirá um reparto equitativo do pastel, nem que seja territorialmente, a risco de que pudesse acabar esquartejado de vez.

Versom eleitoral
A versom eleitoral é só umha imagem reflectida e parcial do cerne do assunto, mas dá para vermos o que podem dar de si as ilusons reformistas. Os nacionalismos basco e catalám, aritmeticamente hegemónicos em parte dos respectivos territórios (a Comunidade Autónoma Basca e o Principado da Catalunha), nom conseguírom quebrar a lógica continuísta do Estado unitário espanhol, e tampouco parece provável que um suposto crescimento significativo do nacionalismo autonomista galego o faga. O maior peso demográfico, económico e, por imperativo constitucional, militar da ‘Espanha una’ barra qualquer pretensom ‘radical’ dos respectivos autonomismos. E nisso, o próprio BNG o reconhece nestes dias de campanha, o PSOE e o PP só constituem versons light e heavy do mesmo espanholismo.

Chega com ver as orientaçons estratégicas das políticas dos grandes partidos espanhóis, a nível educativo, lingüístico, mediático, institucional… com a perspectiva que dam os últimos trinta anos de restauraçom bourbónica, para compreender que o núcleo dirigente do projecto nacional espanhol, hoje ainda nom cristalizado, nom está por nada que nom seja culminar a sua afirmaçom histórica como naçom ‘una, grande y libre’.

Enxergam-se inclusive possibilidades de umha reforma da lei eleitoral que restrinja ainda mais o poder dos votos das direitas basca e catalá, incluindo na eventual jogada o nacionalismo galego. Se a reforma nom for finalmente aplicada significará que o núcleo duro do Estado espanhol nom considera ameaças sérias nos nacionalismos periféricos.

Nom diremos, entenda-se-nos, que seja indiferente a existência de forças que, como o BNG ou os partidos da direita basca e catalá, baseiem o seu jogo eleitoral em ganhar novas competências e defender umha idealista ‘reforma de Espanha’, para assim arranjar acomodo para as suas expectativas autonomias. Umha reforma que, nom o esqueçamos, nem sequer trouxo a lembrada II República, nom menos unitária que a actual monarquia parlamentar.

Lógica institucional
Porém, no caso concreto da Galiza, necessitamos um projecto colectivo que ofereça verdadeiras expectativas de desenvolvimento como povo, para além da lógica institucional fechada que impom o nacionalismo espanhol. A Galiza necessita um verdadeiro projecto de construçom nacional que, como fam todos os povos maduros que ainda nom a conseguírom, aposte na nossa plena maioridade, como naçom soberana.

A partir da assunçom teórica e, sobretodo, da concreçom prática desse projecto, hoje infelizmente disperso e imaturo, a história do nosso país terá dado um salto qualitativo num processo que nos conduza aonde tantos outros povos já chegárom antes de nós: à independência nacional.

Que o BNG nom vai cumprir essa funçom encarrega-se de no-lo lembrar freqüentemente o seu porta-voz nacional. Daí a necessidade de construir algo diferente, que consiga confrontar dialecticamente um programa soberanista de construçom nacional, a partir de parámetros de esquerda, com as condiçons materiais impostas por umha Espanha que já vemos que nom dá para mais.

Será isso, ou continuarmos a ver como o nosso nacionalismo light aspira ao que até hoje ninguém conseguiu: reformar Espanha.

Leituga 1 dijo...

¿Quen é tan fino analista?

marcos valcarcel dijo...

Eu en Vieiros non encontro ese artigo. Insisto en que cando se peguen artigos doutros blogs, webs ou xornais, se faga constar a súa procedencia e autoría. Por respecto á fonte de orixe. E tamén por respecto ós contertulios.

arume dos piñeiros dijo...

Está en Opinión. É de Maurício Castro:Artigo de Vieiros

marcos valcarcel dijo...

Graciñas pola ligazón, Arume. O certo é que andaba noutras cousas (colgarei agora un post das memorias da miña infancia) e non o encontraba.

apicultor dijo...

Si, moi fino analista político o señor Mauricio: necessitamos, necessítase, necessidade, concreçom, construir algo diferente...

Todo un prodixio á hora de dicir qué facer, pero omitindo cómo facelo, con qué medios, etc.

Non me estraña que o independentismo galego sexa o que é: pura indixencia teórica e práctica.