Blogueiros de Ourense
O xornalista Imanol Hernández publica hoxe no xornal La Región unha reportaxe que destaca As uvas na solaina como o blog ourensán máis lido e seguido. Tamén se ocupa esta reportaxe doutros blogs de ourensáns como os da poeta Rosa Enríquez ou o do xornalista de Celanova Antonio Piñeiro.
Transcribo a seguir algunhas das miñas afirmacións nese artigo e engado en comentarios os datos que lle aportei ó xornalista (na súa maioría, por lóxicas razóns de espazo, non recollidos).
O obxectivo do meu blog é servir de foro de comunicación e debate entre persoas con inquedanzas semellantes e, para min mesmo, servir de contraste de pareceres e achega de ideas e reflexións sobre os meus propios escritos (tamén os que saco nos xornais). Polo demais, chegou un momento, tras dous anos de vida, que o blog colleu por si vida propia e ten un abano de contertulios moi fieis, que acoden e participan a diario. Moitos dos post do blog pasan dos cen comentarios, sobre todo se son polémicos (o meu artigo sobre os “enrgúmenos” que boicotearon a María San Gil pasou dos 200 e moitos deles críticos co que eu dicía, por suposto).
O maior mérito do meu blog, con plena sinceridade, non son os meus escritos, senón o alto nivel de participación dos contertulios e o elevado nivel tamén dos debates, sobre todo históricos e culturais.
(Sobre os blogs dos políticos) Porque son unha nova realidade comunicativa e teñen moitos lectores: quen quere votos non pode despreciar nada. Ós blogs dos políticos, pediríalles máis interactividade (que permitan comentarios e os respondan) e certo sentido crítico coas súas propias posicións políticas.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
11 comentarios:
Enquisa sobre blogs (Imanol Hernández, La Región, marzo 2008)
1) ¿Cuántas visitas generales tienes en tu blog
www.asuvasnasolaina.blogspot.com, contando las que se marcan en el perfil
de blogspot? y ¿cuál es el objetivo principal de tu blog?
- Non estou moi pendente diso, a verdade, pero de vez en cando me informa o meu asesor, un compañeiro de Informática (Xulio Outumuro). Da última vez que me pasou datos había arredor de duascentas entradas diarias.
- O obxectivo do meu blog é servir de foro de comunicación e debate entre persoas con inquedanzas semellantes e, para min mesmo, servir de contraste de pareceres e achega de ideas e reflexións sobre os meus propios escritos (tamén os que saco nos xornais). Polo demais, chegou un momento, tras dous anos de vida, que o blog colleu por si vida propia e ten un abano de contertulios moi fieis, que acoden e participan a diario. Moitos dos post do blog pasan dos cen comentarios, sobre todo se son polémicos (o meu artigo sobre os “enrgúmenos” que boicotearon a María San Gil pasou dos 200 e moitos deles críticos co que eu dicía, por suposto).
2) ¿Sabes en qué puesto te encuentras dentro de la lista de los blogs de opinión y literarios más visitados de Ourense y Galicia? ¿cuáles están arriba o abajo del tuyo?
-Pois tampouco che sabería responder a isto. Hai pouco alguén colgou unha clasificación (a nivel mundial, creo) e vin que estaba bastante ben, mesmo por diante dalgún xornal. O maior mérito do meu blog, con plena sinceridade, non son os meus escritos, senón o alto nivel de participación dos contertulios e o elevado nivel tamén dos debates, sobre todo históricos e culturais. Tras dunha serie de heterónimos, agáchanse persoas con certa relevancia na vida cultural e universitaria do país e eles son os que lle están a dar vida ó blog. Eu só pretende suxerir temas, sen ningún tipo de censura, e evitar insultos ou ataques persoais e acusacións sen probas: neste caso opto pola eliminación deses ataques anónimos; de non ser así, sería cómplice de difamación doutras persoas, amigas ademais. O noso é un blog cultural de pretendida vocación formadora e de debate, mesmo iso nos ten causado, en certos foros máis anárquicos, a acusación de ser “elitistas” e “culturetas”.
3) ¿Cuáles son los blogs de opinión más importantes en Ourense? y ¿cuáles son los blogs que recomiendas visitar a cualquier internauta gallego?
- En Ourense e fóra, pero feitos por ourensáns, sigo algúns blogs de amigos como o de Antonio Piñeiro (“Ourensalia”), o de Bouzafría (tamén ourensán) ou o do Liceo. Os meus blogs galegos preferidos están sinalados no meu propio: imprescindibles, os de Brétemas, Fíos Invisibles (a galeguidade na Arxentina coa xenial Débora Campos), De Paso, Dias Estranhos, Arumes dos Piñeiros, Ana Bande, Fragmentos da Galaxia e A vella da manta (do escritor Xosé Miranda). A outros amigos coñecinos dende a blogosfera, por exemplo, David Paz Nóvoa, fillo dun vello amigo, o pedagogo Xosé Paz. Dos non galegos, recomendo os dos escritores Antón Castro e Juan Cruz e o portugués Abrupto.
4) A partir de las pasadas elecciones municipales en 2007, el uso de los blogs entre los políticos ourensanos tuvo un gran boom a ¿qué crees que se debió?
-Porque son unha nova realidade comunicativa e teñen moitos lectores: quen quere votos non pode despreciar nada. Ós blogs dos políticos, pediríalles máis interactividade (que permitan comentarios e os respondan) e certo sentido crítico coas súas propias posicións políticas.
5)¿Cuál es el objetivo principal de los blogs en la era informática actual?
- Abrir unha nova vía de comunicación que é aínda unha incógnita no seu futuro. Ten todas as potencialidades: insertas imaxes, videos, música, interactividade, etc. Como fenómeno social irá para enriba e aínda nos ofrecerán novidades hoxe insospeitadas.
6) ¿Crees que los blogs periodísticos personales pueden llegar a suplir al periodismo impreso?
- Creo que xogan en campos diferentes e non deben sustituírse. A prensa escrita ten outros enemigos máis graves (os xornais gratuítos, por exemplo). Agora, si que é interesante que os xornalistas lean os blogs máis útiles e se sirvan deles como fonte de temas e debates. Sei que xa o fan moitos xornalistas, porque logo mo comentan no meu caso.
7) ¿Desde cuándo tienes tu blog? ¿has conocido gente a través de las fiestas, reuniones o juntanzas bloggeras?
- O meu blog acaba de cumprir dous anos, só dous anos, pero ten unha vida moi intensa, quizais demasiado. Superei xa os 1700 post e ademais actualízase todos os días, ás veces dúas veces ó día. Só ler todos os comentarios que xenera lévame ás veces unha hora ou dúas. Coñecín bos amigos a través dos blogs, como comentei antes (xentes tan interesantes como Débora Campos en Arxentina e moitos máis) e colaborei nalgún proxecto colectivo, como o primeiro libro da blogosfera galega, pero non teño ido a xuntanzas nin festas do sector (aínda).
-
8) ¿Qué opinas de la reciente creación del hosting "blogaliza"?, que agrupa a más de 500 blogs en gallego.
- Sempre é boa calquera inciativa chamada a difundir este mundo e a poñernos en contacto todos os blogueiros/as, aínda que, por motivos de tempo, é obviamente imposible seguir en contacto con 500 blogs diferentes e hai que escoller os prioritarios de cadaquén: na vida case todo escoller.
O blog matóu á estrela da radio?.
O Marcos é unha estrela dos blogs!.
Novo termo acuñado: blogstar!.
Marcos Valcárcel new blogstar!
Marcos Valcárcel new blogstar!.
Uú Uú
Uú nenaaaa
vouche ser un gran
Rock&Blog Star...
Abrirás o ordenador e atoparásme a mín.
Na vida todo é escoller, sí. E o verdadeiro problema da escolla non é decidir qué metemos ao saco, sinón determinar qué é o que queda fora.
O burro de Buridán sacaba todas as cousas que tiña no saco e metía as que quedaran fora. E o proceso repetíase hasta o infinito. Castigo dos Deuses por ornear fora de hora. (Xa sabedes que en Cangas pensan que o burro ornea a determinadas horas).
O vindeiro Premio Nacional da Cultura Galega vai para vostede, amigo Valcárcel. Así dará prestixio a estes novos recoñecementos. Se hai que presentar candidatura, xa me dirán vostedes como se fai. Aquí xa vai a miña.
Graciñas Arume, eu necesitaba contratar un asesor como vostede. Teñen un nome en inglés, non, como é? Eses que che soben o ánimo e fan de asesores psicolóxico-espirituais...
Por certo, que caña lle dan a dona Ánxela Bugallo, anunciando os PNCG, na web de ECG, varios lectores "irritados": "fanática comunista" e lindezas semellantes.
Eu tamén apoio a candidatura de Valcárcel... coa condición innegociable de que logo nos convide a un bo xantar cos doce mil cincocentes euros do premio :-)
Grazas pola mención, amigo Marcos. Gustóume o de Rock&Blog Star, si señor. ¿onde hai que asinar para apoiar esa candidatura?
Croques, Perfecto Conde
Para o último Anónimo:
nesta casa temos falado dos Croques de PERFECTO CONDE, outro dos blogs que sigo con certa regularidade. Non o citei, porque non podo citar a todos e a pregunta do xornalista referíase ós feitos por ourensáns (creo que PC é lugués), aínda que citase logo outros non ourensáns que sigo case a diario. Pero, ben, engadido queda á relación (en calquera caso, ese dato non saíu no xornal).
Perfecto Conde é do concello da Pontenova, seica dunha aldea chamada Xinzo que debe ser a que figura na toponimia oficial como adscrita á parroquia de San Vicente de Vilameá.
Porén, Carlos Conde -amigo e compinche de Nivardo Castro- non sei se non era dalgunha freguesía de Mondoñedo. Este ano, por certo, os meus alumnos de cuarto len Narcos; iso, se queren aspirar a aprobar.
Publicar un comentario