Cen anos de historia cultural
1998: Mirada á Idade Media
1998: Mirada á Idade Media
(Os debuxos son de Chencho Pardo Valdés e apareceron en 1998 no suplemento cultural de La Voz de Galicia)
O Día das Letras Galegas de 1998 estivo dedicado ós poetas trobadorescos da ría de Vigo: Martín Códax, Johan de Cangas e Meendinho. Iso provocou, ademais dunha serie de actos de homenaxe, algúns na illa de San Simón, unha chea de estudos a cargo de autores como Carlos Barros, Henrique Monteagudo, Alexandre Ripoll, Xosé R. Pena, Víctor Freixanes, Mercedes Brea, Manuel Pedro Ferreira e Luz Pozo Garza, entre outros. A Real Academia Galega publicaba unha Homenaxe ós tres poetas medievais da Ría de Vigo, preparada por Xesús Alonso Montero.
O mundo medieval tamén estaba moi presente nalgúns dos estudos históricos do ano, por exemplo, El monacato benedictino y la sociedad en la Galicia medieval (SEG), de José Miguel Andrade, ou o colectivo Polo Reino de Galiza (ANT), con textos de Camilo Nogueira, Xosé R. Freixeiro Mato, Carlos P. Martínez Pereiro e Francisco Carballo.
A Historia contemporánea, con todo, seguía acollendo a maioría dos traballos de ensaio e investigación daquel momento. Citemos, entre outros, Sindicalistas e rebeldes (ANT), de Dionisio Pereira; Emigrantes, caciques e indianos (Xerais), de Xosé M. Núñez Seixas; Os devanceiros dos pazos (Sotelo Blanco), de Antonio Presedo; O agrarismo (ANT), de Miguel Cabo Villaverde; Vigo na historia, de Basilio Cegarra; Temas y personajes de la historia coruñesa contemporánea (Deputación A Coruña), de Antonio Meijide Pardo; Murguía (Toxosoutos), de Francisco A. Vidal; Antolín Faraldo. O gran soñador (Xerais), de Fernández del Riego; Pé das Burgas. Estudios de historia, xornalismo e literatura (M. Valcárcel); O que fixeron en Galicia. 1936 (ANT), de Carlos Pereira Martínez, ou as memorias republicanas de Enrique Fernández Sendón (Ed. Do Castro), preparadas por Xosé L. Axeitos e Uxío Bobillo.
Xosé R. Barreiro Fernández coordinaba a Historia da Universidade de Santiago (USC), cun primeiro tomo das orixes ó século XIX; Xosé Nogueira publicaba en ANT o seu balance O cine en Galicia, e Xerais editaba en galego o Manifesto Comunista, de Marx e Engels, en tradución de Frank Meyer e introducido por Ramón Máiz. A Real Academia Galega publicaba ademais, coa Fundación Caixa Galicia, as Prosas recuperadas: o periodismo de Manuel Murguía (Antoloxía básica, 1853-1923), preparado por José A. Durán.
No capítulo de lingua e literatura, moitas novidades dignas de salientar. Como a Homenaxe a Ramón Lorenzo, publicada en Galaxia, baixo a edición de Dieter Kremel, o Consello da Cultura Galega e as Universidades de Compostela e Trier (Tréveris), con estudos de Méndez Ferrín, Carlos Casares, Alfredo Conde e Marga Romero, entre outros. O Consello da Cultura Galega daba tamén á luz as actas do encontro O futuro da lingua, coordinado por Xoán Bouzada e Anxo M. Lorenzo, e Antón Santamarina ingresaba na RAG co discurso A linguaxe e as linguas: Ramón Piñeiro revisitado. Xosé Vicenzo Freire ocupábase de A actividade editorial en Galicia (1850-1936), publicado por Edicións do Cumio. Tamén en 1998, a Deputación da Coruña editaba A poesía galega de Manuel Curros Enríquez, tese de doutoramento do profesor Elisardo López Varela, en dous volumes de dúas mil páxinas en conxunto. Pola súa banda, Pilar García Negro tamén facía o mesmo con Valentín Lamas Carvajal. Poesía en galego, máis de cincocentas páxinas de edición e estudo dos textos do poeta ourensán (Edicións do Castro). Natalia Regueiro achegábase a Os mundos de Claudio Rodríguez Fer; Armando Requeixo historiaba os Escritores mindonienses (Sociedade Cultural Valle Inclán); e Marcos Seixo daba a coñecer unha biografía de Roberto Blanco Torres (ANT).

(...) Máis polémico era o ensaio de María Xosé Queizán, Misoxinia e racismo na poesía de Pondal (Laiovento), que xerou un certo debate, dende o feminismo, na cultura galega. Andrés Pociña publicaba Galicia e Granada: dous cabos dun eixo espiritual, e Xenaro García Suárez, o volume Fendas na caverna (Xerais). Dolores Vilavedra coordinaba o segundo volume do Diccionario da Literatura Galega da Editorial Galaxia, dedicado neste caso ás publicacións periódicas literarias ou con interese literario.
No territorio da Antropoloxía subliñemos obras como Guía da Galiza Máxica (Galaxia, de Víctor Vaqueiro; Serpes e dragóns (Ed. Do Cumio), de Xosé R. Mariño Ferro, e Os labirintos do corpo (ANT), de Lourdes Méndez.

No hay comentarios:
Publicar un comentario