5 mar 2008

Manuel Dios: "Encher de relixións a escola non soluciona"
O Seminario Galego de Educación para a Paz celebra os seus XXIII encontros reclamando unha materia de historia dos distintos credos.


Sempre defendín o mesmo que sostivo Manuel Dios neste encontro.
Por suposto, os docentes que impartisen esa nova Historia das Relixións ou como se chamase deberían ser profesores competentes e preparados e non predicadores confesionais, como é obvio.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Amigo Marcos. Se defendemos un ensino laico, sen complexos, non lle vexo ningún sentido á substitución da relixión por ningunha outra materia "similar".

A historia das relixións, como a historia de tódalas demais creacións humanas (filosóficas, artísticas, científicas, técnicas, etc.)xa teñen cabida, debidamente contextualizadas, na materia de Historia.

O cambio, cando se chegue a producir ( que eu non sei se chegarei a ver) non debe ser tanto no currículo senón no espírito do profesorado; de todo o profesorado.

En efecto, unha escola laica debería vir caracterizada máis polo peso dos valores cívicos e democráticos na súa vida diaria, nas aulas, que pola presenza de novas materias nun currículo xa excesivamente sobrecargado e parcelado como o actual.
Xabimusic.

Anónimo dijo...

Pois agora co da Educación para a cidadanía en debacle, sería momento para esquecerse de todos estes sucedáneos dunha materia que non debería nin aparecer distinguida nos curricula. Que pensan, en todo caso, os historiadores desta solaina sobre o historicismo a ultranza dos programas do bacharelato humanístico?

Anónimo dijo...

¿Qué quere dicir "historicismo a ultranza dos programas do bacharelato humanístico"?

Anónimo dijo...

Iso mesmo me pregunto eu.

Anónimo dijo...

Historia da literatura, historia da filosofía, historia da historia, historia das relixións...

Anónimo dijo...

Por favor, non cambiemos de tema... ¿Que opinades sobre o hipotético troco da materia "relixión" pola "historia das relixións" que se está a propoñer en algúns foros, desde a perspectiva dun ensino laico.
Xabimusic.

Anónimo dijo...

En mi Instituto es más coñazo el profesor que pondrán de historia das relixións que el cura.

Xaime dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Cambiar de tema non está mal: a min gústame moito. Pero eu xa dixen que para min as horas de relixión e sustitutivas deberían ser entregadas a outras materias. Como as de Educación para a cidadanía e outras que non menciono por non causar destrozos.

Anónimo dijo...

1º Bacharelato humanístico:
Lingua galega
Lingua española
Lingua inglesa
Lingua latina
Lingua grega
Lingua francesa
Nin en Filoloxía.
E o que non é lingua é Historia da Filosofía e Historia dos Acontecementos.

Anónimo dijo...

"Nin en Filoloxía": así saen logo os filólogos! :-)

Anónimo dijo...

"Educación para a cidadanía" é unha ocurrencia que non chegará nin siquera a nacer, e se o fai, será como "maría", sen horas e sen importancia. Non hai que temer, por tanto, que adoctrinen aos nenos no laicisms, porque os nenos non se tomarán a asignatura en serio. Cousa distinta é a asignatura de "Historia das relixións", que se debía implantar cando alguén teña o coraxe de suprimir o concordadato co Vaticano e, con el, a asignatura de relixión. O problema desta asignatura é que lla asignarán aos profesores de historia ou de filosofía, "progres" de catecismo a maioría, que non teñen nin idea da materia. Nesa tesitura, o mellor sería suprimir a relixión e a ética, e darlle as horas sobrantes a outras asignaturas.

Anónimo dijo...

M. Dios......¿Ateo?