22 abr 2008


Ave Fénix.
Pan por Pan mércores 23 abril


A crise aberta no Partido Popular tralas eleccións está a desenvolverse co guión dos peores augurios. Por riba do xogo retórico, a confrontación Rajoy-Aguirre ten unha dureza sorprendente: se se tratan así entre amigos, do mesmo partido, que pensarán dos seus adversarios políticos (non digamos inimigos)? Asistimos a achegas tan surrealistas como descubrir que seica no PP hai “socialdemócratas”, pero eu non me imaxino a ningún líder “popular” a ler ás escondidas as teses do renegado Kautsky, que diría o vello Vladimir. En fin, non se sabe que sairá deste parto dos elefantes, aínda que nada sucede en van. A crise pode ser unha catarse necesaria, pero as chagas nunca curan ben de todo. Rexurdirá un novo PP como Ave Fénix das cinzas desta crise? O malo do conto é que a lenda di que o ovo da Ave Fénix renacía cada cincocentos anos. E non creo que Esperanza queira agardar tanto.

44 comentarios:

Anónimo dijo...

Falando do partido popular. Alguén me pode explicar que caracho (como diría Fole) fan esas bandeiriñas españolas e esas mencións a "Orense, Galicia arrived" no blog? Que alguén quite esa p... m... de aí, hom! Non imos "arrive" así a ningures.

Anónimo dijo...

E que nós, os galegos, con todo o listisísimos que somos, somos meros consumidores de estes fantásticos servicios da interrede. En entorno usuario, que é como decir "en plan barrio sésamo". Queñes o fan e o poñen ao noso servizo son outra xente, moi iñorante, case sunormáis, que vive noutro sitio e que fala outra lingua.

Anónimo dijo...

E xa me dirás qué ten que ver o PP coa bandeiriña.

Anónimo dijo...

Así é, ademirado xdc. E xa que fala de iñorantes, velaquí unha auténtica pérola da sabiduría, nesta nova escola pilingui-tanga dos Galicia Bipolar:

[atención tamén á transcrición que fai o "plumilla"; a entevista publicouse nunha revista de estudios literarios dunha universidade española]:

Marta Rivera: (...) Admiro muchísimo la cultura latinoamericana, y creo que nos queda mucho que aprender de ella a los castellanos.

SP- Has dicho "nosotros los castellanos", ¿no eres independentista? ¿No escribes en gallego?

Marta Rivera- No soy independentista. Escribo algo en gallego, sobre todo para una revista en la que hago las páginas en gallego. He hecho artículos, he trabajado en la televisión gallega... Pero literatura en gallego no hago, es mi segunda lengua materna. Desconfío de la idea del bilingüismo total a la hora de escribir, a mí escribir en gallego no me sale, aunque no tengo que traducir. De todas formas, creo que de todas las "comunidades históricas" somos los que mejor nos hemos sabido integrar en todas partes sin hacer de nuestra tierra un estandarte para imponerlo a nadie.

Anónimo dijo...

http://www.ucm.es/info/especulo/numero10/martariv.html

Anónimo dijo...

Xabier Cordal
www.vieiros.com

Deconstructing Rosalía
19:00 15/04/2008
Non parece prudente o xuízo de segunda man baseado a penas nunha crónica, pero sabemos do rigor da sección "Maré" de Galicia Hoxe e por iso, nada máis ler que Marta Rivera de la Cruz achegaba "unha nova visión de Rosalía", dispuxémonos a averiguar en que consistía esa visión e en que termos era nova.

Ao pronunciar unha conferencia na Casa de Galicia de Madrid, Rivera de la Cruz quixo, segundo nos contan, “desmitificar” a fundadora da literatura galega contemporánea. “Desmitificar”, pensei. Pensei que desde os anos oitenta os centros de ensino espallaron os primeiros pasos para a deconstrución da Rosalía falsa, do mito haxiográfico, desinformado e paternalista. Ningunha das últimas xeracións que atenderon un algo na clase dará crido xa que a autora de Iria fose unha mixiricas ou que a súa ética fose a dunha santa civil. Máis ca “desmitificar” Rosalía, de vinte anos para acó cumprira fundir os materiais que o españolismo -ideoloxía agresiva e inimiga do coñecemento desde a súa irrupción na Historia- e o rexionalismo galego utilizaron para convertela en estatua.

Se dixo o que a crónica do xornal continúa relatando, Marta Rivera de la Cruz faría ben en ter moito ollo coas fontes. As que ela semella manexar para a “desmitificación” da autora de Cantares Gallegos cheiran a rocho onde deixou de correr o aire. Porque, só un exemplo, a nosa grande poeta nacional non foi abandonada pola nai, nin aleitada por tías ou criadas de Ortoño en idilio campesiño. Porque hai lustros que ninguén cita Unamuno, aínda que sexa para rebatelo, como autoridade en versos de Rosalía. Coa maioría dos poetas españois e dos portugueses -e algún beato galego-, Unamuno ou J.R. Jiménez admiraron o xenio rosaliano sen darse ceibado dos seus prexuízos sobre a Muller. Os mesmos prexuízos que tiñan sobre Galicia, sobre as capacidades da lingua galega (coñecida internacionalmente como lingua galega) e sobre as clases populares: todas elas inhabilitadas, segundo a visión patriarcal e colonial, para o exercicio completo do raciocinio. Nese sentido as autoridades do humanismo hispánico do século XX foron analfabetas.

Desmitificar?
Desde aquela moitas cousas cambiaron. Grande atrevemento sería, sen dúbida, falar en público de Rosalía de Castro esquecendo as obras de Kathleen March, de Francisco Rodríguez, de John Wilcox et alii. Nin sequera fai falta amar o que ela amaba. Pero é que hai un antes e un despois, nos estudos rosalianos, un salto cualitativo que marcan as investigacións publicadas por Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda. E hai tamén un antes e un despois da intervención crítica de Anxo Angueira; pode consultalas Marta Rivera de la Cruz n´A Trabe de Ouro ou seguir o ronsel de Rosalía 21, iniciativa da Consellería de Cultura presentada con éxito na Habana. Acaba de editarse unha parte dese proxecto, o brillante CD no que a música de Abe Rábade e as voces de Guadi Galego e do propio Angueira nos descubren unha Rosalía de Castro sempre nova.

Desmitificar, entón, o que? Existe algunha deconstrución da obra de Rosalía que non equivalla a tentar deconstruír o Rexurdimento? Coidamos con sinceridadade que non existe e que, polo tanto, a letra pequena desa manobra apunta ao revisionismo. Fixádevos no microrrelato: a cultura galega naceu bilingüe desde o Principio, desde o medievo. Despois marchou a luz (un acidente, nada grave) e despois veu un Rexurdimento, si, pero era el galeguista, radical, parcial, e durou pouco; Desencantada Rosalía acabou escribindo En las orillas del Sar, que es el morir y principio de toda vida verdadera. “...Son os ríos!”, advertiu o mellor poeta dos anos de chumbo.

Anónimo dijo...

Marta Rivera como tantos intelectuais españois padece o síndrome españolista. Consideran que os nacionalistas "periféricos", adoecemos dunha situación no mundo que nos facilite ver o que nel ocorre. Este perxuizo epistemolóxico da por sentado por exemplo, que en Galicia descoñecemos en profundidade a deconstrucción, esto só é posibel para estas persoas, cando se participa da cultura dunha nación que ten atalaias epistemolóxicas como a española. O mesmo ocorre e con mais gravidade en outros eidos como a filosofía política e a politicoloxía, aquí pode acadar graos de enaxenación extrema.

O problema que plantexan non é doado, mais ben costoso e desagradabel, trátase unha e outra vez de ter que demostrarlles que non é que non sexa como eles din, senón que eles, precisamente son o suxeito ideal das criticas que expoñen, porque son eles precisamente, os que no seu perxuizo precisan dunha desmitificación, o seu prexuizo non lles deixa ver que ser español e participar activamente da súa cultura non lles garantiza ningún punto de vista privilexiado dende o que xuzgarnos aos "perifericos", porque eles non son o centro, nin miran a pesares da altura da meseta, dende unha altura cognitiva e informativa maior.
As opinións desta señora como tant@s españolistas, é un insulto a intelixencia humana e a galega en particular.

Anónimo dijo...

Oportuno e contundente o artigo de Cordal.

Anónimo dijo...

Marta Rivera recoñece dúas cousas que outros calan:
1) Séntese castellana. É dicir, que xa Lugo se lle quedou pequeno e agora empeza o asalto a los Madriles. Ben axiña, cando a entrevisten, dirá aquilo do "encanto de Lugo y su provincia".

2) Se se ten que rebaixar a escribir ou falar en galego ("a mí escribir en gallego no me sale"), faino para cobrar puntualmente ("televisión gallega", "una revista"), aínda que o que lle sae mellor é o español, que vende máis, e moito mellor aínda se a poñen de ganchete dun famosete nun premio amañado, como novo valor (gañador home, finalista muller). Ser "pilingüe" é o bo que ten. Chupas da canoa polos dous lados.

Anónimo dijo...

Quere dicir Cordal que Rosalía xa está construída despois da deconstrucción e que non cabe deconstruccións ulteriores?
É que hai deconstruccións de primeira e de segunda clase?: a primeira é a deconstructing propiamente dita (en inglés, ademáis) e a segunda o pexorativo revisionismo?

Anónimo dijo...

E que foi (máis que é) a deconstrución de Derridá máis ca un revisionismo post-maio do 68 que proclamaba que todas as obras teñen igual valor, que hai que distanciar as obras dos seus autores ("a morte do aoutor") e do tempo no que foron escritas? Tan patética filosofía non fixo máis que alimentar, estas últimas décadas, o monstro do relativismo cultural. Agora ven a srta Rivera, ben pagada e xantada para dar unha conferencia sobre Rosalía, ela que tan experta no tema que é, a nos vender a moto dunha Rosalía escritora en castelán, comesta ademáis polos lobos dos rexionalistas da época, e que escribiu en galego como ben o puido facer en swahili.

Anónimo dijo...

Presumo, Arume, que só anuncia a última, de momento. Por outra banda, o anglovocablo parodia a partir de Woody Allen; supoño.

Anónimo dijo...

Os do PP levaranse mal e andarán a navalladas; pero cando lles cómpre, resolven ben as crises. Viuse co advento de Feijoo vs. Cuíña q.e.p.d. E na portada de El Mundo, esta mañá.

Anónimo dijo...

Motivos polos que a srta con apelido cervexeiro apoia a "Galicia de Pilingües (beneficios)", tamén coñecida como "Galicia Bipolar".

Obsérvese:
1.- O emprego do castejano no seu blog, a pesar de ser unha campiona do pilingüísmo.
2.- A pesar do punto anterior, o seu discurso (digno dunha estudante de bacharelato) trufado de termos en galego con significado pexorativo.
3.- A humildade da señorita.
4.- O fondo autoodio e desprezo por Galicia e por todo o que representa o galego que reflicten as súas palabras: "marulos", "catetos", "cortello", "pobriño", etc.


Cito de
https://www.blogger.com/comment.g?blogID=9107415655976164088&postID=7775924549333740154

Marta dijo...

A ver:
Al tontaina talibanciño: lo que tengo de gallega lo sé yo y no te lo voy a explicar a ti, que tampoco debes tener mucho fuelle nos miolos.

A los de Galicia Bilingüe los apoyo porque me da la gana.

Y en lo de decirme que la envidia es mala, no podemos estar más de acuerdo, pero aplícate el cuento.Si no vendiese tantos libros, si no me fuese todo lo bien que me va, ni siquiera te molestarías en entrar en mi web. Así que lo de la envidia, o lo de la envexa, es cosa más tuya que mía, pobriño.

Por tu texto, pareces indicar que yo le tengo envidia ¡a Rosalía de Castro! El problema no es que seas tontiño, que está claro que lo eres. Es que encima estás chiflado, como la mayoría de los fascistas. Sois el verdadero cáncer de esta tierra,que es tan mía como tuya... o quizá más mía que tuya, porque yo no trinco subvenciones de ella y sigo pagando mis impuestos aquí.

Viva Galicia Ceibe... ceibe de talibanciños, de personajes mezquinos, de burripantos iletrados, de pobresde espíritu, de marulos y catetos... ceibe de gente como tú y de tu cortello.

FELIZ DÍA DEL LIBRO

Anónimo dijo...

Se hai un termo acaido para a estética ese é a deconstrucción. A estética deconstrúe o concepto, mais cunha duración limitada, de feito, unha vez deconstruido tende a reconstruirse tentando absorver a experiencia estética que o diluiu, obviamente o resultado é outro concepto, que pode gardar relacións mais ou menos remotas co anterior.

Non sei se Rosalía está reconstruida logo da súa deconstrucción, son da opinión de que antes debería ser seriamente deconstruida, cousa que descoñezo e non creo que fixese esa Marta Rivera, que cruz!

Disculpe Arume que responda a unha pergunta que non me ía dirixida, pero non me resisto.
a deconstrución e reconstrucción ou é dialéctica ou do contrario estaríamaos ante un caso de doctrinarismo dogmático que afogaría o impulso factico-liberador da deconstrucción.
Coido que sí, que hai deconstrucción de primeira e sengunda clase, porque son contrastabeis, comparabeis, e participan en diferentes graos no seu intento de achegarse a verdade. En outras palabras a deconstrución é mais real canto mais racional, e mais racional canto mais real.Entre as diferentes deconstuccións, a mellor seria aquela que mostrase en mais plenitude o ser.


A señora Rivera está no seu direito a sentirse o que queira, castellana ou marrana, pero ollo, que o seu sentimento non impida o libre desenvolvemento dos outros, tan lexitimos como o seu. Co desprecio que se lle recoñece, non por estas senón por outras declaracións, as veces é dificil non sentirse ofendido como galego de nación.

Anónimo dijo...

O anterior son eu, Jimy.

Anónimo dijo...

Marta Rivera foi criada no odio ó galego, a pesares de que andivo entre os pantalóns -no bon sentido- de Cunqueiro, Fole e moitos máis. Sábello ben o Saavedra e o comentarista, e a canto máis rebumbio, pior.

Anónimo dijo...

O meu querido amigo Anxo Angueira recita (ou le: xa estou eu deconstruíndome) a Rosalía con música que eu interpreto jazzística (outros escoitarán precisións que eu non acado). Nese mesmo disco que Cordal presenta, cántanse poemas rosaliáns con lánguida melancolía bluseira. Non sei se iso é unha fórmula deconstructiva, pero é recepción (ou relectura) novidosa. Admitímolo de grado (eu polo menos con entusiasmo ademáis), fóra desa imaxe (construida) da saudade choromicas da poeta. Angueira é teimudo nesa loita. E convincente. Pero é unha aposta: é un xeito de deconstrucción. E haberá outros. Porque nunca remata ese proceso. Non todas as deconstruccións serán iguais, mais terán sentido.

Pregunto: ler a Rosalía coa clave choromicas (a min non me gusta) tamén é lícito: ou non?

Anónimo dijo...

Rosalía ten moito pranto e melancolía. Certo é que facéndoos universais se poden esconder, facer casuais "A xustiza pola man" ou "Prá Habana!". Pero hai choro e traxedia en doses tan abondosas como se queira, sen necesidade de deconstruír.

Leo a todos e, ante todo, léoa a ela.

Anónimo dijo...

Ler a Rosalía en clave choromicas foi un xeito de controlar/domesticar moitas das cousas que representou a súa vida e obra: muller literata, escribe en galego sobre os oprimidos, e faino desde unha óptica non relixiosa.
Ninguén dá unha visión choromicas de Bécquer ou de Zorrilla. E para máis inri, a hitoriografía literaria española esquece durante moito tempo a valía da súa obra literaria en español, incluída a súa novela "El caballero de las botas azules" (obra rescatada ultimamente, entre outros, por Eduardo Mendoza)

Anónimo dijo...

Asegún, Arume, asegún como se faga. Se hai algo antitético a ciencia é o argumento de autoridade e se algo é antitético a arte a conxelación da obra no tempo, porque nunca habería clásicos.
Hai que partir da obviedade da aplicación da deconstrucción aos deconstructores, e como o ser é e no non ser non é, o que non se coñece non se coñece, e facer como si, quedarse coa actitude e renegar da capacidade de pronunciar xuizos estéticos respecto de actitudes iconoclastas porque as rodea un halo irreverente, é erroneo porque se adentra polas veredas inexistentes do non ser onde só cabe a estulticia e o desvarío. Claro que esto último pode ser unha moda.

Anónimo dijo...

No meu dicionario, "choromicas" é quen sempre se está a laiar por motivos inxustificados. Rosalía debeu de sufrir moito, e só unha persoa que pasou as que ela debeu pasar se pode poñer na pel dos que sofren. É bastante posible que houbese tamén algún trastorno de personalidade polo medio, o que para min aínda lle da máis valor á súa obra. Xusto o contrario do que fixeron os críticos que a presentaban como "maternal" e "mixiricas".

Anónimo dijo...

Na aldea usaban por "choromicar" o verbo "nifrar" ("Qué me vés nifrar a mín!").

Anónimo dijo...

Primeiro Anónimo post Saavedra: Sen dúbida, pero por moitos esforzos que fagamos por sacar á luz a Rosalía que pretendemos sacar as outras amosan tamén as súas facianas, estimuladas pola ideoloxía, polos prexuízos firmemente instalados ou mesmo por unha tendencia irreprimible a dar sempre á contraria.
Sobre a comparación con outros "románticos" (eso tento entender: con cautela), eu creo que, desde o punto da recepción canónica máis extendida, Bécquer e Rosalía comparten esa condición de emisores de bágoas incontibles. Outra cousa é Zorrilla e o seu Tenorio: xénero, talento e elocución non compiten na mesma división literaria.

Anónimo dijo...

Agora, Deconstructing Manchester. Saavedraaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa.

Anónimo dijo...

A solución das bágoas de Bécquer levan incorporada unha porcentaxe de misterio e ruina(moda romántica). A de Rosalía leva a fel que cualla o leite "negro do mencer", é mais profunda, hai pensamento, sombra, encontroa mais perto de Antero de Quental, de Hordelin, arríncanse os sentimentos como Celan.

Anónimo dijo...

Profesor González: Unha vez discutín (definitivamente) cun amigo sobre a correcta designación deste topónimo.
El defendía a forma "Lueda"
Eu, "Loeda".

Insultámonos.

Co fácil que tería sido ir ata esa aldea e ler o rótulo...


CO FACIL QUE TERÍA SIDO

Anónimo dijo...

De verdá que ía eu decontruír a tanto pedante masturbador exhibicionista mandándoo a un gulag en Sibería a -40ºC a desconstruír os blocos de xeo sen luvas.

Anónimo dijo...

Ana Bande recomenda no seu blog para hoxe, día do libro, Sexo (en) Solitario. Con ilustracións moi amenas e edificantes.

Anónimo dijo...

Comezando por vostede Beria de Siberia, por tan soberbio e iroso, pero como debe estar acostumado ao frio,enviarémolo ao inferno.
CONSIDERESE DECONSTRUIDO.

Anónimo dijo...

Señor anónimo: son os anónimos coma vostede os que nos dan mala sona a nos-outros, os anónimos bos, construtivos, socialdemócratas.

Anónimo dijo...

Pero se o único socialdemócrata que aquí hai é o sr. Beria de Siberia...

El presume de estalinista, mais así que morreu o condenado do vello ben virou o casaco.

O que pasa é que Krushchev foi máis rápido.

E no fondo, moi no fondo, é Tosltoi re-encarnado. E iso créalle un conflito fáustico na alma.

Solicito pública rehabilitación para Beria.

Anónimo dijo...

Beria é como eses rapaces de catorce anos, cheos de hormonas a bailar ritmos heavy no seus condutos linfáticos.

Eses rapaces que están apaixonados por unha da súa aula, e que non saben cómo é que lle han entrar. Evidentemente, son algo brutiños e as mozas (aparentemente) rexeitanos.

Daquela, agarran un rotulador e escriben laconicamente en calquera parede:

SUSANA ZORRA


Reivindico para este blog o perdón e a comprensión para o sr. Tosltoi-Beria.

Anónimo dijo...

Sr. Beria, porfa, cóntenos algunha cousa de esas que Vde. sabe contar de maneira aparentemente psicodélica e/ou post/dadaísta.

Anónimo dijo...

Por min, Beria queda absolto, e pode irse ao trópico.
Anónimo constructivo, non ten vostede sentido do humor, ou o ten mais desenvolvido que eu, se é así celebroo, pero deixeme seguir deconstruindo. Algún día, quen sabe, pode que acade a súa situación e podereri anonimear tan ben coma vostede.

Anónimo dijo...

Polo fillodeputa tovarich Stalin, a momia de Lenine e a Madre Rusia, de verdá que lles vou dar eu un bo repaso a todos vostedes nun campo de traballo e reeducación especialmente deseñado para kulaks acaparadores, exhibicionistas e pequenoburgueses. Alí han traballar duramente para saber o que é bo, as mans hánselle encher de calos e sabañóns, e as dedas dos pés conxearánselles que haberá que amputárllelos para que a gangrena nos lles chegue aos seus miolos de parásitos sociais elitistas que viven de zugar o esforzo da alianza de ferro operario-camponesa. E de paso hei foder a todas as súas donas. Arrecarallo se non.

Anónimo dijo...

A Beria vaille o Sado.

Anónimo dijo...

Había anos, ben anos, beria en siberia, que non lía unha oración en galego tan complexa. Póñena nun exame de selectividade e non aproban nin os profesores.
Din os que algo entenden disto que un escribe mellor cando está cabreado, enfastiado contra o mundo. No seu caso, a saber como escribirá cando está ledo e surridente.

Anónimo dijo...

Infórmenos, Medela, desto que ocorre en Rusia

Anónimo dijo...

jajajajajajajaja

O señor Beria, axustando o audífono perante a sepultura do seu amado tovarich Stalin.

especialmente deseñado para kulaks

Anónimo dijo...

jajajajajajajajaja
Arume is God
jajajajajajajajaja

A freguesa do pano azul é Kyra (Argounova) Prosokova.

Mañá pregúntolle.

Esta (a rezar, ben seguro) no seu cuarto.-

Anónimo dijo...

Dígalle á súa Kyra que Galicia non está nada mal

Anónimo dijo...

Grazas, Arume.

Coñece algún tradutor English (EUA) para Karakalpak??

Dígoo porque gustei deste artigo:
'Spain’s Quiet Corner'

Anónimo dijo...

Vaia. Ou sexa que os máis de 70 anos de Marx-Lenine-Stalin-etc no poder en Russia deron nisto: os do crucifixo e as iconas seguen onde están, e a tumba de Lenine xa só a visitan os turistas que veñen do McDonalds!!!!