23 abr. 2008















Día do Libro

Como todos os anos, celebramos o Día do Libro no IES A Carballeira cun recital multilingüe organizado polos departamentos de Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Castelán, Francés e Inglés. Máis de 50 alumnos/as leron poemas de Curros Enríquez, Luís Pimentel, Garcilaso, Quevedo ou W.Shakespeare, entre outros. Para os posibles interesados/as, se os houbese, deixo en COMENTARIOS o listado completo de alumnos/as recitadores, poetas e textos.

9 comentarios:

marcos valcarcel dijo...

• 23 ABRIL. DÍA DO LIBRO. IES A CARBALLEIRA. RECITAL DE POEMAS MULTILINGÜE.

• POEMAS EN INGLÉS
• Blanca Gómez Jiménez, Full Fathom Five, de W. Shakespeare
• Francisca Losada Mena, The Angel, de W. Blake
• Diego Puga, There´s Been a Death, de E. Dickinson

• POEMAS EN GALEGO
• Laura Blanco, Cántiga, de M. Curros Enriquez
• Sandra Campos, O vals da nena pobre, de Luís Pimentel
• Nazaré Doval, O Xuramento, de Curros
• Adrián Novoa, O maio, de Curros
• Pablo Rodríguez, O bosque, de L. Pimentel
• Laura Blanco/ Sandra Campos, Na chegada a Ourense da primeira locomotora, Curros
• Inmaculada Gil, A Rosalía, de L. Pimentel
• Ada Ndong, Paseo, de L. Pimentel
• Lorena Meno, Nouturno, de L. Pimentel
• Fátima Álvarez, Canción das tres cucharas, de L. Pimentel
• Adrián Álvarez, O meu refuxio, de L. Pimentel
• Luís Iglesias, Enterro do neno pobre, L. Pimentel
• Denís Suárez, Diante una imaxe de Iñigo de Loyola, de M. Curros Enríquez
• Pablo Vaz, Évos a lengua gallega, de Curros Enríquez
• Alba Silva, En corso, de Curros Enríquez
• Ana Rodríguez/Alba Silva, Nouturnio, de M. Curros Enríquez
• Diego Puga, Forasteiro, de L. Pimentel
• María López, Xogo ruín, de L. Pimentel
• Xosé Manuel Salgado, Os mozos, de M. Curros
• Paula Campos, Tempro deserto, de Curros
• Rebeca Padrón, Melodía gallega, de Curros
• Alba de Maia, Ai!, de Curros
• Adrián González e Pablo Fernández, A primaveira, de Curros
• Israel Suárez, Penélope, Xosé Mª Díaz Castro
• Brixit Seoane, O poeta escolle abril, de Álvaro Cunqueiro
POEMAS EN CASTELÁN
POEMAS DE AMOR Y MUERTE. De la Edad Media al Romanticismo y Romancero gitano.
(1) De la Edad Media al Siglo de Oro. Presentación: Catarina Fernández.
Alba Pérez: Al alba venid…( Albada )
Carolina Montaño: Ya cantan los gallos…( Albada)
Luz Mª Conde: No quiero ser monja, no…
Alba Silva: ¿Agora que sé de amor…? (lírica tradicional)
Pablo Vaz: Recuerde el alma dormida…( Coplas a la muerte de su padre, Jorge Manrique )
Denís Suárez: Este mundo es el camino…, Nuestras vidas son los ríos (Coplas…, J. Manrique)
Ana Rodríguez y Diego Puga: romance de Rosa fresca
Daniel Casares, Adrián González y Rebeca Padrón: romance de Fontefrida
Cristian Alonso, Mª Blanca Gómez , Estefanía González y Patricia Suárez: romance de El enamorado y la muerte.
Pablo F. Marchetti: En tanto que de rosa y azucena…(soneto de Garcilaso )
Alba De Maia: Escrito está en mi alma vuestro gesto…( soneto de Garcilaso )
María López: Corrientes aguas, puras, cristalinas…( Égloga I, Garcilaso )
Carolina Montaño: Y en este mismo valle…( Égloga I, Garcilaso )
Diego Puga: ¿Quién me dijera, Elisa, vida mía…? (Égloga I, Garcilaso )
José Manuel Salgado: Mientras por competir con tu cabello…( soneto de Góngora)
Paula Campos: Amor constante más allá de la muerte (soneto de Quevedo )
(2) Romanticismo. Presentación: Paula Cao
Mafalda Rodríguez e Sonsoles Rivero, Rima IV (Bécquer).
Erika Pérez, Rima XI. Nuria Martínez, Rima XIV. Macarena, Rimas XXX e XXI.
César M. Marqués, Rima LIII. Andrea Vázquez, Rima XLI.
(3) Romancero gitano. Presentación: Laura Blanco.
Ada Ndong, , Lorena Meno e Inmaculada Gil: Romance de la luna, luna
Laura Blanco, Pablo Rodríguez y Nazareth Doval: Preciosa y el aire
Sandra Campos, Pablo Rodríguez y Adrián Novoa: Romance sonámbulo
Nazareth Doval: La monja gitana
Adrián Novoa: Reyerta
Pablo Rodríguez: La casada infiel
Mª Esther Justo: Romance de la pena negra.

POEMAS EN FRANCÉS
Siota Conde, Marta (4 ESO A): “Ariette oubliée” (Romances sans paroles) de Paul Verlaine (1844-1896)
Alonso Caseiro, Christian e Suárez Penelas, Patricia (1 BAC A): “Pour toi, mon amour” (Paroles) de Jacques Prévert (1900-1977)
Pérez Rivero, Raquel (1 BAC B) : « Le cancre » (Paroles) de Jacques Prévert (1900-1977)
Rodríguez Oliveira (1 BAC B) : « Le temps perdu » (Paroles) de Jacques Prévert (1900-1977)

voce na néboa dijo...

Boísima noticia. Entéirome por Chuza de que "Ir Indo" puxo en Internet un dicionario de galego de máis de 65.000 entradas. Dá as equivalencias en castelán, portugués (?!) e inglés.
É unha versión beta. Co tempo incorporarán sinónimos, antónimos e frases feitas.

Este é o enderezo:
http://digalego.com/

E este o dicionario en papel:
http://www.irindo.com/editorial/dicionario.php

Anónimo dijo...

E como non, Ourense olvidado do agasallo de Viño.
ARUME , supoño aproveitou e fixose coa botella de ALBARIÑO.
VIGO -CORUÑA - SANTIAGO .....claro
a "Cren de la Cren"- Donde se venderán maís libros..aproveitar a PROPAGANDA .
Galicia Hoxe de onte (a noticia).
Que dín os cofrades das "Uvas.." deste tema.

Anónimo dijo...

BNG. Cabezallo
*Número 124, 23 Abril 2008*
*Ante o borrador de reforma do Bacharelato*

A Consellaría de Educación vén de presentar un proxecto para
redistribuír a carga lectiva das distintas materias do Bacharelato que
recibiu importantes críticas da comunidade educativa, xa que implicaba a
redución de horas das materias de Filosofía, Educación Física e
Historia. Esta redución vese forzada pola vontade da consellaría de
manter a relixión dentro do horario lectivo no Bacharelato.

O BNG defende que se avance cara a un ensino laico e, polo tanto aposta
porque as prácticas relixiosas estean fóra dos centros educativos, o que
permitiría manter as horas destinadas á Educación Física, a Historia e a
Filosofía tal como están agora.

O nacionalismo galego comparte as críticas da comunidade educativa a
este proxecto. Desde o BNG apostamos polo diálogo co sector do ensino e
pensamos que, ao atoparse o proxecto aínda en fase de borrador, hai
tempo de sobra para modificalo.

Así mesmo, o BNG considera que se deben aproveitar as reformas no
horario lectivo do Bacharelato para favorecer o coñecemento da realidade
galega incluíndo como optativas de oferta obrigada materias como
Historia e Xeografía de Galiza ou Literatura Galega do Século XX.

Con carácter máis xeral, é necesario, co obxectivo de termos un ensino público galego e de calidade, aumentar no posíbel o número de materias optativas e os centros que ofertan o Bacharelato de Artes, así como a
dotación de profesores e medios. Desde o BNG agardamos que a Consellaría de Educación sexa sensíbel a estar reivindicacións.

Xabimusic dijo...

Felicitacións, unha vez máis, para o traballo de animación á lectura que supoñen estes festivais poéticos.

Non pudien asistir porque estaba na aula co alumnado de 2º e, mentras nós faciamos música, escoitábanse os poemas ó lonxe resoando por todo o centro.

Cando se producen este tipo de actos sempre me pregunto por que non se traballa máis coa poesía nos centros de ensino.
¿Existe algún tipo de prexuízo cara á poesía? ¿Por que hoxe en día o noso alumnado non aprende e recita poemas?

marcos valcarcel dijo...

Totalmente de acordo, Xavier. Para a próxima hai que atreverse cos máis pequenos, co primeiro ciclo da ESO. E alguén, quen sexa, unha asociación cultural ou pedagóxica, debía lanzar a campaña para devolver a POESÍA ÁS AULAS, sobre todo nos cursos pequenos: se fai falla con concursos de recitado ou algo semellante...

Anónimo dijo...

Esto... Y con respecto a la celebraçao do/del día do/del Libro, ¿no había autores vivos en la lectura, como quien dice, a todos (todas) les salían os vermes polos buratos des caliveiras? Joder, qué atracos de vísceras putrefactas (ou podres).

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

A Historia da Literatura moito mal fixo. A poesía, como querían Eliot e Pound, non ten historia. Polo tanto, nen hai podremia nen hai renovo. A poesía non é un ser vivo. E morto, aínda menos.

Anónimo dijo...

Xa, pero a parte da somera lección que recibo gustoso e acojonado, quería dicir por que non se podería acercar tamén ós lectores poesía actual: por que non se poden (que si, que se pode) facer lecturas de María do Cebreiro, Chus Pato, Outeiriño ou Manul Vilas, Agustín Fernández Mallo, Pablo Carcía casado, Elena Medel, Miriam Reyes. Ou Tomlinson ou autores italianos e franceses (en fin, a escolma tería que ser moi contida, claro). E que parece que poesía so a escriben os mortos. E seguramente hai moita xente facenso poesía que pode chegar perfectamente a un lector novo. Falaba de iso, nada maís.