Presentación de "El río", a última novela de Julio López Cid (foto Trebolle)
O pasado luns presentouse a novela El río, de Julio López Cid, no Liceo. Non estivo presente o autor, que reside no estranxeiro (contra o que informou un xornal local) e participaron nese acto o editor A. Prada (Duen du Bux); o director da colección e escritor José María Pérez "Chesi", o sobriño do autor, Xabier López; e o amigo do novelista, Eduardo Valenzuela. O Liceo a rebosar, presentes no acto a inmensa lexión de amigos da familia López Cid. Segundo explicou Xabier López, a nova novela de Julio López Cid, autor non moi prolífico, podería relacionarse coa súa outra peza Ponte Sobreira e recrea os anos de infancia e mocidade do novelista, co papel do río Miño como gran centro de sociabilidade da cidade (tema do que temos falado aquí outras veces).
3 comentarios:
Vin hoxe o libro na feira, pero non paréi a mercalo. Mercaréino noutro momento. Anque só sexa polo simpático que me cae o editor. Fai moitos, moitos anos, pasóu un vrao (non séi se máis) de encargado da biblioteca de Mariñamansa. Sen aire acondicionado, coas fiestras abertas,pasamos moitas tardes xuntos.El, traballando, i eu ,como único lector da sala, naquelas tardes tórridas típicas do vran ourensán. Mentras tanto, todo o mundo nas piscinas, ou na praia. Non creo que se lembre de mín. Ou igual se lembra, agora que o penso: se non houbera ninguén, igual cerraba e marchaba.Pero aquela biblioteca tiña moitos libros vellos,interesantísimos. Non volvín desde aquela,e non sei se aínda funciona.
Un bon tipo, si, o Alfonso Prada, o editor de Duen du Bux. Creo que estivo moito máis que un verán nunha biblioteca, a do Couto, creo que de Caixanova; agora tamén está pechada.
Vaia. Souben polos xornais co gallo do día do libro do demo, que ese tal Chesi gañara o premio Bruguera de novela. Non me enterei ata hoxe. Os meus parabéns. ¿Alguén leeu o libro? Eu leera hai anos (cinco ou seis) Nembrod ou Nembrot que me gustara moito. Terei que facerme coa obra ainda que polo de agora non estou en Galicia; ao mellor atopoa aqui (Murcia). Non creo...
Publicar un comentario