Democracias.
Pan por Pan xoves 3 abril. Foto de Tatiana Cardeal.
Escoito o final dunha tertulia na radio sobre a democracia nos países de América Latina. Un dos participantes alude a un estudo (nalgures lin eu iso mesmo) que sostén que é case imposible que exista un sistema democrático nun país onde os seus cidadáns non cheguen a unha renda per cápita de catro mil dólares. Outro contertulio intervén afirmando que ese dato, de ser certo, sería moi cínico: non tería sentido falar de democracia se antes non hai desenvolvemento económico. O dato será cínico, pero non por iso falso. En España tivo moito que ver o crecemento económico dos anos 60 coa caída do franquismo, xa insoportable para unhas clases medias modernas. Pasará iso en China e noutros países dentro duns anos? Chegarán á democracia dende a creación da riqueza? Tamén existe o polo negativo: a crise económica dos 30 foi funesta para a democracia republicana española.
23 comentarios:
Lembren aquela famosa frase de Lopez Rodó que relacionaba democracia e renta per cápita.
É precisamente á que se refire, claro.
A cuestión é coñecida de vello. Mentras non están satisfeitas necesidades básicas, ao ser humán impórtanlle pouco cousas como a libertade, a dignidade, a cultura, etc. Non falo, desde logo, de individuos concretos, senón en xeral. A Democracia pódese dar cando os individuos teñen resoltas as súas necesidades perentorias e, ao mesmo tempo, perciben que os demáis tamén as teñen e que non fan peligrar as súas. En caso contrario, a seguinte "necesidade" sería a seguridade dos seus bens, desenrolando armas e sistemas represivos.
Logo, seguindo ese discurso, avant la democracia compre unha dictadura. Primeiro facemos os homes homes, e despois relagámoslles a libertade e a autodeterminación. Segundo iso, Franco, Pinochet, Videla and company son uns filántropos que prepararon o terreo para que despois poidesemos gozar da democracia.
Non me atrevo a pontificar, pero algo falla nesta pérfida argumentación.
¡Ah, pero iso si, un imbécil é un imbécil, con fame e sen fame, con prosperidade e sen ela! Digo.
Qué quere que lle diga pantasma. O mundo non o inventéi eu.
O que está unsando moi mal é a verba "compre". E si vostede pensa que a historia é casual ou fruto da vontade de catro persoas concretas, alá vostede.
Se a vostede non lle gusta que os individuos sexan egoistas por natureza, eu diréille que tampouco me gusta que chova pra abaixo. Gostaríame máis que chovera de lado.
A relación democracia-desenvolvemento económico é un dos campos de estudo clásicos da ciencia e da sociología políticas. Habida conta a súa relevancia para as sociedades modernas, sobre o mesmo lévanse publicado centos de estudos teóricos e empíricos, en especial de carácter comparado. Non se pode, pois, resolver dun plumazo esta cuestión polémica.
Os que sosteñen que hai un vínculo indisociable e directo (que o desenvolvemento económico é un prerrequisito da democracia) son partidarios da teoría da modernización e teñen como principal punto de partida a obra do politólogo norteamericano Lipset (1959). Pola contra, outros, seguindo a senda de Rustow (1970), consideran que non hai tal causalidade (de aí que haxa transicións á democracia exitosas en países non necesariamente moi desenvolvidos).
Agora ben, tamén semella certo que o desenvolvemento económico é un factor que determina a estabilidade e supervivencia das democracias. Isto é, que a maiores niveis de desenvolvemento, menos posibibilidades de caer nunha deriva ditatorial.
En fin, o asunto, como diría o Saavedra, é demasiado complexo como para tratalo dun xeito simplista.
Temos tempo para tratalo de vagar, diso vai a cousa. Gustaríame escoitar máis opinións...
E, sobre todo, que os propios desexos ,personáis i emocionáis,acerca de cómo nos gustaría que fosen as cousas, non interfiran no pensamento racional. Que distorsiona moito. As ciencias empíricas pasaron por esa fase, e caro que lle costóu . As ciencias sociáis están no tránsito de pasala.
Que conocer a realidade é o primeiro e necesario paso pra cambiala.
É posible, mon cher amí, que eu utilice mal a palabra "cómpre", mais vostede utiliza rematadamente mal o tempo verbal "chovera". Pero penso que ese non é o debate. O debate é moi longo e moi profundo. Dividiu a grandes peroseiros da cultura european e latinoamerica. ¿Dictadura versus democracia? Gunter Gras e Vargas LLosa. Un alemán,herdeiro histórico -e semella que menos inocente do que se pretendía- solicita unha fase dictatorial antes de acceder á democracia, e un neoliberal, maldicido pola pogresía do momento, reclama para o seu pobo unha democracia como a que temos por estes lares. A transición do franquismo a democracia... ¿debeu ser unha dictadura?
¿Cando creremos na madurez dos pobos? Dos pobos digo, non dos paladíns que pretenden dirixilos cara á libedade. Amén.
No ámbito do coñecemento, non se pasóu bruscamente da ignorancia total ao método científico elaborado. Sería estupendo que así fose, sen pasar por animismos, supersticiós, etc etc. O que non quere decir que foran "necesarios" nin "desexables". Sinxelamente, así evolucionaron as cousas, e non pudo ser doutro xeito. Se viñeran unhos extraterrestres avanzados e nos tutelasen. Pero non os houbo. A nivel persoal, moito me gustaría pasar de neno inconscente a maduro adulto sen pasar polos erros , fracasos e dolores da xuventude. O que non quere decir, unha vez máis, que non fora mellor evitalos. I eso qe tiña quen me avisara, nese caso. A humanidade, tampouco ten quen lle ensine bruscamente a chegar ao estado ideal definitivo.
On voit que je parlais de descriptions,plustôt que de désires, mon (ma) cher ami(e).
Faltóume o "chère". XDDD. Qué ben o paso.XDD.
A capa do libro de Xose Miranda fai unha pésima alfombriña pra o rato.XD.
Gostaríame saber cómo sería a Transición española de non ter acadado España o desenrolo económico qe xa tiña en 1975. Ou sexa. Qué tería pasado se Franco morrera en 1965. Pero eso é política-ficción.
Eu quixera que algún historiador dos que solainan (solainar: un agasallo para o Observatorio de Neoloxismos) explicara como era a economía na España da República. Non sei se hai bibliografía recente que matice a idea dunha crise económica tan radical como adoitamos presentar.
Non teño tempo agora para entrar en detalles (Economía da Segunda República) e tampouco son especialista no tema, Arume. Pero si aseguraría que se viviu esa percepción da crise: derivación do crash de 1929, remate da emigración, etc. Para a miña tese lin milleiros de páxinas de xornais do momento e ese era un dos temas dominantes: a crise e o paro obreiro.
En Ourense, cidade tan pequena e case agraria, tamén foi relevante nos 30: a paralización do ferrocarril polo ministerio Prieto, a demanda de obras públicas para mitigar o paro obreiro, etc.
Por sorte, non todos os proxectos foron para adiante: os sindicatos querían facer unha escola ou edificio público na parte superior do Xardín do Posío, segundo lembro. Outras obras (Correos na Alameda, o Goberno Civil no Parque) tiveron que agardar e só se fixeron trala guerra.
É tema moi sobado o da aparición da clase media. Por aí arriba saíu a relucir López Rodó. Quen lese as súas Memorias podería comprobar que esa xente que rodeaba ao Generalísimo e, talvez el mesmo, estaban preparando o futuro. Tiñan visión da Historia. Quen o pode negar? Carrillo? Pasionaria? Simón Montero? Marcelino Camacho? Felipe González? Afonso Guerra? Don Juan Carlos de Borbón e Borbón? Paulo VI, o Papa Montini?
Con Franco produciuse o desenvolvemento e tamén o chamado desarrollismo. Poida que fose cuestionable economicamente, pero creou a clase media, esa que, segundo moitos historiadores, fixo posible a transición e logo a permanencia da democracia. E impediu que, dentro dun orde, non nos enleasemos a hostias cainitas como viña sendo habitual no noso devir maturativo, ou sexa, da procura da madurez individual e colectiva.
Viva, pois a Santa Inquisición, que, a base de prohibir e combater a verdade e a liberdade para coñecela e expresala, protexeuna e salvagardouna dos viles depredadores que, por outros pagos, a deturparon ata facela irrecoñecible.
E así ad aeternum.
Carisimi (vocativo plural), alterius non sit qui suus esse potest.
Claro que, semen retentum velenum est.
Polo tanto, dádelles pan, e logo xa veremos. Á fin e ó cabo, os sans culotte foron quen foderon a Revolución francesa. De primeiras era cousa de aristócratas. ¿Ou non?
Estou lendo agora mesmo Chesil Beach (unha auténtica marabilla) e de esguello sae unha visión da Inglaterra de principios dos 60 (a novela transcurre en Xullo de 62). E, sendo un país plenamente democrático (para que a xente non diga que non relativizo moito direi o máis democrático daqueles tempos), tamén viviu ese desenrolismo de postguerra, como moitos outros lugares de Europa. Eso si, cun sistema democrático e cos Beatles no panorama máis próximo.
Todo este comentario para recomendarlles moi vivamente Chesil Beach de Ian McEwan.
E como pode ler ("agora mesmo") e postear ao mesmo tempo?
XD
Eu son capaz de facer dúas cousas ao mesmo tempo. E máis, se cadra. A miña neurona é moi activa.
rume do piñeiros said...
Eu son capaz de facer dúas cousas ao mesmo tempo
Mira que han dicir que tes un lado feminino. :)
Disque teño tamén lado masculino, pero tanto un coma o outro non os dou atopado. O lado do Barça é o único que teño máis ou menos controlado, sobre todo os fins de semán e as noites de Champions.
Por certo, xa rematei o libro: impresionante. Marabilloso. Do millor que teño lido últimamente.
Publicar un comentario