3 abr 2008


Facendo memoria...
(Foto Pepe Trebolle)

Facendo memoria, reconstrúo os nomes dos que colaboraron na xénese do Roteiro A Esmorga de Blanco Amor, a mediados dos 90 (excusas se esquecín a alguén, aínda se pode corrixir).
A minihistoria do Roteiro xa está na Ourensanía, na súa imaxe e entrada 120. Concello de Ourense e Deputación colaboraron tamén nesa andaina.

8 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

A placa da foto é a que está no Calexón de Pena Vixía.
Que ben quedaría sen eses horribles cableados!!!...
por se escoita algún concelleiro.

Anónimo dijo...

A quen lle hai que tirar das orellas é ao Trebolle. Calquer manual de fotografía di que hai que evitar encadres de cables, de contedores de lixo, ou de xente ao lonxe. É broma é. Non se me "pique"!. XDDD.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu non sei cómo nos cascos vellos das cidades non teñen o proxecto definitivo de agochar todos eses cables. Eu creo que a Trebolle faríalle falta un photoshop porque é imposible non sacar un cable nunha foto destas.

Anónimo dijo...

Grazas, don Etxe, polo traballo que levou a medir a contorna da muralla de Lugo.

Sabía? Lugo paréceme unha cidade fascinante, tal vez a que máis me goste do Reino dos Suevos.

E máis outra preguntiña: Sabía por un acaso como é que se chamaba un filme, realizado na década de setenta ou oitenta, sobre un norteamericano fichado polo club de baloncesto local, o Breogán, e as vicisitudes do individuo este en Lugo??

Non dou encontrado o título. E non sei onde é que a vin.

Saúdos tamén para don Xaime.

Grazas.-

Anónimo dijo...

Esta noite soñéi que unhos mestres, no futuro, facían un roteiro por internet, cós seus pupilos, percorrendo o blogomillo, seguindo as pegadas de Apicultor, Marcel Swann,Xaime,Etxe,Arume dos piñeiros,XM Glz,etc. O Concello de entón ( entidade puramente virtual) fora colocando unhos "banners" conmemorativos en cada unha das webs significativas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Interesante reflexión, XDC. Como serán os testemuños para os historiadores do futuro, se é que aínda houbese tal cousa?
Só haberá xa Documentos Virtuais?
Como se conservarán? Como saberán dentro de 50 anos quen era o Apicultor, o XDC, o M.Swan, Arume, Xaime, Etxe, Leituga, Doniña, etc.? Como nos xulgarán dende o estilo desenfadado dun blog?

Xaime dijo...

A mín preferiría que me lembraran por ser un bon bebedor de Rioxa. Ë coña.

D. Julio, a película é " La Vieja Música".

Bon día a todos e a todas ( hai que ir preparando as autonómicas).

Anónimo dijo...

Medela: a película é La vieja música (1985). Actuaba nela, en efecto, o daquela xogador breoganista Jimmy Wright, pero a historia centrábase na figura dun adestrador -interpretado por Federico Luppi- chegado a Lugo con interese ben distinto ao de adestrar.

Como usuario didáctico, o meu agradecemento pola Ruta d' A esmorga. E desexo de boa fin de semana, no meu caso realmente cargada.