25 abr. 2008

en poleiro alleo
Sobre Cervantes, de X.L. Méndez Ferrín (Faro Vigo 25 abril)

Ferrín opina hoxe sobre Cervantes e outras obras do macro texto cervantino e tamén doutros grandes poetas e escritores das letras castelás.

4 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Moi cervantino vin eu a Ferrín hoxe, ata o punto de que admite coma o propio Cervantes que o Persiles é a súa mellor obra.

Por outro lado, de Galicia conta no Quijote aquelo das jacas galicianas con arrieiros galegos que son convertidos en versións posteriores en yangüeses.

Ordenó, pues, la suerte, y el diablo, que no todas veces duerme, que andaban por aquel valle paciendo una manada de hacas galicianas de unos arrieros gallegos, de los cuales es costumbre sestear con su recua en lugares y sitios de yerba y agua; y aquel donde acertó a hallarse don Quijote era muy a propósito de los gallegos.

Sucedió, pues, que a Rocinante le vino en deseo de refocilarse con las señoras facas; y saliendo, así como las olió, de su natural paso y costumbre, sin pedir licencia a su dueño, tomó un trotico algo picadillo y se fue a comunicar su necesidad con ellas. Mas ellas, que, a lo que pareció, debían de tener más gana de pacer que de ál, recibiéronle con las herraduras y con los dientes, de tal manera que, a poco espacio, se le rompieron las cinchas y quedó, sin silla, en pelota. Pero lo que él debió más de sentir fue que, viendo los arrieros la fuerza que a sus yeguas se les hacía, acudieron con estacas, y tantos palos le dieron que le derribaron malparado en el suelo.

falto de vitaminas dijo...

Está claro: cando teñamos un par de horas seguidas de lecer témonos todos que pór a ler os "Trabajos de Persiles y Segismunda".

Cervantes. A este si que non o incluírían nun dicionario de funcionarios escritores en español. E iso que foi "marine" español e cobrador de impostos ("El Hombre del Frac") do rei de España. Outro que coma o Mateo Alemán non puido dar o chimpo a América (vete ti a saber por que).

A literatura de Cervantes aínda se le. Agora ben: esa outra literatura antisemita, con esa obsesión pola honra e por dourarlle a pílula ao rei e á nobreza, xa non o teño tan claro que nos diga algo.

arume dos piñeiros dijo...

Boto de menos na colección de O Moucho que entrega EL PAÍS a traducción ao galego de dous Sueños de Quevedo do inesgotable XMAB. O soño das caliveras e O algoacil algoacilado.

Leituga 1 dijo...

Moi bo este artigo de Ferrín. Coincido no seu aprezo da picaresca, de Cervantes, de Quevedo, de San Juan de la Cruz, de Fernando de Rojas e de Azorín, tan grande como incomprensiblemente esquecido. E digo isto último porque non hai mellor "obradoiro de escritura" que a lectura de Azorín.
Co que non estou de acordo é co presunto olvido da dramática cervantina. É a "Numancia" a que, afortunadamente, apenas se representa. Pero eu vin non hai moito unha función magnífica, creo que era o Teatro de la Abadía, baseada nos "Entremeses". E tamén El Brujo e Els Joglars fixeron algo recentemente con eses excelentes textos que tanta influencia tiveron sobre o Blanco Amor das "Farsas para títeres".