25 abr. 2008


"ós galegos expropiáronnos cincocentos anos de desenvolvemento e memoria" (Ferro Ruibal)

Magnífica, como sempre, a intervención de Xesús Ferro Ruibal onte, na presentación dos novos libros de texto en galego da Academia Postal.
Pagaba a pena gravar o seu discurso de onte, breve, pero cheo de significados. Fixo unha fermosa parábola arredor da ruína do mosteiro de Xunqueira de Ambía e do traspaso das súas rendas a Valladolid, como símbolo da decadencia de Galicia e da súa entrega ó analfabetismo máis brutal. Pasou logo a destacar o papel normalizador (en castelán) dos Reis Católicos e outras autoridades. Leu algúns documentos de Nebrija e doutros autores nos que expuñan a imposibilidade de levar ó castelán (a nova gramática, por exemplo) a riqueza de léxico e de contidos da lingua latina, tal dicían daquela. "Os Reis Católicos eran normalizadores, coma nós. E nós temos que derrubar tamén eses prexuízos".
Fixo ademais outra fermosa parábola sobre o poder da Palabra a xeito de apéndice dun remate do Xénese aínda non escrito (este texto teno publicado, pero non sei onde, xa llo preguntarei).
E rematou coa interesante imaxe dun carballo que cortan e cae ó chan facendo moito, moito ruído. "Pero o resto do bosque segue a medrar en silencio e medran todos os outros carballos sen que nos deamos conta": era unha resposta ó que vostedes están pensando, os propagandistas antigalego de GB. A eles tamén se referiron, sempre sen citalos, outros participantes no acto como X.C. Sierra ou Marisol López (DXPL). Falaron tamén no mesmo acto, masivo en canto a asistencia, Carlos Varela, fiscal superior de Galicia, e Francisco Nóvoa, director da Academia Postal.
Ó longo da presentación houbo varias intervencións musicais, tamén magníficas, do grupo Stradivarius.

92 comentarios:

Anónimo dijo...

DEMOCRACIA VIXILADA, RESIDUOS DICTATORIAIS,CONTROIS ANTIDEMOCRÁTICOS

falto de vitaminas dijo...

Dá gusto escoitar (ler) un non nacionalista defendendo posturas nacionalistas (o contrario é o máis normal). Oxalá houbese máis coma el.

apicultor dijo...

A min, francamente, frases lapidarias como a do señor Ferro non me din nada.

"Ós galegos expropiáronnos cincocentos anos de desenvolvemento e memoria" (Ferro Ruibal).

Eu sempre me pregunto onde está o suxeito destas oracións (o culpable, vamos!).

Quen foi o expropiador do desenvolvemento e da memoria? cando os expropiou? como os expropiou?, por que os expropiou? Son preguntas ás que nunca dan cumprida resposta as frases lapidarias nin os seus enunciadores.

arume dos piñeiros dijo...

Aquí hai historiadores que poderán achegar o montante total dos cartos recadados polo Cabildo da Catedral de Santiago en terras de Andalucía, Extremadura, La Rioja durante séculos. É verdade que algúns se rebelaron contra tal práctica (que, por suposto, subviña fábrica eclesiástica no Obradoiro) e, para iso, mesmo negaron (herexes todos) a presencia do corpo de Sant-Iago en Compostela.

falto de vitaminas dijo...

Si e outros historiadores poderanse dedicar a avaliar a decadencia económica e a falta de autonomía que padeceu Galicia despois do ascenso das súas católicas maxestades.
Eses historiadores tamén terán que explicar o que pasou co galego, lingua administrativa e literaria até daquela.
Tamén terán que estudar por que se prohibiu o comercio con América desde os portos galegos, ou a ruína dos nosos produtos agrícolas por mor das batallitas cos ingleses, primero os Austrias e despois os actuais rexentes. Finalmente, alguén nos terá que explicar que políticas se promoveron desde a Corte (=cortello) española para que, desde o século XVIII, un millón de galegos tivesen que emigrar.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Se cadra non todo é tan sinxelo. Se eu fose de Málaga, tamén podería dicir o da prohibición dos portos porque o monopolio foi para Sevilla. Por poñer un pequeno exemplo.
Tamén de Asturies emigraron. E de Extremadura e de Castela e de tantos sitios. Desde o ano 1492 unha chea de casteláns emigraron (coas armas na man, eso si) a América. Por poñer outro caso.

apicultor dijo...

Ruína dos nosos produtos agrícolas?

"A agricultura do Antigo Réxime realiza adiantos notorios, evidentes en especial na incorporación de novos cultivos e na intensificación, aínda que ben desigual espacial e temporalmente, da produción agraria" (Cfr. Ramón Villares, Historia de Galicia, Vigo, Galaxia, 2004, 2ª ed. revisada).

Prohibición do comercio con América desde os portos galegos?

Si, pero non se trataba o galego do único caso, senón que lle pasaba o mesmo a todos os portos españois agás os de Sevilla (XVI-XVII) e Cádiz (XVIII), que eran os que tiñan o monopolio comercial para así centralizar a fiscalidade da Coroa. De tal xeito que quen quixera comerciar con América tería que facelo a través deles. Así o fixeron vascos e cataláns, e tamén, oh sorpresa, galegos: "la participación gallega en la carrera de Indias a través del monopolio gaditano: entre 1743 y 1778 se hallaban censadas 52 casas comerciales coruñesas, 13 luguesas, 11 orensanas y 45 pontevedresas, lo que constituía un 4,7% del total de comerciantes matriculados en aquella ciudad para el comercio con América". Posteriormente "el puerto de La Coruña sostuvo entre 1764 y 1778 un comercio relativamente monopolístico" cos portos do río de la Plata e os de Nueva España. Logo viñeron os Decretos de comercio libre de 1778 que ampliaban o número de portos españois que podían traficar directamente, tanto en España como en América (Cfr. Luis Alonso Álvarez, Comercio colonial y crisis del Antiguo Régimen en Galicia, 1778-1818, A Coruña, Xunta de Galicia,1986).

Etc., etc., etc.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

REY CASTELAO, Voto de Santiago

La percepción del Voto de Santiago constituyó a fines de la Edad Media y lo largo de toda la Edad Moderna la base económica de las instituciones jacobeas -arzobispo, cabildo y capilla de música de la catedral y Hospital Real de Santiago-, lo que les reportó una extraordinaria riqueza -muy superior a la de otras semejantes-, pero también una incómoda singularidad entre las instituciones rentistas del Antiguo Régimen, derivada a su vez de la singularidad de la propia renta, cuyo confuso origen fue un quebradero de cabeza para historiadores y juristas desde el siglo XVI. En efecto, la renta del Voto tuvo un origen mítico en la batalla de Clavijo, simbolizado en un privilegio de Ramiro I de 834 concedido en acción de gracias al apóstol Santiago por su intervención milagrosa en la batalla que dio la victoria de los cristianos sobre los musulmanes, y un origen real a mediados del siglo XII como resultado del proceso de sacralización de una renta anterior formalmente similar, adaptada al culto jacobeo mediante la falsificación de dicho privilegio; esa falsificación sirvió a los beneficiarios del Voto para exigirlo hasta 1834, no porque no se hubiera demostrado su falsedad -cosa que se hizo a fines del XVI-, sino porque ulteriores y auténticas donaciones reales, como la de los Reyes Católicos en 1492, y numerosas sentencias judiciales dieron por bueno su contenido. Se instauró así un gravamen cuya configuración formal, partiendo de una supuesta donación real y, por lo tanto, laica, fue la de una renta eclesiástica semejante a la primicia: consistía en el pago anual de una medida de pan, diferente según las zonas, y otra de vino, si se producía, por parte de los agricultores para el sostenimiento del culto al apóstol Santiago y del clero de su catedral.



En vísperas de su abolición en 1834, el Voto se cobraba de los labradores de casi toda la Corona de Castilla -no afectaba a los obispados de Burgos, Osma, Calahorra, Sigüenza y Palencia por sentencia a su favor dictada por la Cámara de Castilla en 1628-, de modo que su ámbito de percepción afectaba a dos tercios del territorio español peninsular y al tercio septentrional del portugués. En lo que afecta al número de pagadores, existían notables diferencias zonales que iban desde el norte -Galicia, León, etc.en donde la práctica totalidad de la población agraria era contribuyente, hasta el sur -Andalucía, Extremadura, Murcia...- , en donde lo era apenas un tercio del vecindario debido a la enorme proporción de jornaleros sin tierras propias o sin producción suficiente que quedaban exentos.Por lo que respecta a su impacto, en general, el Voto no superaba el 1 por ciento de la producción agraria, pero ése era el resultado de muy distintos tipos de cuotas anuales y de diferentes criterios impositivos, de modo que mientras en la Meseta Sur, Andalucía y Extremadura se pagaban cuotas elevadas y en los mejores cereales -trigo, normalmente-, haciéndolo los grupos mejor situados de la sociedad rural por cuanto el Voto se pagaba en función de la cosecha, por el contrario, en la Meseta Norte y Galicia las cuotas eran inferiores, en centeno con frecuencia, pero eran fijas y afectaban a la mayoría de los agricultores. Las variantes locales eran enormes, interpretándose tanto las cuotas como los criterios contributivos de muy distintos modos, según la obligación de pagar derivase de un acuerdo o concordia entre los pueblos y los beneficiarios de la renta, de una sentencia judicial o, como sucedía en el reino de Granada, de una donación real moderna.

apicultor dijo...

Etc., etc., etc...

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

A ver se van ser pagados eses historiadores polo ouro capitular compostelano para desviar a atención sobre a escasa atención con que miraron aos seus.
Non quixera eu por nada do mundo pasar por anticlerical.

falto de vitaminas dijo...

A riqueza do cabildo compostelán beneficiou a uns poucos, e sempre sectores non produtivos. Gasto sunturario e darlles de comer aos papóns da igrexa.

Os portos galegos non tiveron posibilidade de comerciar directamente durante varios séculos, cousa que si podían facer os doutros países. Sóalle Portual? Inglaterra? O que pasa é que os Austrias e Borbóns querían ter centralizado o choio e así poderse embolsar unhas boas onzas sen intermediarios.

Consulte vostede cal era o estado das comunicacións (camiños reais) a mediados do século XVIII en Galicia.

Galicia cumpriu o papel que tiña que cumprir (lea a literatura do século de ouro): mozos de carga, amas de cría, segadores para Castela, aguadores en Lisboa. Madeira para costear as aventuriñas navais dos reiciños de España, nas que sempre nos deron polo cu.

Follee libros dos viaxeiros que nos visitaron durante os séculos escuros (si, si, escuros) e verá como describen a nosa pobreza e o noso atraso con relación a outras nacións.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Na literatura (satírica) do século XVII os cataláns eran todos bandoleiros, os andaluces uns lacazáns e ladróns, os vascos uns fidalgos soberbios con miles de apelidos que non sabían falar a dereito, os villanos casteláns uns brutamontes que só querían comer e foder. Por non falarmos dos xudeus, dos negros, das mulleres ou dos italianos, presos do pecado nefando. Só os pastores da Arcadia, uns delicados poetas que non miraban para as ovellas, e as ninfas das augas parecían ter boa imaxe entre aquela xente. O resto, listos para o N de pau, como dicían para referirse á forca.

falto de vitaminas dijo...

E galegos pobres.

apicultor dijo...

Xa temos gañador do Premio Nacional de Investigación Científica.

Iso si, de tanto esforzo investigador quedou... falto de vitaminas! :-)

falto de vitaminas dijo...

Ai pero a historia é unha ciencia? É a primeira noticia que teño, pero se o di vostede, que tanto sabe do tema...

Pero advírtolle qeu eu me fío máis das fontes primarias (as cartas, os libros dos viaxeiros en Galicia, as obras literarias, etc) que do que me conte Ramón Villares.

apicultor dijo...

Ah, pero falaba vostede de historia? E eu que pensaba que falaba de literatura fantástica pura!

XDDDD XDDDD XDDDD

falto de vitaminas dijo...

Ha, ha, ha. Que buen rollito! Así dá gusto.
Hala, e agora a casiña, a cear.

apicultor dijo...

Xenio e figura, MS. Lluardeuán. XDDDD XDDDD.

Anónimo dijo...

Lluar de sánxain of mai láif.

falto de vitaminas dijo...

Stevie, un xenio. Merquen todos os seus discos de 1973 a 1976!

E Lluardeguandaraiguan, cheri

apicultor dijo...

Efectiviwonder, my dear. E que ben tocaba o sintetizador Moog prehistórico. E a harmónica.

falto de vitaminas dijo...

Un dos primeiros usos do Moog na música rock

apicultor dijo...

Coido que antes do Moog existiu o Mellotron (ou como se escriba) e creo lembrar tamén que os primeiros que o usaron foron os Moddy Blues ou quizais Brian Wilson dos Beach Boys. Acerto?

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Boa noite, amigo Apicultor.

Creo que antes destes foron os Them.

E o enlouquecido polos cigarros modernos do Brian Wilson utilizou unha cousa rarísima doutro tolo, un ruso, chamado Theremin, que creo que se tocaba só achegando as mans; era naquel tema tan lindo en que case todos coincidimos cando votamos nas dez mellores pezas da historia da música, 'Good Vibrations'.


Aquí aparece tocando algo raro, como un primitivo Mellotron, e non dou encontrado o clip en que tocaba o Theremin.

BEACH BOYS

XDC dijo...

A clasificación da que fala Arume debe de ser "fractal", porque os habitantes das aldeas próximas á miña, clasificábanse máis ou menos igual. Os dunha eran lacazás, os doutra, tuberculosos, os doutra, ladrós,etc. A miña comarca debía ser unha representación holográfica de España enteira. Tiña razón aquel velliño que me dixo:
-"Mira tu casa y verás tu pueblo.Mira tu pueblo y verás el mundo entero".

falto de vitaminas dijo...

O que fai que toca un Theremin eléctrico no vídeo non é Brian Wilson, senón un aproveitado que aparece como co-autor de moitos dos seus temas.

A primeira vez que se tocou o theremin nun disco de rock foi cara o final do tema de Brian Wilson "I just wasn't made for these timess", no disco "Pet Sounds" dos Beach Boys (se cadra o meu disco preferido). A letra é a biografía do propio Brian Wilson.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Entón en 'Good Vibrations' qué é o que soa tan estraño??

Debín ver visións no clip aquel...

Grazas pola información de todo o modo.

XDC dijo...

E qué instrumento é o que fai eses ligados tan raros, eiquí?:Premer.Dedicada a todos, nesta hawaiana noite de calor ourensá

XDC dijo...

E, como fai un calor de vran en Ourense, dedícolles esta tamén. A muller dedícalla a un tal "Esmúki", pero eu redefino a dedicatoria, qué carafio:PREMER.

XDC dijo...

a ver agora.

Jim Morrison dijo...

Pois eu era o cantante dun grupo composto polos meus amigos musiqueiros dos 15 anos, reunidos moitos anos desp�is ao redor daquilo que nos un�a na adolescencia: a m�sica. Ensaiamos e tocamos de vez en cando en pubs e festas particulares at� hai un par de anos, cando, por distintas raz�ns comezamos a deixalo. Como me aburr�a sen a m�sica, comecei a aprender a tocar a guitarra, un instrumento que, por respeto, non collera na mi�a vida. Agora non fago outra cousa. Case nin como, s� bebo auga, te�o abandoada a mi�a familia, os libros, a escritura, o Sistema Literario Galego, a Weltliterature a Cultura (a Alta, a Baixa e a Antropol�xica) e nin siquera miro para as mulleres, que era xa o �nico que xa me permit�an. Pero ra�ando torpemente as cordas da mi�a Fender ac�stica fabricada en Tailandia, s�ntome xubilosamente ceibado de todo ese pesado karma. E espero comezar en breve unha exitosa carreira como cantautor. Chamareime Di�xenes.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Jim:

Se precisa un batería enlouquecido, xa o ten.

Adoro efectos especiais e postas en escena kármicas, sacrificiais, delirantes, esperpénticas e hiperbólicas... E un bocado kabuki.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Voulle de gratis, sr. Morrison, só pola comida.

XDC dijo...

Cantautor urbano en galego, Jim?.

Jacques Delapierre dijo...

Precisan axente?

Anónimo dijo...

En galego, por suposto, amigo Xdc. Pero tamén en castelán, eusquera, catalán e mesmo en inglés. Serei un cantautor bífido, trífido, ou, cando menos,"pilingüi".

Jim Morrison dijo...

Estarei encantado de levar a Julio de batería e a Jacques de manager. Pero teñen que ser iso, multilingües ou, case mellor, "multipililingüis". O anterior era eu, Morrison, que marcha á praia a inspirarse para a súa presentación universal, no monte do Gozo, como non podía ser menos nesta súa nova etapa de hedonismo creador.

apicultor dijo...

Que hai de certo, amigo Jim, no incesante rumor de que vai ser teloneiro no concerto de Dylan en Vigo e que mesmo o vai acompañar nun par de temas?

Jacques Delapierre dijo...

D. Xoan, colgue, pendure ou como se diga, aquela canción de Rubi y los Casinos, adicada ó Medela, de "Yo tenía un novio que tocaba la batería en un grupo beat", ou algo así.

falto de vitaminas dijo...

Xa saiu o cartel de músicos que van tocar no próximo macabeo do ano (ben, agora non me lembro).
Grande noticia: parece que (o) Bo Dylan vai recuncar. E Pavarotti, "se se pon a tiro", tocará pra o apóstolo.

Grandes festas do Macabeo

Jacques Delapierrrrrrrrrrrrrrrrrrrre dijo...

Sr. Morrison: Só lle teño unha língoa e a verdá, segundo me dixeron onte en Juan Canalejo un pouco fodida.
Debe ser que a ando metendo onde non se debe, pero un axente mudo vale un mundo, xa que non fala e só cobra que é do que se trata.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Grazas, ms. Delapierre: Aínda que o meu ídolo é un 'mod' (Keith Moon), non me desagradaría demasiado ser o batería dos Beatles, por poñer un exemplo...

marcos valcarcel dijo...

MOI BO O VIDEO DAS GRANDES FESTAS DO MACABEO. Non o vira. NOn o perdan.

Jacques Delapierre dijo...

Nunha conversa intranscendente que tiven con Germán Coppini hai anos, díxome que un dos motivos de que Golpes Bajos tiña os ritmos pregrabados era que non soportaba o sudor -e o cheiro- do batería.
Sería esa a causa de que Julian deixara a batería e se pasase o micro?.

XDC dijo...

Os desexos do Freire Jacques son ordes pra mín:PREMER.

Jim Morrison dijo...

Supoño que nos veremos no concerto de Bob Dylan, Apicultor. Podemos aproveitar para programr unha quedada na que perfilar o novo supergrupo do que vostede será o primeiro guitarra, sen ningunha discusión, Julio o batería (anque sude) de Rairo o baixo, Arume o outro Cantante (coido que niso temos unha clara sintonía), da Cova o guitarra rítmico e Jaques o manager. E se hai máis xente en vez dun grupo, facemos dous, que así temos máis nichos de mercado. Pensen nun nome, que é fundamental.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Desculpe, Morrison, ejem, precisa 'musa' 'madriña' ou similar??

Saúdos.-

apicultor dijo...

Se os fados así o permiten, verémonos no concerto de Dylan, amigo Jim.

E grazas por darme o posto de guitarra solista. Adiviño que até vostede chegou a especie da miña versatilidade co mastil, capaz de ir nun santiamén de Marc Knofler ou Chet Atkins até Jeff Beck ou Steve Ray Vaughan, pasando pola limpeza de West Mongomery e chegando deica Joe Satriani ou Steve Vai.

arume dos piñeiros dijo...

Eu xa teño a entrada.
Xa estou ensaiando Maggie's Farm.

apicultor dijo...

Pois sinto informarlle que esa non a vai interpretar.

arume dos piñeiros dijo...

E por quÉ? Así foi como arrancou no monte do Gozo, máis Gozo ca nunca.

apicultor dijo...

O gran Bob nunca comeza do mesmo xeito os seus concertos. Sempre varía.

arume dos piñeiros dijo...

En fin: I ain't gonna work for Maggie's farm no more.

jacques delapierre dijo...

Ese Zinmmerman, ten axente?.

Jim Morrison dijo...

Pois si, amigo Julio, amigo Julio, algo "similar". Algo así como Nico para la Velvet Underground.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Jim, xa a teño!!!
Aceptou de seguida. Creo, aínda que non estou seguro, que é prima terceira de Anita Pallenberg.

E non lle vén nada mal un pouquiño de diñeiro extra.

CHUS, MUSA OU SIMILAR DO GRUPO DE MORRISON; DELAPIERRE, MÁNAGER

apicultor dijo...

Non me dixo, Jim, como quería que tocase. Así?.

apicultor dijo...

... ou deste outro xeito?

Elixa, please.

apicultor dijo...

Ou é así como quere que lle toque a guitarra, Jim?

apicultor dijo...

Se cadra deste modo, coa guitarra de caixa ancha?

apicultor dijo...

O primeiro modo de tocar que lle puña, Jim, era este. Válelle?

Jim Morrison dijo...

Amables propostas, pero intimidatoria. Non sei se a miña voz estará á altura da súa versatilidade, Apicultor. Pero de quedarme con algún estilo, que me gustan todos, quedaríame por Stevie Ray Vaughan. En canto á súa proposta de inspiración musical femininina, Julio (espero que non sexa á súa hirmá), as encarnacións da Musa poden ser infinitas, pero imaxinaba que a Moira nos concedería unha presencia menos doméstica, unha figura máis glamurosa e aparente.

apicultor dijo...

OK, Jim!

Tiro do meu armario o sombreiro texano e afino a miña Stratocaster anos cincuenta. Esta vai para vostede.

Anónimo dijo...

http://www.xerais.es/cgigeneral/ficha.pl?codigo_comercial=1327118&origen=4&obrcod=1674171&id_sello_editorial_web=13

A represión lingüística en Galiza
Aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galiza


Autores: Freitas Juvino, María Pilar
Colección: Xerais universitaria

Prezo con IVE: 36,00 €
Páxinas: 864

apicultor dijo...

Non lin ese libro. Vostede supoño que si. Sería tan amable de facernos unha breve síntese das súas principais conclusións para sabermos se paga a pena mercalo e lelo? Grazas.

apicultor dijo...

Estou basicamente de acordo co que di Bragado no seu artigo do Faro de Vigo:

Galicia plurilingüe

Manuel Bragado

Dende a aprobación do decreto polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo non universitario (Decreto 124/2007), sectores minoritarios abriron unha batalla a prol dunha educación monolingüe en castelán. Despois de vinte e cinco anos da aprobación da "Lei de Normalización Lingüística" (Lei 3/1983) e do "Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega" (aprobado o 21 de setembro de 2004 a proposta do Goberno Galego do Partido Popular), ambas as dúas pezas normativas apoiadas de forma unánime por todos os grupos do Parlamento Galego, asistimos pampos ao intento de estragar un dos poucos consensos nacionais urdidos durante o proceso autonómico: o de promocionar o uso da lingua propia de Galicia (como quedou definida no noso Estatuto) en todos os eidos da vida social e garantir que calquera cidadán poida vivir plenamente en galego.
Os defensores do modelo de educación monolingüe en castelán, que pretenden revogar o decreto polo que se regula que cando menos a metade das materias do currículum sexan impartidas en galego (medida, entre outras catrocentas, prevista no citado Plan Xeral, asumido polo Partido Popular cando gobernaba), aducen como argumentos principais a liberdade dos pais a escoller a lingua de escolarización dos seus fillos e a "inutilidade do galego no contexto da sociedade actual", propoñendo que se lexisle de xeito que se "protexa ao castelán" fronte á imposición doutras linguas oficiais (o catalán, o galego e o éuscaro) que, para eles, virían realizando os gobernos da Generalitat, da Xunta e do Goberno Vasco, no desenvolvemento de cadansúas políticas de Normalización Lingüística.
Esta oposición castelanófona á posta en marcha do decreto, apoiada e asumida por militantes e dirixentes do Partido Popular, semella ter máis un marcado carácter de perrencha política -á que non son alleas tanto a decepción deste partido, obrigado pola cidadanía a acometer unha travesía no deserto da oposición, como as presións involucionistas da súa Dirección Nacional en materia autonómica- ca ba-searse sequera nas posicións retrógadas do "darwinismo lingüístico" onde as linguas gozan dunha teórica liberdade. Así, non nos estraña que nesta polémica, promovida polos defensores do monolingüismo castelanófono, se estean empregando falsidades sen fundamento histórico, educativo, sociolingüístico ningún.
É unha rotunda falacia afirmar que coa política de normalización lingüística se pretende perseguir ao castelán en Galicia, cando, precisamente, hai datos abondos, como demostra o recente e voluminoso libro de novecentas páxinas da profesora María Pilar Freitas Juvino ("A represión lingüística en Galiza no século XX", Xerais 2008), que é todo o contrario, xa que durante o século pasado foron innúmeras as agresións sufridas pola lingua galega (dende a imposición, dende o poder político, do castelán en todo o territorio español, a persecución dos galeguistas, ata o desprezo e a burla sufrida polos galegofalantes). Como tamén é falaz ampararse na liberdade, xa que ningúen terá liberdade para falar ou escribir entre varias linguas se só coñece unha.
Outrosí sucede cando se afirma que o modelo de educación plurilingüe, no que está alicerzado o decreto, diminúe o rendemento do alumnado. Múltiples estudos universitarios demostran que estes modelos plurilingües, presentes nalgúns dos países máis avanzados do mundo (Canadá, Finlandia ou Suecia...), aseguran ao remate do período de ensino obrigatorio tanto unha mellor competencia en comunicación lingüística na lingua propia, na do estado, como nas linguas estranxeiras estudadas, como (o caso de Finlandia, o país da OCDE cos mellores resultados no "Informe PISA", é o máis significativo) mellores resultados académicos dos estudantes en todas as áreas e, o que non é menos importante para eles, múltiples vantaxes comunicativas, cognitivas, emocionais e, mesmo, laborais e económicas.
Coa posta en marcha deste decreto, inserido nun modelo ecolóxico das linguas, ábrese en Galicia un esperanzador modelo de educación plurilingüe, no que todo o noso alumnado usará durante o seu período educativo varias linguas (canto menos tres e, para moitos, catro) coa intención de acadar un dominio comunicacional efectivo de todas elas. Un modelo con efectos moi positivos para os estudantes e beneficioso para o conxunto da sociedade galega. É sensato renunciar a que os nosos fillos e fillas sexan no futuro competentes en galego, castelán, inglés, francés ou portugués? Existen razóns para anoxarse por que falen, escriban e lean correctamente en galego? A Galicia plurilingüe é unha proposta dun grande consenso nacional, ademais dun referente da nosa convivencia social e do noso nivel de civilización.

arume dos piñeiros dijo...

En primeiro de bacharelato, os/as seguidores/as da opción humanística atópanse cunhas materias que xa quixeran en Filoloxía:
Lingua galega
Lingua castelá
Lingua Inglesa
Lingua Grega
Lingua latina
Total: 17 horas
E, se collen segunda lingua, lingua francesa ou alemá, 21 horas.
Os que van pola outra opción, seguen coas tres primeiras, se non estou mal informado: en total, 9 horas.
Máis plurilingüismo xa non pode haber.
Nunha das alusións a Finlandia no texto sobre plurilingüismo fan ver dúas cousas diferenciadoras: maior orzamento para educación e máis esixencia na selección do profesorado.
Sobre o primeiro imos avanzando aos poucos; sobre o segundo, coas oposicións dos últimos anos, creo que vamos para atrás.
Este comentario meu é un aperitivo. Para abrir boca.

apicultor dijo...

Até onde eu entendo, en efecto, coas oposicións a medias destes dous últimos anos, vaise para atrás. Algo semellante xa acontecera tamén na universidade coas "prazas exclusivas". Segundo me contan.

arume dos piñeiros dijo...

Si, sen dúbida.
O que pasa é que na Universidade algo mudou. E dirá vostede: "si, pero con todos xa dentro". E volverá ter razón.
Cando se queren establecer diferenciacións en función dos méritos de docencia, de investigación ou de xestión volven aparecer os atrancos internos (as protestas dos sindicatos, sobre todo, os amarelos, son de escándalo) e acaba o proceso no xa coñecido café para todos que volve desprestixiar a profesión e debilitar a esixencia debida nun labor esencial para a sociedade coma este.

apicultor dijo...

Ou sexa, que non hai dúbida de que vivimos nunha sociedade lampedusiana na que todo cambia para que todo permaneza igual.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

CARTA INVESTIGADORES USC
É un feito incuestionable que con antelación á transición democrática, a actividade investigadora na Universidade española no seu conxunto era moi escasa e dependente exclusivamente do voluntarismo persoal dunha serie de Profesores. Afortunadamente as cousas teñen cambiado, e no momento actual case o 60% dos investigadores do noso país atópanse desempeñando o seu labor nas Universidades. A Universidade debe liderar o progreso cultural e tecnolóxico da Sociedade en tanto en canto é a institución responsable da xeración e transmisión do coñecemento e da cultura. Para poder cumprir con eficacia dita misión é fundamental que o profesorado universitario se involucre de forma competitiva en tarefas de investigación, creación e descubrimento.
As Universidades que encabezan a clasificación das mellores do mundo forman aos mellores profesionais e teñen sido claves para o desenvolvemento socioeconómico e tecnolóxico do seu entorno. Por iso, ditas Universidades deberan servir como modelo de referencia no obxectivo último de conseguir reverter á sociedade, que é quen nos financia, os mellores resultados tanto en termos de formación dos nosos estudantes, como de desenvolvemento tecnolóxico e contribución ao benestar social.
Parece logo lóxico que se desexamos alcanzar resultados óptimos, nos fixemos nas políticas levadas a cabo por aquelas Universidades que alcanzaron máis éxito, tomando nota así mesmo de cales son os factores que explican por que non estamos ao seu nivel. Se o facemos, veremos que ditas Universidades se caracterizan por ter un claro perfil investigador, e nelas, á beira das aulas, están os laboratorios e espazos de investigación nos que se busca contribuír o avance do coñecemento e da tecnoloxía.
A maioría das universidades reflicten o perfil mixto docencia-investigación nas xornadas laborais do profesor, definindo cada ano nos seus obxectivos profesionais a porcentaxe de dedicación á actividade docente nas aulas, dependendo da maior ou menor implicación en tarefas de investigación. Moitas Universidades españolas, incluíndo as da Coruña e Vigo, considérano nos seus plans de organización docente cada curso académico. Con todo, a Universidade de Santiago de Compostela, que se chama a se mesma investigadora, non aprobou ata datas moi recentes un modelo inicial e bastante tímido de recoñecemento ao esforzo investigador levado a cabo polo seu profesorado. Se esta iniciativa non se consolida e reforza, é obvio que se acabará xerando un importante desánimo nun sector de profesorado que mantén unha intensa actividade investigadora, así como no colectivo dos mozos investigadores. Unha das consecuencias inmediatas deste desanimo podería ser a diminución dos recursos externos captados pola nosa institución, o que tería unha influencia moi negativa na nosa capacidade docente e investigadora e na actividade de moitos estudantes é técnicos. Este non é un punto baladí, tendo en conta que actualmente a nosa Universidade ten empregadas máis de 1300 persoas con cargo a proxectos e contratos, persoal que non forma parte da plantilla docente da Universidade.
O feito de que na USC xa exista un bo número de Profesores que realizan investigación de alta capacidade debéranos permitir mirar con certo optimismo aos novos retos que o século XXI expón ás Universidades. Sen embargo, para afrontar estes retos nun entorno cada vez máis competitivo necesitamos recoñecer e visibilizar o esforzo investigador dos nosos Profesores, tanto cualitativa como cuantitativamente. Ata o de agora non ten sido así, xa que o número de horas de dedicación a docencia dos Profesores da USC que fan investigación competitiva son as mesmas que as dos que non realizan actividade investigadora.
Sirva pois este escrito para apoiar todas as medidas que se leven a cabo dende o goberno da USC para recoñecer de forma clara, valente e axeitada o esforzo e a actividade investigadora dos seus membros. Por moito que se queiran desviar atencións en base a argumentos de tipo político ou sindical, é esta actividade investigadora a que realmente contribúe a aumentar o prestixio internacional da institución, captar mais recursos externos e formar aos mellores profesionais. Non se trata de eximir os profesores-investigadores da actividade docente clásica, senón de apoiar e incentivar de forma diferenciada aos que son mais competitivos en tarefas de innovación e investigación. Convén sinalar que ditas tarefas de investigación conlevan en si mesmas unha moi importante labor en termos de formación e docencia.
O recoñecemento da actividade investigadora debe ser unha constante non só na programación docente senón tamén en todas as accións relacionadas coa política do profesorado universitario, sobre todo en temas de selección, promoción e incentivación, e dotación de espazos. O contrario sería un gravísimo erro e unha clara inxustiza cara á sociedade que nos financia, á que debemos render contas. Dita sociedade espera de nós que sexamos capaces de proporcionar unha formación ao nivel da dos mellores centros do mundo, e que teñamos un rendemento acorde con papel de liderazgo que debemos asumir.
Pensar que co actual modelo de voluntarismo persoal, sen recoñecemento algún do esforzo investigador, podemos acadar o nivel de calidade que os nosos estudantes e a sociedade en xeral nos reclama sería ancorarnos nun modelo propio da España autárquica e atávica de fai varias décadas.

Un que opina dijo...

Se consideramos que unha xornada laboral diaria normal é de 8 horas, e que un profesor universitario dá moi poucas horas de clases á semana, o tempo restante debería ser, en xeral, suficiente para dedicala a investigación para a maioría deles. Así mesmo, tamén habería que distinguir entre investigación real e investigación ficticia ou reiterativa (aquela que repite sempre o mesmo en moitos artigos diferentes: moita picaresca e moita jeta profesoral hai nisto).

Un que opina dijo...

Ao mesmo tempo, tamén hai investigación feita por profesores non universitarios que pode ter un nivel semellante ao universitario. Habitualmente son profesores de ensino medio. Para estes si que debería haber algún tipo de redución horaria, e non a hai.

XDC dijo...

Quén foi o que dixo aquelo de que a maioría da investigación universitaria é un traslado de osos dun cemiterio a outro?.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Investigación, Docencia e Xestión son os conceptos que serven á Xunta para premiar o labor dos Profesores Universitarios. Hai quen equilibra esas tres patas, pero hai quen adica máis tempo a unha cousa cá outra. Os baremos poden ser discutibles, pero normalmente atenden a estándares universitarios doutros países. Pode ser que a USC (as outras tamén, a pesar da carta) sexa algo preguiceira á hora de aliviar a carga docente dos investigadores excelentes. Pero tamén é certo que unha universidade non pode permitirse o luxo de prescindir da súa sabedoría nas aulas. Poden investigar, xaora, pero tamén teñen que servir eses coñecementos á sociedade que lles paga. Con transferimentos ás empresas ou a institucións públicas, si, pero tamén na organización cotián das clases.

Anónimo dijo...

1. Non vexo controis de calidade na investigación que se fai na universidade. Dá o mesmo publicar nunha revista de catro amiguetes ca nunha internacional. Dá o mesmo publicar no servizo de publicacións da universidade de turno ("yo me lo guiso, yo me lo como") que nunha editorial de prestixio. Ao final, o que conta é o "peso" neto, o número de traballos publicados, congresos, etc. Ah! Xa me esquecía! E ter un bo padriño (ou madriña)

2. As innovacións na docencia non se valoran porque tampouco a valoran os estudantes. O que conta é ir pasando de curso e "que non me dean a lata". Hai moi poucos estudantes con vocación. A maioría están estudando porque non hai outro remedio. Todo o que sexa ampliar horizontes, ir máis aló do programa, non está ben visto. O profesor rigoroso, esixente, está mal visto. Estes son os resultados da LOGSE.

3. Algúns utilizan o seu labor na xestión para subir no escalafón docente, e iso paréceme unha falcatruada tremenda. Que contraten administrativos, ou bolseiros. Isto non é un sindicato.

apicultor dijo...

Coido que hai bastantes profesores universitarios que opinan dun xeito semellante ao anterior anónimo. Que as publicacións se miden pola cantidade e non pola calidade (representada por revistas internacionais de tipo A), que os alumnos son comodóns e acomodaticios, etc., etc.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Nos criterios de avaliación do ministerio as publicacións na casa (ou sexa, no Servizo de Publicación correspondiente) valen pouco (ás veces nada). A relación de revistas en Ciencias está máis ou menos consensuada. En Humanidades é ben difícil a cuestión: ademáis, o que vale para Galicia ao mellor non vale para fóra. Hai dúas axencias avaliadoras e non sempre se poñen de acordo. Despois están as propias universidades que premian con criterios distintos aos da propia Xunta (o carameliño para calmar). Un galimatías notable.
No que se refire á docencia, non todo vai ser culpa de estudantes lacazáns. Hainos, como en todos os orbes da vida, por suposto tamén no sector profesorado. O profesor escasamente rigoroso e pouco esixente tamén está mal visto. Ou cre que os estudantes, por moi preguiceiros que resulten, sonlle parvos?
SObre a xestión, ese é outro cantar. Non estou de acordo en que por ocupar un cargo determinado se deba subir de escalafón, pero eu entendo que ser vicerrector, decano ou Director de Departamento, por poñer os casos clásicos, debe ser dalgunha forma recompensado. Mentres eles fan xestión (onde se perde moito tempo e enerxía), outros (con desprezo mesmo dos que fan xestión) investigan. Moi bonito investigar, pero tamén hai que saber que é un crédito ou que é un Plano de Organización Docente.
Con esto, obviamente, non lle rebato a argumentación a ninguén: engado precisións.

Anónimo dijo...

1. Non hai criterios comúns para todo o estado que permitan avaliar a investigación. Cada autonomía-universidade-departamento-comisión de prazas ten os seus criterios particulares, adaptables ao apadriñado de turno.

2. Hai profesores que "perden o seu tempo" preparando concienciudamente as súas clases, creando materiais docentes, empregando as novas tecnoloxías, facendo tutorías cos seus estudantes por internet, etc., e todo ese traballo non o avalía positivamente ningún "Ministerio".

3. Insisto: as dúas funcións básicas do profesor universitario son dúas: docencia e investigación. Todo o demáis (xestión) debería implicar unha redución do seu labor docente (en número de horas de clase), pero nada máis. Estou farto de ver como titularciños das silveiras se fixeron catedráticos trepando nas direcións dos departamentos e nos rectorados de turno. Moitos deles persoas que no valerían nin para presidente/a dunha comunidade de veciños.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Admitindo e suliñando todo o que anónimo escribe, direi que no punto 2 non podemos estar máis de acordo. Pero eso vai en contra do tradicional apoio á investigación en troques da docencia. Cómo medir a bondade da docencia. As enquisas? Un labor de inspección? Participar en cursiños de innovación académica? O certo é que a docencia segue a non estar valorada nos círculos universitarios. E se non, que lle pregunten a algún dos cátedros que asinaron o escrito.
O da xestión estou de acordo, pero tamén moitos catedráticos excelentes investigadores terían dificultades para pechar unha bolsa do lixo ou, no seu defecto, para medir os baixos dun pantalón.

apicultor dijo...

Falando da novidade das titorías por internet, un amigo meu que é profesor universitario dedícalle cando menos unha hora diaria a atender consultas (incluídos sábados), e di que non esaxera nada.

Di que seica agora lle aparecen dúcias de alumnos que nunca lle foron a clases interesándose polas lecturas a facer e a reseñar, cando queda arredor dun mes para que rematen as aulas. Tamén di que está até o gorro de que algúns deses alumnos lle veñan dicindo que son moi grandes algúns libros que apenas pasan de 300 páxinas e que se len con gran facilidade. Para que non teñan a tentación de copiar e colar da rede, o moi cabrito só "autoriza" lecturas de libros seleccionados por el.

Iso si, tamén conta que ten algunhas alumnas moi interesadas e incluso entusiasmadas cos libros que lles recomendou. Mesmo hai unha que disque vai ler unha segunda parte-tocho nas vacacións e outra cuxo pai lle pediu ao profesor máis bibliografía para ler el propio.

Ten que haber de todo como en botica, colixo eu despois de todo isto.

apicultor dijo...

... agora lle aparecen dúcias de alumnos a través de internet e que ten que cruzar con eles tres ou catro mensaxes para atoparlles unha lectura á carta, buena, bonita y barata, y sobre todo cortita, con poquitas páginas.

Beria en Siberia dijo...

A todos eses de cabeza a Siberia a un gulag de reeducación polo traballo. De verdá que llo recomendo ao amigo seu ese.

arume dos piñeiros dijo...

Ten sorte o seu amigo: non hai satisfacción maior para un docente que ser recoñecido e estimado polos seus alumnos.

apicultor dijo...

Home, non chegou a dicirme iso, pois é incrédulo de seu, tan só que a algúns alumnos seica lle gustaron os libros recomendados. Pero non creo que disguste como docente, incluso pode que guste bastante. Moito xa serían palabras maiores.

Leituga 1 dijo...

A min dixéronme de Arume que era un profesor moi bo e "enrollado", así como -engadiu a miña informadora- un pouco despistado.

apicultor dijo...

O de despistado debe ser cousa dos anos. Se eu lles contara ou contase...

arume dos piñeiros dijo...

Scarlett, sempre tan xenerosa.

apicultor dijo...

Por certo, don Leituga, se anda por aí: as eleccións para outubro ou para marzo? Vostede que opina.

arume dos piñeiros dijo...

Eso, eso, que eu xa dixen que para outubro.

Fodido dijo...

Son profesor de ensino medio. Traballo 18 horas lectivas, máis dúas gardas e unha titoría. Este ano o traballo incrementouse ao termos que introducir diariamente as faltas dos alumnos no ordeador e xustificar as dos nosos tutorandos. En total, poden ser unhas catro horas máis á semán, é dicir, 25 horas de traballo real, excepción feita da preparación de clases e avaliacións. Non é necesario dicir que se se querr ler, estudar ou investigar, ten de ser roubándolle tempo ao tempo e poñeiro diñeiro do propio peto, para viaxes e libros. A situación na Universidade, é moi distinta. Polo que eu sei, a media de traballo dun profesor universitario é unhas 4 ou 5 semanais, tempo de abondo reducido para adicar o resto a esas titorías ás que ninguén vai, e que se poden pasar lendo ou estudando, e máis á investigación. Contemplado deste modo, solicitar unha maior reducción é de vicio. Se a iso lle engadimos que unha grande parte do “investigado” é, como se apuntou aquí, pura rutina banal e repetitiva para facer currículo, considero que a mellor reforma da universidade é modificar dunha vez seriamente o acceso, de maneira que estean os mellores e non os amigos do catedrático, poñer aos profesores a traballar, e aos que queran e valan, a investigar. Por suposto que esta análise está movida polo resentimento causado por un agravio comparativo que fode. Pero ese non é un argumento en contra.

apicultor dijo...

Comprendo e comparto gran parte do que di o anterior intervinte. Porque, en efecto, hai profesores de medias que son investigadores, e non poucos de igual -ou incluso algúns de superior- calidade que os universitarios. E sen embargo, non reciben nin a máis mínima axuda ou compensación da administración educativa para poder liberar algún tempo para a investigación. De aí xurde a percepción dun agravio comparativo flagrante: boas condicións para os profesores universitarios, nulas condicións para os profesores e mestres.

Se a Administración educativa non quere desperdiciar o talento e o traballo vocacional destes investigadores marxinados (cuxas achegas tamén redundan á postre na sociedade) debería habilitar mecanismos que implicasen unha redución horaria para liberarlles tempo e poder dedicalo á investigación e tamén posibilidades reais de permisos e axudas económicas á mesma. Todo a partir dun baremo ou consurso obxectivable e non baseado en criterios burocráticos como a simple antigüidade ou ter sido cargo directivos.

Porque non se entende que existan docentes que poidan reducir horas para dedicalas a “actividade sindical” e que haxa outros que non poidan facelo para “actividades investigadoras”.

Claro que facer cambios nesta dirección non lle interesa nin á Administración educativa, nin aos sindicatos do ensino, nin ás universidades. Á primeira porque ten unha visión alicurta exclusivamente burocrática e asistencial do ensino, aos segundos porque avogan por unha empobrecedora igualación dos docentes desde abaixo e por unha defensa dos privilexios dos seus cadros, e á terceira porque se acrecentaría a competencia externa no acceso a hipotéticas prazas universitarias.

Pérdese, deste xeito, un importante capital humano, pois non son poucos dos docentes con vocación investigadora rematan tirando a toalla fartos de tantas trabas, de ningún recoñecemento pola Administración e de que todo lles saia sempre do seu peto.