9 abr 2008


Malcom X.
Pan por Pan mércores 8 abril

Outro dos líderes negros do século XX foi Malcom Little, cunha biografía moi diferente á de Luther King. Nacido en 1925 en Omaha, Nebraska, a súa nai era unha mulata nacida da violación dunha negra por un home branco. O seu pai foi asasinado polo Ku Kluk Kan e a nai rematou nun psiquiátrico. Malcom pasou dun reformatorio á delincuencia e de aí ó cárcere. Xa preso, converteuse á relixión musulmana e ingresou na Nación do Islam, que defendía que a raza negra era superior á branca e a creación dun estado independente para os negros. Pasou a chamarse Malcom X: ese X era o xeito de marcar os apelidos descoñecidos dos escravos. Acabou enfrontado coa Nación do Islam para logo fundar un novo movemento, Black Muslims (Mesquita Musulmana). E coincidiu con Luther King nunha cousa: el tamén foi asasinado, dun disparo, en febreiro de 1965, con menos de 40 anos.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Tamén foi curiosa a influenza que exercéu sobre o boxeador Cassis Clay,logo convertido ao Islam como Muhammad Ali.

Marcos Valcárcel López dijo...

Mañá falarei máis no mesmo curruncho de Malcom X e tamén dos Panteiras Negras. Malcom foi autor dun dos artigos máis brutáns da historia: cando morreu Kenedy, asasinado, publicou un artigo na prensa titulado "O que a fai, págaa".

Anónimo dijo...

Un chiste que me pasan e que se me ocuure poñelo aquí:

George Bush va a un colegio de primaria para hablar sobre la guerra.
Después de hablar, les dice a los niños que le pregunten lo que quieran.
Un niño levanta la mano, y George le pregunta cómo se llama.
- Me llamo Bob.
- ¿Y cuál es tu pregunta, Bob?
- Tengo 3 preguntas:
Primera: ¿Por qué EEUU invadió Irak sin el apoyo de la ONU?
Segunda: ¿Por qué es usted el presidente si Al Gore tuvo más votos?
Tercera: ¿Qué pasó con Osama Bin Laden?

Justo después de esto sonó la campana del recreo. George Bush les dijo
a los niños que continuarían después del recreo.

Cuando acabó el recreo, George preguntó:
¿Por dónde íbamos? ¡Ah!, es verdad, el turno de preguntas.
¿Alguien quiere peguntarme algo?.
Un niño levantó su mano. George lo señaló y le preguntó cómo se llamaba.
- Mi nombbre es Steve.
- ¿Y cuál es tu pregunta, Steve?
- Tengo 5 preguntas:
Primera: ¿Por qué EEUU invadió Irak sin el apoyo de la ONU?
Segunda: ¿Por qué es usted el presidente si Al Gore tuvo más votos?
Tercera: ¿Qué pasó con Osama Bin Laden?
Cuarta: ¿Por qué la campana del recreo sonó 20 minutos antes?
Y quinta: ¿Dónde está Bob?

Anónimo dijo...

Por fin! .Por fin! .Por fiiiinnnn!!!!
Endlichhhh!! It´s about timeeeee!!!

Quaaaand il me prend dans ses bras ,et il me parle tout bas, je vois la vie en roooooseeee....!
I´m siiiiingin in the raiiiiiin, just sinnnnnging in the raiiiin, what a glorious feeliinng I´´m haaaapppyyyyy agaiiiinnn...!

Por fin sei algo antes que vostede, Apicultor!!!.

Abusón, que era vostede un abusón!

O chiste, que xa o sabía...
Non sabe canto signfica esto pra min.;)))))))

Muss ist deennnn ,Muss is dennnn, trai la raila la la raaa...


Agora cáeme, mellor, Apicultor. Véxoo mái humano. Vostede tamén tuvo que aprender as cousas!!! No ten ciencia infusa!!!. Non estaba entre os apóstolos o día de Pentecostés!!. Non se pousóu sobre vostede unha flamígera lingua!!. Non se foi suministrado o coñecemento en memoria ROM asociada ao hardware neuronal!. Tivo que cargala en RAM, coma mín!!.
:)))))).

Anónimo dijo...

Se eu lle contara...

E logo, tan mal lle caio? :-(

Anónimo dijo...

Era envexa, amigo Apicultor. Ese verme que nos corroe por dentro,cando vemos que alguén nos supera en todo, e non podemos evitalo.
Envexaaaaa
Teño envexa do teu panoooo
Que unha vez secóu teu prantooooo
I que euuuuu
te quero tantooooo
que a miña envexaaaa
é tan só amooooorrrr.
(Ejem).:)

Anónimo dijo...

¡No me lo puedo creer!

Pois eu, de entre os meus múltiples e inconfesables defectos, non teño ese.

Anónimo dijo...

Fai ben,Apicultor. De cometer pecados, que sexan dos que producen placer...:))

(Reclámame a miña dona vía telemóbel. Pregúntame se estou cos " amiguiños de internet".Ciao!.)

Marcos Valcárcel López dijo...

O chiste de APICULTOR, simpático, é unha nova versión dun que se contaba da Rusia de Stalin: lembro lelo, nun especial de EL VIEJO TOPO. Alí era un neno dunha escola que lle preguntaba a Stalin e o seguinte preguntaba polo primeiro neno, xa desaparecido.
É sorprendente a adaptabilidade dos chistes a diferentes contextos.

Marcos Valcárcel López dijo...

"OS AMIGUIÑOS DE INTERNET"
cita XDC. Que boa denominación para un coro de amigos ou unha Peña ou algo así...

Marcos Valcárcel López dijo...

E sáudos á súa dona, sr. XDC. Que non vaia pensar mal, que estas cousas cibernéticas... Dígalle que só está con xentes cultas e tolerantes, con poucas mulleres (creo) e, en calquera caso, todas vesidas.

Anónimo dijo...

Boeno, ela dixo "tus amiguitos de internet". Que nacéu en Caracas, e cóstalle o do galego. Pero non tema, non lle molesta en absoluto. Anque ás veces sí que dí que seguro que "chateo" con mulleres, de asuntos sexuáis . Eu, dígolle que sí, qué carallo. O outro día, cando o Xaime chamóu a un merendeiro de San Vicente de Mar pra invitarnos á merenda, dixo: "Vaya, estos amigos tuyos de ineternet hacen también la clase de cosas raras que haces tú".XDDDDD.

Anónimo dijo...

A ver, XDC, se coñece tamén este chiste que rematan de enviarme:

Un cavernícola hijo llega a la cueva y le da las notas al cavernícola padre, que las lee detenidamente. Al rato el Papá le dice:

- Mira, que suspendas caza, lo comprendo, porque eres pequeño y todavía no puedes con la lanza; que suspendas agricultura te lo paso, porque es un rollo y al principio cuesta trabajo cogerle el truco; que suspendas pintura rupestre, te lo perdono porque todavía eres pequeño y no coordinas, pero...QUE SUSPENDAS HISTORIA.........NO ME JODAS; ... ¡¡¡¡¡ SI NO LLEVAMOS NI DOS PAGINAS !!!!!

Xaime dijo...

Este foi verdá:
Un xurado examina a tres tolos de Conxo para ver si estaban preparados pra saír:
Tolo 1
Pregunta: Canto son 6x6
Resposta: 19.898.
O xurado mírase e sorríe.

Tolo 2
Pregunta: Canto son 6x6
Resposta: Novembro
O xurado mírase e sorríe.

XDC
Pregunta: Canto son 6x6
Resposta: 36
O xurado mírase e pregunta:
Por qué esa conclusión
E o Xan da Coba tan pancho dí:
E o resultado de dividir 19.898
e Novembro.

Marcos Valcárcel López dijo...

Moi bo, amigo Xaime.

Anónimo dijo...

Non se me deprima, Apicultor, pero xa o sabía tamén. :))

O que conta Xaime, foi certo.

Doutra vez, leváronme a que contara as ovellas dun numeroso rebaño. Dixen o seu número ao momento. Preguntáronme coma fixera, e dixen: "Contéi as orellas, suméi un, e dividín por dous". "E por qué sumaches un?", quixeron saber."É que me din conta de que a unha ovella faltáballe unha orella", repostéi.

(Calquer parecido con "A historia do home que calculaba" é mera coincidencia).

Anónimo dijo...

Voulles contar un conto numérico:

Morréu un vello árabe e deixóu escrito no seu testamento que a metade do que tiña fora pra o fillo máis vello, a cuarta parte pra o segundo e a sexta parte pra o terceiro. O que sobrara, pra o primeiro viaxeiro que pasara.
Cando foron repartir, viron que o pai deixara once camellos. Xa estaban discutindo de partir algún polo medio cando pasóu un velliño có seu propio camello.Contáronlle o caso e pedíronlle consello. Él dixo: Non quero ver pelexar irmáus. Tomade o meu camello, e xuntáino cos vosos. Anque non querían aceptar tan xeneroso agasallo, o vello insistiu. Logo eran doce camellos en total. Según as proporciós acordadas polo pai, tocaron a seis,tres e dous .Total, once.E o velliño, volveu marchar có seu camello.

Anónimo dijo...

Precioso, don Xoan. É vostede a álxebra das uvas.

Anónimo dijo...

Outro, con piada:

Tocóulle a lotaría a unha velliña, e pregúntalle o periodista cómo se lle ocurriu mercar o número 163.Responde ela: fácil,suméi a edade do meu home,84, coa miña, 85, e saiu. Pero señora, sorpréndese o profesional, eso da 169. Vaimo decir vostede a min, o que da:foi a mín a quen me tocóu o premio, alega a vella, burlona.