9 abr. 2008




Ourensanía

Acabo de insertar na Ourensanía seis fotos que a min me parecen magníficas. Dúas do libro sobre o Volter de Sofía Tros: unha do Tucho (qué menos, nestes días, non?) e outra, velaí, de Xosé Luís de Dios facendo de trasunto de Buster Keaton. As outras catro, achegadas por Afonso Monxardín, son de don Xoaquín Lorenzo (Afonso organizou a súa Fotobiografía en Xerais): as catro son boas, pero esta da conferencia no colexio Concepción Arenal, con Otero e Martínez Doval, para min é maxistral.
Que sería destas neniñas, cantas delas andarán por aí ou ó mellor ata asisten ás conferencias do Liceo? E que me din dese televisor, novo deus da aula, en sitio preferente: para que nos veñan agora co conto das novas tecnoloxías...!

7 comentarios:

David Paz Nóvoa dijo...

A aula desta fotografía (1969) ten mellor equipamento audiovisual que a maioría das aulas dos nosos centros educativos actuais (2008).

XDC dijo...

Joer!!!
Eu estudaba nese colexio, nese ano!! .Pero non me lembro deso. Non era a miña aula. Non eran as miñas mestras.
Nunca me esqueceréi deste caso:

Como eu vivía perto do colexio, non tiña dereito a ser levado á casa no autobús, mais ben furgoneta, do PAco. Víñanme buscar.Pero daquela aínda era unha diversión, subir a un coche. Entón un día, "coléime" cos que iban no coche. Paseino ben, mirando polas ventaniñas.Cando o Paco rematóu de repartir aos rapaces, preguntóume a onde iba eu, que non me coñecía. EU, votéime a chorar e dixen onde vivía. El, enfadóuse, e díxome que eu non tiña que ter subido, e que estarían preocupados por min. Levóume de volta á rúa Bedoya, onde está o colexio, e xa a miña familia tiña movilizada á "policía armada"...

XDC dijo...

A miña mestra era a señorita Tere, familiar do Outeiriño, o escritor, có que coincidín alí, xa o contei. Ela agasallóume un libro dos clásicos infantís daqueles pequenos. Creo que era "Viaxe ao centro da Terra". Na capa tiña pintado un mostro que votaba lume polos fuciños atacando a unhos homes. Lembro que os libros eran de Santillana.Lembro o día que trouxeron o tiovivo do recreo. lembro que cantábamos. E lembro a Don Angel, que creo que é o da foto, se non me falla a memoria visual.

apicultor dijo...

Xa de cativo era vostede o diaño!

arume dos piñeiros dijo...

Ese peazo táboa de fornica! Como súaban as mans!
E que pouco cabaleiros: as donas alí de pe, e cunha cadeira baleira!

Agora máis en serio (pero non moito): a min todas estas fotos prodúcenme máis tristura ca outra cousa.

XDC dijo...

Tristura, Arume?
Pois logo dedícolle esta versión d e "tristezza", que seguro que lle gusta:PREMER.

Anónimo dijo...

Nicola de Bari, un must