12 abr 2008

Novo goberno: están vostedes contentos/as? (foto El País)
Continuísmo, di Rajoy; xiro á dereita, engade Llamazares. Caras novas, caras vellas.
Opinen, se lles parece pertinente.

43 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois abro eu, en pé de igualdade con todos vostedes. Continuísmo, en parte evidente: segue o núcleo duro (Rubalcaba, Solbes), pero para iso gañaron as eleccións, non? Non o farían tan mal antes.
No abano positivo, algúns nomes que permanecen: Teresa Fdez. de la Vega, C.A. Molina, Bernat Soria, Mercedes Cabrera... O futuro dirá se son efectivos os novos ministerios de Igualdade e I + D.
Entre o máis negativo, Magdalena segue en Fomento, tras demostrar máis dun fracaso na xestión. E esa imaxe do "prometo" de Zapatero diante da Biblia e o crucifixo: non estabamos nun Estado laico?

Anónimo dijo...

"goberno" = goberno español?
"goberno galego" = goberno?

Anónimo dijo...

Tanta "ourensanía", e logo lemos esta noticia nun periódico:

"Doce geos detienen a cinco gallegos tras un secuestro en Ourense.
Decenas de agentes, entre ellos doce geos, capturan a cinco gallegos que habían raptado, golpeado y amenazado de muerte a un ourensano al que exigían 25.000 euros ·· La víctima fue sorprendida cuando regresaba a casa de un gimnasio y conducida a una capilla de Piñor"

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5&idNoticia=287422

Anónimo dijo...

"España plural" > "España singular"

Anónimo dijo...

Fernández Bermejo me parece buena persona

Xaime dijo...

Así, a bote pronto, incomprensible o de Maleni e Bermejo, por seguir, e o de Caldera, que foi o ministro das milloras sociais, por relevalo.
As incorporacións novas son de momento pouco comentables e o de Sebastian o pago pola tortura de ter que presentarse a Alcaldía de Madrid.
Nun momento de crise económica vótase de menos máis ministros de peso e menos concesións a galería.
Se puidera dar unha nota e sempre, insisto, sin coñecer as novas incorporacións, un catro e medio.
O se sigue sin gustarme e ZP.

Anónimo dijo...

Caldera muy "quemado" por el Efecto Llamada (Efecto Caldera) y por tolerar el descuartizamiento del Archivo de Salamanca.......

Anónimo dijo...

Que se a primeira ministra de defensa, que posiblemente será a 1ª en dar a luz no exercicio do cargo, que si a ministra máis nova que nunca houbo, que se aposta polo medio ambente...
Que con todo éste circo é máis que posible que non teñamos tempo para atender as cousas que realmente lle atinxen aos cidadáns. Goberno para papel satén, malos tempos que se aveciñan, seguro, pero nos seguimos a mar de contentes con tantas primicias... e en Ourense...ijualito.

Anónimo dijo...

Llegando hasta mi, Marcos, noticias de tu valía, buen hacer, mesura y talante, tengo ya muy encargado a mi subordinado en esas paradisíacas tierras, Emilito, que no te pierda de vista. Sólo falta un detallín, una minucia, pequeñez, un quedar bien; debes incorporar mujeres a tu blog, que no escapen de él como alma que lleva el diablo. Toma nota de la pedagogía política de quien, de seguir en esta línea, sin duda pronto será tu jefe: yo mismo ¡mecachis en la mar! .( !uff pedazo taco se me acaba de escapar !

Anónimo dijo...

O socialismo é malo, perberso e pecaminoso. O único que fai é governar para as rebistas do corazón, puro marketín. ¡A quen se lle ocurre nombrar a tantas menistras! Eso faino para distraernos das cousas que realmente lle atinxen aos cidadanos, pan e circo mediático.
O socialismo é puro colonialismo para os povos asoballados e un aliado obxetivo do imperialismo.
A obriga de todo bon patriota galego é loitar contra del e non deixarse atontar polos seus cantos de sirena, como fai o treidor Quintana, que se bende por un plato de lentellas e por pisar moqueta.
Pero o povo galego pronto vai reaxir, pronto vai votar os seudolíderes rexionalistas e apostar pola autodetermiñación como irrenunciabel direito dos galegos.
Xa logo a historia que nunca se deu nas escuelas escreberá unha páxina groriosa co rexurdimento do verdadeiro espíritu patriótico e rebolucionario dos que nos se deixan asovallar.
Todo aquel que se preste a comprender ou a colabourar cos socialistas, auténtico cancro que corroe a Nosa Terra, será considerado un renejado traidor a nosa lingoa e o noso verdeiro ser. ¡En pé, galegos, que xa chegou a houra!

Anónimo dijo...

Autonómicas 2009 por Maurício Castro

Vieiros, 10/04/2008

Passadas as eleiçons de 9 de Março, em que pola primeira vez nom houvo listas soberanistas galegas –o BNG apresentou um programa para ‘ter mais peso em Madrid’ e nom para defender a nossa soberania–, nos cada vez mais numerosos sectores desmarcados do autonomismo começa a especular-se sobre a proximidade das Eleiçons autonómicas de 2009 e o que poderám significar para a necessária reconfiguraçom social do soberanismo galego.

Umha série de condiçons inéditas coincidem nessa convocatória, que oferecem expectativas para que o espaço eleitoral galego se abra por fim a um sector político que até hoje tem sido incapaz de representar, nesse terreno, umha verdadeira esquerda nacional.

Assim, pola primeira vez, a expressom política maioritária do nosso nacionalismo, o BNG, afrontará um processo eleitoral a partir da sua cómoda posiçom no bipartido governante. Independentemente do que uns e outras opinemos sobre o desempenho do BNG na coligaçom governante durante esta legislatura, é claro que ter ocupado as importantes parcelas de poder institucional que o BNG ocupou nestes anos lhe permite afrontar o processo eleitoral com umha perspectiva substancialmente diferente à de legislaturas anteriores.

Foi isso o que se demonstrou no passado 9 de Março. Nesta democracia virtual e mediática, onde o principal impulso para fazer carreira institucional parte da presença suficiente nos meios de comunicaçom, o BNG continuará a representar o terceiro actor desse bipartidarismo imperfeito da Galiza institucional actual.

O papel do BNG nestes anos, desmarcando-se abertamente de luitas históricas do nosso nacionalismo, olhando para o empresariado autóctone como anelado esteio para o seu projecto de conversom numha CiU galega, cria também umhas condiçons inéditas. Existem, pola primeira vez, movimentos sociais sem direcçom política clara, que respondem à contestaçom espontánea de numerosos sectores populares perante as políticas de sempre: predaçom do território, especulaçom urbanística, privatizaçons e políticas económicas de corte inequivocamente neoliberal.

Nessas condiçons, e com a esquerda espanhola em queda livre (IU perdeu votos percentual e numericamente na Galiza no dia 9 de Março), existe um espaço eleitoral objectivamente abandonado polas forças institucionais que, com o PP virado para a extrema-direita, nos últimos anos tenhem pugnado por ocupar o mítico ‘centro político’.

Diante das inéditas condiçons com que vam apresentar-se as eleiçons de 2009, a principal incógnita para as pessoas que nos consideramos de esquerda e soberanistas é sabermos se vai ser possível criar, nos meses que restam, também umhas condiçons inéditas no nosso campo para apresentar batalha eleitoral.

É bom lembrar que há quatro anos, com um panorama tam marcado polo voto útil e a esperança na ‘alternativa’ a Fraga, a minoritária esquerda independentista, que se apresentou dividida em duas listas com programas eleitorais difíceis de distinguir, a nom ser no aspecto ortográfico, ultrapassou, pola primeira vez na história, os 4.000 votos (somando os da Frente Popular Galega e os de NÓS-Unidade Popular), o que supujo atingir o maior número nunca conseguido por qualquer força independentista galega.

Desconheço quantas listas se apresentarám em 2009, porque nom sei se os galegos e as galegas continuaremos a teimar na renúncia a constituir umha força unitária que faga frente à maré neoliberal e uniformizadora que tam gravemente está a erodir a nossa identidade e os direitos sociais da maioria. Porém, tenho o pleno convencimento de que, se essas forças e outras hoje ainda integradas no BNG conseguissem apresentar umha candidatura unitária pola autodeterminaçom e o socialismo, a história do esmorecimento da nossa naçom poderia começar a ser rectificada.

E a história pode e deve ser rectificada.

Anónimo dijo...

Patriota cabal.......¿Has tomado la pastilla esta mañana?

Anónimo dijo...

Eu tou mui contento pois zapatero bai acabar co analfavetismo vainos traelo AVE e maila talavisión digital a maiores como cando fraga iribarne biña polas aldeas en coche que case non abía carrateras e el xa biña abrir puticlus perdon quixen decir teleclús para nos ter informados pois el era o menistro dinformacion e turismo xa daquela mandaba nabo moito mais cos dagora ainda que heu sempre lle tiven moita ley o socialismo español que nos vai trear o zapatero por fin aurens vai reaxir como di o meu netiño que fala o gallego ese da talavision que nos quere traer aora o touriño...

Anónimo dijo...

Patriota caval. Xa te estóu imaxinando subindo a unha tarima, arengando ás masas á biba boz, ou cun alto falante deses que non se entenden nada, coma Lenin. Moa. (Mola).

Anónimo dijo...

Ponte a cuberto, Patriota Caval, que non pillas por onde van os tiros e ainda te has mancar.

Anónimo dijo...

Vota PP

Anónimo dijo...

Diálogo costumista:

Primeiro Acto:

Sra Palas do Rei: Que fixen eu pra merecer isto!

Miss Orense: ¿De quien está a hablar, sra Palas, sipuedesaberse? El otro día la vi un poco amuelada,. Ya me contaron que está un poco amuelada porque los del tribunal de justicia de galicia no le dejaron cambiar el nombre de la villa por el más aristocrático de “Palas de Juancarlos”.

Sra Palas do Rei: No, non es iso. Quéixome de Pepiño. Non vai ser menistro de fomento. Nin o ministerio de educación ou o de cultura lle deron, malpocado.

Miss Orense: Pues yo le estoy muy contenta. Nuestra representante en el gobierno sigue siendo Elena Espinosa, que es "nosa". Va a hacer mucho por la agri-cultura, no solo de nuestra ciudá, sino mismo del resto de la provincia. Para el año los labriegos de la Limia y el Ginzo van a tener dos cosechas de patatas, seguriño.

Sra Palas do Rei: Pois a nós prometéronnos a autovía dos queixos e aínda estamos a esperar que moxan a vaca. Xa o dicía o Castelao, o tipo chorón aquel: a vaca está aquí pero os tetos téñenos en Madrí.

Miss Orense: En nuestra ciudá, la Palasatenea de Galicia, sólo nos interesa el café con leche calentito. El señor Baltar, un ricohombre, nos lo sirve todo, y así de una año pautro. No nos falta de nada. Mientras el estea donde estea, y Rodríguez de alcalde, esta ciudá no pasará hambre. Los orensanos somos los mejores opositores del mundo. Nuestra mejor dotación cultural es esa academia de la que salen los celebros previlegiados que han de regir el destino de la nación.

Sra Palas do Rei: Dicen que Cabezas dejó algunas deudas…

Miss Orense: Si, y también dejó un centro comercial junto al río sin derribar…

Sra Palas do Rei: Tambén oín que ía ser senador. Si, xa sabe, sra Miss Orense, deses que van a Madrí a “senar”, como dicen en Vimiansso…

Miss Orense: No le pudo ser, pero se lo tiene bien merecido. Por amuelar a Baltar.

Sra Palas do Rei. Algo así lle pasou a Xaquín García Díez, porque non se levaba aló moi ben co sr Cacharro, que en gloria estea. En fin. Que grandes homes ten dado Galicia… Cacharro, Baltar, Pepiño… Que pensaría Curros Enríques destes grandes homes, el que sempre loitou contra o escurantismo e os caciques… Os nosos grandes homes están aí polos votos. Que diferencia!

Miss Orense: Madia te la lleva, sra Palas. Madia te la lleva.

Anónimo dijo...

Tanto gustei do primeiro acto, que espero impaciente o segundo. Non se esqueza, porfa!!

Anónimo dijo...

Menudo muermo de diálogo costumista, non pode ser máis tópico e aburrido.

Anónimo dijo...

Vota PP

Anónimo dijo...

Sacrilejio!.Non se dí máis muermo sinón mormo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para admirador de Baltar:
un pouco tarde para pedir o voto para o PP, non?
Ou é que xa empezaron coa campaña das autonómicas?

Anónimo dijo...

Valcárcel: ¿Abrótano Macho o Agup?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

1. Non me gusta que nomeara a Miguel Sebastián, un notable perdedor nas eleccións madrileñas. Pero xa vexo que a EL PAÍS tampouco.
2. Dúas persoas de l'Hospitalet non está nada mal para a prolongación de Barcelona e para o que representa. Sobre a ausencia de Joan Clos, unha pregunta: merece a pena deixar a alcaldía de Barcelona para ser ministro? A pregunta vale para Zaplana ou, á inversa, para López Aguilar.
3. Preocúpame o paso de Universidades a outro ministerio. Máis que nada porque Cabrera estaba a impoñer un calendario forzoso e isto obriga de novo (por enésima vez) a velas vir.
4. A ausencia de Caldera resulta pouco explicable. Sobre todo, cando é responsable dalgunha das leis que deron marchamo social a Zapatero.
5. Tamén resulta difícil de entender a permanencia de Bermejo, de Magdalena Álvarez (aínda que para outras zonas é unha ídola) ou do propio Moratinos (habería que darlle unha revisión á política exterior, pero quizáis despois do semestre primeiro de 2010 o larguen). O de Bermejo pode ser máis unha ameaza ca un xestor. Se as cousas pintan ben para os acordos do TC e do CGPJ, pode que o larguen. DIgo eu. Por non estar calado.

Anónimo dijo...

Bermejo é unha persoa moi capacitada. Pode que non teña moi boa prensa pero paréceme un acerto. Poucos ámbitos da administración se enfrontan a unha renovación estructural tan profunda como a que agarda á Xustiza na próxima década. Ademais do desbloqueo do CGPJ e o TC - que si estará nas portadas nas próximas semanas- estanse xestando reformas de gran alcance, especialmente a do proceso penal, que supón das modificacións lexislativas máis importantes do último século e que afecta de forma esencial ó dereitos fundamentais. Será un proceso longo, polo que seguramente pasen varios ministros, pero para iniciar o camiño coido que Bermejo e unha persoa moi idónea.

Anónimo dijo...

Bermejo, hombre de amplios horizontes, como los campos de Castilla, su tierra.......

Anónimo dijo...

Xa chegou o xenófobo...

Anónimo dijo...

Touriño (LVG)

-Mire, yo a lo que me comprometo es a tener una extraordinaria prudencia, y a evitar que Galicia caiga en un enfrentamiento por el idioma como en Cataluña. Haré lo posible por evitarlo.

plas plas plas...

Anónimo dijo...

???????????????????????

Anónimo dijo...

Pulpo debe valer, como animal de compañía e como palabra galega.
Se os portugueses din Cavalheiro ou repolho e outro castelanismos e non lles cae a pixa, ¿non podemos nós coller unha verba do castelao pra non incordiar co outro sentido do castelán.

Anónimo dijo...

A min non me gusta que continúen Moratinos (ineficaz, sen rumbo coñecido), Bermejo (un broncas) nin Magdalena (boa ministra, pero de trato difícil e queimada).
Gústame que Elena Espinosa saia enormemente reforzada e se convirta nunha das superministras do novo goberno.
Gústame que Carme Chacón, unha señora nova, catalano-parlante, preñada e yeyé, sexa quen mande no Exército Español.
Gústame que haxa un Ministerio de Ciencia e Innovación.
Gústame que César Antonio Molina siga sendo ministro de Cultura.
Gústame que siga Rubalcaba.
Así que bastante ben. Doulle un 6,5

Anónimo dijo...

Magdalena, con raíces lucenses

Anónimo dijo...

Srta. Patriota Caval, e digo srta. porque deduzo un certo radicalismo femenino mal entendido, o estilo Xinzo de Limia, cual lle ten reportado pingües beneficios electoráis, por non falar doutra cousa de ton ideolóxico, como por exemplo, o asunto feminista de Porqueira derivada a tránsfuga por el rito de la indulgencia divina. Pero ó que ibamos, só fai falta escoitalos falar para sabermos de cara onde van desviala atención, así por exemplo: que se dous ministerios de economía cando o asunto da economía, dentro dun contexto de desaceleración mundial, non debería andar en liortas intestinas, nin contrapesos, nin monsergas para escribir tinta impresa, que xogamos coas cousas de comer e o cidadán néstes temas quere que se reme na mesma dirección, sen obscenidades nin premios a perdedores sen credibilidade, pero muy amigos del presidente, cuán eso es suficiente y máximo prestigio. E subrayo o da economía por ser asunto de máximo interés, do resto prométolle que falaremos a cotío segundo vaian abrindo a boca, mire se teño un pálpito!

Anónimo dijo...

A min debéronme de poñer algo no café porque xa non entendo nin ao diaño. E mira que normalmente, o diaño, para estas cousas, é clariño.

Anónimo dijo...

Dame a impresión de que o diaño non fala pra vostede, anónimo, nin pra mín tampouco...Pra entendelo hai que ser director de escola con nome de poetisa galega, en terras do Laethes...

Anónimo dijo...

Impresiona ver a Carme Chacón pasar revista ás tropas. A min, polo menos, que sinto repulsión por todo o militar.

Anónimo dijo...

A min dáme un certo gustirrinín ver a unha muller encinta e intelixente ordenando ás Forzas Armadas: ¡Capitán, mande firmes!

Marcos Valcárcel López dijo...

Hai un precedente inmediato en Chile, non? Ministra de Defensa, alí aínda máis destacado por saír dunha moi recente ditadura militar. Non sei se haberá moitos casos máis no mundo...

Anónimo dijo...

Eu creo que cantas máis mulleres haxa de ministras de defensa, denantes virá a paz mundial. Ou non?

Anónimo dijo...

¿Ante un hipotético Perejil 2ª parte, cómo reaccionaría la Sra. Chacón?

Anónimo dijo...

Creo que este segundo mandato de ZP xa non está baseado na idea de "España plural" senón no de "España singular (porque ahora me conviene)". Ademais, vexo que ZP porfía nos erros, todo con tal de non dar o brazo a torcer: recórdame a cacholería de Aznar. Foi precisamente por aí por onde empezou a súa caída. Para rematar, insiste nesta idea nefasta de que o importante é a forma, a imaxe, e non o contido, coma se a actuación do goberno a dirixise unha axencia de publicidade.

Sobre os cambios ministeriais:

1. As universidades xa non dependen de "Educación" senón de "Innovación". Isto é para nota. Meus señores: a universidade só fai investigación básica. Son outros os organismos que fan investigación avanzada. Confirma tamén a miña teoría de que: (a) as titulacións universitarias se están convertendo en papel mollado (os másters son "lo que mola"); (b) a empresa privada (e unhas cantas fundacións) está a meter os fuciños no ensino público; (c) o importante non é a docencia senón a meritocracia
2. O medio ambiente, que requeriría ser un ministerio transversal, pasa agora a depender de agricultura. E por que non de industria????
3. Magdalena Álvarez, a do "plan Galicia de mierda", continúa aí. Imos avi-ados.
4. O ínclito ministro de Justicia tamén segue aí. Compadezo aos que teñan xuízos pendentes por culpa da folga que no ministerio non souberon controlar.
5. Moratinos. Oh my God! Aínda me estou a acordar daquela especie de congreso da "Alianza de Civilizacións" con asistencia de importantísimos líderes mundiais. As tropas españolas seguen en Afganistán.
6. Corbacho, un alcalde popular e populista, que non é capaz de controlar a situación de inmigración ilegal no seu concello, vai agora dirixiar este tema desde un ministerio. Este é o mundo ao revés. En base a que cuota puxeron a este señor?
7. Ministerio de defensa. Que experiencia (aparte duns meses no ministerio de vivenda (!?!) ten Carme Chacón para ocupar ese posto? Por que non puxeron á segunda de abordo do anterior ministro? (Resposta: porque a imaxe non vende!) Deus nos colla confesados!

Anónimo dijo...

Porque a imaxe vende, quixen dicir.
MS

Anónimo dijo...

Graciñas anónimo, posiblemente eu non me souben expricar tan ben, sen ser unha cousa por nomes individualmente, o novo contexto de axencia de publicidade, non é de fiar, insisto, teño un pálpito, e non é nada bon, a tendencia é deslexitimalas institucións, a POLITICA, a representatividade, cambiando calquer atisbo de utopía e esperanza por actores e modelos cun guión maldito, pero ben aprendido.