4 may 2008

Descóbrenos a Antón Villar Ponte
Emilio Xosé Insua: "As miserias do xornalismo do século XX multiplícaronse na actualidade" (Rosa Rodríguez, Galicia Hoxe, 3.5.08)


Estás de acordo coa afirmación de Ponte que "todo brillante periodista é un grande escritor anquilosado".
Quen fai semellante afirmación foi unha persoa que durante a maior parte da súa vida, obrigado polas circunstancias ou levado pola total entrega á causa galeguista, exerceu como auténtico "forzado da pluma" e, desde esa perspectiva, está claro que non puido levar adiante ou culminar axeitadamente, por falta de tempo ou de vagar, varios proxectos como escritor. O xornalista devorou o escritor e aínda así, entre a produción literaria de Antón hai verdadeiras xoias.

Tamén dicía: "Os xornalistas libres non se nos persegue, pero non se nos busca para postos retribuídos". Segue pasando iso?
Aínda que non son o máis indicado para dicilo, pois non me dedico profesionalmente ao xornalismo, intúo que o tipo de "xornalista libre" a que se refería Villar Ponte non é precisamente o que buscan as empresas mediáticas galegas actuais. Cando determinados medios censuran a Suso de Toro polas súas opinións ou a Pepe Carreiro polas súas viñetas, cando prescinden de plumas de calidade contrastada como María Xosé Queizán ou Vázquez Pintor como colaboradores, cando optan por contratar columnistas foráneos de axencia en vez de dar voz aos escritores e escritoras do propio país, etc. estase a cumprir, infelizmente, a diagnose villarpontina a que facías referencia na túa pregunta.

Que pensaría do xornalismo dos nosos días?
Sería moi atrevido dicilo no seu nome, dadas as circunstancias... Sabemos o que pensou do xornalismo do seu tempo e, na medida en que moitos dos defectos e das miserias daquel xornalismo seguen aparecendo, mesmo multiplicadas, no actual, non é difícil chegar á conclusión, todo o provisoria e hipotética que se queira, de que non estaría moi feliz co panorama. Desde logo, non dubido que as baixísimas porcentaxes no emprego do idioma por parte da prensa galega serían obxecto do seu látego dialéctico e que o papanatismo sucursalista, a atención excesiva ao mundo faranduleiro e o nulo arroupamento dado á cultura galega por parte dalgúns medios actuais sería denunciado con contundencia.

35 comentarios:

Anónimo dijo...

Un asunto interesante a debatir é o papel que xogan hoxe os articulistas afeccionados na prensa galega. Como hai unha gran maioría que escriben gratis -sobre todo na prensa máis local- con tal de ver o seu nome e foto impresos.

Isto supón, coido, unha competencia desleal para os articulistas máis profesionalizados ou competentes, que vén como van á baixa os parcos emolumentos polas súas colaboracións.

Están vostedes de acordo que dado que a prensa galega recibe unhas subvencións astronómicas, esta debería gratificar economicamente a todos os seus colaboradores? Non cren que así subiría a calidade media dos colaboradores? Que opinan ao respecto os que de vostedes son colaboradores habituais na prensa escrita ou na prensa dixital?

Onte mesmo estiven ceando cunha coñecida xornalista e contábame que, en efecto, no xornal típico da súa localidade, todos os colaboradores menos dous o facían gratis total, e que desde a dirección dese xornal consideraban que lles facían un "favor" por publicalos.

Dito noutras palabras, colaborar na prensa galega segue sendo chorar?

Anónimo dijo...

E como se chega a ser un articulista profesionalizado ou competente?

Anónimo dijo...

Non se vaia polas pólas, Arume.

Anónimo dijo...

¿Que lle facían o favor a quen, aos que lles pagan ou ao resto?
É un tema complexo.
Unha vez comentábame George Hills, un do xefes da BBC de Londres, que eles sempre pagaron calquera colaboración por nímia que fose. (O que supuxo, por certo, uns bos cartiños para os galegos que mandaban orixinais para a emisión da BBC en galego, do 47 ao 56). Agora ben, nunca admitían tampouco unha colaboración non encargada.
Ou sexa, se un vai a un xornal e pide por favor, a ver se me podedes publicar isto, por pedantería, por militancia, polo que sexa, pois, loxicamente, non ten dereito a pedir nada. Por certo que nalgunha desta prensa que funciona con estes criterios vemos unha presenza do galego importante nesas colaboracións, o que é simplemente un dato qeu non entro a xulgar.
Creo que o criterio da BBC é bastante bo. Evidentemente hai que prestixiar o tema. E unha forma é a través dos cartos.
Pero para que vexades como anda o tema, hai anos un que eu coñezo, preparou un discurso para un acato no Principal con motivo dunhas xornadas de Cine. E a moza que levaba o tema, díxolle, a posteriori, que non tiñan fondos para iso, para os "culturetas",que graciñas e ata logo.
Indigno. Pero é o que hai.
Tamén sei doutro que escribía columnas na Voz cando saían atrás, e polas que lle pagaban unha miseria (cincocentas pesetas, creo) Un día houbo un cambio de política e pedíronlle qeu seguira pero sen pagarlle. Que non era nada persoal, que estarían encantados de que seguise.
E o tal dixo qeu non. Non por nada. Ou si. Por dignidade.
Agora ben. SE non tivese escrito aquelas cen ou duascentas columnas, ¿tería pulido a pluma e collido o punto a iso de escribir?
Vai ti ver que eu non teño máis ca pregunta sen ningunha respota.

Anónimo dijo...

Eu quero ser articulista profesionalizado e deixarme de outras gaitas. Como se fai? A min, se non é gratis, non me publican.
Valcárcel, Saavedra: cobran algo?

Anónimo dijo...

Non me refería a un colaborador ocasional, senón a un fixo.

Eu tamén coñezo a outro, Etxe, que escribía nas columniñas da Voz. Non chegou nin de lonxe ás douscentas colaboracións, pero deixouno polo mesmo motivo. Por pundonor.

E non ten a lixeira sensación, Arume, de que se aproveitan vilmente de vostede e da súa grácil pluma e contrastada sapiencia? Non lle parecería normal que o gratificaen cunha cantidade aínda que fose máis simbólica ca outra cousa?

Anónimo dijo...

Digamos, tirando moi polo baixo, entre 60-100 euros por colaboración?

Anónimo dijo...

Aproveitarse da miña grácil pluma... Nunca o pensara así expresado. A verdade.

Anónimo dijo...

Destas cousas non se fala por un extraño pudor. Así que hoxe por ti e mañá por min, quen fan caixa son os xornais. E os colaboradores arreando que é xerundio.

Non mo tomen a mal, que eu respecto todas as decisións, pero os que o fan gratis total seméllanme un pouco... digamos... non me sae a palabra, si... pardillos.

Anónimo dijo...

Desculpen que me teña que retirar, pero teño que ir ao catre e pensar que vou escribir no artigo de mañá (gratis total).

(Que é brincadeira, ho)

Anónimo dijo...

Tema interesante. O das colaboracións gratuítas en prensa resulta ser tema paralelo ao dos recitais (concerto, daquela, era outra cousa) de canción galega, basicamente comprometida, hai trinta anos; ou as conferencias non hai moito, ou aínda agora. Ou sexa, actividades que se supoñen -por parte de moitos organizadores- coma sen ánimo de lucro, por amor á arte, achega á causa e engadan motivación por coñecemento de casos particulares, psicoloxía de promotores, etc., etc.

Aínda non hai tanto, lía eu nunha columna de Iolanda Castaño xustísimas palabras: "Só quero que me paguen polo meu traballo". Non moito necesariamente, dicía, pero que o seu traballo fose remunerado.

Estou conforme. Tamén co entusiasmo ou simple vontade de quen resolve mandar un escrito ocasional a un medio de comunicación, ou esporádicos, sen reversión nin gratificación. É certo que se dá en tal caso unha actitude vantaxista -non ten por que ser mala palabra- por parte dos (ou de) medios: se me interesa (por tema, calidade, etc.), publícocho; se non, non. E sempre sen gastar un peso.

No tocante a quen asina, cobra unha das dúas presenzas máis ou menos fixas que mantén en medios públicos. A cantidade queda ben por baixo do mínimo do mínimo (sic) que indica o Apicultor. Isto é o que hai, relatado sen indiscreción.

Anónimo dijo...

Seguro que ir de comentarista ou de tertuliano á televisión cóbrase bastante máis. Eu quero ser tertuliano, e deixarme de gaitas articulistas.

Anónimo dijo...

Do mesmo xeito que o precio das cousas é algo máis complexo que o seu custe monetario, os xeitos de "cobrar" poden ser moi variados. Hai colaboradores dos medios de comunicación que están en condiciós de rentabilizar económicamente a popularidade que lles podia dar esa colaboración. Por exemplo, queñes teñan negocios que se baseen nas "relaciós públicas". Algús poden evalualo fácilmente: comproban a diferencia na "caixa" nas tempadas nas que cesa a colaboración.Outros , polo seu traballo ou cargo,poden estar en condiciós de rentabilizar a cuota de "carto poder" que lles corresponde. Etc. Todo eso, á marxe dos cartos que deben sempre cobrarse, moitos ou poucos, porque son o "termómetro" que mostra que a colaboración ten verdadeiramente interés pra alguén.

Marcos Valcárcel López dijo...

A realidade dos medios de prensa galegos hoxe é moi semellante á que describe Apicultor. Moitos (a maioría?) dos colaboradores, na prensa local, fano gratis. E todos, en xeral, mal pagados. Pero mal pagados tamén están os xornalistas, polo xeral (non os cargos de xestión).
Eu levo 30 anos escribindo en todo tipo de xornais e pasei por todas as fases que poden imaxinar. Xa que vexo que lles interesa, engado que hoxe, nos medios que colaboro con regularidade (La Región, Galicia Hoxe, ANT) fágoo cobrando: non falarei de cantidades, paréceme pouco elegante.
Iso non quere dicir que non faga outras colaboracións gratuítas de xeito esporádico en medios diversos (revistas, etc.), case sempre forzado pola amizade.

Anónimo dijo...

Marcos Valcárcel: Estou ao 100% de acordo coas afirmacións que fai sobre o galego na entrevista publicada en Galicia Hoxe.

Unha suxerencia para "Cen Anos de Historia Cultural". Habería que encontrar unha maneira de que non quede tedioso. Poderíanse incorporar anécdotas persoais/históricas, poemas, fragmentos de novela, anacos de entrevista, etc.

A idea de facer unha monografía sobre o galeguismo/nacionalismo de despois da guerra paréceme moi interesante e necesaria. O único que hai publicado son teses de doutoramento e capítulos de libro. A obra debería incorporar documentos históricos (cartas, etc.) e entrevistas feitas a algúns dos protagonistas dos acontecementos.

Anónimo dijo...

Eu son un deses pardillos que dí o Apicultor.
Pero non teño boas lembranzas das colaboracións militantes gratis total xaora, que por riba me costaban cartos, como era mándalas por correo, e hoxe escribo do que me peta, publicanmas si lles peta e non mas pagan por que non lles peta e se vou a tele, disfruto como un enano cando me andan na cara. Que máis queren amigos, o mundo o revés, o Madrid campeón e eu onte perdín unha copa cojonuda por un golpe.

Xaime dijo...

Vou asistir o funeral de Calvo Sotelo a Ribadeo. Xa lles contarei.

Anónimo dijo...

O bó que ten non vivir profesionalmente do periodismo é que un pode escribir ou decir máis ou menos o que lle peta, sen plegarse aos intereses do medio. Pero o caso é que, no caso de que vaia contra os seus intereses, non llo publica.E, si lle interesa, ben pode pagar por elo.

Anónimo dijo...

Non sei o anfitrión, pero eu xa lle encargo artigo completo sobre o enterro: tome nota. Ese "xa lles contarei" vaille saír algo caro.

Anónimo dijo...

Propoñían en Asturies poñer o nome de Leopoldo Calvo Sotelo (marqués de Ribadeo ou da Ría do Eo) á ponte dos Santos. Entérese, amigo Xaime.

Marcos Valcárcel López dijo...

O amigo Xaime seguro que xa sabe que, se nos manda crónica dende Ribadeo (ten o meu perfil no correo), aquí será publicada con gusto.

Anónimo dijo...

Cando fagan este blog un BIC (laranxa ou cristal), hai que poñerse seriamente a repartir corresponsalías. Xa teño catro adxudicadas:
Jacques de la Pierre (suxíremo o seu apelido de cava "anunciado en TV"): paparotas e todo canto contubernio galeguista haxa.
XDC: vida social ourensá, porque na cidade coñece até o apuntador.
Saavedra: todo o que se mova arredor de Lugo "y su provincia".
Arume: vida universitaria, universidade de Ourense, campus de Vigo.

Anónimo dijo...

Querid@ voce na néboa:

Non son eu quén outorgar corresponsalias pero vostede cré que XDC, Saavedra e Arume non comen. E millor comprárlles un traxe cada semán que invitalos a comer.

Anónimo dijo...

É certo.

Eu vexo a dacoba e ao arume coma dous be/vi-vidores, gourmets comellóns e auténticos vivalavírgenes en xeral, e coñóns (especialmente o primeiro) en particular.

Saavedra é máis hético (con "h").

Anónimo dijo...

E vosté, na Néboa, quen vén sendo? Usou antes outro nick ou é de nova fornada? En que ocupa o tempo libre?

Anónimo dijo...

Preguntón: invitas ó polbo na Barrela, se che digo quén é Voce na Néboa?.

Anónimo dijo...

Estes advogados querendo tirar sempre beneficio!

Anónimo dijo...

Ha, ha, ha!!!!
Da Cova, isto vai dedicado a vostede (aviso: vaian poñendo todos un limón nos dentes)

"y cuando juega hay suspense ... por ciertos goles que mete"

Anónimo dijo...

Voce na Néboa é Marcel Swann, o que di que se vai e que nunca se foi.

Anónimo dijo...

A este anónimo parece que lle vai mal. Non "te" vaias ti tamén, ho!

Hala Lugo

Anónimo dijo...

Oh, e se Voce na Néboa é Marcel Swann, por que se agocha noutro alcume?

Anónimo dijo...

É de supoñer que MG, Jimy ou como se chame, non escribe na prensa. Non se lle entende nada.

Anónimo dijo...

Unha para o anónimo preguntón:

La lucha de los pulgones

Anónimo dijo...

O Clan de Voce na Néboa?

Anónimo dijo...

Agudo Voce na Néboa, que polas trazas moi ben pode ser lugués:

Desconfíe da aparencia, que a escasez de graxa pode levar dobre fío como guía. Igual convida a xantar e non hai carne magra que chegue.

Polbo, cabrito, botelo... Ben saberá de que lle falo. E se a cousa se volve peixeira, nin quilos nin carteiras.