En minoría IV: Da putrefacción, de X.L. Méndez Ferrín (FV.23.5.08)
Teño entendido que encallaron estes días unha balea grande e outros cetáceos máis cativos na costa de Oia, entre cabo Silleiro e a praia do Fedorento, na Guarda. Din os xornais que están levando estes animais (seguramente Tragsa) para seren incinerados en Cerceda. O becho maior en volume parece que está mau de mover e non sei se o evacuarán ou xa o evacuaron por vía marítima.Todo o mundo está de acordo en que é normal retirar os animais mortos do monte ou da costa e facelos desaparecer por cremación. Eu discrepo, polo que me vexo en minoría.Penso que os cadáveres dos mamíferos mariños deberían ficar onde os botou o mar para alí podreceren. Cada cadáver é unha fonte e unha explosión gozosa de biodiversidade. Debemos entender as preas ou cadáveres de animais como teatro de nacemento, reprodución e morte de milleiros de individuos vivos e centos de especies que grazas a descomposición orgánica multiplican os seus sistemas orgánicos. Ver a putrefacción como algo maldito e indesexábel, non é unha actitude ecoloxista. Os cetáceos varados na costa deberían ficar alí e culminar o seu proceso de descomposición no mesmo sitio no que foron botados en seco. Este e os seus fillos microscópicos ou maiores darían conta das partes mergulladas do animal en tanto que outras entidades vivas de respiración aérea favoreceríanse das zonas corporais que emerxeron.En todo caso, e de non ser aceptados os cadáveres pola veciñanza humana, pensamos que o seu destino alternativo debera ser a rede de pudrideiros do monte galego que non existe como existe en Asturias e noutras comunidades de España e de Europa. Constitúe un grave atentado ecolóxico substraerlle á Natureza o acontecemento colosal e farturento dunha comprida balea defunta.Nunha prosa célebre (polo simpática) Dieste conta o caso dunha balea encallada nos Lombos do Ulla ou así e de como os de Rianxo e os de Carril desputaron pola titularidade do corpo do cetáceo. A min gostaríame mirar os de Oia e os ecoloxistas e toda a cidadanía, como se di agora nos círculos do poder autonómico, unidos para impedir que a balea ou baleas sexan levadas da nosas costa a fin de que o lume as reduza a cinsas. Charles Baudelaire escribiu un día un poderoso poema en homenaxe á beleza dun corpo de animal putrefacto que Lois Tobío verqueu ao galego co título de "A prea". O poema podería recollerse no cartel dunha campaña, hoxe impensábel, en defensa da carroña, da carniza, da presa, dos cadáveres en descomposición como centros de vida que deben ser protexidos.A balea é un animal (non sei por que) moi solicitado pola nova poesía galega. Supoño que as e os poetas (moitos) que procuran a balea como símbolo ou metáfora ou referencia faranno pensando en baleas vidas. Algún día, espero, á sombra de Baudelaire xurdirá unha poética das baleas mortas, máis dialéctica e menos soñadora.Para min, a máis relembrada bas baleas literarias non é Moby Dick, senón a que encallou nas ribeiras do Miño ao seu paso por Ourense segundo relataba "La Región" o Día de Inocentes de 1947.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
27 comentarios:
En Pedras Negras houbo fai uns veraos un cadáver dun caldeirón morto na praia
O gran Ferrín mandaría retiralo so por non aguantar o cheiro que votaba xa que se notaba en varios centenares de metros a redonda.
Pero seguindo ca idiosincrasia galega doutro fío, como exercicio literario está moi ben, ¡que bonito!
Delapierre: Vémonos esta tarde no Castro, se quixer.
Saúdos.-
O cheiro convértese en arrecendo cando pasa polo filtro da poética ferriniana. Subir as baleas ó monte, non sei, mais o pudrideiros... a cadea ecolóxica... En fin, que entre bromas e veras a cousa non deixa de ser o seu aquel.
Haberá algo de simbólico? Rajoy, tal vez?
¡Coño! Quero dicir, ¡cona!
D. Júlio Médela: Ten que segui-los consellos do Modesto e deixar de dicir O Castro, xa que os da Terra Chá, non decimos dise modo, elle, sinxelamente Castro.
Perdoe e delle recordos o meu conveciño.
E un consello: mande o carallo a Kyra, que me enterei que é unha estreita.
Vou facer unha festa andaluza daquí a pouco, está convidado e xa quedei co XDC pra amenizala, e virán o Morrison, Arume, Apicultor e o grupo enteiro co bardo Saavedra a cabeza
O esterco -e os cadáveres- cheiran pero mereceron unha deusa fecundadora dos campos, Stercore. Se non houbera cheiro non habería colleitas ecolóxicas. A vida é unha chea de cousas máis que os perfumes de Chanel. Os humanos temos medo a mirar de cara a morte e a putrefacción e os cremadoiros de todo tipo son cada día máis prolíficos. ¡Unha mágoa!
O artigo de Ferrín, mesmo sen ter en conta a importancia do seu contigo, é unha marabilla literaria. Pero a literatura que afonda nas verdades tamén asusta.
O arrecendo das froles é o arrecendo da súa propia putrefacción. Cando están molladas, non cheiran: so cando o sol queima e corrompe os pétalos aparece o aroma que por veces apreciamos.
O "cheiro" (bo/malo, agradable/desagradable) é algo construído social e culturalmente ao longo da historia. Dito doutro xeito, a pituitaria non sempre discriminou do mesmo xeito.
"Como exercicio literario está moi ben, ¡que bonito!" (Delapierre)
Eu: Outro exercicio literario do "putrefacto" Ferrín.
Ou: Outro exercicio de "putrefacción" literaria do Nobel (que mais quixera) Ferrín.
Ou mellor aínda: Outro exercicio saído da putre"facción" político-literaria do grande escritor que é Ferrín.
A que vén atacalo deste xeito tan tonto?
Sería, máis ben, "putre-ficción". Pero Ferrín non merece iso, creo eu. Mellor lee-la entrevista hoxe no País (Luzes de Galicia) a Caneiro, "o patito feo" da literatura galega. Nunca leín tanto estereotipo xunto. O patito feo. Admito o segundo termo: feo. O de patito xa é máis indemostrable a non ser que a sía literatura sexa un eco, cuá-cuá, que me temo que si o é.
Por certo, ¿non din que os patos son os únicos animais cuxo sonido non fai eco? Iso leín nalgures, quizáis internet.
Anónimo das 07:17:oo PM, eu sospeito que o Anónimo anterior a ti, o das 06:29:00 PM, vai con ironía e non ataca a Ferrín. O que pasa é que é unha ironía, no caso de que o sexa, que eu non acabo de captar no seu xusto punto.
Galicia Hoxe
A relixión das compras
O filósofo Ignacio Castro denuncia nun libro o consumismo como un xeito de control dos individuos, temerosos de enfrontarse á súa propia existencia
M. DOPICO . SANTIAGO
"Os individuos xa non temos armas para vivir na existencia mortal.Votos de riqueza alude á especie de relixión laica que é a ideoloxía do consumo, que nos crea a falsa ilusión de salvarnos da vida núa e crúa, do mundo real, mortal, levándonos a altas cotas de felicidade, seguridade e separación da existencia".
O filósofo Ignacio Castro introduce deste xeito nunha entrevista a cerna do seu ensaio Votos de riqueza. La multitud del consumo y el silencio de la existencia, que presentará o vindeiro martes no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco) de Vigo ás 20.00 horas.
"Triunfou unha relixión que prescinde de elementos como Deus ou o ceo, pero conservou o esquema relixioso de religar a sociedade fronte aos perigos externos. A relixión do consumo véndenos o illamento, a protección fronte ao exterior", explicou.
"Xa un clásico como Nietzsche avisou, no século XIX, desta lóxica da separación, da aversión á existencia núa. E Max Weber explicou, en La ética protestante y el espíritu del capitalismo, como o capitalismo é unha cultura da separación fronte á vella cultura do sentido. É de orixe cristián-protestante a lóxica de illar o individuo para que se centre na súa relación directa con Deus, sen perder o tempo cos homes", aclarou.
Votos de riqueza amosa a pegada de clásicos como Marx ou Nietzsche, e sobre todo, a de pensadores da postmodernidade como Foucault, Baudrillard ou Deleuze. "Cando nomeo os clásicos non o fago para ofrecer un estudo erudito, senón para apoiar a miña análise do presente", salienta.
Un presente marcado, segundo Castro, por unha colectividade de individuos illados. "O libro repasa, en 15 capítulos distintos, o odio, a publicidade, a xuventude, o deporte, o uso da terra, o uso do tempo... utilizados como un sistema de control a partir do profundo illamento dos individuos. Un sistema que separa a Occidente do resto do mundo, e a uns individuos respecto dos outros. A comunicación só funciona previo illamento dos individuos", indicou.
O control xa non se deriva, porén, dun poder estatal, centralizado, o que se baseaba na represión en espazos pechados como o cárcere. O poder do consumo é un micropo-poder, no sentido de Foucault. Un poder, segundo Castro, "personalizado, que atúa o narcisismo do individuo, que funciona en espazos abertos e flexibles", dividindo os individuos, desarraigándoos de todo compromiso profundo, e vinculándoos, despois, por fóra, coa comunicación e co consumo.
"Comunicación e consumo son o mesmo. Comunicación é un sistema de interactividade entre individuos previamente obrigados a facerse átomos pasivos respecto do seu contorno, do próximo, que é continuamente satanizado nos medios. O comunitarismo mediático, o espectáculo global, é despois o que mantén cohesionados os individuos", dixo.
"O consumo é o xeito que teñen de comunicarse os seres que perderon o fío directo da relación coa existencia. É, por exemplo, ir de compras. Todo se converte en mercancía, incluso as relacións humanas. Os produtos do mercado son en realidade inalcanzables, porque se deterioran enseguida e quedan obsoletos. Así funciona a relixión do recambio sen fin, da multiplicidade, comprar máis para manternos protexidos da vida mortal, das preguntas que poderiamos facernos", afirmou.
Pero ese comunitarismo global funciona segundo a lóxica da heterofobia, o odio: cara á natureza, porque é a afirmación da morte, e cara ás outras formas de humanidade, desprezadas ou temidas.
"O libro é crítico co avance do puritanismo do Norte do mundo do Sur. E unha reivindicación de culturas como a eslava, a musulmá ou a chinesa, que teñen outros xeitos de relación coa terra e coa natureza da condición humana. A ideoloxía do consumo concibe a terra como recurso de materias primas, e aos humanos tamén como materias primas", asegurou.
A CERNA
A dexeneración da democracia fernando blanco
"Rexeitamos outras culturas por atrasadas. Pero nós mesmos convertemos a democracia, -que era un instrumento relativo para a humanidade, o menos malo dos posi- bles-, nunha relixión que mentres nos promete a felicidade realiza guerras tremendas", cre.
As democracias occidentais, denuncia o filósofo, sostéñense a partir da satanización do primario, o apegado á terra mortal. As antigas formas de comunidade -o tabaco, o sexo, a parella, o ocio, a comida, o sol-, son presentadas como perigos para que o individuo permaneza asustado, e así siga consumindo.
Non podo respostar: teño que ir ao Media Markt a cambiar de ordenata. O novo iMac está esperando: creo que me agasallan cun iphone. Ía mercar tamén un polo, pero aínda non chegou o verán, e pode esperar. Se cadra, vou ver a última de Spielberg. Na tele estará hoxe ohikilicuatre, pero creo que chegarei para as votacións que é o máis interesante do programa. Para entreter a espera, pensarei en Séneca e na súa epístola a Lucilio na que afirmaba aquilo de que Punctum est quod vivimus. Así poderei durmir tranquilo pensando en que quotidie morimur.
Don Arume, déixese de latinadas hipertecnolóxicas e véñase por Allariz, temos cea nun baixo preparado para a ocasión (festa do boi).
Pregunte polo Medela ou pola filla do Terrís.
Anímese.
Vostede falaba de Kampu Chea e a Terra Chá: aquí agora mesmo chégalle ben. O que prescribiu a seca para este ano merece estar diante do boi (de verdade ou clónico?) en Ziralla City.
Agradézolle o convite: se vou, teño que ir antes pola butí de Adolfo a comprar unhas garavatas para a ocasión. Unha hora sen mercar é moito: igual me dá en pensar na morte.
Don Arume, acuda, acuda á cita que lle propón Don Júlio, que logo xa me encargarei eu de que me conte quen ven sendo vostede, que me ten intrigado.
O auténtico frikilicuatre é José Luis Uribarri: "¡Esto para mí es el nirvana!"
Cánto me gustaría a min tamén saber quen son. Pero non sei se unha cea nun baixo de Allariz no medio medio da festa do boi e organizada polo ciclón Medela será bó lugar para desvelamentos de persoalidade. Freud prefería unha chaise-longue.
Don Arume:
Xuro pola memoria dos meus devanceiros de Lobeira e polo meu honor de galeguista que non desvendarei identidade ningunha.
Se quixer, Arume, vou canda Vde. ás oulés.
jajajajajajajajajajajajaja
"ciclón Medela"
jajajajajajajajajajajajaja
Ouviu, sr. dos Pinheiros: Unha rapaza moi amiga é sicoanalista. E chaise-longue hai unha, na casa do meu segro.
Vuelva, vuelva, por aquí Arume
Eu penso que vou desvelar a persoalidade de Arume hoxe a noite, en Ponteareas, que vai estar axudando a facer as alfombras do Corpus, i eu mirando cómo as fai.
Alfombrar corpus polas noites é o meu. En Ponteareas non precisamente.
Chámase José Luis "Corda" ou "Cuerda".Ou Josep Lluis , ou Xosé Lois...? PREMER.
Chesi di: Non vira o xornal pero eso de Corda ten a súa gracia. Poderían por Korda, por exemplo. Ten un aire máis kafkiano. J.L.K., agrimensor. XDC, gracias polo enlace con La Voz de Galicia ou de Galiza, xa postos. Saúdos.
Por onde é que andará don Leituga One????
Publicar un comentario