23 may 2008


















FÍO MUSICAL 16: CANTANDO AO MAIO DO 68 (XABIMUSIC)
A verdade é que as cancións nos acompañan en tódolos momentos das nosas vidas. Xa que logo, non podían faltar as cancións sobre o "maio do 68" de profundas resoancias para algúns de nós. Non vou caer no lugar común de preguntarlles onde estaban hai 40 anos, pero si pedirlles que esgarabellen buscando na memoria a que lles soa esa data...
Máis en concreto ¿que lles parece a imaxe que Ismael Serrano nos deixa deses acontecementos? Velaí a a miña pequena contribución a un aniversario que está a pasar case desapercebido neste foro.
(P.S., este meu, M.V.: a moza da foto superior, a da minisaia, é a mesma da que fala o Ismael Serrano na súa cantiga):-

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Aí vai video:Premer.
Eu, aquel ano,tiña un grave problema que resolver: aprender a atar os cordós dos zapatos eu soliño.

Anónimo dijo...

A min Ismael Serrano paréceme un bo rapaz, pero, a verdade, as súas cancións teñen un punto "sensible" que deriva en sensiblería e, ás veces, en cursilería. Conste que teño un disco del.

Anónimo dijo...

Ismael por Ismael, quedo con aquel da Banda do Mirlitón, con Páxina web e todo. Seguro que daquela dacova xa ataba os cordóns cunha mao soa.

Anónimo dijo...

Queda area baixo os empedrados, queda. Pero unha cousa é certa: unha das tarefas máis urxentes do ensino actual sería reconverter eses tochos denominados libro de historia para secundaria en algo lexible e doadamente comprensible.

Se eu gustei da historia, foi porque ma contaron case coma un conto (sen retranca) e xoguei con ela como ao intercambio de cromos. Un conto, si; cóntalle un conto.

Anónimo dijo...

De feito, máis ou menos por aquel tempo coleccionéi eu os cromos da "Cromhistoria",da editorial MAGA. Creo lembrar que conseguira rematar a colección. Lástima que non saiba por onde anda o álbum. Podería subastalo en e-bay como este:PREMER.

Marcos Valcárcel López dijo...

Por certo, amigo XDC: gustáronlle as dedicatorias dos libros??

Marcos Valcárcel López dijo...

Eu aínda gardo un álbum de cromos, moi digno por certo, titulado EL MUNDO DE LA PINTURA, Difusora da Cultura, SA, a data do depósito legal é de 1967 (tiña eu nove anos). Debeu ser o primeiro serio que lin sobre arte na miña vida.

Anónimo dijo...

Claro que sí, amigo Marcos. Xa forman parte dos libros "non liberables" da miña biblioteca. Anque estes días están na mesilla de noite.

Anónimo dijo...

Kamaradas todos.
Eu vivín o maio 68 en directo. Tiña sete anos e ía para oito. Lembro no ter aulas un montón de tempo. Pasabámolo pipa pero cando rematou todo fixéronno recuperar e escomenzamos en data insólita, creo que a finais de agosto.

Según meus cálculos XDC tiña seis anos, como e que rairo non sabías atar os zapatos, home de deus?.A ver se che detectamos un "problemiña e che damos unhas pastilliñas",je,je.

Por suposto non entendía nada e lembro que ante o paso da primeira manifestación, que eu lembro, escondémonos debaixo dunha cama un primo meu y eu. O meu primo é totamente francés, irrecuperable, non sei para que o teríamos que recuperar?. Retornou hai catro anos a aldea despois de 25 de ausencia e sorprendéronlle algunhas cousas que a nos nos pasan desapercibidas ( por exemplo o feísimos que son os bancos co lema "deputación de ourense", o cutre que é que leven a asinatura do "sponsor". E máis cousas.

Como anécdota, un tío meu , "vivalavirgen",( Medela,como se diría esto en galego?), meteuse nunha manifestación para pasalo ben, en plan festeiro. A nosa formación política era nula e convivíamos cos refuxiados republicáns (cataluña do lado francés), según conta a miña mai , a "pasma" veu buscar ó meu tío nun par de días e expulsárono de francia, por inmiscuirse un estranxeiro en asuntos
que non lle incumbían.'?????.

Retornou pronto porque buscaron unha recomendación de un funcionario municipal corrupto. Eles danlle outro valor e dín que lles axudaba moito, el tal "mesiú blanc". Ou pensades que eso da recomendación é só nacional?.

Máis nada polo de agora. E sigo sin saber asinar arriba,mañá preguntollo ó Markus no real.

Bouzovirich.

Anónimo dijo...

Por certo dacova, na miña aldea, a seis kilómetros da túa, daquela decíase: amalloar, e mallós en canto de atar e cordós.

Digoo porque no percorrido destes 40 anos vin como se invadía de castelanismos o noso galego.

Bouzov.

Anónimo dijo...

Mentras actuou o chilicutro só había un usuario "online".

E mentras se casaron el "princhipesco e la princhipesca" non entrou un só desgraciado en urxencias .

Onde estábades, fieras?.

Anónimo dijo...

Pois eu estiven con unhos amigos na súa casa, e puxen como condición que non se encendera a tele.
Menú: Queixos varios, cecina do Bierzo, un xamonciño cortado en liscas, uns pementos do piquillo recheos de morzilla segoviana, e unha -ou dúas- de 890 de Bodegas Riojanas.
Pero o éxito da velada, foi cando lles ensinei o video que Arume colgou sobre o merdán do Chikilicuatre ese.

Anónimo dijo...

Gústame a idea de xosé m. gonzález de tratar o ensino da historia como unha narración.

Adoitan chamarme da facultade de Ciencias da Educación para que lles conte ós estudantes as miñas vivencias e experiencias tanto como mestre rural, nunha premeira etapa, como posteriormente empregando o ensino da música como unha arma de educación por e para a paz.

Unha das veces ocurríuseme levar a guitarra e introducir o meu relato coa canción de Ismael Serrano.

Iso si, ofrecéndolles unha visión da historia algo máis positiva que a do cantautor na súa canción: "Papá cuéntame otra vez"

Sempre digo que teño idade para non ser iluso pero que non teño tanta como para ter perdida a ilusión.

Anónimo dijo...

O capítulo II do libro de Bermejo "Para qué sirve a Historia de Galicia" fala precisamente do maio do 68. Titúlase "Deben os estudantes finxir o orgasmo?".Léano, que sei que o teñen a man, que o comentaron fai días.Bonita comparanza: Nos fináis dos setenta, había que finxir o orgasmo (sobre todo as mulleres)pra que non te consideraran un "reprimido" ou unha "estreita". Tamén había que finxir que correras diante dos grises, pra non seres considerado "facha".

Pois eu estaba aprendendo a atar os cordós dos zapatos. Tiña cinco anos,non seis, Bouzovirich (cumplo a fináis de ano). Sabía facer hasta a metade, o primeiro lazo. Repetíao dúas veces, e facía un nó, pra sair do paso. Se lle parece tan fácil, trate vostede de facelo de xeito simétrico, coma se fora zurdo, ou sexa, tal e como os ata a sua imaxe no espello. Non penso que lle resulte doado. Sentiráse como un neno de cinco anos, e nas súas neuronas aparecerán algunhas novas sinapsis.Fágao.
Levo un anaco tratanto de lembrar cómo lle chamaba meu abó a atar,ou desatar, os zapatos. Sei que non era "atar" nin "amalloar".Mmmmm.

Anónimo dijo...

Para Dacova. A primeira parte do segundo parágrafo, entenrecedora. Meu meniño (como decía a miña avoa).

Da segunda non entendín nada, fáltame visión espacial.

Terceira , voteime ó monte e trato por tu a xente. Son do monte. Disimuládeme.

Cuarta, teño unhas cantas revistas súas dacova, cacumen, lembra?. Moita cencia que eu non teño.

Agardo a que me ensine a amalloar os zapatos diante dun espello no seu centro de "recursos". Con esos xiros espaciais e simetrías.
Vostede ensinoume a ollar Alicia no país das marabillas con outros parámetros alén dos literarios. Non
si?.

Ós cinco anos eu tiña chancas, esas eran as que se amalloaban.
Aghora entendo porque os meus pais, tíos, e demais familia se obsesionaron con comprarlle unhes zapatiños ó meu fillo tan pronto puideron.

Nese tempo ,o transcurso dun ano , é unha inmensidade.

O Lobo, ¡O lobo!. ¡O lobo!.

Anónimo dijo...

Vaia, anónimo. Venme vostede de lembrar aquela revista, "Cacumen", da que eu mercara todolos os exemplares,hasta que deixóu de facerse.Non era moi comercial,demasiado "Cacumen" facía falta. A xente prefire crucigramas, sopas de letras, sudokus e caralladas de esas. Séi que esparexín todos os exemplares entre os meus coñecidos, tras lelos,pero non lembraba que vostede levara algús. Paréceme que foi noutra vida.Pasaron tranquilamente vinte e pico anos.
Eu tamén andaba con chancas, na aldea. Tardábase un tempo en adaptarse ó novo xeito de camiñar, dos zapatos ás chancas, e viceversa.