Fío Musical (5)
MÚSICA E LITERATURA (Xabier Álvarez Iglesias)
Nunha recente entrevista o escritor francés Pascal Quignard afirmaba: "Un bo libro, pola súa entoación, polo seu ritmo, é música. Cando se le, escoitase". Coñecía o escritor e músico por un par de obras xa antigas: "La lección de música" e "Tous les matins du monde", por certo levada ó cine baixo a dirección de Alain Corneau, na que Gérad Depardieu da vida ó músico barroco Marin Marais.
As reflexións de Quignard recordáronme o vello debate entre música e palabra para reafirmarme na idea de que a música xa está nas palabras ata tal punto que a linguaxe se pode considerar como unha das fontes naturais da música.É por iso que encontro na música vocal e coral (palabra e música) o maior exponente da simbiose de ámbalas dúas artes. Sirva de exemplo o sexteto finés RAJATON.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
58 comentarios:
Xabi, foi unha pena que non aceptase dirixir o coro do Orfeón. Anque imaxino que tería as súas razós, digo eu.
¡Claro! E non era o Orfeón senón un Coro Infantil.
Seguindo co tema do fío leo hoxe a entrevista a Bieito Iglesias en Luces e di cousas así:"A novela debe construírse como unha sinfonía, na que poden funcionar varios temas, uns secundarios e outros principais, con ritornellos... E o tempo resulta fundamental"
Eis, en poucas palabras, o lema deste FÍO: os paralelismos entre as dúas artes. ¿Quen da máis?
Xabimusic.
O paralelismo entre unha obra músical e unha novela ou un filme é claro desde o punto de vista da "curva de tensión". O "argumento-nudo-desenlace" das novelas ou do cine tradúcese na música por "acumulación de tensión-clímax-resolución". Hay moitos aspectos en común pero quizás o máis notable sexa que a tensión acumúlase lentamente, o clímax alcánzase unha soa vez, sempre moi cerca do final, e a resolución debe ser rápida" (moi parecido tamén ao acto sexual, có que tamén se teñen establecido paralelismos). Na novela e no cine contemporáneos prescíndese moitas veces do "argumento", e a historia empeza "polo medio" ("in media rex"), recurríndose a "flash-backs" ou outros recursos pra que o lector ou espectador termine por entender "qué pasóu" antes de empezar a obra. Tamén moitas obras modernas, paralelamente, empezan sin establecer claramente a tonalidade, esto é, xa "con movemento", na sensación "subdominante" como no famoso movemento II-V-I, o Xabimusic xa me entende, etc.
Outros aspectos en común das curvas de tensión son que a tensión nunca é única. Hay varias tensiós de diferente natureza que se superpoñen e se resolven de xeito incluso indpendentemente, a intervalos diferentes de tempo. Na música créanse tensiós rítmicas, armónicas, melódicas. Mesmo na letra, si é unha canción.Mesmo cós volumes e con timbres. Todas elas deben ter a súa correspondente e homoxénea resolución. No cine, cabalgan sobre a tensión xeral da obra outras tensiós máis ou menos puntuáis ("gags"). Os "chistes" é un exemplo moi usado á hora de explicar estes conceptos: toda a tensión libérase frecuentemente cunha soa palabra ou frase final que "resolve",e nos fai rir. E o xogo da vida: pregunta-resposta, problema- resolución. Parece ser que o noso cerebro foi creado pra eso.
Din os que saben deso que as obras maestras do cine e da literatura xogan coas tensiós das vidas personáis dos protagonistas mixturadas coa tensión xeral dun acontecemento histórico concreto, e ambas son resoltas dun xeito satisfactorio.
A min, sin embargo, paréceme que "Casablanca" quedóu sen resolver de todo.Debe de ser por eso que os seus mitómanos venna moitas veces e non se cansan. Algunhas das súas "tensiós paralelas" quedóu sin climax resolto. Como nas ludopatías e moitas adicciós.
De verdá que iades tocar o nabo en vez do acordeón cando fósedes a Siberia a -40ºC a un campo de traballo. A música entorpece e corrompe a ialma dos traballadores manuais.
Pero vostede non sabe, bEPR EH CNbEPR, que con cantos de traballo trabállase hasta o agotamento e sen perder o ritmo.
(O "R" e o "N" teñen que ser sometidas a unha simetría axial de eixe vertical,ou sexa, ir ao revés, pero non sei cómo se fai).
Esta hai que traducila á "Russki iasík":Premer.
Era esta:Premer.
do mi fa sol
sol sol la do´si la sol
do mi fa sol
sol sol la sol fa mi re
do mi fa sol
sol sol la do´si la sol
dó la dó ré si dó la sol
la mi re dooooooooooo.
Eu xa dimito, ou o rato está parvo, ou o parvo son eu. Abstéñanse de atribuirlle probabilidades relativas a cada un dos dous sucesos.
A canción era:EESSSSSTTAAAAA.
Por certo, tomen as notas anteriores en "solfeo relativo". Non sei en qué tonalidade está no video, que non o vin. Sale a rodiña a xirar como a roda do muiño, nas túas augaaas de mulleeer...
Pero ninguén vai seguir falando de "paralelismos" entre a música e o resto das artes?.
Coñecen o "teorema do punto gordo"?. Aí vai:
-Dúas rectas paralelas non teñen ningún punto en común, salvo que o punto sexa moi gordo.
Case se me queda só XDC.
É doado observar que cando a fala se torna sentimental, os sons producidos abarcan unha variedade tonal moito mais ampla e se asemellan mais a música. Os sons da fala emotiva distáncianse de forma gradual das palabras que os acompañan e deste xeito chegan a existir como entidades sonoras separadas e crean unha forma de (comunicar en si mesma. Fíxese inversamente nalgúns "fraseos" de jazz, que semellan o susurro desprendido dunha frase. Pero a música non representa, carece de significado linguistico, dirixese a emoción, e esta non é articulabel como unha linguaxe, este é o comezo da especificade do músical.
As relacións entre as diversas artes transcurren por vasos comunicantes moi fondos, tan fondos que so na "imaxe" (non visual),a prefiguración,o "idus" encontran un lugar-tempo do que partir.
As tensións sen timbre, sen textura, ser corpo, amigo Da cova son argumentación sintética, mátemática,lóxica, retórica, pero non arte. A arte require dun compoñente sensibel e dirixese ao sensibel, por varios medios, de distintos xeitos para provocar a experiencia estética.
É unha snobada eso de dicir que se escibe unha novela ao xeito dunha sinfonía. O mais que algúns fan é tomar a disposición das formas musicais, pero esto non é nada, como vostede ben explica, o xogo de tensións está no argumento, na elección de motivos e mesmo en formas para nada artísticas.
Na música instrumental, na música, non hai palabras, chega a haber enunciación emocional, pero non chega nunca a brotar unha representació que refira o sentido a unha realidade fora das relacións entre sons.
Hai outro xenero musical, aparte do que se refire o autor do post, onde a relación entre letra e música, acada níbeis semáticos e emocionais únicos: O blues.
Comooorrr????
No blues as tensiós son máis complexas, e prácticamente non se resolven nunca, frecuentemente nin ao final. Ás tensiós propias de cada acorde instantáneo, por seren todos dominantes (ou "superdominantes",disminuidos,etc.), engádense a propia modulación da tensión no conxunto da progresión armónica (os famosos 12-bars) que precisamente remata en tensión, acentuada polos "turnarounds" aos que facíamos referencia outro día. A propia escala de blues ten tensiós internas por non encaixar totalmente en ningún modo diatónico (pola "blue note"), aparte das tensiós coas que se enfrenta aos acordes. Frecuentemente, non se usa unha soa escala, senón que se mezclan varias paralelas, mesmo de diferentes modalidades (maiores,menores,mixolidias...), ou non paralelas (asociadas a cada acorde "en tempo real"). Hasta está a tensión creada coa letra mediante a fórmula AAB (Repetición con resolución)...
Resumindo: que sexa capaza de bregar con todo ese material, que o faga. A mín "acollóame" algo. Pero pra eso temos a Jim Morrison e a Jimmy de Rairo, aparte de outros....
Excusen o desbarre...
Admiro e mesmo envexo os seus coñecementos musicais e musicolóxicos, amigo XdC. Polo que a min respecta, non paso de ser un aficionado á música rock, pop(ular) e, en xeral, a todo o que me soa ben. Agora mesmo, sen ir máis lonxe voume por a tratar de sacar´á guitarra A time goes by, para poñerme despóis a ensaiar un novo acorde que me ensinou o meu profe de música, en Take a walk on the wild side. Pero sigo con moito interese -anque con certa dficultade derivada da miña ignorancia- a súa conversa musicolóxica con Mg. Xa me houbera gustado ter ese seu nivel cando lin o Dr Fausto, libro que me encantou anque non entendese nada das divagacións sobre música de Th. Mannn (polo que parece inspiradas na teoría musical de Th. Adorno). É o que pasa ás veces con certos libros, que che gustan máis polo seu recordo, digamos, gustativo, que pola súa facil ou dificil comprensión. Un saúdo nesta chuvosa mañán de Domingo, na ría de Vigo.
Penso que a literatura, polo peso que colleu a escrita, a letra impresa, foi perdendo a súa conexión natural e primixenia coa fala.
Isto percíbese moi ben no sistema escolar onde a fala está realmente proscrita ("¡Nenos, calade!" é unha das expresións favoritas do profesorado).
Porén é a palabra dita, a palabra que soa e se escoita, a que encerra a maior riqueza expresiva.
É aí, na linguaxe oral, onde os paralelismos coa linguaxe musical son maiores: no ámbito sonoro e, polo tanto, temporal.
No sisteam educativo co que eu soño o profesorado de lingua tería unha profunda formación musical.Serían profes da "música das palabras"
¿Que lles parece? ¿Alguén se apunta?
Xabimusic.
Ó sr. Morrison, don Jim, direille, por propia experiencia, que nunca é tarde para aprender. Entón voume permitir aconsellarlle un libriño que o pode axudar nese proceso de comprensión da linguaxe musical.
"Para comprender a música contemporánea", Henry Barraud. Editorial LAIOVENTO.
Disculpe a ousadía.
Afectuosamente, Xabimusic.
Gracias, Xabi, polo seu consello. Tratarei de facerme co libro.
Sr. Morrison, trátase dunha rara tradución ó galego do ano 1996 do orixinal francés. A obra baséase nun programa radiofónico de divulgación cultural-musical que o autor tiña na Radio-Televión Francesa, polo que prima o seu caracter didáctico.
A obra comeza así: "A vida e o movemento confúndense. Na arte, máis do que en ningures. Na música, máis do que en toda outra arte"
Xabimusic.
De desbarre nada Da Cova, unha excelente síntese.
A vida desemboca nas letras de blues dun xeito asombrosamente directo. Poucas veces unha frase segue a outra de forma lóxica, os versos e as estrofas teñen moito de impresionistas, o importante é crear o estado de ánimo, o clima emocional, todo o que existe no mundo do cantante de blues, pasa polo blues que está a expresar para realizar a catarse que faga a vida outra vez tolerabel, abríndose dende o caos a pulsación redentora nas despostas da guitarra. O amor mostrase cunha drudeza que desemboca a cotío en excesos e hostilidade…pero sigue sendo amor, ainda alí onde reflexa unha relación pertubada que os sociólogos descubren nos getthos negros e que ten as súas raices na fragmentación das familias negras durante a época da escravitude. Hai no blues unha solemne antisentimental grandeza, unha forza e unha pasión só coñecidas na cultura occidental por medio das grandes obras. Blues, inquedante dor, reductora inseguridade, laio no que tatexa sincopada a esperanza nun acorde de tónica por debaixo da blue note tocada no baixo en terceira maior e no soprano en menor, producíndo combinacions disonantes que poden interpretarse como o roce entre dous sistemas armonicos, emerxendo emocións ambiguas, dende o xúbilo até a tristeza mortal, sen que se produza ruptura entre os extremos a pesares da tensión pola que se infiltra o ser, o son e a linguaxe na súa casa, o corpo.
Xavimusic,
Hai un momento mítico onde a música e a literatura terían unha soa esencia e serían inseparabeis. Este é o punto de partida de grande parte da reflexión crítica do romanticismo. O poeta aspira a acadar mediante o medio limitado da palabra unha realidade superior que é comunicada sen trabas pola música que se convertiría no ideal da expresión lírica verbal. A idea da música como linguaxe da expresión directa segue a ser unha tese forte na actualidade. Personalmente creo que hai que ser moi cautos a hora de falar de linguaxe na música. Ten a música capacidade referenfial, capacidade de estabelecer cos seus sígnos unha relación co mundo extramusical?, e mais en concreto, pode a música describir ou narrar?. A cuestión do significado é crucial nesta polémica, simplesmente apunto, por se queren iniciar a polémica que a través da catexis, o suxeito deposita a súa enerxia psiquica no obxecto, facéndoo así significativo en si mesmo o que explicaría que na música vocal, a música absorva a palabra.
Dr Faustos é unha novela das que creo que nunca se acaba de ler de todo, a pesar de que cando a peches a primeira vez penses que non era para tanto como a súa fama prometía, e vexas moitos aspectos dela xa desfasados e sen moito que decir, queda aberta, porque trata da música e do mal, da arte e do mal, da estética e da ética, tema escurridizo, traidor e apasionante pero bastante pouco tratado, ou ben tratada, ou simplemente seriamente tratado. A min ensarillanseme certas partes, sobre todo as descripción das composións dalguns acordes coas incognitas “do misterioso caso alemán”, ou co Todesfuge de Celan (Tango da morte). A experiencia estética precisa romper o concepto para ser auténtica experiencia, a ética se rompe o concepto encontrase directamente coas inclinacións. Son da opinión de que non hai ética sen concepto, sen esa primera sintese infudamentabel que ordena as nosas accións. Pero o concepto afoga, amortalla, museiza, e alonxa os contidos do cocepto da vida, polo que a irrumpción da estética é necesaria na ética para vivificala correndo sempre os riscos de auténticamente vivir. O mal, a negatividade, hai que sentilos como mal, sen edulcuracións, ou coas mínimas que permite a conceptualización ética, escoito agora no interior da cabeza esa negatividade tan fermosa que é a opera Lulú de Alban Berg. A arte exconxura o mal porque permite vivilo sen os riscos de asumir a súa acción, permite mantelo a raia. O perigo ben do concepto, que pode definir o mal como o escuro, o negro, ou o xudeo, e o ben como o claro, loiro , ario, e sen grallas de ortografía, que agardo que que os bos e xenerosos me perdoen.
O Fausto de Goethe trataba do tempo e da hybris que comete o home ao tratar de detelo. O tema do Dr Faustus é o artista entendido ao modo romántico, como xenio (un tanto diabólico, neste caso) que impón ás súas leis á natureza, contra a natureza e contra o decurso "normal" da vida. No libro de Goethe, ecoa Grecia; no de Mann, a "vontade de poder" de F. Nietzsche, esa que dictamina: "Temos a arte para salvarnos da verdade". A min gustáronme os dous.
Que boa coincidencia Jim, teño diante libros e material sobre o tema de Fausto, quedaríame encantado agora para debatar con vostede, pero a familia tira de min para ir facer unhas visitas e de paseo, en canto poida seguirei.
Dous estilos ben diferentes, dúas mentes ben diferentes.
Morrison: claro, sintético, centrado, entendido no que di e entendible no que expresa, madurez intelectual ben evidente: ¡chapeau!
MG: pretenciosamente escuro, exhibicionismo gratuito: onanismo intelectualoide que denota inseguridade e inxesta inmadura de lecturas.
A historia de Adrian Leverkühn é a historia do artista poseido pola angustia da infecundidade, pero o perigo da esterilidade non provén da incapacidade do compositor, que é xenial, senón da evolución xeral da música, do esgotamento e consumo da materia musical. A angustia procedelle a Adrian da conciencia de que os medios convencionais de expresión constitúen para a arte unha ameaza de mentira e banalidade, e de que o paso cara a nova música esixe sacrificios e renuncias inauditos. Satanás ofrécelle axuda para vencer as dificultades da creación artística, pero ponlle condicións: Non deberá amar, deberá extrañarse fora da comunidade humana, aillarse no sinistro frio como elemento indispensable para a súa enerxía creadora.
Se no fausto de Goethe o sabio encontra o camiño ao ceo, na novela de Mann, o compositor é aniquilado por Satán que conta ao seu favor coa obstinación de Adrián polo mal, de feito decide contraer conscientemente unha dexeneradora enfirmidade, Esmeralda, unha asistenta de Satán contaxialle a sífilis. Está convencido de que o xenio é unha forma de enerxía vital profundamente arraigada na enfirmidade, que se basea nela e que crea a partir dela. Nas últimas palabras conscientes de Adrian podese percibir a voz do arrepentimento ainda que. na cantata faustica rexeita a tentación de redención, pero no seu discurso de despedida formula a ansiosa súplica de que tal vez a Gracia poda facer que o que foi creado no mal poida quizais ser bo.
No Doctor Faustus Mann expón toda unha fenomenoloxía dos problemas da creación no mundo contemporaneo e coincidindo coa Escola de Viena, toma nidia nota da incorporación da negatividad na arte. O metodo compositivo de Leverkühn é o dodecafónico de Shöemberg, de feito mantiveron unha enconada disputa, porque Shöemberg esixíalle a Mann que tiña que referenciar a autoría do metodo da súa pernonaxe.
Jim, xa que traes a colación a Nietzsche, lembro que nunha revista que folleei en filoloxia, e que teño volver a localizar, referianse aos moitos rasgos destes filosofo recoñecibeis en Adrián Leverkühn, comezando por algunhas localidades, os estudos de teología, a aventura do lupanar, a enfirmidade , a loucura, até chegar aos últimos momentos en que o rostro do músico agonizante adequire os rasgos do Ecce homo.
Deficiente tradución ao galego do castelán (que a súa vez foi traducido doutro idioma). ¿Cal é a obra orixinal de onde se tira a longa cita?
“A película comezará dentro de cinco minutos,
anunciou a voz sen mente,
os que no estean sentados esperarán o próximo pase,
entramos paseniño, languidamente na sala,
o auditorio era enorme e silencioso.
Mentres nos sentabamos na escuridade
a voz continuou,
o programa para esta noite non é novo,
xa viron este espectáculo unha e outra vez,
viron o seu nacemento, a súa vida e a súa morte,
e todo o demais.
¿Tiveron unha boa vida antes de morrer?
¿O bastante como para que unha película
se basee nela?...”
Jim Morrison
(”The Movie” en “An American Prayer”)
Título da película:
O bloggeiro solitario
a unha eterna envexa pegado.
Reposiciónn nº 459
A min non me interesa vela outra vez, boa noite.
“Aínda que podía falar con el de música e literatura, resultábame imposible entender unha soa palabra dos escritos de filosofía de Adorno, quen, segundo me din, é moi admirado en Francia. Tampouco comprendo nada dos escritos de Derrida. Isto pode deberse ao meu condicionamento filosófico do que son demasiado vello para liberarme”.
Isaiah Berlin
“Se non entendo algo á primera, o problema son eu. Se non o entendo á segunda, o problema é o autor”.
Unamuno
De verdade que lle aseguro que non lle son eu, díxeno varias veces, señor MG. Xa sei que non me vai crer, pero dígollo igual por se lle queda algún resquicio de dúbida. Teña coidado porque da obsesión á paranoia hai un pequeño paso.
Que hai algunha xente que o está cachondeando semella bastante evidente, pero decátese de que tamén llo pon bastante a güevo con algunhas das súas intervencións. Sexa como for, tampouco debería extrañarlle moito, posto que vostede mesmo dixo que o blog era como o Club da Comedia. Daquela, o cachondeo é inevitable e mesmo comprensible. Unhas veces tócalle a un e outras a outros. Non se anoxe, pois.
Polo demais, aínda que eu depuraría algo máis a redacción, as súas intervencións neste fío parecéronme interesantes.
Que teña unha boa noite.
Booker T and the MGs
A min gustabame moito unha que se titulaba, coido eu, "Soul Finger". Era de Booker T & The MGs?
Certos "pensadores" consideran que a proba suprema de autoría non é tanto dicir algo como posuir unha linguaxe propia, pretensión de orixinalidade verbal que, no peor dos casos se traduce nunha especie de idiolecto, e, no mellor, nunha xiria sectaria, que empregan os fieles para recoñecérense como membros da comunidade. O primeiro acontece con Lacan, Derrida, Baudrillard e outros; o segundo cos seus epígonos. Eu, nestas cousas (só nestas cousas), comparto a opinión de Unamuno: a expresión do pensamento ha percurar a claridade. Cousa distinta é que se consiga sen esforzo. A escritura é unha tregua despois da batalla por ordear e expresar o pensamento. Non sei que opinan os demais, pero esa é a miña experiencia.
Os retóricos chamaban a esa propiedade da lingua a perspicuitas, que non é exactamente claridade, senón adecuación da res ás verba. Di o gran Lausberg que "consiste na comprensibilidade intelectual do discurso" (é interesante sempre observar como este concepto en retórica sempre depende máis do receptor ca do emisor). E mesmo fala de credibilidade: "só aquilo que é comprendido, pode ser crible".
Eso que chamaban tamén vulgarmente falar con propiedade, que tamén é verba procedente da terminoloxía retórica.
E, por suposto, perdón polas citas tan clásicas.
Amigo Jim,teño interés por saber qué acorde é ese que lle ensinóu o seu "profe" de música, pra esa famosa canción de Lou Reed. Pódemo escribir na notación, que seguro coñece, na que "Do maior" é "x32010" ou "Fa menor" é "133111"?. Ou dígame o nome, claro.
Estou de acordo con Morrison, Unamuno e Lausberg, xaora. Neste sentido, a min idealmente gustariame ser máis "anglosaxón clásico" ca francés ou alemán. Xa me entenden.
Por outra banda, eu engadiría aínda unha categoría máis ás establecidas por Morrison: os epígonos dos epígonos, que son insufribles e previsibles.
¿É MG un epígono dos epígonos, un epígono dos "pensadores" ou un "pensador" en sentido estrito?
O peor son eses narradores que continuamente tropezan (e de paso os lectores tamén) coa lingua. En vez de empregar a lingua como unha canle que lles axude a contar unha historia, baten con ela como bate o que ten que arrastrar unha ferida ou o que ten necesidade de andar con muletas.
Hai tamén esa teima de contar e non amosar. Deste xeito, non pode haber adecuación entre a forma e o contido. O lector o único que percibe é o artificio, sen ningunha sustancia.
Fmaj7 ou F7M, amigo XdC, combinado con Do fai o chu churuchuchú chuchuruchú da entrada e de parte da canción. Tamén en Imagine, por exemplo. Pero diso quen sabe é vostede. Eu o que son é moi mandado. Fago o que me manda o meu profesor.
Non sei se teñen lido algún artigo científico no eido das humanidades redactado en francés. Frecuentemente, en vez de seguir un modelo de introdución + antecdedentes teóricos + plantexamnto do problema + discusión + conclusión, adoitan non estar estruturados: os autores van por "libre". Meten elementos narrativos e un emprego abusivo de terminoloxía "sui generis". Os autores danlle voltas e voltas á lingua e non se centrar no contido.
Unha cousa que non aturo no modelo de traballo de investigación "hispanicus" é esa teima por toda esa zaramallada de notas rodapé, cos seus consabidos "ibid" e "Opus cit."
En lingua franca hai unha notable tendencia ao essai, mesmo para o liceo e para a primaria. Gústalles ir por libre. En Ingalaterra e arredores dalles por respeitar os cánones clásicos. Son máis conservadores, pero clávana sempre. A anglofilia é moi mala de arrincare. E menos á miña idade.
As notas rodapé son máis ben ensaios e preparación para outras monografías, que, por sabias razóns, nunca se escriben. Proben a escribir todas as notas xuntas nunha publicación hispánica: xa teñen outro libro (ou varios).
Eu tampouco aturo a cita banal ou a nota a rodapé que o único que tenta é demostrar que se leu moito a bibliografía necesaria. Nesto hai moita impostura. Xa vai a segunda persoa que me chama por teléfono para pedirme unha cita de Habermas para un traballo académico, que ante a miña perplexidade ("pero como?, ¿¿unha cita, calquera cita...?), engade: "sí, unha cita sobre a modernidade". Por certo, recoméndaronme un libro recén aparecido que se chama algo así como "Como falar de libros sen telos lido". Pode estar ben.
Véndose o uso e o abuso das notas a rodapé pódese apreciar a calidade e a madurez do autor.
Hainos que citan e citan e citan até o paroxismo, e logo non se detecta por ningures no texto central que se leu o que se cita ou que se lle tirou partida a tantos títulos. Consecuentemente, hai traballos que só teñen interese pola bibliografía, porque en si mesmos son moi pobres. Poño por caso os traballos do historiógrafo aragonés Ignacio Peiró.
Chegando xa ao extremo, hainos que o espazo das notas ocupa máis ca o destinado ao texto central. Un exemplo recente disto último pode verse no, polo demais interesante, libro de Federico López Silvestre, Historia da paisaxe, I. Os límites da paisaxe na Galicia dos Austrias (1517-1700), Madrid, Biblioteca Nueva, 2008.
Tamén os hai que escriben un texto moi simple, sen notas, pero que engaden á final unha amplísima lista bibliográfica como mero adubio, pois ben se lles nota que non leron nada -ou case nada- do que citan.
Hainos, pola contra, que son parcos nas notas, que non abusan de exhaustividade na citación, que esta é precisa para iluminar un punto ou remitir a un concepto concreto, e na que todo se centra na fluídez e comprensión do texto central.
Para min estes son, con diferencia, os mellores.
Permítanme unha nota a rodapé e ademáis de autocita para o comentario de Jim Morrison.
Pois eu non, Morrison. Eu prefiro a "escuridade" á "claridade de Unamuno". Para min un texto "filosófico" que se entenda, unamunianamente, á primeira, perde interese. Un texto ten que ser escuro, difícil, complicado, abstruso, meándrico, retorto, enrevesado, para seguir ocupándose del e darlle voltas e mais voltas até chegar ao miolo, ou non chegar nunca, que tampouco importa tanto, e precisamente aí, nesa loita imposible por aprehendelo, reside a sua fascinación. Para claridades ou escuridades hai gustos "filosóficos". Esta última frase, por exemplo, nin eu mesmo a entendo. Nin pretendades entendela, porque sempre vos poderei dicir que non é exactamente así como dicides ou que só eu podo entender o seu sentido último. Adiante MG, "escurece" aínda mais o teu discurso, que esta xente da solaina, bregada como está en todas as dialécticas, posibles e imposibles, enténdeo de sobra. O que pretenden é enredarte, porte a proba, para ver se és "digno" de pertencer ao club. E pensa que se te expresaras con "claridade unamuniana", eles falarían do maravillosa que é a escuridade discursiva e da retórica críptica. O Apicultor fala con "claridade" de "algunha xente que o está cachondeando". Hai que ter "claro" ou "escuro" que isto da rede ten moito de Club da Comedia. Ou do Cachondeo.
OK, amigo Jim Morrison. Efectivamente, esa combinación é moi común en moitas canciós. Os acordes Xmaj7 teñen un son delicioso, sobor de todo aplicados ao acorde IV nos modos maiores.
Pode comprobar que Famaj7 é un lam con baixo en "fa". Eso facilitarálle as cousas cando toque cun baixista: xa él se encarga do "fa", e vostede só terá que facer lam.
Permítome o luxo de recomendarlle esta páxina, na que, entre outras cousas, pode consultar prácticamente calquer acorde:.Anque igual xa a coñece.
Pois eu devezo por ser epígono do señor apicultor; é dicir, apígono. E tamén devezo por saber a que figura responde o de apigonal. Sei que pentagonal é de figura de pentágono e hexagonal de figura de hexágono. Pero apigonal, de que figura ven sendo? Velaí a nai do cordeiro xeométrico. Confío plenamente na sabedoría explicacional ou exponencial do señor XDC.
Ese era o libro do que me falaron, Arume. Gracias. Imos ver, amigo Anónimo. Non busque enfrontamentos innnecesarios, porque as miñas palabras non ían contra ninguén, moito menos contra Jimmy, de quen aprecio a súa cultura e paixón polo debate e a reflexión. Só manifestei as miñas preferencias a prol da claridade, en oposición á escuridade sobexa e artificial que caracteriza algunha prosa. Poñamos un exemplo: Hegel é difícil e escuro, pero estalle permitido, porque toca fondo. E o mesmo Marx, Heidegger e calquera dos grandes. Este non é o caso de outros, que, á dificultade inherente á cousa, lle engaden unha dificultade inherente ao estilo, e, en ocasións, deliberadamente. Non entendo por qué un texto "ten", necesariamente, "que ser escuro, difícil, complicado, abstruso, meándrico, retorto, enrevesado". Comparto, sen embargo, que un texto (non só os filosóficos ou ensaísticos) ten a virtualidade de ser en certo modo inesgotable, e que “aí reside a súa capacidade de fascinación”, pero non por abstruso, retorto ou enrevesado, senón por grande, bello ou profundo, e porque as lecturas que libera, con seren determinadas (o texto impón os seu límites á arbitrariedade interpretativa), son, potencialmente, infinitas. E a partir de eiquí, todas as excepcións que definen á regla: profundidade con claridade, superficialidade con aparencia de profundidade e superficialidade que xoga, porque lle gusta, co brillo das aparencias. Porque, en efecto, “para claridades ou escuridades hai gustos "filosóficos"´. E os meus gustos son, nese sentido e noutros, polimorfos e diversos.
Seguirei fielmente as súas recomendacións respecto do acorde, amigo XdC. A páxina ten boa pinta, pero aínda non me demorei nela o que me apetecería.
"Amigo Anónimo, non busque enfrontamentos innecesarios, porque as miñas palabras non ían contra ninguén, moito menos contra Jimmy..."
Morris, unha resposta moi brillante a tua, na que sobran as palabras entrecomiñas, que falan de "enfrontamentos" e dun tal "Jimmy", do que eu non falei para nada, nin sei quen é, nin o tiven en conta cando escribín o que escribín. Non sera o MG, que dese si que falei. O que está claro, ou escuro, e laméntoo tratándose de ti, é que non entendiches nada da miña mensaxe, ao parecer hegeliana. E digo que, a pesares da tua resposta brillante, non entendiches nada do que eu dixen, porque eu acababa falando da Rede como un Club do Cachondeo. E que lle queres, teño que aplicarche as palabras do apicultor: "algún anónimo que o está cachondeando". Pois si, lancei o anzol do cachondeo e picaches ti. Non te deixes enredar pola rede, que ás veces despide fulgores ilusorios e fai ver o que non existe ou, dito doutra maneira, confunde as aparencias coa realidade. O Arume si que o leva ben. E non digo mais, que ao mellor acabas entendéndome.
Mudan os nicks, mais os estilos permanecen hirsutos, ríspetos, aparentemente profundos.
"os estilos permanecen"
E os estiletes tamén.
Falta o jajajajajajajaj estrondoso do señor Medela.
Non, non falta:
jajajajajajajajajajajajajajajajajajaajajajajajajajajajajajajajajajajaj
Saúdos
O meu pupilo está a durmir. E ri en soños. Coitadiño, tanto traballar. Aínda que non sei, non sei se andará a meter algunha lagarta na súa casa de Lobeira, unha tal Isabel Blanco..
Saúdos, Anónimo.
Sobre a escuridade hai infinidade de citas.
"Non me indigno se me poñen diante o que non entendo, pero compráceme se me ofrecen cousa que aprenda" dicía Erasmo.
Pola contra, Quintiliano lembraba que un preceptor lle respondera a un alumno: "tanto melius, ne ego quidem intellexi: tanto millor, nin siquera eu o entendo."
Srta Argounova: a ver se nos pon a Medela a réxime. Menos touciño entrefebrado e menos Valdeorras. Véxoo un pouco bolecho, un pouco Orson Wells. Fálelle do sabedoras que son as verduriñas, o peixe fervido e a froita de temporada. A raza celto-suva non está "berrada" coa estilización da liña e cos bandullos taboa rasa.
Resulta que Mg é Rairo, ¿non?
Cóntase que D´Ors, cansado de que o seu discípulo Aranguren o interpretase constantemente e ata o esgotamento, ante a pregunta dun xornalista sobre como se debía entender un seu texto (de D´Ors, non de Aranguren) respondeu: "Eu diso non sei moito. É mellor que llo pregunten a Aranguren".
Ritornello (volvendo ó tema): para Juan Goytisolo a derradeira novela do noso paisano José María Pérez Álvarez: "La soledad de las vocales" posúe os elementos propios dunha composición musical. Cita textual: "Existe un oído literario, como existe un oído musical. JMPA los poesee ambos. Las frases de su monólogo engarzan unas con otras, adoptan una prosodia y un ritmo de calculadas y armoniosas variaciones sinfónicas, crean una coral de voces y de compases obsesivos, casi asfixiantes, que envuelven y atrapan al lector-auditor" (BABELIA, nª 858, pax. 14).
¿Será só unha fermosa metáfora de Goytisolo ou realmente o lector é un auditor en certas novelas?
Xabimusic.
XABIMUSIC, non deixe de ler (e de arquivar) o artigo de Carlos Marzal, "Música", que acabo de colgar agora mesmo.
Publicar un comentario