Manuel María (2).
Pan por pan xoves 15 maio
O Frente Cultural da AN-PG publicou en abril de 1977 o libro “Poemas para construír unha patria”, de Manuel María. Eu mesmo, que militaba na FC., axudei a distribuír e difundir o poemario. Fernán Vello falou del na súa charla. É un volume de poesía política, firmemente axeitada á liña estratéxica que marcaban a AN-PG e a UPG. Hai poemas dedicados ó sindicato nacionalista, ós patriotas galegos presos e un simpático canto a Margarita Ledo Andión. Ata hai unha composición lembrándolle ós hippies que eles tamén teñen, aínda que non queiran, patria. O libro foi polémico. Fóra do nacionalismo popular, pareceu panfletario. E dentro non foi demasiado ben entendido porque o chairego apostou por unha renovación formal –tipografías, xogos cos versos, maiúsculas, barras e guións, etc.- pouco acaída cos gustos máis convencionais do nacionalismo popular naquela hora.
44 comentarios:
Enlazo,sobre Manuel María:PREMER.
Pareceu panfletario? E logo non o era? Estaba no seu dereito, por suposto.
Apicultor: Hai unha verdadeira epidemia, en Allariz, por coñecer a súa identidade oficial.
Eu non o coñezo. Xúroo pola memoria dos meus devanceiros de Lobeira e polo meu honor galeguista.
Apy: Vde. sementa ventos e recolle tempestades. Eu non quero ser atinxindo por dano colateral ningún, aínda que sabe ben que o aprecio e admiro.
Mesmo a miña patroa, Kyra, quere saber de quen vén sendo Vde.-
Grazas, señor Da Coba, polo enlace.
Tiven a honra de ver de lonxe, unha vez, o patriota terrachairego Manuel María, en Lugo.
Tamén andan a preguntar en Allariz quen vén sendo Vde.
E continúo a encontrar de menos as participacións de don Leituga One, o meu ídolo.-
E gardo ausencias á Srta. Doniña.
E a un dos espectrais Anónimos.-
E, evidentemente, ao xenial don Etxe.-
E tamén, como non, a don Beria.-
E, no debía de quererlo, i sin embargo me lo quiero,
ao señor Swann-Voce.-
E pediría a don Arume que non racione tanto as súas intervencións.
Poucas alegrías dá a vida, salvante as súas faíscas de libertade.
Don Marcos: Vde. é espello de figalgos galegos. Por iso admite na solaina da súa nobre casa todas estas almas vadías.
Grazas.
Da Coba: Non se me cele. O que acontece e que Vde. é de ciencias.
Eu non son de nada. Boa cruz é ser de Lobeira e apaixonarse por unha bonita rusa. Se a miña avoa sabe do caso...
E que acabo de chegar a Allariz, e anda o poleiro alborotado por coñecer as identidades DNI dos participantes no blog-estouro.
Saberán desculpar, cabaleiros.-
E ándase a dicir que participantes noutros blog arguidamente estouro abandonaron a súa capitanía para participaren neste blog corsario.
Eu digo o que din.
E logo, Medela, como é a cousa? Non me diga que andan os do Seprona de Allariz á procura da miña identidade para cargarme coa responsabilidade dos vindeiros incendios forestais.
Non, meu amigo, sonlle incendios, ou antes, terremotos, de tipo espiritual, ou intelectual, se quere.
Que movida, Apicultor, que movida.
Ben, a serio, preguntan quen é o que escribe esas cousas tan lindas.
O de sempre... Que se alguén se escuda detrás dun pseudónimo, que etc etc etc etc.
Pode crer que fiquei abraiado.
E non acreditaban que eu non coñecese o autor de tal revolución das ideas.
E que eu non o quero coñecer, amigo Koolthor!!!!!!!!!!!!!!
E había elucubracións... E falábase de conxura. Uffffffff, para min foron, recoñézoo, momentos de gloria.
Persoas que nunca imaxinara que acompañaban o blog.
Saúdos.-
Koolthor, faga favor: Escriba menos. Ou, como dixeron aquí, publique libro e convide á presentación. Está ben???
Seu,
Medela.-
Medela, por deus, non me faga dicirlle o do ollo, da palla e todo iso. Que vostede vai de número dous na lista de maiores posteadores da solaina. Eu tan só ocupo un modesto número tres, camiño do posto número catro... e logo do cinco... Cando chegue ao sete doume por conforme.
Non falaría vostede, amigo don Júlio, con Quin? Esa visita a Allariz fáiseme enigmática.
Mañán sae un caderniño sobre literatura galega en EL PAÍS: vaian preparando o foco. E afiando o teclado.
Ao final do pdf enlazado ao principio do post tamén se nomea a Juan da Cova...
O importante non son as identidades, senón as opinións, os argumentos e, ata se queren, os sentimentos.
É que o Manuel era outro apaixoado da figura de XOhán da Coba. De feito, eu mesmo mandeille, porque mo pediu encarecidamente, o libro que sacamos na colección Auria, do Concello, a ese respecto.
Teno vostede, sr. XDC-do século XXI? Se así non fose, hai que buscarlle un...
Señor Arume, e cantos dos seus contertulios, aparte de vostede, saen no caderniño?
Aínda que lle poda parecer raro, amigo anónimo, eu non participo en ningún (repito: ningún) voceiro (maiúsculo o minúsculo) do sistema literario galego, agás o que pode ler no meu blog. Podo xuralo por Suze Rotolo que é a miña musa diaria e podo poñer ao noso anfitrión de testemuña.
Dou fe do que afirma ARUME aquí enriba: en absoluto ten ningunha dependencia co chamado sistema literario galego. Si é un home de letras e bon coñecedor dalgunhas literaturas, iso é obvio.
Pois merecía ter un posto, que quere que lle diga.
Don Júlio, contáronme que os bois que participan na Festa do Boi de Allariz son de mentira. Eu nunca estiven na Festa do Boi (recuperada seica polo BNG, para maior gloria do nacionalismo noso) e, cando mo contaron, escacharreime a rir; pero quen mo contou é tan de fiar para min, que non souben levarlle a contra e tiven que apandar coas suas palabras. Aimimadriña, con estas mesmas palabras mo dixo: "Os falsos bois da Festa do Boi de Allariz son persoas disfrazadas de bois". Que hai de certo en todo isto? Non será vostede unha das persoas que se meten na pel do boi? Non será outra o vicepresidente? Non serán os recuperadores da Festa aprendices de "touriños", por aquilo de gustarlle tanto meterse na pel do boi? Don Júlio, por favor llo pido, dígame que non aos catro interrogantes.
Imaxino que o anónimo anterior está de risas. Pero saiba que hai un día que fan a festa pra os nenos, cun simulacro de boi. O que non sei, porque nunca fun persoalmente (xa non son neno), é si é un muñeco de boi manexado como o que se usa pra aprender a tourear, ou un disfraz. O Medela, que o conte.
Non, non, o sr. Anónimo ten toda a razón. Fala totalmente a serio. As sospeitas sobre a súa finísima retranca-laser son só produto da miña mente febril...
Vou tentar responder ás metafísicas cuestións.
O boi dos nenos é un boneco con rodas, que como apunta Da Coba, é utilizado para o dia dedicado aos pequerrechos do lugar. Vai sobre rodas, tamaño natural e normalmente guiado por un home con especial sensibilidade e cariñoso cos rapaces.
As sospeitas do sr. Anónimo teñen algo de fundamento. Mais non son persoas mascaradas de boi.
En tempos pediuse unha subvención encadrada no Interreg I, para a recuperación de costumes e tradicións populares. Eu fun testemuña da furgoneta que levaba o dossier para Bruxelas, por volta de 3.000 quilogramos de documentación. Algún burócrata nórdico debeu ver algunha cousa de maltrato animal, e decidiuse, no máximo secreto, sustituír os bois vianeses ou trasmontanos por bóvidos robóticos, controlados a distancia e propulsados por limpos motores de hidróxeno.
Por favor, non comenten nada disto. Sobre todo agora que chegou outra subvención para controlar os cibernéticos bechos por internet.
Son limpos, non comen, non padecen, e ata as cacas son soxa prensada con aromatizantes, biodegradables.
Respondín ás súas dúbidas, cabaleiros??
Reitero o compromiso de confidencialidade.
Cumprimentos.
Señor XDC, xa que vostede nunca foi persoalmente á Festa do Boi, igual que un servidor (como vou ir eu vivindo na parte de arriba de todo da nosa terra e co respeto que lle teño ás estradas), e o vexo disposto a colaborar no restablecimento da verdade verdadeira, voulle propor un traballiño detectivesco de 6.000 euros, a cobrar polo seu eficiente administrador financieiro, o señor Delapierre. Dígalle que non se preocupe, que llos enviarei coa máxima puntualidade. A cousa é a seguinte: como vostede vive perto de Allariz, non lle costa nada desprazarse até a vila gobernada polos polo BNG-OUTLETS en calidade de amenizador musical da Festa do Boi(propóñallo a Don Júlio, agora que non nos escoita, que el saberá como colocalo en calquera das bandas de música), aplíquese ao instrumento con todo o entusiasmo, ao mesmo tempo que fai como quen non quere a cousa, e dedíquese a observar meticulosamente a ver que é o que hai detrás, ou mellor dito, dentro dos bois. Fíxese ben sobre todo nos seus movimentos. Se leva o trombón, interprete como o Baltar; e se leva a eléctrica, aí ten o exemplo de Jimi Hendrix para electrificar a Festa (o contrato dos 6.000 non inclúe a imposición do instrumento, pero pense vostede que os bois "flipan" con Hendrix). Eu este asunto non llo vexo nada claro. O mesmo Don Júlio fala de "boneco con rodas" e "cibernéticos bechos" controlados por internet (esperemos que a Solaina non sexa o centro operativo e que Don Marcos non estexa tamén detrás ou dentro da trama dos bois). Señor XDC, non lle parece todo isto moi estraño? Aquí dígolle eu que hai gato encerrado (nos bois). A min esa "i" do boi paréceme moi sospeitoso e faime pensar que o do Boi de Allariz é un "númaro" de Festa moi pero que moi "complexo". Señor XDC, conto con vostede para resolver tan intrincado problema. Hai que desenmascarar os bois "imaxinarios" cos que nos queren enganar estes de Allariz. Pense nas "claritas" que pode tomar con Delapierre e Apicultor cos 6.000 machacantes. A Don Julio convídeo tamén, a ver se se enchoupa ben e acaba cantando todo o que hai detrás ou dentro dos bois, con rodas ou cibernéticos. A min isto de cibernético sóame a que hai truco. A operación podemos chamarlle O SEGREDO DOS BOIS. Procure levala coa máxima discreción. Saúdos cómplices.
jajajajajajajajajajajajajajajajaja
Don Anónimo é God!!!!!!!!!!!!!
Bois cibernéticos Made in South Corea... Desenmascarados polos axentes secretos Da Coba, Delapierre e Apicultor, enviados por K.A.O.S. e o espectral malandro Anónimo...
JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA
Uf, na verdade tiven mal día, mais acabo de rir con ganas.
Para que diría nada dos cibernéticos bechos.
Como se enteren os da comisión, xa podo buscar apartamento en Mongolia.
Eu sí que teño ido á festa do boi. Á que non fun é a do "boi dos nenos".
Agora que o dí é moi posible que os bois da festa sexan cibernéticos.Repiten certos movementos de xeito extrano,coma se fosen robots. Será unha solución de compromiso atopada cós ecoloxistas que se opoñen a esa festa polo do maltrato animal. Máis aínda. Non será Allariz enteira unha cidade de robots?.Como naquela película...
Si, Da Coba. Ás veces me pregunto se eu non serei un deses replicantes... Sabía, sr., ás veces, o que tería que ser a norma xeral parece a excepción. Por iso, as persoas que saen da norma consuetudinaria do vir sendo caen na norma da rareza.
jeje
Olla, quen virá sendo a señora rubia da dereita cunha meniña no colo???
A gabardina da Sra. parece de Purificación García.
Da Coba, ás veces pregúntome por que levamos tanto traballo a queimarmos a Bastilla.
En todo ese caderniño nin unha mención a esta bitácora. Non pode ser. Un erro descomunal ou unha ignorancia supina.
Arume, un esquecimento imperdonable. Que o Marcos, como dono desta habitácora, elabore un escrito de protesta para que os contertulios da casa e os que apenas somos sombras errantes, pero que estamos igualmente comprometidos co rexurdir do renacimento blogueiro quintaesenciado (que a palabra comece por quin non quere dicir que teña nada que ver coa vicepresidencia) na Solaina e indignados coa "fechoría" cometida contra o blog, podamos amosar a nosa solidariedade. E se non é polas boas, que Don Júlio fale cos da comisión da Festa do Boi de Allariz para que lle presten un dos "bechos robóticos" e todos a unha arredor do boi a protestar contra os ingratos autores do caderniño. Cando vexan o enxendro cibernético, seguro que rectifican. Non hai dereito. Este é o país das inxustizas.
Don Anónimo continúa God.
Alén diso, as almas vadías que frecuentamos o blog teriamos que alugar un cibernético-robótico becho para arremesarmos contra o imperdoable esquecemento en que por acción ou por aleivosa omisión nos sumiron eses malandros de EL PAÍS.
A culpa é dos que confían nos xornais socialdemócratas de inspiración andaluza e financiamento alemán, enxendros inventados pola CIA para neutralizar o comunismo e o nacionalismo periférico.
Eu só leo as necroloxías de LA REGIÓN, auténticos monumentos sociolóxicos.
"Hermanos políticos, Dosinda, Dorinda, Longinos, José, Pepe, José (celador en el CHOU), Manuel, Manolo, Manolo, Manolo, Manuel (de limpiezas Los Manolos), Manolo, Manuel, Genserico, Jesusa, Castora, Clamores, Saladina, Pastora, Camila, Ermesinda, Sinda, Gumersinda, Eligia (ausente en Holanda), Blasinda, Sindi (de peluquería Sindi), Luís, Manuel, José, Pepe y Manolo.
Biznietos, Rodrigo, Isabel, Jonathan, Jasón, Jenny, Maiquel, Unai, Meritxell, Urko, Brais, Xiana y Aitor.
Tataranieta, María".
Tendo isto, como se lle ocurre a alguén ler EL PAÍS.
Cumprimentos.-
Lembrolle unha esquela chocante que puña algo así :
"su hijo Jaime, diputado de la Excelentísima Diputación de Orense, teniente alcalde del Excelentísimo Ayuntamiento de Cartelle, y portero de la discoteca Mamy".
Anónimo é God!!!!!!!!!!!!!
jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja
Ser porteiro da discoteca Mami é acumular máis poder que Rouco Varela
jajajajajajajajajajajajajajajajaja
Bueno, o Jaime Sousa sempre foi máis coñecido por a discoteca que polo outro.XDD.
Discoteca 'El cruce'
Discoteca 'Cruce'
Discoteca 'O cruce'
Discoteca 'Obdulian's'
Discoteca 'Mami Obdulian's'
Discoteca 'Dulian's'
Discoteca 'Mami Ob'
Discoteca 'Mami'
-E logo para onde vas?
-Á Manchica...
Publicar un comentario